viernes, 2 de noviembre de 2018
martes, 30 de octubre de 2018
A Batalla do Campo da Matanza, unha posible luita olvidada no 795 entre cristiáns e andalusís no Cávado (Baleira/Lugo)
Visitando as terras entre Lugo e a
Fonsagrada, nos sorprendeu de forma moi grata o descubrir, que sobre a vila do
Cádavo no concello de Baleira, existe nun tramo de subida do antigo camiño
primitivo a Santiago, un lugar chamado “Campo da Matanza”, onde contan as
lendas que houbo unha terrible batalla no ano 813 entre as tropas do rei
cristián Alfonso II o Casto e tropas
moras de Al-Ándalus, onde estas últimas saíron moi escaldadas e masacradas.
É máis, neste lugar din que
apareceran restos humanos, armaduras e armas, e por se fora pouco, na antiga
casa do concello do Cádavo, aparece un escudo, o parecer o antigo do municipio
de Baleira, onde se aprecia no interior un xinete cristián atacando un árabe,
facendo alusión a batalla.
Pero historicamente, nas fontes e
escritos, non aparece resto desta batalla e vitoria das tropas de Alfonso II o casto no ano 813 ante unha campaña
andalusí, nin sequera nos anos anteriores e posteriores. Pero póndonos a
estudar ese treito histórico, a cousa pode mudar se simplemente esa data é
errada, polo que aquí escribimos a nosa hipótese e datos deste esquecido feito
da nosa historia. Pero antes para que sexa máis doado, viaxemos o contexto dese
tempo.
Na antiga casa consistorial de Baleira, escudo do cabaleiro cristián atacando un xinete moro.
ANTECEDENTES
Non eran tempos doados militarmente
para os cristiáns do norte, na Córdoba de Al-Ándalus, gobernaba o emir Hisham
I, fillo de Abderramán I, o cal tiña unha política moi guerreira e bélica. Tras
campañas menores vitoriosas con facilidade contra o Bierzo e terras de Álava,
súa ambición creceu, e propúxose unha grande campaña contra a recente creada
Marca Hispánica de Carlomagno, elixindo como comandantes dous irmáns netos do
antigo conquistador de Córdoba, Abd al-Malik e Abd al-Karim.
A campaña no 792 foi todo un éxito,
contra o rei cristián máis forte de seu tempo, Carlomagno, esmagaron a cidade
de Xirona, e ate tomaron Tolosa (Tolouse, Francia) asolando e saqueando todas
as terras da antiga Narbona, voltando a Córdoba cun xigante botín e gloria.
Foi entón, cando no ano 794 Hisham e seus
comandantes, puxeron seus ollos no reino cristián do norte, nas terras da
antiga Gallaecia con capital en Oviedo, os cales eles chamaban os “galegos”.
Moi inferior militarmente a Carlomagno, en Oviedo gobernaba o rei Alfonso II o casto, o cal criarase no mosteiro de
Samos en Lugo e reinaría máis de 50 anos.
Os andalusís usaron a vella táctica
de tenaza, e dicir mandar un exercito de despiste as terras orientais de Álava
mandado por Abd al-Karim, e outro central máis pesado dirixido polo vitorioso
Abd al-Malik contra o obxectivo real, a capital, Oviedo. Alfonso II o saber que
non podía facer nada a campo aberto, deixou que Abd al-Malik entrase pola
antiga calzada romana da Mesa no centro de Asturias, destruíndo Oviedo e
saqueando súas terras. Pero na volta, posiblemente a altura de Los Lodos, no
concellu asturián de Grado, nun difícil paso de outeiros e foxos, Alfonso
embosca os andalusís que marchaban lentamente confiados e cargados de botín, e
os derrota seriamente na coñecida batalla de Lutos, onde o propio comandante
Abd al-Malik cae morto.
Humillado o emir Hisham, decide no
seguinte ano, no 795, voltar facer unha grande campaña de castigo non só contra
o reino do norte, senón directamente para capturar o propio Alfonso. Para elo
voltou confiar no comandante Abd al-Karim, o cal estaría sedento de vinganza
pola morte de seu irmá. Voltaron elixir a mesma táctica de tenaza, pero esta
vez o exercito de despiste entraría no occidente, na actual Galiza, mentres o
central voltaria entrar polo porto da Ventana no centro. Alfonso desta vez
presentou batalla en San Emiliano, por onde subía o exercito de Abd al-Karim
dende Astorga con 10.000 xinetes, sendo facilmente derrotado polos andalusís na
batalla das Babias. Alfonso escapou, pero foi perseguido moi de cerca, tendo
que suicidar súa cabalaria contra os moros, a cal era dirixida por un cabaleiro
chamado Gadalxara. De novo derrotados, Alfonso agachouse na fortaleza do río
Nalón, onde de novo é derrotado e fuxe a Oviedo, pero no seguinte día o xeral
moro toma tamén a corte rexia e a saquea, pero o rei casto volta fuxir, todo
unha persecución estilo gato e rato.
Abd al-Karim sen saber agora do
paradoiro de Alfonso, conformase co saqueo e decide voltar a Córdoba, pero na
súa gloria chégalle unha notiza nefasta. A outra columna que entrou por terras
galegas, para dividir o exercito cristián, despois de devastar e saquear sen
resistenza, e emboscado e totalmente derrotado nalgún punto descoñecido, sendo
poucos os que escapan desa matanza e sendo muitos apresados como prisioneiros.
Esa batalla, será noso punto de estudo.
Alfonso II o Casto.
A HIPOTÉTICA HISTORIA DA BATALLA DO
CAMPO DA MATANZA
Primeiro recordar, que cando falamos
de datas medievais, o normal por unha diferenza de calendarios, e darlle as
datas dos cronistas para atrás, o normal e restar uns 38 anos, pola diferenza
do antigo calendario juliano o actual gregoriano. Neste caso, para combinar
datas tamén temos que restar, o que para nos e positivo, do dato popular do ano
da batalla, o 813, e o 795 onde si sabemos que houbo un enfrontamento que
cumpre muitas similitudes e sen localizar, temos que restas a favor uns 18
anos.
Outro dato interesante, é que o
lugar do Campo da Matanza, atopase cruzado polo camiño de Santiago primitivo,
pero non é ate o ano 813 no se descubre a suposta tumba do apóstolo (ano que
contan popularmente que foi a luita, polo que pode ter relación unha cousa coa
outra dento da crenza e folclore oral), pero si sabemos que ese camiño existía.
Din que o primeiro peregrino a Santiago foi o propio rei Alfonso o casto, o cal peregrinou dende a corte
de Oviedo a Compostela, creando o camiño “primitivo”. Pois ben, ese camiño era
simplemente a vía que ía da capital Oviedo a antiga cidade romana e amurallada
de Lugo, moi importante por esa altura no reino. Para o resumo, temos que no
Campo da Matanza por aquel tempo pasaba un dos principais camiños do reino, que
unía unha das principais cidades galegas coa capital e corte do reino, a cal no
verán do 795 atopábase saqueando Abd al-Karim co groso do exercito andalusí,
polo que non é de estranar que a outra columna que entrou e asolou Galiza sen
resistenza, dirixirase tamén vitoriosa, confiada e chea de botín a Oviedo para
reunirse co corpo principal, e máis, sería moi lóxico para voltar xuntos o sur
Importante tamèn saber, que o rei
Alfonso fuxe de Oviedo e xa non se sabe nada del nese ano, e na tradición oral
da batalla da Matanza, aparece. Dicir que o lugar, como veremos máis abaixo e
un lugar idóneo para unha emboscada nese importante camiño, táctica que Alfonso
gostaba e soia triunfar sobre as tropas moras cando retornaban. Recordar tamén
que o rei, criarase en Samos, polo que debía coñecer perfectamente o oriente
lugués, e posiblemente xunto forzas galaicas da zona, e parte do exercito
derrotado nas Babias reunido de novo, si puidera vencer sobre unhas tropas
moras confiadas e cargadas de botín, imaxe e semellanza a súa vitoria o ano
anterior en Lutos.
Tamén coincide os datos da grande
matanza, tal como conta o folclore popular da zona como o pouco que falan as
fontes da batalla do 795, así como que o antigo escudo do Cádavo, sexa un
cabaleiro cristián atacando a musulmán. Por último engadir, que entre a batalla
do ano 795, e as de Narón (Portomarín) e Chan de Vilariño en Anceu
(Pontecaldelas) xa no ano 825, non coñecemos ningunha vitoria nin batalla de
Alfonso contra Al-Andalus.
Lugar do Campo da Matanza, co camiño de Santiago primitivo a esquerda.
A POSIBLE BATALLA
Podemos imaxinar, que a hoste mora
entraría na terra galaica polo camiño tradicional do sur, e dicir, cruzando o
Douro e logo o Miño, tal vez por Tui, remontando e saqueando logo o Miño ate as
importantes terras de Lugo, sendo todo isto hipotético. Unha vez as portas de
Lugo, non temos notizas que conseguiran tomar e saquear a cidade amurallada,
pero tal vez foi onde recibiron a notiza da grande vitoria e toma por parte de
Abd al-Karim da capital Oviedo. Foi isto polo que confiados decidiran virar de
rumbo e non saír polo porto do Cebreiro como noutras campañas anteriores, senón
dirixirse a Oviedo polo camiño principal para de paso, poder sorprender o rei
fuxido que podía dirixirse as terras de súa infancia para agocharse, Galiza.
O chegar o val de Baleira, entre as
serras da Vacariza e a posterior do Candín, comezarían a subir dende onde se
asenta a vila actual do Cádavo o porto da Legúa,. Antes do alto, o terreo fai
un pequeno chan chamado Campo da Matanza, o cal esta totalmente dominado en
pendente polo alto da Legúa, onde de seguro os agardaría o exercito galaico.
No lugar non e difícil imaxinar a
batalla, despois da subida con pendente o Candín, cargados de botín e sen vista
ata chegar o Campo da Matanza do alto da Legúa, foi alí onde coa vantaxe da
altura e a carga costa abaixo, os galaicos sorprenderon os andalusís, que dende
o campo viron o que víñaselle enriba. Cansos, cargados, sorprendidos e sen
muito sitio onde manobrar coa súa principal arma, a cabalaria, a sorte estaba
lanzada.
É posible, como nas grandes
emboscadas e posterior masacre, que un segundo exercito galaico estivera
perseguindo ou na retagarda do moro, cortando a retirada e rodeando este, sería
unha forma máis doada de explicar tal matanza tacticamente, que moralmente tal
vez sería a vinganza da toma de Oviedo e intento de captura do rei, a parte dos
saqueos e pillaxe das terras galegas e ástures por parte dos coñecidos como
“infieis”.
Plano hipotético da batalla.
Ate por evidenza xeográfica da zona, podémonos imaxinar por onde escapou
o pequeno corpo andalusí supervivente da matanza e captura, que sería descender
o paso natural do val de Baleira e río Neira, até chegar a Neira de Rei, onde
alí pasa e collerían o tradicional camiño do Cebreiro, o cal xa coñecían de
campañas anteriores, e dende este as terras de Astorga e logo o sur.
Sobre o Campo da Matanza no lado oeste, por onde posiblemente pasaron as tropas andalusís, para despois aparecer un un exercito de retagarda cristián.
Con este pequeno traballo e estudo,
feito de forma hipotética combinando os datos coñecidos e dándolle forma,
esperemos cando menos por en valor este feito histórico do noso pasado, mesmo
se o fin unha batalla sen ubicación pero histórica no 795, e outra con
ubicación pero sen historia coas mesmas características e rei no 813, non foran
a mesma.
martes, 16 de octubre de 2018
Coñeces O Condado-Paradanta? datos curiosos e peculiares.
DATOS XEOGRÁFICOS
Maior Río------------ O Tea (50 Km, sen contar o Miño)
Maior río da Paradanta--------Río Deva (afluente do Miño)
Afluentes principais do Tea ----- Uma, Borbén e Xabriña
Outros---------------- O Ribadil
O río Tea, afluente do Miño, e o principal do Condado-Paradanta.
Cumio máis alto-------O Faro de Avión (1151 m)
No Condado----------- Chan de Rei (954 m, na Serra da Paradanta.
Principais Serras------ Faro de Avión, Serra do Suído (Bidueiros 943 m), A Paradanta, Montes de Fontefría (Montouto (949 m), Coto Eira (883 m), O Galleiro (743 m) e San Nomedio (694 m)
O cumio do Faro de Avión, e o máis alto sendo tamén o mesmo tempo, o segundo da provincia despois do monte do Faro.
Clima---------Oceánico húmedo, con tendenza a aridez estival.
Temperatura media---------15 º
Precipitacións medias-------1500 mm anuais.
Espazo natural millor conservado-------Costas do Alén
As fragas das Costas do Alén, nome que ven vinculado o máis alá, son a xoia da coroa dos espazos naturais das dúas bisbarras, conservando biodiversidade de flora e fauna case únicas no país.
DATOS DEMOGRÁFICOS E HISTÓRICOS
Número de concellos-------9
Concello máis habitado------Ponteareas (22.895 Hab.)
Na Paradanta-----------------A Cañiza (5.233 Hab.)
Concello máis extenso-------Ponteareas (125,6 Km/2)
Na Paradanta---------------O Covelo (125,3 Km/2)
Menos extenso--------------Mondariz Balneario (240 Ha, o menor de todo o estado)
Total habitantes----------- 54.224 habitantes.
Total extensión------------ 674 Km/2
Densidade----------------- 80,4 Hab. por Km/2
Vista poboacional do val do Tea, con poboación moi espallada e concentrada en núcleos maiores.
Total parroquias----------107
Concello con máis parroquias---------Ponteareas (24)
Con menos-------------Mondariz Balneario (1)
Parroquia máis habitada------- Xinzo (1.245 Hab.)
Na Paradanta---------------Valeixe (907 Hab.)
Menos habitada------------Fofe (51 Hab.)
No Condado----------------Paredes (72 Hab.)
Con máis extensión------- Petán (22,87 Km/2)
No Condado---------------- Padróns (17,70 km/2)
Aldea a máis altura------- A Fraga (830 m, no Covelo)
No Condado--------------- Empiade (530 m, nas Neves)
Parroquia a máis altitude-------A Graña (780 m)
Maior superficie en uso------- Explotacións forestais (piñeiro e eucalipto)
Maiores usos agricolas-------- Viñedos
Gando maioritario------------- Vacún (solto) e avícola (granxas)
A pequena aldea de A Fraga, na parroquia de San Salvador de Prado (O Covelo), e a que se atopa a maior altitude na fronteira coa provincia de Ourense os pes do Faro de Avión.
HISTORIA TERRORIAL
Tribo Galaica-------- Os Grovios
Provincia romana e conventus-----------Conventus Bracarensis na provincia da Gallaecia
No reino Suevo-------------Diocese de Tui
Alta Idade Media----------Diocese de Tui
Baixa Idade Media--------Diocese de Tui, mosteiro de Melón e casas dos Soutomaior e Sarmiento.
Moderno e contemporáneo-------- Condado de Salvaterra e outros.
Maior romaria e peregrinación---- Nosa Señora da Franqueira.
O castro de Troña, castelo do Sobroso e petroglifos de Gargamala, son tal vez as pegadas millor conservadas de noso pasado.
Próximas actuacións o Meigo do Tea
3 DE NOVEMBRO, NOITE DAS ÁNIMAS, BANDE.
10 DE NOVEMBRO, V MAGUSTO CELTA, PITÔES DAS JÚNIAS (PORTUGAL)
lunes, 8 de octubre de 2018
Ruta kilómetro vertical do Courel (Penaboa-Pía Páxaro)
Subida pola ruta vertical o Penaboa (1457 m) e Pía Páxaro (1613 m) na Serra do Courel.
jueves, 4 de octubre de 2018
Santuario e templo proto-histórico de Adai (Lugo)
Descoñecido e enigmático santuario
que se perde na noite dos tempos de Adai, en Lugo, o cal destaca un posible
templo que nos deixou as marcas dos postes cavadas na pedra mai do solo. No
lugar tamén temos un posible hengue, antas e mámoas, petroglifos e ate un
menhir. Descubre este incrible lugar, pegada de nosos ancestros galaicos.
miércoles, 26 de septiembre de 2018
Fotos da andaina cultural e patrimonial por Ribadetea
Andaina organizada polo clube de
sendeirismo Pedra Gallada con colaboración da AA.VV de Ribadetea, onde eu mesmo
fixen de guía.
O roteiro, duns 15 km visitamos
parte do patrimonio cultural, histórico e natural da parroquia de Ribadetea,
visitando e explicando lugares como o castro e minas da Croa, as ruínas da
Pontecóns (Padróns) e antiga Ponte de Lantón, petroglifo do Monte Aberto, presa
da Ribeira e muíños de Cillarga coas súas lendas do tardo, e por último a
espectacular Pedra Gallada.
O final rematamos con uns pinchos no centro
cultural de Ribadetea.
Agradecer a Pedra Gallada pola actividade e por contar comigo
de guía, posto que, o deporte o ar libre, mesturado coa parte histórica e mitolóxica,
e o que máis me gosta.
Ruta en Wikiloc :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























