Desta vez fago o ascenso a un cumio moi simbólico na
montaña galega, no último grande cumio da parte sur da Serra dos Ancares, o
Pena Rubia. Seu abrupto cumio, se levanta de forma imperante sobre a serra cos
seus 1822 metros, dando unha imaxe, iso si, en muito menor tamaño, que a muitos
nos recorda o emblemático monte Cervino, nos Alpes.
Non e a primeira vez que volto o lugar, xa antes no
inverno o intentara subir dúas veces só, pero ambas por diferentes factores
(neve moi branda, néboas cerradas, sendeiros cerrados, falta de orientación a
cumio...) tivera que deixalo. Desta vez, xa en verán, o volto a intentar pola
mesma ruta elexida no inverno, dende a aldea de Deva, pasando polo refuxio de
Brego e Golada de Valongo, unha ruta un pouco máis longa que a habitual
empregada para este cumio, que anda nos 14 km, mentres que esta variante, anda
nos 16 km.
As 10 da mañá arranco da pequena aldea de Deva, a
terceira vez neste ano, polo que xa me é ben coñecida. Antes de coller o camiño
o fondo desta, há unha cancela para o gando, a cal se pode abrir, pero recordar
cerrala despois.
O camiño e amplo e cómodo, comeza a subir
moderadamente cara a Campa de Brego sobre as fragas val do río homónimo. O
outro lado do val, o alto podemos observar xa o cumio do Pena Rubía, con forma
de corno monolítico, reinando sobre os montes do redor. No inverno polas néboas,
non puidera ver esta estampa.
Despois duns 40 minutos no camiño, comezo a ver o
fondo a verde Campa de Brego e seu refuxio, rodeade de altas montañas secundarias, impoñendose o Tres Bispos (1792 m).
No lugar me atopo cun burro con montura, e gando vacún pastando, e o pouco
aparece un veciño de Deva, Segundo de Deva. Temos unha pequena conversa moi
amable e enriquecedora sobre o lugar, o cal borda de auga e verdor, que riqueza.
Deixo atrás a Segundo e o val de Brego, e me introduzo nunha fraga pola cal se
sube a Golada ou Collado de Valongo.
Fai un día soleado, a medida que collo altura comeza
a soprar un vento fresco moi levadeiro, o que non me gosta son as nubes que
comezan a vir dende o nordeste, pois neste día había ameaza de tormenta pola
tarde.
Chego a Golada de Valongo,a 1609 metros, tras unha
subida que se leva moi ben. Aquí se abre a paisaxe e xa se poden ver o outro
lado, tras unha valla para o gando, os verdes vales do Bierzo. Dende este
punto, tamén se ve grande parte dos cumios maiores dos Ancares, o primeiro e
inminente, o Tres Bispos, como así o lonxe, outras serras do noroeste como os
Aquilanos, A Lastra, O Teleno e mesmo Trevinca, e o norte, os primeiros cumios
da Cordilleira Cantábrica máis occidental.
Agora toca subir o próximo Alto das Becerreiras
(1699 m), no cal a paisaxe inda se abre máis sobre un chan de pastizal verde,
onde pasta outro rabaño de vacas en altura. Dende este punto, temos unha
primeira grande panorámica do Pena Rubía e seu pequeno macizo, así como case da
totalidade da propia Serra dos Ancares. Tras o Pena Rubia, tamén comeza a verse
as formas da fermosa Serra do Courel, así como o oeste o fin das verdes
montañas e vales, o val do Miño e a chaira de Lugo.
Tal vez este tramos que me espera, sexa o máis complexo,
non por dificultade técnica, senón porque practicamente non há sendeiro, pero aproveitando
a boa visibilidade para orientarse, e que a vexetación, de carrascos na maioría,
se atopa baixa (tamén inflúe que nesta época o gando esta na alta montaña),
descendemos o Golada de Cardiadelos sen muitos problemas.
Aquí é onde se une este roteiro co que soe ser máis
habitual, que sube directo dende a Campa de Brego, pero vendo o estado da ruta,
acho ultimamente tampouco suben muitos montañeiros. Agora toca subir a última
montaña antes da propia Pena Rubia, Penas de Verdía (1762 m), a cal no seu
camiño antes ascendemos outros altos menores. Neste punto, fora onde dera a
volta a última vez no inverno, posto que o sendeiro desaparecía por completo pola
alta vexetación que chega a cintura, desta vez a situación é similar, pero o
día despexado e boa visibilidade da propia Pena Rubia na fronte, a situación
muda.
No alto das Penas de Vendía, temos tal vez as mellores
vistas sobre a Serra dos Ancares desa zona, dende onde tamén vemos máis abaixo,
cun chan moi verde pero seco, a Lagoa de Forrón. Comezan a aparecer algúns
fitos para marcar o bo camiño, eu mesmo monto algún máis para orientarse, pois
neste tramo a vexetación faise máis prado con pedregais, máis o estilo da
Cordilleira Cantabria. Ate se queres como alternativa, se poden ir trepando de
forma sinxela algúns riscos por fora do carreiro. Na pequena baixada antes de
chegar a elevación de Pena Rubia, o este temos unha fermosa panorámica sobre o
val berciano de Teixeira.
Neste momento teño ante min o pedregoso e impoñente
cumio da Pena Rubia, o este, unha profunda caída libre duns 600 metros case
inaccesible, polo que o camiño o alto faise virando a cara oeste, onde temos
dúas opcións. A máis doada, seguir virando o oeste por onde se accede o cumio
por un forte desnivel pero sen complicación, ou seguir a cresta de pedra sobre
o vacío, máis exposta. Eu con espírito aventureiro collo esta última cunha
subida máis alpina, non e difícil, pero compre ter muita precaución.
O fin de dita cresta, no seu punto máis alto,
chegase o cumio da Pena Rubia, a 1822 metros, cumio moi pequeno sen punto xeodésico.
Non se pode describir a ledicia e felicidade dun cando chega a un cumio, despois
dun duro esforzo deportivo e adversidades que poden surxir na marcha, pero a
sensación se contaxia coa beleza do entorno. Como se de unha advertencia para
espertar e voltar a realidade do lugar inhóspito e salvaxe que nos atopamos, há
unha placa de lembranza a un montañeiro caído neste monte, DEP.
Cunha ampla panorámica, vexo o lonxe, sobre un
risco, cinco rebecos que me observan, mágoa non levar a cámara de vídeo comigo.
Aquí vos deixo as fotos do cumio, para que vexades o esplendor de dita montaña.
Agora toca xantar e logo descender polo mesmo
camiño, seguen entrando nubes dende o nordeste pero semella que non haberá
tormenta, o día segue sendo caloroso pero con esa brisa tan agradable da
montaña, polo que aproveitarei para desfrutar de vagar da paisaxe e entorno no
descenso.
Chegado de novo a aldea de Deva, volto topar con
Segundo, e temos outra pequena conversa, coa cal remata esta aventura. Que
todos os días nos montes poidan ser como este, nos vemos nas montañas e nos
sendeiros!
No hay comentarios:
Publicar un comentario