domingo, 15 de mayo de 2016

Colectivos de Mos e Ponteareas solicitan á Xunta a protección da mámoa do Salgueirón

Ademais porán en marcha accións para difundir o patrimonio arqueolóxico en perigo entre os dous concellos

Varios colectivos dos concellos de Mos e Ponteareas veñen de solicitarlle á Xunta de Galicia a protección e posta en valor da mámoa do Salgueirón, un elemento do noso patrimonio que linda entre os dous concellos, no alto do monte do mesmo nome.

Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria(Mos), a Agrupación A Cividade (Mos) e o Grupo Ecoloxista Adenco tiveron varias reunións co Concello de Ponteareas para transmitirlle a súa preocupación sobre este elemento do noso patrimonio, situado no monte do Salgueirón, entre os Concellos de Mos e Ponteareas, lugar que se viu afectado hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento.

Os diferentes colectivos buscaron a colaboración dos respectivos concellos "sen que, polo momento, as administracións fixeran algo para evitar o contínua deterioro deste xacemento", polo que decidiron, "solicitarlle á Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación, para evitar novos impactos", porque,  “o que non se coñece, non se protexe”.

Traslado da solicitude aos Concellos e próximas actividades


Os colectivos tamén trasladaron esta solicitude aos Concellos de Mos e Ponteareas, para que fagan o posible por atender a esta demanda de valorización deste elemento común do noso patrimonio arqueolóxico. Ademais, os colectivos de ámbolos lados da Serra do Galleiro, realizarán en breve actividades para amosar este e outros valores do monte que precisan de máis divulgación e coidados.

A mámoa do Salgueirón é un monumento funerario con máis de catro mil anos de existencia e formado por grandes lousas colocadas en forma de arca onde soterraban aos defuntos na prehistoria. O conxunto estaba cuberto de terra e delimitado con seixos brancos para facelo resaltar na paisaxe.

FONTE SACADA: SondoLouro.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario