Un rito, unha parroquia e o grande traballo de
querer recuperar as antigas tradicións desta terra, segundo o noso antigo
legado celta.
Todo comeza no propio solpor da noite de San Xoán, no
camiño da raíña Alda (que significa a máis bela) polas rúas e camiños de Callobre (A Estrada) ate o monte do Castro da Fervenza. Este camiño o fai
acompañada polas súas doce damas, unha por cada mes do ano, as cales portan a
chama do lumeiro ate o poboado galaico, onde as esperan os guerreiros e súa tribo.
Neste non falta o son das gaitas máis da percusión
tradicional, un pracer e toda vivenza que nos deixaran acompañar o séquito,
iluminando co lume novo do verán as escuras corredoiras.
Unha vez chegado o castro da Fervenza, de Callobre,
que pode vir de Kallo-Bre (Castro de Kallaicos ou Keltaes), saen os guerreiros
do poboado a recibir e escoltar a comitiva feminina ate dentro, onde a raíña
Alda, da un discurso para o bo ciclo do verán.
Despois, o rei ou corono do castro e tribo, Kallusbre,
tamén saúda a seu clan para desexar o bo augurio. Por último tamén aparece
Calistea, a bruxa expulsada de Avalón que merodea as terras de Callobre, e será
queimada na cacharela, e con ela se liberara das malas enerxía e escuras
forzas.
Xa dous días antes, o Druída ou Durbede local, prendera a chama do lumeiro no alto do Pico Sacro, o cal marcaba o comezo do solsticio de verán e San Xoán. Logo na troula, o son da música tradicional galega, o carón da cacharela, non faltaron as danzas, o banquete e a queimada.
Pronto faremos un vídeo reportaxe, posto que o san Xoán de Callobre, non se pode resumir en palabras nin fotos, nin sequera en vídeo, posto a única maneira de vivir a experiencia, e sentila no lugar. Bo ciclo de verán do deus Lugh, e noraboa a organización e participantes deste fermoso San Xoán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario