lunes, 3 de diciembre de 2018

Fermosos Ancares outoñais-invernais e as pegadas do oso (Trekking a Golada de Valango)


Trekking ou travesía que tiña como destino chegar en solitario os cumios de Tres Bispos e Penarrubia, nos Ancares, saíndo da pequena aldeia de Deva. O final pola inclemencia do clima, néboa espesa, e unha neve abundante que non contaba con ela, fixo que antes de chegar a Golada de Valongo, decidise parar, admirar a paisaxe e dar a volta.

Dicir que era a primeira vez que facía a ruta, a falta de compañeiros que subiran ese día que deixaran pegadas, e a neve que tapara e fixera desaparecer o sendeiro entre a néboa, fixo que non dubidara en parar.

Pero levei outra grata sorpresa que o compensou todo, a parte do fermosísimo paisaxe de outono case tirando o inverno, atopeime con pisadas de oso marcadas na neve, toda unha sorte poder contemplalas en vivo nun entorno tan salvaxe e aillado.
Pegadas de oso na neve, incrible o tamaño.
Fermosas cores no camiño sobre o val do río Brego

Refuxío de Brego e seu entorno

Neve en abundanza por debaixo da Golada de Valongo

Entorno da aldeia de Deva.

O Sempre espectacular Castelo de Doiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario