jueves, 19 de mayo de 2016

Galiza destruída: A Lagoa de Antela

Escrito no anterior blogue Paisaxes e retratos da Galiza, na data 21/01/2011

Galiza destruída: A Lagoa de Antela

A Lagoa de Antela foi un dos maiores humedais da Península Ibérica situada na bisbarra da Limia. Tiña un tamaño de 7 km de longo por 6 km de ancho, dependendo da época do ano. Súa profundidade media case non pasaba dos 0,5 metros, chegando apenas os 3 metros nos sitios máis profundos.
Bañaba os concellos de Sandiás, Porqueira, Xunqueira de Ambia, Sarreus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Rairíz de Veiga e Xinzo de Limia, na cal sae na foto de arriba a vila coa lagoa de fondo.


Foi coñecida tamén co nome de Lagoa Beón, o parecer saido da palabra "bión", que era un funco que se usaba para o berce do gando, pero o nome pode dar pé a máis hiopóteses. O nome de Antela parece vir de "anta", polo que na zona antigamente debia haber unha gran cantidade de mámoas e dolmens. Engadir que na zona tamén existen fermosas lendas da lagoa, coma a da cidade de Antioquia, sumerxida baixo a lagoa por un encantamento, ou o exercitos dun rei que zumbaban do interior da lagoa.


Foi no ano 1956 en pleno franquismo, cando Franco á manda desecar  para terras de cultivo, facendo asi un dos maiores atentados biolóxicos da historia da Galiza. Como son as cousas que durante o franquismo a Galiza enchouse de lagoas artificiais, en formas de encoros e presas, pola contra, secouse a maior lagoa natural que tiña...
Xa había indicios anteriores, o comezo das obras de Franco no 1958, de intentar desecar a lagoa, pois o emperador romano Adriano o parecer mandara construir un gran canle, para aproveitar a lagoa para regadios. Pero está voltou e seu estado natural co paso dos séculos.


Tamén derrubouse nos anos setenta a Ponte de Liñares, polo "efecto retención" da augas coas enchentes das choivas. Esta ponte era de orixe romana con trazos medievais, por ela pasara a antiga vía romana XVIII do itinerario Antonino, a "Vía Nova". A ponte desapareceu pola mala política, xestión e obras feitas na desecación da lagoa, co único proposito dun progreso dos cartos e non para o ben da Limia. pois hoxe toda a bisbarra podría vivir do turismo.

Despois da desecación parcelouse o terreo que antigamente fora a lagoa, deixando só desta un canle central para os regadios. Na súa antiga parte sur instalaronse tamén empresas de extración de areas, desaparecendo asi o que fora a maior lagoa da Galiza e das maiores da Península Ibérica, a cal estaba rodeada por 4 torres medievais dos señores de Antela.
Pero sorprendentemente coas intensas choivas, como nos anos 2001 e 2010, a lagoa resurxiu a case seu estado natural, como no século pasado voltando a humedecer as terras. De seguro que máis dun nostálxico caeulle unha bágoa o ver de novo algo similar a lagoa que recordaba.
Pode que volte pasar o que pasoulle os romanos en tempos pasados, pois o que se enterra vivo normalmente volta a resurxir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario