E moi típico viaxar polas terras da meseta, e cada
pouco poder sobre os outeiros que coroan os pequenos pobos e vila os restos dun
castelo en ruínas, como xigantes centénelas vixías a súa sorte, sombras do esplendor
que tiveron no seu día, testemuñas dun pasado remoto de luitas e
enfrontamentos.
Certamente e por algo que muitos caracterizan e
recordan as terras da meseta, algo moi de súas estampas, pero e nas nosas? Na terra
galaica non temos tamén restos esquecidos como xigantes abandoados a súa sorte
nas nosas verdes paisaxes? Pois aquí expoñemos tres exemplos, entre muitísimos,
que nos chamaron a atención no interior galego, tratase da Torre de Arcos
(Chantada), a fortaleza da Mota (Guntín de Pallares) e a de Cira (Silleda).
A
Torre de Arcos, Chantada (IX?).
Non sabemos muito de súa historia, inda que si
aparece na lista de castelos destruídos polas revoltas irmandiñas do século XV.
Seu orixe, que saibamos non se sabe, inda que un dito popular conta que o
primeiro bispo de Compostela, Teodomiro, nos tempos do descubrimento do
sepulcro do apóstolo, nacera neste castelo, a comezos do século IX.
Si sabemos que pertenceu os Fernández Temes,
posibles antepasados do famoso Gonzalo Fernández de Córdoba, O Gran Capitán
(S.XV). Na porta da entrada, a día de hoxe moi deteriorada e cuberta pola
maleza, esta o escudo de armas da casa Temes, con tres barras horizontais.
A día de hoxe só se conserva a torre do homenaxe,
semi-derruída e no cuberta pola vexetación, e máis, parece parte xa desta, polo
que mesmo estando o lado da torre non se aprecia se un non se fixa. Para adestrarse
nesta, há que meterse nun mar de maleza e vexetación, como na graciosa foto que
comparto, pero unha vez dentro dela pódese ver escaleiras, muros, a torre e até
seu acceso, moi perigoso por posible derrubamento.
Claramente este castelo controlaría e vixiaría a
vertente oriental da Serra do Faro, cunha grande visión sobre as extensas
terras de Chantada e o val medio do Miño.
A
Fortaleza da Mota, Guntín de Pallares (S.IX)
Seguindo o val do Miño cara o norte, e vixiando de
forma inminente un posible paso antigo sobre este entre os lugares da Mota
(Guntín) e Santo André de Ribeira (O Páramo), erguese a fortaleza da Mota.
Este castelo ten unha historia moi antiga e rica,
seu orixe vaise até o século IX, cando o conde de Lugo, Ero Núñez, construína
para vixiar este paso sobre o Miño próximo a cidade de Lugo. Despois pasou a
pertencer a casa dos Taboada, os cales o parecer en algún muro conservan seu
escudo de armas, no século XV foi destruída polos Irmandiños. Máis tarde, no
século XVII pasou a pertencer o bispo de Lugo, e posteriormente Casa de
Camarasa.
Actualmente sorprendeunos o chegar o lugar, ver que
atopase habitado, e semella como casa de labranza e traballo. Conserva ben a estrutura
do castelo, con murallas, torre de homenaxe así como portas de acceso, pero
despois notase novas estruturas acopladas a orixinal, así como outras antigas
abandoadas. A fortaleza atopase cerrada o público.
Fortaleza
de Cira , Silleda (S.XI)
Se sorprendente foi atopar o castelo da Mota inda
habitado, este inda o superou na parroquia de Cira, en Silleda. Este non só ten
donos, senón que se atopa nunha zona cerrada privada co acceso prohibido, na
cal existe unha pequena aldea coa torre no medio, para ver que o tema do pazo
de Meiras non e único por desgraza na nosa terra.
Tratase doutro castelo que controlaba de forma
inminente o val onde se unen os ríos Deza e Ulla, e polo que puidemos ver o
lonxe, practicamente só conserva a torre de homenaxe.
Súa historia e moi rica pola súa antigüidade e
emprazamento estratéxico, contan que a construíu Bernardo Xoán do Deza no
século XI, polo que inda puido ver algunha incursión normanda polo Ulla arriba.
Pertenceu a famosa raíña Dona Urraca no XII, onde contase que nela “reunía a
todos os seus partidarios”. O arcebispo de Compostela, Diego Xelmírez,
mercoulla a Dona Urraca por 150 marcos de prata e habitou nela por tempos, de
seguro por sentirse máis seguro na súa bélica vida. No
século XV pasou a pertencer o conde de Altamira, Lope Sánchez de Moscoso, dende
ela controlaba as terras do arcebispo de Compostela, Alonso de Fonseca, que o
mesmo tempo vixiaba esta dende súa fortaleza no Pico Sacro. Posteriormente foi destruída
parcialmente, como as outras dúas polas revoltas irmandiñas.
A partir dese momento, perdeu valor como vixiante
das terras do Deza por un lado, e polo outro das de Compostela, polo que foi
abandoada e pouco a pouco quedando en estado de ruínas.
A día de hoxe esta nun terreo privado sen poder
acceder a esta, non sabemos o feito de como acabou así.
As fotos foron sacada a
distanza dende un monte próximo, nelas se pode ver unha torre de homenaxe
impoñente que sobresae entre a vexetación, rodeada de maleza, e máis abaixo
unha aldea privada onde parte de seus muros, parece que están feitos con pedras
sacadas do propio castelo.
Dende esta publicación queremos reivindicar unha vez
máis, o estado de abandono e marxinación de noso rico non, RIQUISIMO patrimonio
histórico, e como muito del pasou e sigue en mans privadas, para perderse e
morrer no olvido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario