viernes, 28 de junio de 2019
San Xoán de Callobre, o lumeiro da raíña celta Alda
Interativo San Xoán da parroquia de Callobre, na Estrada. Este comeza no día do Solsticio prendendo a chama do lumeiro no sagrado Pico Sacro, para despois, na noite do San Xoán, comezar o rito no propio castro da Fervenza, na propia Callobre.
Comeza cunha procesión co sequito da raíña alda, e súas doce damas, cada unha por un mes do ano. Portan a chama do lumeiro ate o interior do castro, onde as esperan a garda de guerreiros para escoltalas e logo o rei da tribú, Kallius.
Unha vez arriba, comeza unha danza antes de prantar lume a grande cacharela, onde cada ano se queima a Meiga Kalistea, para así espantar o seu meigallo, as malas enerxías e ter un bo augurio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario