lunes, 13 de agosto de 2018
jueves, 2 de agosto de 2018
lunes, 23 de julio de 2018
miércoles, 4 de julio de 2018
Megalitos na Terra de Querquenia (A Baixa Limia)
MENHIR DO ALTO DO VIEIRO
Comezamos este pequeno camiño,
acompañado por miña namorada Tania Bouzas, máis Xosé Manuel Barbosa e Ro,
editores do blogue DTS (Desperta de teu sono), neste peculiar lugar, no linde
das Terras da Querquenia.
Como ben di seu nome, Alto do
Vieiro, é un paso de montana ancestral a case 800 metros de altitude, por onde construíronse
vías de forma ininterrompidas. Se levantarase o asfalto e pavimentos da estrada
actual (OU-540), e posible atopar restos dun camiño real, un medieval, unha
calzada romana e como non, unha primaria que se perde nos tempos.
Xusto e neste punto, é onde en
tempos galaicos puideron facer fronteira dúas tribos, os Querquenis (actual
Baixa Limia) e os Coelernos (Terras de Celanova), e que millor forma que marcar
territorio que cun grande monólito, un menhir. Inda que aclarar que este
monumento que se atopa inda a día de hoxe o pe da estrada, de seguro que é máis
antigo o tempo dos antigos Querquenis da idade de Ferro e Bronce. No seu
entorno existen mámoas, polo que o menhir de seguro tivo seu orixe e significado
neses tempos prehistóricos e megalíticos, marca que inda non sabemos ben seu signifícao
en tan importante paso.
ANTA CASOLA DO FOXO
Lonxe xa das terras de Bande, os pes
da pedregosa Serra do Xurés/Gerês, a día de hoxe bañadas polo artificial encoro
de Salas, nos atopamos de novo co posible legado de outra ruta que baixaba das
montanas cara os vales en tempos prehistóricos, a proba, unha moi destruída
liña de mámoas e antas que no seu tempo estarían o pe dese suposto camiño.
E muito mal fixo ese actual encoro o
patrimonio megalítico da zona, posto que parte del atópanse a día de hoxe
asolados baixo as augas deste. Outros foron reconstruídos sen muito xeito fora
de seu emprazamento orixinal, mentres que outras salváronse en extremis, como
neste caso, a fermosa anta da Casola do Foxo.
Dicir que seu nome, ven derivado que
no seu entorno, construído moi posterior (milenios), existe un antigo foxo do
lobo. Mesmo así este para nada resta beleza e maxía a esta anta, que para min e
das máis fermosas da Galiza, pero para gustos cores.
MÁMOA DE MUNIXEITO
Moi preto da Casola, en liña case
recta xa camiño dos montes do Xurés/Gerès, nun entorno que parece un pasaxe
entre as terras dos vivos e deuses, temos tamén outro monumento funerario
megalítico, pero neste caso se trata dunha mámoa o estar a súa estructura inda
tapada, a mámoa de Munixeito.
Sobre o terro inda se pode observar
a perfección o túmulo que sobresae sobre o terreo, con a parte alta das pedras
da cámara o ar no punto alto. Incrible a paisaxe dende este túmulo cara o sur.
A CASIÑA DA MOURA
Esta anta con fermoso nome, inda que
a día de hoxe pareza impoñente o lado do dique do encoro de Salas, seu destino
e pasado foi moi diferente. Dicir, que esta reconstruída fora de seu
emprazamento orixinal, o cal esta baixo as augas do encoro.
Impoñente pero fora de lugar, tal
vez esa e súa historia. Engadir que por norma xeral, as portas das cámaras das
antas soen estar orientadas o este, o sol nacente, e este monumento o estar reconstruído,
esta parcialmente o contrario, sen ningunha orientación realmente, unha mágoa.
MÁMOA DE PORTELA DE PITÔES
Noutro porto ou porta (portela) de
montana, noutro linde, neste caso fronteira internacional a día de hoxe, atopamos
o último monumento megalítico da ruta. Voltamos a ver unha mámoa, a cal sobre
ela, puxeron un marco moderno que fai de fronteira entre a Galiza e Portugal.
Outro exemplo que estes bens
patrimoniais prehistóricos, sempre foron aproveitados para marcar lindes ou
pasos, signo que esas vías son inda transitadas dende os primeiros homes e
mulleres. O fin, tamén vendo estes exemplos, podemos dicir que tamén somos
animais de costumes, e sempre deixamos pegada no tempo, ate o próximo camiño!
viernes, 29 de junio de 2018
Ancestral e máxico Solsticio e San Xoán no Castrolandín, Cuntis
O solticio de verán, conmemorado
pola humanidade dende o inicio dos tempos, onde o pai Sol esta no seu punto
máis alto, e da pe a noite máis curta do ano. Era o símbolo da chegada do bo
tempo e verán, da fartura, dos días longos e do comercio e guerra.
Moi celebrado na nosa Terra dende os
tempos remotos, sempre tivo os ritos desta celebración un toque ancestral e
noso, que se perde nos tempos, que sorprende e namora os visitantes de fora.
Muita tradición inda garda esta
noite meiga, a fogueira e fachos as 12 da noite a cal há que saltar tres veces
para espantar o “meigallo” e demos do inverno das frías noites, saltar sete
veces as ondas da mar, augurio dun mar máis calmo e abundante, coller as
coñecidas e florecidas herbas do San Xoán, que tan boas son para o home e a
muller, cear as famosas sardiñas... e até as veces segundo a zona, saír os mozos
a roubar carros ou portais das “rapazas solteiras” da parroquia, para logo
deixalos o mencer na porta da igrexa, parecendo todo un rito de iniciación na
mocidade ante súa comunidade...
Co tempo e o “novo mundo cosmopolita”,
parte deste legado antigo, foise perdendo ou transformando, muitos deles en
macro-festas en praias, pero inda non fai muitas décadas, o lugar onde se
celebraba o solsticio ou san Xoán, seguían sendo os mesmos de fai máis de 2000
anos, como en certos castros por todo o pais, como o monte da Peneda
(Redondela-Soutomaior) e súa festividade dos maios.
Neste San Xoán ou solsticio do 2018,
na noite do 23 de xuño, grazas a Eloi dos Freiría e a Maika, eu e Tania coñecemos
unha desas festividades que che fan viaxar no tempo, pero a tempo real, pois
non é ningunha recreación histórica, simplemente e unha comunidade que grazas o
colectivo Terra Termarum, recuperou súa festividade do pasado e volta a
celebrala como a recordan, o que ben sendo un auténtico eslavón galaico no
tempo, onde por suposto, o lugar sigue sendo o lugar orixinal, o castro de
Castrolandín, no concello de Cuntis.
Recordade que nun antigo castro
galaico fai máis de 2000 anos, esta sería unha das súas festividades máis
importantes seu calendario, o que tamén celebrarían con lume, banquete, ritos
de valentía e danzas. E iso e o que se ve na actualidade en Castrolandín, tal
vez os festeiros mudaron de vestimenta e aparenza, pero o sentimento e o mesmo.
Non faltan as sardiñas, os bolos
preñados de chourizo, o viño e a cervexa, pero todo de forma tranquila e
moderada, en un ambente moi familiar, onde de fondo soan músicas tradicionais
da terra e danzas celtas.
Pero o que máis nos sorprendeu nesta
festa-ritual, foi o rito das setas piñas, que foi o maior punto de trance
histórico da noite. O redor do circular parapeto do castro, están espetadas
pequenas ramas de piñeiro en circulo, cada unha con sete piñas (recordade o
simbolismo dos números tres e sete no mundo céltico) as cales cada persoa do
rito colectivo, cunha antorcha prendida na grande fogueira principal, ten que plantar
lume nunha piña para ter un bo augurio e espantar seu meigallo, un auténtico espectáculo,
poder ver case centros de antorchas prendidas o redor da fogueira central.
Despois deste viaxe no tempo entre
lume e persoas, pouco a pouco a festa foi tranquilizándose e un par de horas
despois, entre o son de algunha gaita, pouco a pouco amigos e familia de forma
moi tranquila, abandona o lugar.
Tamén nomear o grande traballo da organización,
posto que a zona arqueolóxica a tiñan con balizas, as cales retiraron o final
da festa, o cal quedou sen un só anaco de lixo, posto que o pouco que quedaba,
a propia organización a limpou.
Para os amantes destas festividades
de forma ancestral, da tranquilidade e o sentir da Terra, vos recomendo este solsticio
no Castrolandín, o cal debe ser un espectáculo tamén velo dende a distanza co
anel de lume. Saudar dende aquí a Eloi dos Freirías e Maika, e dar as grazas por
darnos a coñecer esta xoia da nosa cultura e folclore.
miércoles, 27 de junio de 2018
sábado, 2 de junio de 2018
Sendeiro de Laxe a Lagoa de Traba (PR-G 114)
As veces a mar e sinónimo de paz e
tranquilidade, inda que en certos lares como este leve fama de brava e salvaxe.
Mesmo así, nesta ruta, será a protagonista cos seus belísimos paisaxes e
recunchos inhóspitos lonxanos do estresante mundo. Tratase do sendeiro PR-G
114, que vai dende a vila mariñeira de Laxe ate a Lagoa de Traba, pasando pola fermosa
praia de Soesto e alto do Castrillón, unha fermosa ruta de case 17 km
tranquilos lineais ida e volta, coa mar sempre a un lado e seu son de fondo. A duración parando a xantar son 4 horas e media máis menos.
Arrancamos este roteiro e aventura
dende a igrexa de Laxe o lado do Paseo Maritimo, onde se ve no alto a capela de
Santa Rosa. Son varias ramas que saen das rúas da vila que se van unindo en
ascensión doada ate dita capela, onde se pode ver unhas fermosas vistas sobre
Laxe e seus arredores. Dende aquí, a ruta esta perfectamente sinalizada e
continuamos cara a praia de Soesto pasando polo impoñente Peñon, onde no pasado
houbo un antigo castro galaico.
Co impoñente Peñón a esquerda,
avistamos a impresionante praia de Soesto na nova vertente que se nos abre, un
fermoso areal que forma unha pequena bahía rodeado de montes, lonxe de núcleos
de poboación. Descendemos a praia e podemos ver algúns surfistas na auga, que
sortean as bravas ondas da mar en pleno mes de maio. Cruzamos un pequeno tramo
de area para logo chegar a unhas pasarelas de madeira, que nos fan bordear o monte
Castrillón que xunto o Peñón semellan vixiar a praia.
Pasada Soesto, chagamos o extremo de
súa enseada, a Punta Catasol, onde seguimos a liña da costa por un pequeno
carreiro con fermosas vistas a pequenos illotes e calas como a de Arnado, bordeando o monte
Castrillón. O final deste tramo, adentrámonos nun pequeno piñeiral antes de
facer un pequeno descenso a praia e Lagoa de Traba. Dicir que nese piñeiral,
chamado A Atalaia, há un pequeno merendeiro a sombra moi xeitoso para almorzar
ou xantar, o cal chamase Campo de Almozarro.
O baixar do merendeiro, chegamos as inmediacións das casas do lugar de Boaño, pertencente a parroquia de Traba, pero tamén xa estamos os pes das dunas do areal da praia de Traba. Seguimos unha pequena estrada cara a praia, onde a ruta se desvia por unha pasarela de madeira entre os areais e o pequeno rego do Val. Seguimos a pasarela ate atoparnos no interior dos areais, onde se atopa a final da ruta, a Lagoa de Traba. Nesta temos un pequeno observatorio de madeira onde puidemos ver grande variedade de aves, como gaivotas, cormoráns, pardais ou tordos. Tamén no camiño vimos unha pequena cobra de colar, pero sen dubida os protagonista do día foron a grande cantidade de enerxéticos lagartos arnaus ou sardóns.
Por último, voltamos polo mesmo
camiño de ida, coa diferenza que desta vez en vez de bordear pola costa o monte
Castrillón, que esta no medio das praias e enseadas de Traba e Soesto,
decidimos subilo por unha variante. A subida ten un desnivel pronunciado pero
curto, chegando a seus 88 m directos sobre a mar rápido. Unha vez arriba, un dáse
conta que mereceu muito a pena o pequeno esforzo, posto que ten unhas fermosas panorámicas
sobre ambas praias e o propio litoral da zona, vendo tamén a ría de Laxe e
Corme o norte, e a Serra da Pena Forcada sobre a mar o sur. Unha vez realizado
o pequeno descenso deste monte, xa estamos de novo na praia de Soesto, onde só
nos queda o camiño a Laxe onde finaliza a ruta.
Dicir que é unha ruta algo longa,
entorno os 17 km, pero son moi cómodos de levar e case sen desnivel, posto este
acumulado non chega anda nos 400 metros. A fermosa paisaxe costeira, a
tranquilidade do entorno e naturalidade, así como o doado aceso a ruta dende
Laxe, fan que este roteiro o situemos como un dos millores costeiros que realizamos ate o
momento.
Tipo de Ruta: lineal.
Lonxitude: 16,73 Km
Duración: 4 horas e 30 minutos.
Dificultade: Baixa.
Sinalizada: si.
Valoración: de interese paisaxístico e natura.
Puntuación: un 9,5.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

































