martes, 11 de junio de 2019

Galiza destruída, o encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura e represión do xeneral Francisco Franco. visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente sucedía, non é bo para nada, polo menos para os poboadores os que tocaballes como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas nas terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira. 
Construción do encoro das Cunchas.


Ese mesmo día, co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que tocaranlles ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela algún.
Arriba, Franco na inauguración da presa. Abaixo, o encoro a pleno rendemento nos primeiros días

As augas do Río Limia subiron rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un grande patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdían súas terras, senón tamén unha parte de si, de seu pasado e historia.
 
Vista o encoro das cunchas, que somerxeu parte do val do Limia. Abaixo, restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.

Tamén baixo as augas, quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Co mesmo orixe romano, tratábase da Ponte da Pedriña, que tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan da ponte, que tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.


Un mozo de Santa Cruz roldaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras, pero unha enchente de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presentou o demo, e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros e escuros do encoro, cumpriron a maldición.

El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
A Ponte da Pedriña, foto e inicios do século pasado.

Este artigo o publiquei fai sete anos en:

2 comentarios:

  1. Enche o saco leer ou escoitar tanta tontería.
    Este tipo de artículos non teñen outro objetivo que generar sensacionalismo.
    Permiteste falar de "dictador" de "roubo da terra" de "destrucción de Galiza".
    Eso dislo ahora moi confortablemente instalado detrás da pantalla da tua computadora ou "tablet" ou que secha, que tamen, moi confortablemente, enchufas na rede eléctrica abastecida por eses encoros que tanto criticas. Esa electricidad, que ainda que reconozco que està cara en España, pagarías 2 ou 3 veces mais cara se a tuvésemos que comprar no estranxeiro onde a producción non é mais ecológica que esta.
    Xa que falas de dictadura e de roubo porqué non contas a verdade toda.
    Porqué non dices que España estaba baixo "blocus" económico dos paises o arredor. Esos maravillosos países con gobernos de esquerda tan humanistas, tan socialistas, tan preocupados por a libertad e o ben estar da xente que bloqueaban España pa afamentar a población (igual que lle fixo USA a Cuba ou llo está facendo a Irán e Venezuela).
    A ver si paramos xa con esa manía de xempre estar asoballando a nosa historia contando mentiras.

    P.D: non escribo en Galego literal porque non me sai da gana. Esa (supuesta) lengua Gallega nunca existiu, nin nunca se falou esa lengua. Eso es una creación reciente que nos intentan inpoñer pa alexarnos nas nosas raíces verdadeiras. Para crear un bloque homogeneo que se poida manipular a voluntad.
    E pa que sepas chàmase o encore das “Conchas” non das “Cunchas”.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. por que non lle dices iso que escribiches a rosalia de castro,curros enrriquez,eduardo pondal ou murgia,en tempos de Alfonso x o sabio,xa se escribia en galego.Antes de escribir documentate burro.

    ResponderEliminar