martes, 7 de mayo de 2019

XV Festa da Tortilla en Ribadetea


TORTILLA ROCK
Grupo Avoid Note
Grupo 160
Grupo Lost in Mantra


FESTA E CONCURSO DA TORTILLA
Gañadores desta edición
Exposición do patrimonio relixioso e muíños de Ribadetea

Grupo Naiama


TEATRO
ANACLETO BUCA MOZA, GRUPO TEATRAL DE XINZO

domingo, 5 de mayo de 2019

CRÓNICA DUN PLAXÍO, COMO NON SE DEBEN FACER AS COUSAS


Moi triste e frustrante o sucedido nestes días, con respecto a unha roteiro onde se plaxiou a información a miña persoa, e despois sen dar practicamente resposta e escusa, me deron a patada no cu. E lamentable, pero por desgraza e algo que pasa a diario e muitos os compañeir@s que sofren este tipo de desafortunadas accións aproveitándose de seu traballo. Pero primeiro comezaremos polo inicio, co lugar, moi achegado a miña historia persoal e como persoa, onde sucederon os feitos, o Castro da Croa e súa explotación mineira romana.



O CASTRO DA CROA

Foi ala polo 2003, cando tiña uns 16 anos, cando un veciño me dixo que na nosa parroquia, Ribadetea, existía un castro no lugar da Croa, o cal aparecía citado na enciclopedia galega. Sen pensalo, para min, e coas enerxías e entusiasmo dun adolescente, collín a bicicleta e ala me fun a procuralo. Na primeira vez que fun, nun puiden atopalo, estaba todo moi abandonado e cuberto pola maleza, pero foi da segunda vez, onde me atopei con un dos seus incribles parapetos. Non dubidei en trepalo, por aquelas inda non coñecía a súa porta, inda conservada.
Comeza así a nosa historia, de visitas constantes o lugar e exploracións con aquel pobre coñecemento que tiña con esa idade. Teño que recoñecer, que tal vez foi a peza clave que me somerxeu e espertou en min algo, que me fixo seguir avanzar e converterme no que a día de hoxe son.

Pouco a pouco fun preguntando os veciños polo lugar, descubrindo que inda conservaba lendas case extinguidas as cales tiñan que ver todas co ouro dos mouros, así explorando e explorando, foron aparecendo máis cousas, un anaco da muralla, a segunda porta cara o río, a explotación mineira o seguir (por aquelas inda non rexistrada por patrimonio), o embarcadoiro chamado Remuíño ou Pozo dos Mouros...
Cando comecei a escribir nas redes, pronto comecei a escribir sobre el, ate o momento atopábase inédito de información na rede, inda que si existía a súa ficha patrimonial, aquí tedes o primeiro artigo que escribín sobre el no 2012.
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2012/01/cultura-castrexa-o-castro-da-croa.html


Fotos da superficie da croa e entrada do castro, no 2008, por aquelas estaba totalmente marxinado.

Chegou así o ano catastrófico do 2013 para o xacemento, pois sufriu un grandísimo dano por unha trama. Non entraremos en detalles, pero eu recen chegado do Brasil, cando vin aquilo, chorei no castro. A reposta foi rápida, chamada a patrimonio e pronto chegou a policía autonómica, xunto eles levantouse acta do grande dano, e tras ela viu a denuncia, que barata saiulle os que fixeron tal estrago. Sempre agradecer a tod@s amigos que por aquelas me axudaran. Aquí un pequeno resumo que publicara por aquelas. http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2013/09/sos-castro-da-croa-os-demos-voltaron.html
Escavadora destruíndo un parapeto do castro

O tempo pasou, e as feridas foron curando, e así comezamos a facer visitas guiadas por min o lugar, o cal comezou a ser moi coñecido e referente no Condado, como legado de aqueles castros mineiros do Val do Tea.

No ano 2015, despois dunha andaina guiada por min o castro e minas, o amigo Óscar Franco, propuxo escribir sobre el en Patrimonio Galego, o cal o vin con moi vos ollos ate o día de hoxe, pois sempre fun unha persoa construtiva e colaboradora como veremos máis adiante. A día de hoxe se pode inda ver na páxina de Patrimonio Galego o artigo, no cal toda a biografía que aparece e escrita por min, dende aqueles anos ata a máis actual case a día de hoxe, aquí tedes o enlace da páxina.  http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/2013/09/sos-castro-da-croa-os-demos-voltaron.html

Así foi miña historia co castro da Croa e súa mina romana, ate fai pouco máis dunha semana.


A TRAMA DUN PLAXIO POLAS COSTAS

A FEIRA DE MINERAIS


Todo comeza póndose en contacto comigo un dos coordinadores da Feira de Minerais, realizada no centro cultural de Guláns (Ponteareas). Deixarei esta persoa no anonimato, pois inda que me doeu muito o que fixo, acho que non foi querendo.

Como veredes nestas capturas da conversa, eu non as tiña todas comigo por estar o concello polo medio, pois sei como as xogan de malas experiencias do pasado. Pero me convence para que axude na Andaina as minas romanas do Val do Tea, dicindo que era unha actividade deles, non do concello, e eu, por ser quen era el, me fío e decido como sempre, colaborar. Son eles quen fan que Óscar Pazos, o plaxiador, se poñe en contacto comigo.





Despois do grande plaxio, esta e a resposta que me tirando balóns fora, xa non era problema deles agora, en fin, isto doeume muito, e máis vindo dunha persoa que tíñalle aprecio e confianza.

OSCAR PAZOS

Este señor, é xeólogo, e escribiu un libro da minería romana na Gallaecia, ponse en contacto comigo a través da Feira de Minerais.

Nun primeiro momento, úrxelle quedar, pois realmente el non coñece ben a zona, pensa facer a andaina na zona da Moscadeira (cerca do casco de Ponteareas), pois segundo el, a zona da Croa non cree que sexa unha mina.

Quedamos así o 23 de marzo, sábado de mañá, e imos a Croa. Quedase abraiado con todo o que esconde o lugar, claramente é unha mina co castro en conxunto. El que só coñecía o lugar de foto aérea, me di se e viable que a andaina mude da Moscadeira a Croa, e cos coñecementos que tiña, se podía axudalo.

Eu inocente, accedo, pois era unha boa nova para min, poder por unha vez máis o lugar en valor e coñecemento. Desta maneira quedamos en falar de como organizar, pero eu dígolle que ando moi liado, polo que ate a última semana non me podo por coa andaina, quen me coñece sabe de sobra, que eu cando me implico, o dou todo.
Achegámonos a unha semana antes da andaina, e non da sinais de vida, polo que polo wassap falo con el, e ben sendo cando me dí que a andaina atopase pechada, agora organiza o concello, irá a Croa e non conta comigo para nada, non contan comigo para nada en realidade.

Isto me deixa de pedra, pois el, nin coñecía o lugar! todo o que sabia contarallo eu, e así, polas costas, me apuñalaban el e meu concello.

Dicirche, que tamén me cóntache de certo lugar, que eu descoñecía de súa relación coas minas, pero eu non son como ti, o deixo para ti por se algún día decides investigalo, eso si compañeiro, o tempo pon todo no seu lugar, e como veremos abaixo, podes roubarme info, pero non eres eu, e así vos foi.

A CONCELLEIRA DE CULTURA E CONCELLO

Primeiro dicir, que eu con esta señora, Hortensia Bautista, xa tivera problemas  anteriores comigo por mor do patrimonio do concello e súa falta de colaboración. Por respecto de amigos e grandes compañeiros, non vou nomear o partido político que pertence, inda que muitos de seus amiguiños colaborasen nesta triste historia, pero sei que nese colectivo político non son todos iguais, inda que algúns xoguen co seu cargo como se fora un chiringuito persoal e mesturen churras con merinas, de forma irresponsable, son os mesmos compañeiros comprometidos quen deben valorar estas actuacións e o mal que fan, manchando de esterco o nome de seu partido.

Nunca antes vira tal compromiso do concello cunha andaina, autobuses, publicidade de seguido como se fora o propio Corpus, diñeiro para a Feira da Minerais e o propio guía, Óscar Pazos... eu que estou en colectivos do rural, como no centro cultural de Ribadetea, fago esta reflexión cos outros colectivos do rural de Ponteareas, algunha vez a vos o concello vos axudou en tanto e puxo tanto empeño en algunha de nosas actividades culturais? Sendo os centros, do propio concello pero dirixidos por voluntarios, pero por que tanto empeño nisto? Mensaxes borrados nas súas redes do plaxio que se estaba facendo, autobuses que te levaban o propio castro da Croa para non andar (menos mal que era unha andaina) e o millor, a ruta que nun principio era “as minas romanas do Tea”, agora era “o Castro da Croa”, que cara dura.

De Hortensia non vou falar máis, aquí en Ponteareas sabemos de sobra a quen temos, e o de plaxiar, por desgraza só son un máis, só há que preguntar os da Exposición da Camelia, o festivas das Brétemas, ata as Jornadas Galaico-Portuguesas de Pitôes das Júnias! Saben de sobra quen é esta persoa. Todo un mal exemplo para o futuro, do que non há que facer, cando menos respectar o traballo de persoas e colectivos, súa dignidade, pois quedarse caladas ou por nas redes simples comentarios cara nos como “que mal fai a droga”, só retrata a evidencia da falta de respecto, educación e infantilismo que ten cara as persoas que con ilusións e voluntariado tentamos facer camiño na nosa Terra, quitamos esterco que outros non paran de tirar sobre ela.

Por último dicir e agradecer, que cando nas redes do concello persoas comentan por que non contan comigo para actividades co patrimonio, sempre escriben o mesmo, “temos en conta o traballo de Jhonathan, e pronto intentaremos contar con el”, dicir que isto e totalmente falso, nunca ata agora puxéronse en contacto comigo para nada, e máis, non responden nin meus rexistros de entrada que envíolles con respecto noso patrimonio.

A ANDAINA

Con tanto medio e bo tempo, non é de estrañar que esta en participación fora un éxito, 70-80 persoas, que é o único que importalles a eles, o número e a foto. Pero cando menos me comprace saber que o discurso e organización, non foi así, senón que desexou muito que desexar, o normal non coñecendo nin o terreo nin súa historia real.

Algúns compañeiros, moi comprometidos de verdade co patrimonio, acudiron e tan forme esta rematou, contáronme a súa desilusión coa actividade, pois quedaron como estaban.

Os que foron a pe, foron dende a ponte de San Roque (Ponteareas) ate o Castro da Croa, en Ribadetea, case no linde con Padróns, unha boa tirada. Mostra de non saber a distanza, foi o mal de tempo que foron e non poder rematar a anadaina, coa visita a Moscadeira, todo por falta de tempo. Só há que ver a Oscar Pazos vestido de vaqueiros e camisa, para unha camiñata de máis de 10 km completa. Así oubo xente que quedou atrás, outra que chegaba a conta gotas os lugares de charla... cando a ruta era moi moi doadiña de facer e totalmente circular ate a Moscareira se coñeces a zona.

O non coñecer o lugar, nin el nin a concelleira, entraron no castro da Croa, pois para chegar a única porta accesible, tes que coñecer os camiños da zona, só o viron o castro dende o río, deixando atrás súa vista privilexiada sobre o entorno, súa porta, seu anaco de muralla a vista...

Polo que vin nas fotos, só foron os lugares que eu ensineille o xeólogo, nada máis, ate me fai graza, pois un lugar na Barxela, fora xa da Croa e seus xacementos, que a el chamaralle a atención cando foramos xuntos, e eu dixéralle que esas alteracións no terreo eran froito de que alí fai anos sacaran xabre, el polo que se ve nas fotos, debeuno explicar como parte da mina ou castro.

Segundo o que me dixeron, limitouse a dicir que un par de canles que eu ensinaralle era restos de minas, e unha e outra vez tentar vender seu libro, o cal non despegou da man e deixou de dar publicidade, cun modélico prezo de 15 euros, que máis pensabades que ía dicir? Serás moi bo xeólogo, non o nego, pero no ías a un lugar xeolóxico realmente, senón a uns xacementos históricos e arqueolóxicos, cheos de lendas, que nos contan unha historia existente ate fai pouco máis de 70 anos, cando miña avoa de nena ía os muíños da zona (A Croa e Gelas) e observaba persoas bateando inda no río.

REFLEXIÓN

Case miña única reflexión, e POR QUE? POR QUE tanto rechazo cara min, se eu, coa consciencia moi tranquila, o único que fago día a día e explorar e divulgar, a parte de tentar por en valor noso patrimonio día a día, POR QUE? Ninguén pediu desculpas, intentou falar nin fixo critica, menos a Feira de Minerais que tirou balóns fora, os outros involucrados simplemente fan que ignoran o que pasou.

O sucedido case se pode resumir así, “un forasteiro chama a un ponteareán para que infórmelle dun lugar en Ponteareas, o forasteiro e concello de Ponteareas collen a información e danlle unha patada no cu, para logo explicarlles o resto de ponteareáns o que temos en Ponteareas”, acho que pode ser unha boa reflexión, e todo isto gastando diñeiro dos ponteareáns.

Para rematar, creo que este e un exemplo de COMO NON SE DEBEN FACER AS COUSAS, pois senón coidamos do que temos e damos valor, como o van a facer os de fora?

Quero agradecer de todo corazón, tod@s aquelas persoas que me apoiastes nisto, moitísimas grazas dende todo meu ser que escribe isto coas bágoas case nos ollos, vos estarei sempre agradecido, inda que isto me fixo muito dano e a ferida tarde en curar, E POR VOS POLO QUE VOU SEGUIR ADIANTE COMO O FIXEN SEMPRE, fronte moi alta e moral a tope, seguirei este camiño ATE QUE O CORPO ME AGUANTE! VAI POR VOS! Voso Meigo do Tea.


viernes, 26 de abril de 2019

A Romaría da Picaraña, un legado do Beltaine Celta


Son varias as festividades e romarías na terra galaica entre o 1 e o 3 de maio, sen ir más lonxe os coñecidos maios. Estas festividades, gardan no fondo unha tradición e historia máis profunda, pois son as herdeiras da antiga celebración do Beltaine celta, e dicir, a festa de cambio de ciclo ou estación no antigo calendario celta, que coincide nos mesmos días.
O Beltaine era unha festividade estacionaria, chegaba o bo tempo, as terras volvían ser produtivas e o gando era subido a pastar en terras máis altas ou montañas. Beltaine, significa “o bo lume”, pois este era un dos protagonista destes ritos, un exemplo os fachos de nosos tempos, pois queimábanse os campos improdutivos do inverno para dar paso a nova vida, a fertilidade da Terra coa primavera.
Era tradición subir os antigos santuarios dos cumios dos montes, e facer súas celebracións e rituais, co lume como protagonista, queimar os demos do inverno para un novo ciclo.


A Picaraña, e un dos muitos montes galaicos emblemáticos, cunha rica historia dende a idade de bronce, co seu castro e restos do castelo medieval, todo ponteareán garda un arraigo e simbolismo con este monte. Os antigos moradores destas terras, que tamén viviron na Picaraña, nos deixaron a parte de seu patrimonio, ricas lendas de mouros e penedos máxicos, pero sobre todo esta festividade que a conservamos viva, que aínda que sexa cristianizada a día de hoxe, seu legado e sentir segue sendo o Beltaine.

Este ano, a romaría ven cargada de actividades e actos, entre e elas, eu mesmo farei de guía nunha ruta interactiva polo seu patrimonio e falando disto mesmo, de forma máis profunda, da conexión cos nosos antergos a través desta festividade. Vémonos na Picaraña o día 1 as 16:00 horas da tarde.

XV FESTA DA TORTILLA EN RIBADETEA

PROGRAMA:

- SÁBADO 27 as 23:00 horas no Centro Cultural, TORTILLA ROCK.

Cos grupos:
          - LOST IN MANTRA
          - 160
          - AVOID NOTE


 DOMIGO 28, das 11:00 as 14:00 horas:

         - CONCURSO E FESTA DA TORTILLA
         - Recollida de tortillas para concursar a partir das 10:30
         - Pode participar quen queira levando súa tortilla.
         - 4 PREMIOS
         - Actuación do grupo NAIAMA.
AS 17:00 no centro Cultural, TEATRO:

     - ANACLETO BUSCA MOZA
     - Grupo de Teatro de Xinzo.

Ven a Ribadetea neste fin de semana!

lunes, 22 de abril de 2019

lunes, 8 de abril de 2019

Montañas Galaicas, o Courel e a Serra dos Cabalos.

Nesta nova sección mostraremos os cume e cotas de nosa terra e seus redores, así como tentalas identificar e ver súas rutas de ascenso.

Vista da Serra do Courel dende o Castro da Torre.

A Serra do Courel e o brazo máis o occidente da Cordilleira Cantábrica, así como dos máis antigos. A parte de seu grandísimo valor natural, tamén ten un importante peso seu valor arqueolóxico e xeolóxico. Se pode dicir que xunto súas serras secundarias, dende o río Sil ate os Ancares, forma case un macizo propio.
Seus contrastes de montes que superan os 1600 metros xunto a profundos vales fluviais que roldan os 300-400, onde se atopa unha das reserva de flora máis importantes do pais, fan destes lares un atractivo paraxe onde desfrutar do sendeirismo e montañismo.
Panorámica da vertente oriental do macizo.

A parte da propia Serra do Courel, destacan outras como a pouco coñecida Serra dos Cabalos, que sigue o trazado da primeira pola parte oriental, facendo linde coas terras do Bierzo.
Un dos maiores atractivos en montaña e con dificultade, e o ascenso a Penaboa polo Km Vertical, cun fortísimo desnivel dende o val do río Lor, do cal xa fixemos publicación aquí.                         

Penaboa e seu dificil asceso dende o Km Vertical.

Dende Penaboa e seu miradoiro a 1462 metros, pódese acceder por un corte moi abrupto da montaña, duns 400 metros de caída, a liña da Serra do Courel, e a pouca distanza, dende A Forcadura (1552 m) se pode ir pola cresta da Muralla o cercan pico Pía Paxaro, que cos seus 1613 metros, e o segundo máis importante do macizo.
Corte do terreo dende Penaboa, cresta da Muralla e cumio do Pía Paxaro.

Polo lado oriental, o río Soldón separa o Courel da Serra dos Cabalos, a cal se pode ver con todo seu esplendor dende a estrada LU P-5004, co seu pico ganchudo do Montouto, destacando en máxima altura, cos seus 1541 metros. Seguindo esa estrada, nos leva dende Quiroga a aldea da Seara, a cal nun enclave fermoso en pleno pequeno val do río Selmo, se pode ver sobre ela os abrupto cumios do Teso das Papoulas (1604 metros) e o rei do macizo, O Formigueiros, que ten a cota máxima cos seus 1639 metros, o cal se pode ascender dende esta aldea nunha ruta duns 10 km ida e volta.
Se seguimos a estrada dirección norte, comeza a coller altura bordeando o Courel dirección a aldea de Visuña. A cal polo norte linda coa Serra Escrita e o Faro, que no Cotelo do Faro a 1615 ten súa máxima altitude, facendo tamén linde co Bierzo.
 Serra dos Cabalos
Panorámica dende A Seara

Pasada Visuña, a estrada volta cara o oeste, e dicir o val do Lor na altura da coñecida parroquia de Seone do Courel, atravesando a Serra das Travesas, con montes máis baixos e ondulados, destacando o miradoiro e restos do castelo de Carbedo (929 m), xusto na fronte do lendario Monte Cido (948 metros), o cal se pode acceder dende ese punto.


Vista dende o castelo de Carbedo.

E desta forma rematamos co pequeno paseo pola Serra do Courel e seu brazo oriental da Serra dos Cabalos, recordar que este macizo e erosionado, con cumios e campas amplas e onduladas, pero o mesmo tempo con grande desniveis, cortes de terreo é afiados cumios, polo que se recomenda precaución, sobre todo en período invernal onda abundan cerradas néboas e neve, pois recordade que as montañas pese ser fermosas, son salvaxes e insólitas.
Sobre a aldea de Ferreiros de Arriba, vistas cara o norte.

lunes, 1 de abril de 2019

Memoria da Terra, Reckiario, rei suevo da Gallaecia (448-456)



Pequeno documental oral da vida e sucesos deste grande rei suevo, que no período de seu reinado o reino chegou a súa máxima expansión territorial, así como tras a súa morte, entrou na súa primeira grande crise e decadenza.