miércoles, 28 de noviembre de 2018

A MISA DOS MOUROS E SEUS RITUAIS NO CASTRO DE SAN AMARO

Incrible, fascinante e enigmático, así se pode describir este lugar pouco coñecido, o castro e capela de San Amaro, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra facendo linde co de Ponteareas.

Para a maioría das persoas tratase dunha capela adicada a San Amaro nun pequeno monte, construída sobre un castro galaico onde abunda a cerámica como proba deste, nada novo, pero se nos imos o folclore popular oral e o investigamos máis a fondo, a cousa muda, e muito!

Como describen os arqueólogos José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna no seu libro “Prospecciones arqueológicas de los Valles del Tea, Alveosa y Miñor”, publicado nos anos oitenta, “analizaremos un grupo de cazoletas situadas sobre la corona del castro, con diámetros entre 20 y 40 cm, y una profundidad de 11 a 23 cm, con formas cilíndricas e elípticas acompañadas de surcos”. Pero se sorprende esta serie de pequenos lagares e cazoletas sobre unha laxe a ras do chan, máis sorprende as lendas sobre estas mesmas. “El día de la fiesta de San Amaro, se echaba agua sobre ellas y se bendecia, y a continuación se procedía a bendecir los campos circundantes con esta agua. Antes de existir la ermita, la tradición dice que en las pías decían misa os Mouros”


Analizando e estudando o texto rapidamente, pois inda temos máis, na fronte da capela temos unha laxe a ras do chan, que cando menos se localizan dúas pías cavadas de tamaño medio e outra de forma elíptica, acompañadas de tres surcos. Dicir como indican os autores do texto, a laxe esta moi tapada e cuberta por vexetación, sobre todo musgos, estando no mesmo estado a día de hoxe, polo que non se descarta a existenza de máis. Nesas pías, realizábanse inda non fai tanto tempo no día de San Amaro, rituais vinculados a fertilidade da terra, e dicir o campo, cousa que inda a día de hoxe se fai en outros lados da terra galaica como mostrárenmos máis adiante. A parte destacar, que a tradición di que anteriormente a existenza da capela, en tempos posiblemente do castro, “ali facían a misa os mouros”, mouros, os nosos ancestros anteriores o cristianismo.

Engadir, que a uns metros das pías, atopase o final da coroa do castro, exposto e aberto no alto a paisaxe circundante, un incrible altar cavado na rocha nai, con tres escalóns e un par de pías. Non atopamos información deste sorprendente monumento, pero pola orientación o sol nacente co impoñente Monte San Nomedio ou San Mamede na fronte (que algúns aseguran que se trata do enigmático monte Medulio) podemos sacar a hipótese que pode ter seu orixe en tempos do castro, e que estamos ante unha zona ritualística de primeiro orde.


A MISA DOS MOUROS, UNHA POSIBLE FESTIVIDADE ANCESTRAL O SOL
Os datos claves para dar forma a esta hipótese; un castro galaico (xacemento precristián), un santuario e ritual inda conservado en tempo cristián na súa zona máis alta con un altar orientado a saída do sol, e similitude con outros rituais conservados de tempos ancestrais e na mesma data do calendario.

Para entendelo de forma doada, os cristiáns manteñen a tradición dos antigos habitantes do castro (os mouros) e como eles, no día elixido (non por casualidade) de San Amaro, enchen as pías e cazoletas de auga, a bendicen e logo bañan seus campos con ela para que sexan máis produtivos. Isto o fan cando o campo inda non produce, senón que están próximas as colleitas, polo que ben sendo un rito polo bo augurio, posto que San Amaro é o 15 de xaneiro, e isto non coincide con outra grande festividade a nivel galaico coa mesma fin en parte?
O Sol, que da vida a este mundo, comeza a morrer no fin do verán e morre de forma definitiva e renace entre o 22 e o 25 de decembro no solsticio de inverno, onde volta a terra acercarse a el, polo que colle máis forza, quenta máis e os días comezan a medrar. Os romanos o festexaban como ó Sol Invictus, o sol invicto, pois renacía, e nos, co cristianismo co nadal, onde o que nace realmente no ciclo solar e no calendario deste mundo, o deus Sol. Neste ciclo ate a primaveira, o mundo renace e florece, así nacen unha serie de festividades e rituais a nivel europeo vinculadas o crecer do sol, coa busca dun renacer e primaveira fértil. Temos así o noso entroido tradicional, onde se lucen os traxes coloridos representando as cores da inminente primaveira, a saída dos animais que invernan como o oso de Salcedo, o estrondo do son dos tambores e cencerros para espantar as treboadas do inverno, os banquetes simbolizando a chegada da abundanza... e como non, os rituais a fertilidade da terra, como no entroido do Ribeirao en Chantada, onde uns seres con cores moi vivas e estranas formas chamados Volantes, teñen que pisar as terras de cultivo para que estas sexan fértiles meses despois.
Os Volantes no entroido tradicional do Ribeirao, Chantada, os cales teñen que pisar os campos para que logo estes sexan productivos.

No entroido, estamos ante festividades e ritos solares vinculados o renacer da terra e crecemento do Sol, entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Pois, recordando que o folclore do Castro de San Amaro nos di que se realizaban ritos o campo, no 15 de xaneiro, non terá relación a ser tamén unha festividade solar? O deus supremo celta Lugh, que era o deus Sol (como na maioría de relixións antigas).

De importanza é neste caso o altar tallado na pedra, posto que esta orientado a saída do Sol, tal vez outra pista. Recordar que ate fai ben pouco, nesta bisbarra do Condado, como en grande parte da Europa atlántica, no entroido se realizaban as populares corridas do galo, onde destacaba a satírica, o banquete e o sacrificio dun fermoso galo cun rito que variaba segundo a parroquia, tamén non se podería dar o caso do sacrificio dun galo (animal solar, o primeiro que canta co mencer) nese altar en honra o Sol? Falar de rituais de sangue na antigüidade non era nada estrano, pois era o voto e regalo os deuses en busca do bo augurio e chamar a súa atención, diso temos falado aquí. Con todos os datos e teorías cos que enchemos este saco da Misa dos Mouros de San Amaro, non é de descartar a posibilidade de rituais de sangue ou sacrificios nese altar de pedra o Sol nacente na súa fronte.
Altar rupestre  de San Amaro visto dende arriba.

O CASTRO DE SAN AMARO DE LIRA
Arqueolóxicamente, quitando a prospección de Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, o asentamento etopase inédito.
Visualmente se poden ver perfectamente a coroa do castro onde se atopa a capela, unha terraza e mesmo algúns posibles foxos defensivos. Sobre a súa superficie abundan restos cerámicos, tanto de cerámica común como tégula romana, o que nos indica que cando menos estivo habitado en período romano, sen descartar que posiblemente sexa máis antigo.
Plano do Castro de San Amaro.

Dende el se vixía parte do val do Tea e Miño ate Portugal, así como o monte de San Nomedio ou San Mamede.

Outras lendas recollidas no castro por Hildago Cuñarro e Costas Goberna, así como me contou Juan Carlos Correa, falan da existenza de minas ou túneles debaixo do castro construídos polos antigos mouros. Din que no túnel principal, existe un “becerro douro”, lenda bastante común nesas terras entre o Miño e Tea.
Resto da abundante cerámica visible pola siuperficie.

CONCLUSIÓNS
As conclusións persoais, son o resumo do xa exposto, un castro cristianizado pero non só presencialmente coa capela, senón tamén os ritos que seus habitantes realizaban, conservando estes ata fai só unhas decenas de anos, pero de forma cristianizada.

Mantemos a hipótese que eran ritos vinculados o Sol crecente e nacente nos inicios do ano, xustificando que cristianizalos con San Amaro non foi casualidade, posto que na terra galega este santo ten bastante arraigo, sendo dos principais do mes de xaneiro.

Por último, a situación do altar pétreo inminente as pías, orientado a saída do sol, tamén nos fai pensar que seu orixe se atopa nos tempos do castro. Tal vez cunha intervención arqueolóxica e estudo máis a fondo, nos quitaría de muitas dubidas, cando menos en cronoloxías.

Rematamos esta entrada cun lugar tan especial e enigmático practicamente descoñecido, esperemos que cando menos seu misterio pase a ser seu valor, seu renacer como o inminente Sol Invictos, pois é parte de nosa historia así como conexión coas nosas raíces pasadas, e coa propia Terra. 

jueves, 15 de noviembre de 2018

V Magusto Celta de Pitôes das Júnias, resumo

V Magusto Celta de Pitôes das Júnias, onde actuei como Kadroloico Meigo do Tea entre outros. Realizaronse 94 bautizos celtas, pregón e musica amenizada polos Gaiteiros de Lobeira, a queima do Sol e ritual protector da Addusberta coa queimada, sendo un dos magustos populares máis tradicionais e millor conservados, agradecer e por en valor o grande traballo dos organizadores e colaboradores, en especial a Katuro Barbosa, Lucía Jorge, Ro Palomera e Tania Bouzas.

martes, 13 de noviembre de 2018

CHEGA O INVERNO, A MORTE DO SOL LUGH E O CICLO DE ANNÛ


Nos atopamos na mudanza do ciclo e estación biolóxica deste mundo, nun cambio de natural do entorno que nos rodea. O pai Sol, inmortalizado no mundo celta co deus supremo Lugh, comeza a morrer, perde forza e chega o frío, a ser os días máis curtos... todo derivado de forma natural polo seu alonxamento do planeta terra até o 21 de decembro, que morre no solticio de inverno e a partir de aí, renace e comeza de novo a acercarse a Terra, traendo de novo a vida.


Todo isto marca e muda o calendario estacional da biodiversidade, coa caída das follas das arbores (claramente cos eucaliptos non se aprecia este trance), a emigración e invernación de parte da fauna, a escaseza de produtividade dos campos de cultivo, o frío, as choivas, a neve, a longa noite, e dicir, o medio morre. E por iso que os nosos ancestros e antergos, no seu calendario, muito máis relacionado co mundo que os rodeaba, era o fin do ano, o tempo escuro da morte e os mortos, como o entorno mesmo.
Se celebran así as antigas festividades dos mortos, dos magosto ou magustos cos poucos froitos que da este período, con lume para espantar os demos do inverno, a morte e malas enerxías, tempo da matanza para poder ter na despensa carne ante a improdutividade das terras.                                                                                                                                                                               Inda en algúns lugares, como no magusto de Pitôes da Júnias, no Gêres portugués, se fan ritos como a queima do sol en forma de palla, pois simboliza ese trance no que o sol e o deus Lugh deixa a terra dos vivos, para dar paso a deusa da mae terra Annû, a cal ten que renacer no ciclo invernal para voltar ser produtiva e viva no seguinte ciclo. Renace e volta morar a terra como unha muller nova, pero escura como a noite, como o inverno, como a propia deusa Morrigan, se no fondo non é a mesma.
Magusto popular e queima do Sol en Pitôes das Júnias.

Tamén e tempo de contos e mitoloxía o calor do lar, que soe voltar florecer por este época, de cogomelos que tamén veñen para limpar e renovar o mundo, e recordar os seres queridos que nos deixaron, posto que o contrario que o sol, nesta estación se acercan máis os vivos, cando menos seu recordo. Dende aquí queremos desexarvos un bon novo ciclo invernal e tempo da deusa Annû.

sábado, 3 de noviembre de 2018

Fervenzas e cascadas na Galiza/Galicia I

Pequena recopilación de fotos de fervenzas e cascadas na terra galaica.

Fervenza do río Oitavén e Liñares, na parroquia de Xende en Fornelos de Montes (Pontevedra)

Fervenza de Vieiros, no Courel (Lugo), a cal chega os 20 metros de caída non entorno natural incrible

Fervenza do Ézaro, tal vez a máis famosa do país morrendo o río Xallas na mar, no concello de Carnota (A Coruña)

Recóndita e solitaria fervenza de Ferveda, no concello de Silleda (Pontevedra)

 Fervenzas e Cascadas do río Cerves ou da Freixa en As Mestas, concello de Melón (Ourense). Súa cercanía a autoestrada A-52 fai que sexan moi coñecidas.

Inhóspita e salvaxe, situada no alto Tea entre as Serras do Suído e Faro de Avión, no concello do Covelo (Pontevedra)

Fervenza do río Folón, situado sobre o incrible lugar dos muíños do Folón e Picón, no Rosal (Pontevedra)

Fermosos rápidos e cascadas no canón do río Mao, no entorno do Canón do Sil. (Ourense)

Inda que non se trate dunha cascada ou fervenza, a apartada e pequena garganta da Poza do Demo no río Xabriña, na parroquia de Paraños. (O Covelo, Pontevedra)

martes, 30 de octubre de 2018

A Batalla do Campo da Matanza, unha posible luita olvidada no 795 entre cristiáns e andalusís no Cávado (Baleira/Lugo)


Visitando as terras entre Lugo e a Fonsagrada, nos sorprendeu de forma moi grata o descubrir, que sobre a vila do Cádavo no concello de Baleira, existe nun tramo de subida do antigo camiño primitivo a Santiago, un lugar chamado “Campo da Matanza”, onde contan as lendas que houbo unha terrible batalla no ano 813 entre as tropas do rei cristián Alfonso II o Casto e tropas moras de Al-Ándalus, onde estas últimas saíron moi escaldadas e masacradas.

É máis, neste lugar din que apareceran restos humanos, armaduras e armas, e por se fora pouco, na antiga casa do concello do Cádavo, aparece un escudo, o parecer o antigo do municipio de Baleira, onde se aprecia no interior un xinete cristián atacando un árabe, facendo alusión a batalla.

Pero historicamente, nas fontes e escritos, non aparece resto desta batalla e vitoria das tropas de Alfonso II o casto no ano 813 ante unha campaña andalusí, nin sequera nos anos anteriores e posteriores. Pero póndonos a estudar ese treito histórico, a cousa pode mudar se simplemente esa data é errada, polo que aquí escribimos a nosa hipótese e datos deste esquecido feito da nosa historia. Pero antes para que sexa máis doado, viaxemos o contexto dese tempo.
Na antiga casa consistorial de Baleira, escudo do cabaleiro cristián atacando un xinete moro.

ANTECEDENTES


Non eran tempos doados militarmente para os cristiáns do norte, na Córdoba de Al-Ándalus, gobernaba o emir Hisham I, fillo de Abderramán I, o cal tiña unha política moi guerreira e bélica. Tras campañas menores vitoriosas con facilidade contra o Bierzo e terras de Álava, súa ambición creceu, e propúxose unha grande campaña contra a recente creada Marca Hispánica de Carlomagno, elixindo como comandantes dous irmáns netos do antigo conquistador de Córdoba, Abd al-Malik e Abd al-Karim.

A campaña no 792 foi todo un éxito, contra o rei cristián máis forte de seu tempo, Carlomagno, esmagaron a cidade de Xirona, e ate tomaron Tolosa (Tolouse, Francia) asolando e saqueando todas as terras da antiga Narbona, voltando a Córdoba cun xigante botín e gloria.

Foi entón, cando no ano 794 Hisham e seus comandantes, puxeron seus ollos no reino cristián do norte, nas terras da antiga Gallaecia con capital en Oviedo, os cales eles chamaban os “galegos”. Moi inferior militarmente a Carlomagno, en Oviedo gobernaba o rei Alfonso II o casto, o cal criarase no mosteiro de Samos en Lugo e reinaría máis de 50 anos. 


Os andalusís usaron a vella táctica de tenaza, e dicir mandar un exercito de despiste as terras orientais de Álava mandado por Abd al-Karim, e outro central máis pesado dirixido polo vitorioso Abd al-Malik contra o obxectivo real, a capital, Oviedo. Alfonso II o saber que non podía facer nada a campo aberto, deixou que Abd al-Malik entrase pola antiga calzada romana da Mesa no centro de Asturias, destruíndo Oviedo e saqueando súas terras. Pero na volta, posiblemente a altura de Los Lodos, no concellu asturián de Grado, nun difícil paso de outeiros e foxos, Alfonso embosca os andalusís que marchaban lentamente confiados e cargados de botín, e os derrota seriamente na coñecida batalla de Lutos, onde o propio comandante Abd al-Malik cae morto.


Humillado o emir Hisham, decide no seguinte ano, no 795, voltar facer unha grande campaña de castigo non só contra o reino do norte, senón directamente para capturar o propio Alfonso. Para elo voltou confiar no comandante Abd al-Karim, o cal estaría sedento de vinganza pola morte de seu irmá. Voltaron elixir a mesma táctica de tenaza, pero esta vez o exercito de despiste entraría no occidente, na actual Galiza, mentres o central voltaria entrar polo porto da Ventana no centro. Alfonso desta vez presentou batalla en San Emiliano, por onde subía o exercito de Abd al-Karim dende Astorga con 10.000 xinetes, sendo facilmente derrotado polos andalusís na batalla das Babias. Alfonso escapou, pero foi perseguido moi de cerca, tendo que suicidar súa cabalaria contra os moros, a cal era dirixida por un cabaleiro chamado Gadalxara. De novo derrotados, Alfonso agachouse na fortaleza do río Nalón, onde de novo é derrotado e fuxe a Oviedo, pero no seguinte día o xeral moro toma tamén a corte rexia e a saquea, pero o rei casto volta fuxir, todo unha persecución estilo gato e rato.

Abd al-Karim sen saber agora do paradoiro de Alfonso, conformase co saqueo e decide voltar a Córdoba, pero na súa gloria chégalle unha notiza nefasta. A outra columna que entrou por terras galegas, para dividir o exercito cristián, despois de devastar e saquear sen resistenza, e emboscado e totalmente derrotado nalgún punto descoñecido, sendo poucos os que escapan desa matanza e sendo muitos apresados como prisioneiros. Esa batalla, será noso punto de estudo.

Alfonso II o Casto.

A HIPOTÉTICA HISTORIA DA BATALLA DO CAMPO DA MATANZA


Primeiro recordar, que cando falamos de datas medievais, o normal por unha diferenza de calendarios, e darlle as datas dos cronistas para atrás, o normal e restar uns 38 anos, pola diferenza do antigo calendario juliano o actual gregoriano. Neste caso, para combinar datas tamén temos que restar, o que para nos e positivo, do dato popular do ano da batalla, o 813, e o 795 onde si sabemos que houbo un enfrontamento que cumpre muitas similitudes e sen localizar, temos que restas a favor uns 18 anos.

Outro dato interesante, é que o lugar do Campo da Matanza, atopase cruzado polo camiño de Santiago primitivo, pero non é ate o ano 813 no se descubre a suposta tumba do apóstolo (ano que contan popularmente que foi a luita, polo que pode ter relación unha cousa coa outra dento da crenza e folclore oral), pero si sabemos que ese camiño existía. Din que o primeiro peregrino a Santiago foi o propio rei Alfonso o casto, o cal peregrinou dende a corte de Oviedo a Compostela, creando o camiño “primitivo”. Pois ben, ese camiño era simplemente a vía que ía da capital Oviedo a antiga cidade romana e amurallada de Lugo, moi importante por esa altura no reino. Para o resumo, temos que no Campo da Matanza por aquel tempo pasaba un dos principais camiños do reino, que unía unha das principais cidades galegas coa capital e corte do reino, a cal no verán do 795 atopábase saqueando Abd al-Karim co groso do exercito andalusí, polo que non é de estranar que a outra columna que entrou e asolou Galiza sen resistenza, dirixirase tamén vitoriosa, confiada e chea de botín a Oviedo para reunirse co corpo principal, e máis, sería moi lóxico para voltar xuntos o sur

Importante tamèn saber, que o rei Alfonso fuxe de Oviedo e xa non se sabe nada del nese ano, e na tradición oral da batalla da Matanza, aparece. Dicir que o lugar, como veremos máis abaixo e un lugar idóneo para unha emboscada nese importante camiño, táctica que Alfonso gostaba e soia triunfar sobre as tropas moras cando retornaban. Recordar tamén que o rei, criarase en Samos, polo que debía coñecer perfectamente o oriente lugués, e posiblemente xunto forzas galaicas da zona, e parte do exercito derrotado nas Babias reunido de novo, si puidera vencer sobre unhas tropas moras confiadas e cargadas de botín, imaxe e semellanza a súa vitoria o ano anterior en Lutos.

Tamén coincide os datos da grande matanza, tal como conta o folclore popular da zona como o pouco que falan as fontes da batalla do 795, así como que o antigo escudo do Cádavo, sexa un cabaleiro cristián atacando a musulmán. Por último engadir, que entre a batalla do ano 795, e as de Narón (Portomarín) e Chan de Vilariño en Anceu (Pontecaldelas) xa no ano 825, non coñecemos ningunha vitoria nin batalla de Alfonso contra Al-Andalus.
Lugar do Campo da Matanza, co camiño de Santiago primitivo a esquerda.

A POSIBLE BATALLA

Podemos imaxinar, que a hoste mora entraría na terra galaica polo camiño tradicional do sur, e dicir, cruzando o Douro e logo o Miño, tal vez por Tui, remontando e saqueando logo o Miño ate as importantes terras de Lugo, sendo todo isto hipotético. Unha vez as portas de Lugo, non temos notizas que conseguiran tomar e saquear a cidade amurallada, pero tal vez foi onde recibiron a notiza da grande vitoria e toma por parte de Abd al-Karim da capital Oviedo. Foi isto polo que confiados decidiran virar de rumbo e non saír polo porto do Cebreiro como noutras campañas anteriores, senón dirixirse a Oviedo polo camiño principal para de paso, poder sorprender o rei fuxido que podía dirixirse as terras de súa infancia para agocharse, Galiza.

O chegar o val de Baleira, entre as serras da Vacariza e a posterior do Candín, comezarían a subir dende onde se asenta a vila actual do Cádavo o porto da Legúa,. Antes do alto, o terreo fai un pequeno chan chamado Campo da Matanza, o cal esta totalmente dominado en pendente polo alto da Legúa, onde de seguro os agardaría o exercito galaico.

No lugar non e difícil imaxinar a batalla, despois da subida con pendente o Candín, cargados de botín e sen vista ata chegar o Campo da Matanza do alto da Legúa, foi alí onde coa vantaxe da altura e a carga costa abaixo, os galaicos sorprenderon os andalusís, que dende o campo viron o que víñaselle enriba. Cansos, cargados, sorprendidos e sen muito sitio onde manobrar coa súa principal arma, a cabalaria, a sorte estaba lanzada.

É posible, como nas grandes emboscadas e posterior masacre, que un segundo exercito galaico estivera perseguindo ou na retagarda do moro, cortando a retirada e rodeando este, sería unha forma máis doada de explicar tal matanza tacticamente, que moralmente tal vez sería a vinganza da toma de Oviedo e intento de captura do rei, a parte dos saqueos e pillaxe das terras galegas e ástures por parte dos coñecidos como “infieis”.     
Plano hipotético da batalla.
                                                                                                          
Ate por evidenza xeográfica da zona, podémonos imaxinar por onde escapou o pequeno corpo andalusí supervivente da matanza e captura, que sería descender o paso natural do val de Baleira e río Neira, até chegar a Neira de Rei, onde alí pasa e collerían o tradicional camiño do Cebreiro, o cal xa coñecían de campañas anteriores, e dende este as terras de Astorga e logo o sur.
Sobre o Campo da Matanza no lado oeste, por onde posiblemente pasaron as tropas andalusís, para despois aparecer un un exercito de retagarda cristián.

Con este pequeno traballo e estudo, feito de forma hipotética combinando os datos coñecidos e dándolle forma, esperemos cando menos por en valor este feito histórico do noso pasado, mesmo se o fin unha batalla sen ubicación pero histórica no 795, e outra con ubicación pero sen historia coas mesmas características e rei no 813, non foran a mesma.