sábado, 21 de mayo de 2016

Dende Brasil: Viaxe a Chapada de Diamantina, I parte

Escrito no anterior blogue Ponteareas historia viva o sábado, 10 de agosto do 2013.

A Chapada de Diamantina e un paraíso situado no interior do estado brasileiro da Bahía. A conforman unha sucesión de serras onde nacen unha importante rede de ríos, sendo así un autentico oasis natural rico en biodiversidade rodeado das áridas terras do interior centro do Brasil.
Río Leçoes o seu paso pola localidade de Leçoes.

O nome Chapada de Diamantina ben de “chapada”, pola protección das montañas, e “diamantina”, porque era unha rica rexión en diamantes. Conta con un enorme abanico de atractivos naturais como a cachoeira da Fumasa, o Pozo Azul ou a Gruta da Torrinha entre outros. Súa principal localidade e Leçoes, de onde parte nosa primeira ruta polos seus redores, coñecida como ruta dos Serranos, polas escuras augas do río Leçoes e súas cachoeiras (fervenzas).
Vista do centro de Leçoes.

O as augas escuras do río Leçoes, son por causa de antigos restos de materias orgánicas, o que fai que sexan moi boas para a pel humana. O río non sempre vai por enriba da terra, senón que ten tramos subterráneos, este e o caso da zona de Caldeirôes, o pouco de comezar a ruta onde pódese ver por buratos na pedra o río. A parte forma pequenas cascadas e pozas entre as abruptas rochas, cunha fermosa vista sobre a pequena cidade de Leçoes. 

Saímos da zona de Caldeirôes comezamos a ascender o cauce do río Leçoes, chagando así as Salas das Areias, unha serie de covas formadas de pedras moi erosionadas, con distinto tipo de areas e outros minerais. Así podemos topar diferentes cores, arxilas e ata purpurina natural, coñecida aquí como "falso ouro".

Seguindo o cauce do río nos topamos nunha zona moi pétrea dentro das augas, cunha fermosa mata (flora) nas súas ribeiras, observando os rápidos e pozas do río Leçois, que se introduce na montaña en forma de canón.

Máis arriba nos topamos cunhas fermosas fervenzas e pozas, onde nos damos un baño moi relaxado nas súas frías augas, tratase da Cachoeira da Primavera e o Pozo Paraíso.
Cachoeira Primavera

Abandonado o río comezamos a ascender por un escarpado e estreito camiño, cara o alto mirador da Pedrinha de Leçoes, no alto nunha longa e estreita meseta percorremos o “Caminho das Mulas”, chamado así porque era por onde cruzaban antigamente os comerciantesou "arrieiros" as montañas coas súas mulas, para chegar a Leçoes e os pobos da zona.

O final da estreita meseta entre as montañas chegamos o mirador da Pedrinha de Leçois, que e unha gran pedra sobre un impresionante acantilado, onde se contempla o val do río Léçoes e a propia localidade de Leçois. Por detrás da montaña, poder mirarse a interminable planicie do interior brasileiro.

Unha vez abandoado o mirador comezamos a descender por outro sendeiro de novo rumbo a Leçois, sen antes parar e darnos un baño na fermosísima Cachoeirinha, unha fervenza cunha poza entre a mata da selva, onde meterse debaixo das súas augas limpa ata a propia alma.

Despois dese divino baño na Cachoeirinha, descendemos ata chegar de novo o punto de saída, a localidade de Leçois. Aquí remata noso primeiro día de ruta, aventura e actividade na fermosa Chapada de Diamantina, espero que vos gustase. Pouco a pouco irei publicando diferentes rutas e visitas nesta paradisíaca terra. Un saúdo dende o Brasil.
Foto cos meus pais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario