domingo, 25 de septiembre de 2016
miércoles, 21 de septiembre de 2016
Galiza destruída, As Encrobas, un antigo drama

As Encrobas, ano 1976-1977.
O val das Encrobas atopase en
Cerceda, onde polos anos do fin da ditadura e comezos da transición, levouse a
cabo un dos maiores atentados esta terra e pobo galego, facer unha mina a ceo
aberto de carbón no val, acabando así co entorno e vida das aldeas alí
asentadas.
Os veciños, cheos de razón, valentía
e raiba fixeron fronte as forzas de represión que alí se presentaron, acabando
muitos e muitas detidas, un exemplo, a famosa foto da ancián aquí mostrada facéndolle
fronte as forzas represivas. O final chegouse un acordo, pero pouco respetado
pola empresa responsable da mina, Unión Fenosa, o que fixo que a día de hoxe máis
de mil habitantes abandoaron o pequeno val. As fotos o din todo, terra e de quen a traballa.



jueves, 15 de septiembre de 2016
lunes, 12 de septiembre de 2016
Subida a Pena Trevinca (2.127 m) e Moncalvo (2.044)
Sábado 27 de agosto de 2016.
A xornada comezou cedo, as 8:00 da mañá me levanto onde moro, en Ribadetea
(Ponteareas) e pronto me poño en camiño a terras de Sanabria, Zamora.
Son case 250 km que recorro en coche ata a Laguna de los Peces, en Sanabria,
onde remata a estrada, alí parten diferentes rutas andando polo parque natural
dos Lagos de Sanabria e montes de Trevinca, que é onde me dirixo.
Entre as paradas antes de arrancar, prepararme e outros contratempos, non
consigo arrancar da Laguna de los Peces ata as 11:22. Ante min, 25 km ida e
volta, de vales e montanas ata o teito da Galiza e Zamora, Trevinca.
Arranco, a mañá era boa, con algunhas nubes no ceo que tapaban o sol por
veces e bo clima. Saín só, coa miña cámara e unha botella de auga na mochila,
pois miña intención era subir o máis rápido posible e baixar, non contaba que a
cousa ía mudar tanto na marcha.
Despois duns 4 km, subindo paulatinamente chego o val de orixe glaciar do
alto Tera, a verdade que é impoñente seu tamaño, e o fondo, xa diviso Trevinca.
A travesía polo val e moi cómoda, camiño ancho e chan, pero o sol comeza a pegar
forte.
Chego os pes de Trevinca, e agora comeza a subida de verdade, o camiño
desaparece e convertese nun carreiro moi empinado, por veces desaparece entre
as pedras e há que improvisar a ruta, o lonxe, vexo outros catro montañeiros
subindo diante. O calor e forte e comezo a notar cansazo nas pernas por a
interminable forte subida, pero consigo facela do tirón, ata facer cumio. Como anécdota,
que case me paso de longo, pois nun primeiro momento confundín Trevinca con
Pena Negra (2.124 m), moi próxima na mesma ruta.
Unha vez no cumio, a alegría e grande, facía tempo que quería facer esta
montana, o teito da Galiza, todo o esforzo valera a pena, eran as 14:19, e
dicir subira, practicamente sen parar e a moi bo ritmo, en 2 horas e 57
minutos. Arriba coñezo os catro montañeiros que levaba diante, David e Jose de
Zamora, e Pablo e Jose da Bañeza (León). Tamén había un matrimonio de Vigo.
Os catro montañeiros que coñezo, me propoñen seguir polas montanas cara o
sur, para facer tamén o cumio de Moncalvo, cousa que vendo o ben que ía de
tempo, moi agradecido, acepto.
Saímos de Trevinca dirección sur entrando en terras galegas, non son capaz
de marchar sen ver unha e outra vez atrás, o cumio de Trevinca. Cruzamos unha
lomba grande a uns 2.000 m de altura, nunha fermosa paisaxe de montana vendo o
val glaciar do Tera com todo seu explendor. Dende alto vese agora a Laguna
Lacillo, e comezamos a descender cara ela, para logo subir xa cara o Moncalvo. Dicir
que na baixada cara Lacillo, vemos un éstrano círculo feito de pedras, que me
chama a atención e descoñecemos o seu orixe.
Comezamos o ascenso o Moncalvo por unha grande lomba,o calor agora pega moi
forte e coas presas, non votara crema os brazos e pernas, polo que a cor
vermella da miña pel decanta unha noite dolorosa. Antes da cima vemos as
millores vistas sobre Lacillo, e tamén vemos o lonxe o “Dique Roto”, aquel que
provocara unha gran traxedia no ano 1959, rompendo a presa nunha triste noite e
asolando a poboación de Ribadelago, 144 persoas morreran naquela nefasta noite.
Chegamos o punto xeodésico de Moncalvo os cinco, a 2.044 metros, e
decidimos xantar mentres falabamos. Agradecer de corazón o bo trato recibido polos
meus compañeiros de aventura e ruta, pois como meu plan era outro, subira sen
comida, e estes non dubidan o máis mínimo en compartir a súa comigo, unha vez
máis grazas compañeiros.
Entorno as 17:30 comezamos o descenso de Moncalvo, con dirección xa a
saída, a Laguna de os Peces. Decidimos aventurarnos a cruzar longas baixadas
campo a través para atallar, pero pronto nos topamos con problemas, a falta de
persoas facendo esta ruta fai que perdamos pista de todo camiño e os poucos que
vemos, se meten na alta vexetación. Así nos retrasamos moitísimo na baixada de
Moncalvo o val do alto Tera, pero finalmente, e despois de atravesar auténticas
selvas de xestas e toxos polos sendeiros feitos polas vacas, chegamos a un camiño
grande, que David de Zamora coñece, este nos leva o antigo refuxio de montana e
campamento de verán o lado da presa de Vega del Conde. No antigo campamento,
hoxe abandoado, paramos a coller auga, refrescarnos e charlar un pouco, despois
cruzamos o Tera pola propia presa e seguimos cara a subida da vertente este do
val, eran xa as 19:30 pasadas, e nos quedaba un bo treito.
Grazas a de novo o coñecemento da zona de David e Jose de Zamora, voltamos
a subir campo a través, ata dar a un pequeno sendeiro da vertente este do val
glaciar do Tera, iso si tendo de novo dificultades pola crecente vexetación en
algúns treitos. O máis maduro do grupo, Jose da Bañeza, así se inventa un chiste
co seu bo humor nun paso de vacas que nos tivemos que meter, “Iba un gallego,
dos leoneses y dos zamoranos de ruta, y acaban yendo por los caminos de las
vacas”, iso espertou unha gran carcaxada de todos. Co cansanzo xa facendo
mella, o humor era perfecto para recuperar forzas. Recordar tamén o bo ritmo na
cabeza de Pablo, o cal levaba toda a ruta recollida nunha aplicación de seu móbil,
non deixando de animar a subida.
Subimos outra lomba coa ameaza da noite xa enriba e un cansanzo marcado,
pero levamos unha fermosa sorpresa, a Laguna de Aguas Cernidas, con bastante seca
pero igual de linda, co sol poñendose reflexando nela. O saír desa lomba xa
vemos o lonxe a Laguna de los Peces, e o aparcamento cos nosos coches. Esa
baixada faise máis longa do que parecía por un camiño empinado, pero chegamos e
rematamos a aventura, eran xa as 21:30.
O final, 34 km recorridos e 10:30 horas de ruta, e unha gran xornada.
Rematamos cunha foto os cinco, que grandes compañeiros de ruta, certamente as
veces a vida te fai así de feliz con estas sorpresas, ía para subir só
Trevinca, e acabo facendo unha ruta máis longa tamén facendo o Moncalvo cuns
compañeiros de ruta excepcionais, grazas rapaces, un gran pracer e de novo
grazas por todo, esperemos que a ruta e aventura nos volte a atopar. Con todo
outra anécdota, despois de mudarme a roupa no aparcamento, aparece descendendo
coa noite totalmente enriba un amigo e veciño, Roberto de Xinzo e súa
compañeira, definitivamente, foi unha xornada cheia de sorpresas.
Por último, antes de marchar e facer de novo os case 250 km ata a casa,
tomamos algo Castañeda e nos despedimos, igual que eu o fago agora. Espero
pronto voltar de ruta a outra montana mítica da nosa xeografía, e que todas sexan
igual de agradables e aventureiras!
Próximas actuacións
Sábado 17 de setembro, na comida solidaria organizada por Ponte Solidario no parque da Feira Vella, Ponteareas, as 15:00 horas.
Domingo 18 de agosto, na I Feira Saudable en Ribadetea:
As 11:00, fago de guía a ruta e visita o Castro da Croa e mina romana da Croa.
As 20:00, interpreto de contalendas o Principe dos Mouros.
As 21:00, ritual da queimada Noite dos Tempos.
lunes, 29 de agosto de 2016
A Serra do Galleiro, introdución
Persoalmente me criei a sombra desta serra, polo que
para min e parte de miña identidade e persoa, como unha mai protectora que me
miraba dende seus altos cumios. Despois de anos estudando e explorando nela,
creo que e o momento de comezar a escribir sobre ela, en diferentes campos, nace este novo tema no blogue, A Serra do Galleiro, para así dar máis a coñecer seus
encantos e problemáticas, protexela de forma de máis mediática e tentar
pola en valor.
A
Serra do Galleiro, introdución
A Serra do Galleiro e unha cadea montañosa que se estende
de norte a sur próxima a Ría de Vigo, tendo de vertentes polo oeste o río Louro
e polo este o Tea, no suroeste da provincia de Pontevedra, Galiza.
Fai de fronteira natural entre os municipios de
Pazos de Borbén, Ponteareas, Mos, O Porriño, e no seu brazo máis baixo do sur Salceda de Caselas e en menos medida Salvaterra de Miño. Seus puntos
máis altos se atopan no chamado propiamente Galleiro, no Couto do Lobo ou
Cales con 743 m, tamén destacan o Pico Salgueirón 633 m, Alto da Serra 614 m, O Castelo
543 m, e logo no brazo sur inferior no que se estenden montes máis baixos
pero abruptos, como o Faro de Budiño 399 m e San Cibrán 449 m.
Nela nacen pequenos ríos ou regos que van as vertentes do Tea (este) ou do
Louro (oeste), destacando no primeiro o río Mouróns e Xinzo, e no segundo o
Torroeira ou Nespereira. Nestes pequenos ríos e seus afluentes se fan pequenas bagoadas
de flora autóctona como carballeiras e moroteiras.
Etimoloxía
O nome Galleiro parece ter unha procedencia clara, de
Galo, Gallo ou Gaio, que na evolución etimolóxica ven do indoeuropeo Kall ou Kel, que ven significando pedra.
Coa evolución do latín a K pasou a C, e esta G, chegando a nos Galleiro, sendo unha serra moi
balbolítica e pedregosa, e máis, no dicionario galego Galleiro significa cumbre pedregosa ou de acumulación de pedras.
Ten relación co significado de outras serras do
entorno como o Galiñeiro, Argallo ou o mesmo nome de Galiza/Galicia, que ven de
Gallaecia/Callaecia no latín.
Clima
O seu clima e claramente oceánico atlántico, pois
pega co Atlántico na súa cara oeste. Seus invernos son suaves, só chegando a
nevar nas súas cumbres nos anos máis fríos. Os veráns son suaves cunha tendenza
nos últimos anos cada vez máis cálidos e secos.
Súa pluviosidade e alta sobre
todo nos meses de choivas, facendo que as sequías sexan de carácter baixas nos meses
de agosto e setembro, polo que seus regatos son caudalosos.
Destacar nas súas vertentes do val do Louro e Tea a
formación de intensas neboas e gran humidade nos meses de inverno, sobre todo
no Tea.
Xeoloxía
Destaca súas grandes formacións balbolíticas graníticas,
en formas de grandes moas ou bolos. Seus solos dominan os graníticos, de
cuarcita, arcillosos e areosos.
Destaca pola erosión, formas graníticas de curiosas
formas, sobre todo as que se parecen a animais, tendo muitas delas nomes.
Flora
Nas zonas máis altas domina o matorral e monte raso,
sendo dominado por xestas, toxeiras e antigos pastizais.
No campo arbóreo, a día de hoxe pola industria
madeireira e papeleira destaca as plantacións de eucaliptos e piñeirais sobre
todo na vertente este, cunha presenza tamén importante de acacia australiana.
Na vertente este, nas zonas altas tamén destaca as plantacións de piñeiros de
copa ancha.
Na flora autóctona, nas bagoadas e pequenos vales
dispersos podemos atopar carballeiras ou cerdeiras, esta última bastante
repoboada. Tamén por zonas podemos aínda atopar con arbores autóctonas máis característicos
do mediterráneo, como sobreiras e moroteiras, en liñas xerais.
Fauna
Neste campo a fauna entra no campo atlántico
galaico, desminuindo esta claramente nos últimos anos polas repoboacións de eucaliptais
ou incendios forestais.
Mesmo así, a día de hoxe no Galleiro fauna que se
leva visto nos últimos anos destacariamos por grupos.
Mamíferos, destacan nos pastos aínda a gandeira
cabalar, en canto os mamíferos ceibes destacan o xabaril, o corzo, o coello
común, a raposa ou restos de cacerías nocturnas da xineta.
Aves, nas rapaces destaca o miñato, podéndose ver tamén
ten unha importante poboación de corvos. Nas máis pequenas destaca o merlo
común e o pardal. Nas nocturnas ten presenza a curuxa e moucho nas épocas
estivais.
Réptiles, o que máis abundan son a lagarta rabilonga
e o sardón, podéndose tamén ver o lución ou como chaman aquí, a pasmada. Nas serpes a que máis se pode
ver e a serpe de escaleira.
Anfibios, destacar nas abundantes zonas acuíferas e
pequenas lagoas a presenza de ras e sapos, así como píntega. Tamén destaca a
presenza de caracois e lesmas.
Insectos, neste campo destaca unha importante
poboación de saltóns, formigas, bolboretas, escaravellos, abellas ou arácnidos.
Pola abundanza de piñeiros, e significativa a presenza da procesionaria nas tempadas reprodutoras destas.
Destaca tamén por tempadas e falta de alimentos
noutras serras próximas como O Suído e Couto de Eira, a emigración de paso ou
ocasional o Galleiro do lobo ou aves como o voitre leonado, visto aínda este
ano na serra.
Cogomelos
e fungos
Nas zonas medias e baixas, sobre todo nas bagoadas e
pequenos vales de flora autóctona a presenza importante de cogomelos e fungos, como
níscalos, peidos de lobo ou as amanitas.
Patrimonio
e historia
A Serra do Galleiro ten un importante, ancestral e
amplo patrimonio, por ser zona de paso entre a costa e ría de Vigo os vales
interiores.
Atopáronse restos de poboadores paleolíticos en Chan
das Rozas, preto da cima do Galleiro. No megalítico debeu ter unha presenza
humana importante, conservando mámoas nos seus altos e faldas, destacando a do
Marco ou Salgueirón, máis a do Carballo Escuro.
Dentro da arte rupestre destaca na propia pedra da
cima máis alta, un petróglifo de coviñas dispersas, orientadas a posta de sol.
Tamén na pedra do cumio do monte Couto María, temos cazoletas de gran tamaño ou
lagares rupestres orientados a posta de sol como os do Galleiro. Nas faldas e cércanas
o Galleiro destacan outras zonas de petróglifos como nas zonas do Monte Aberto
e O Charco, con clara presenza no lugar de comunidades da idade do bronce.
Da idade de ferro ten unha importante densidade de
castros, como entre outros Sarmagoso, monte do Castelo, a Cividade de Louredo, Castrelos,
San Cibrán ou o do Faro de Budiño. Estes castros de altura dominaban os vales
do Tea e a zona da costa da ría de Vigo e súa comunicación, en algúns se
atoparon restos de romanización como tégula romana. E posible que no período
romano atravesase unha verea ou vía esta serra, na zona do Paso entre Louredo e
Ribadetea, na quebrada entre o Pico Salgueirón e monte do Castelo.
Na época medieval, o igual que na castrexa, a
importanza visual da serra sobre as vías de comunicación, fixo que tivera unha
importante densidade de castelos, chegando a nos os restos do que existiu no
monte do Castelo, e sobre todo no brazo sur e súas faldas, o de Mirabel en
Cans, o do Monte da Torre en Nogueira e o do Faro de Budiño. Destaca tamén a
capela de San Fíns de Cillarga, de época tardo medieval, ou os restos aínda en
estudo da capela de San Matiño, en Couso, que pode datar de época alto
medieval.
A partir do século XV destaca a arquitectura
popular, como os muíños, cruceiros ou canastros ou capelas como a de San Cibrán.
En canto o pastoreo inda se poden ver os antigos muros do pastizal de
Sarmagoso, enriba de Mouro. En épocas máis contemporáneas na serra se construíron
numerosas casetas de vixilancia contra os incendios, a día de hoxe só activa a
do Galleiro.
Paisaxistica
A serra atopase nun enclave privilexiado entre a ría
de Vigo e vales dos redores, polo que seu campo visual e incrible. Ten
excelentes vistas sobre o val do Condado, o val do Louro e ría de Vigo e illas Cíes.
Dende ela tamén se poden ver outras serras como a do Suído, Faro de Avión,
Montes da Paradanta, San Nomedio, Serra da Peneda e de Santa Luzia (Portugal), val do Miño,
Serra de Argallo, Serra do Galiñeiro, Serra da Groba, Serra do Morrazo e Faro
de Domaio, Serra do Cando e ata en día despexados, a Serra do Barbanza na
provincia da Coruña.
Folclore
e mitoloxía
Conservase na Serra e seus redores unha riquísimo
patrimonio oral e tradicións, como seres mitolóxicos, lugares máxicos e
sagrados ou tradicións.
Algúns lugares con encantamentos entre outros e o
Penedos dos Mouros, A Casa da Moura, O Penedo da Cruz, O Pedra que Tan, O Santo
Aparecido ou A Pedra que Fala, nestes lugares consérvanse lendas de aparicións
de Mouros e Mouras con grandes riquezas, sendo algunhas cristianizadas con
aparicións marianas ou de santos.
Tamén destaca a presenza de seres mitolóxicos da
morte como a Cabra do Monte ou Galleira, tardos ou trasnos nos muíños, ou a espectrais
como a estantiga.
Algunha das tradicións que había era como a de San
Fíns de levar unha tella a súa capela para problemas de cabeza, ou no entroido,
en algunhas parroquias dos redores, a corrida do galo.
Problemáticas
e destrucións nos últimos anos
Unhas das maiores problemáticas que pasa a serra do
Galleiro neste momento, e a industria forestal vinculada a industria do papel.
Esta fixo repoboar en gran parte a serra de eucaliptos destruíndo parte da
flora e fauna autóctona, e o uso de maquinaria forestal pesada no monte que
entre outros destrúe patrimonio. Tamén recordar que a repoboación desta especie
fai que os lumes e incendios forestais sexan habituais e un gran problema na
actualidade.
Outro problema son as canteiras de extracción de
granito a ceo aberto, as cales muitas delas cerraron pero deixando parte do
monte destruído e cheo de residuos. Tamén existe un proxecto da instalación dun
parque eólico na mesma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























