Contan que a tribo dos Grovios das terras quentes da
Gallaecia, naceron da unión de terras ou clans que herdaron nomes moi similares
no baixo Baina (Miño), Turonio, Torroso, Torroña. Troña e Tegra.
Pero antes desa unión puideron acontecer episodios
violentos como este hipotético, ambientado no VIII a.C.
Por aqueles tempos, os pequenos clans do Tena (deusa
da abundancia, do que deriva Tea) estaban liderados por a cividade de Troña, a
cal tiña como caudillo a Olorko ollos de
boi. O outro lado da Serra do Galleiro rivalizaban co outro forte de clan en
auxe de fortes guerreiros, o cal seu caudillo
era Elión o alto, e seu centro de
poder a cividade de Torroso.
Contan que Olorko ollos de boi tiña unha personalidade enerxética e aloucada, e
cruzou a Serra do Galleiro e roubou gando cabalar dos de Torroso, aproveitando
que estes estaban en luita cos de Turonio do sur. Isto
sentiu tan mal a Elión que pactou unha tregua cos Turonio, e foise as súas
terras de novo a devolver a ofensa a Olorko. Xuntou un pequeno pero forte continxente
de case setenta guerreiros e partiron cara o Galleiro, entre eles estaban o
grande guerreiro Aiko (amigo de fiar) o
Oso e seu fillo, Usónos o forte.
Da outra vertente da serra, enterado Olorko ollos de boi da manobra aceptou o reto,
xuntou un grupo de case cincuenta guerreiros, entre eles seu fillo, Kórdo, un
adolescente de só catorce anos, e tamén foise cara o Galleiro. A luita ía ter
lugar nun paso natural da serra, en terras intermedias cando o sol estivera no punto
máis alto. Pero
Olorko, sabendo xa exactamente súa inferioridade e a fortaleza dos guerreiros
de Torroso, e que o armamento destes era máis pesado, na noite pasou o pequeno
chan do paso onde pactaran a luita.
A mañá seguinte, Elión o alto tiña noticias de que
os guerreiros de Olorko desapareceran na noite, e pese as advertencias de Aiko
e seu fillo, este inda moi molesto pola ofensa do roubo do gando, decidiu subir
o paso igual, e se non están, saquearemos
súas terras e faremos cinzas a propia Troña. Cando
seu continxente se atopa no último pero máis duro repecho da subida antes do
paso, cos seus guerreiros máis esparcidos,
cansos e coa cabeza máis na subida e o forte sol de fin de verán que pegáballes
enriba que de manter a garda, sonou un corno do cal sentiron un escalofrío. De
seguido, despois do son da morte, saíron muitos paxaros voando do lugar o mesmo
tempo que frechas, lanzas e pedras comezaron a caerlles enriba das partes máis
altas do monte pedregoso.
Comezaron así momentos de tensión, adrenalina e
berros maldicindo os de Troña, non tedes
honra! Covardes! Baixade e luitar como guerreiros! Os confusos guerreiros
novos de Torroso escondíanse da choiva de proxectís baixo os escudos no chan,
os veteráns sacaban de espada de antenas e lanzas e seguían berrando. Cando
Olorko viu o maior desorde entre as filas dos inimigos, mandou caer os seus,
muito máis lixeiros para a luitar. Cando
comezou a luita de verdade, os de Torroso mostraron súa bravura, pero xa
estaban moi debilitados e espallados, algúns berraban feridos, outros xa
estaban mortos pasto dos carroñeiros, pero non retrocedían. Non durou muito o
combate, Olorko ollos de boi, mirou o
mal que causara entre as filas inimigas que xa se sentían derrotadas e tocou o
corno de retirada, pois el non buscaba vencelos, senón simplemente frealos e
desmoralizalos para que non chegasen a Troña, e isto xa o conseguira.
Así seus guerreiros por onde viñeron fuxiron,
deixando un terzo dos guerreiros inimigos mortos, feridos ou escapados, pero
sobre todo humillados ante tal derrota. Pero os
deuses non ían ser de todo xenerosos co Olorko por súa traizoeira e
deshonesta forma de luitar, pois seu adolescente fillo, na retirada xunto a un
par de seus guerreiros, quedaron atrapados entre guerreiros inimigos. Elión e
os seus percataronse rápido do sucedido, e ó perseguiron como lobo que persigue
a un xoven corzo.
Pasando o paso, do outro lado da serra, existía un
pequeno castro entre terras de uns e outros chamado Brogis (significa
Fronteira, a día de hoxe Castro Sarmagoso), o cal vivía do gando da serra, e
era tributario de Troña polo que deixaron entrar un escapado e asustado Kórdo e
seus tres guerreiros. Elión o puido coller antes, pero este pasou sobre un
campo de antigas e sagradas mámoas, e non quixo ofender os deuses derramando
sangue sobre estas.
Seus guerreiros rodearon o pequeno castro, moi mal
defendido por uns parapetos e pequenos foxos, e na noite caeron a lume e ferro
sobre el. Na luita caeron algúns de seus guerreiros, pero pronto tomaron o
poboado e capturaron a Kórdo. Elión inda estaba moi alterado pola humillación do roubo de gando e
derrota, o igual que seu millor guerreiro Aiko o oso, polo que decidiron cortarlle a cabeza o xoven Kórdo de só
catorce anos e mandarlla a seu pai a Troña, e tamén matar a todo habitante de
aquel castro. De nada serviu que seu fillo Usonós intentase evitalo, posto que
o miraba todo precipitado e sería máis valioso como prisioneiro, pero non
serviu de nada. Logo dixo unha frase que o perseguiria toda a súa vida, esperemos que os deuses nos perdoen polo que
acabamos de facer, e que non nos concedan unha morte desta maneira.
Cando a xoven cabeza de Kórdo chegou a seu pai a
Troña, este entrou en cólera, era seu único fillo varón. Días despois deu unha
orde que sorprendeu a todos, mandou ir buscar seu fillo bastardo, criado en
secreto por un vello chaman nos montes da Picaraña, o cal protagonizaría outra
historia nestas terras, pero este é outro conto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario