miércoles, 25 de mayo de 2016

Os "osnis" galegos

Escrito no anterior blogue Galiza Misteriosa o domingo, 8 de xullo do 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore, cheo de lendas neste caso que nos falan de seres estranos, lexendarios ou monstros saídos da mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas. Outros exemplos poden ser os mitolóxicos nigromantes da illa de Ons ou as sireias a rasgos xerais.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, imos recordar outro misterio pouco coñecido. Son muitos os mariñeiros das nosas costas que aseguran que viron saír ou entrar na mar, obxetos que non son seres mitolóxicos, senón metálicos ou submarinos non identificados, cunha tecnoloxía non coñecida, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos que chegan a nos, sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, os cales nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles, chegando mesmo a asustalos.  Este fenómeno foi tan repetido, que algúns chegan dicir que existe unha base destes "osnis" baixo a mar, preto das illas Cíes e de Ons. 

A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde os osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune. Estes obxetos coinciden na maioría dos casos con características xerais, son esféricos e brancos. 


Un dos casos máis importantes prodúxose o 22 de novembro do 1985, eran as oito da mañá cando as tripulacións de media ducia de embarcacións, como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons, viron como un enorme obxeto metálico apareceu e sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceron o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
   Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que os marca para toda a súa vida. Cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. 

Engadir tamén a isto, os estranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes ou en Sada, na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni”, coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero dicir que un obxeto non identificado, tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e misterioso,  fan que siga vivo, pois pasamos da ancestral Coca de Redondela que saía do mar, despois as sireias e os nigromantes, e agora nestes tempos, os osnis. Que terá nosa terra e costas meigas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario