Co fin do Entroido comeza a
explosión da nai terra co crecemento do Sol, o desfile da natureza, a
primaveira. Con estas fotos pódese ver a conexión entre ambos, o Entroido
tradicional e unha festividade ancestral do calendario que pode representar o
fin do inverno, por iso o escribo con maiúscula Entroido, Entrudo ou Antroido.
No ciclo invernal, cos seus demos estaba todo esta morto, ata os días e o
propio Sol, polo que celebrase a chegada definitiva do crecemento solar, onde o
mundo revive e sobre todo o campo.
Todo comeza a partir do renacemento
do Sol ou solsticio de inverno, o 21 de decembro, pasado o 24 posteriormente,
onde comezan os primeiros rituais da festividade do Entroido, saen xa a inicios
de xaneiro por exemplo os primeiros folións ou danzas ou ranchos de reis, os
cales cos seus sons e danzas sinalan o crecemento solar e son previa a grande
festividade.
Mirade as cores, a simbolización e
ritual da representación deses seres do Entroido, pisando os campos para
fertilizalos, seu sarcasmos e satírica dos demos e forzas invernais que marchan
e dan seus últimos golpes, a chegada dos banquetes e abundanza... As fotos dos
entroidos son sacadas do Ribeirao, de Cobres, Viana e Laza. Benvida primaveira!
Ritual no Entroido do Ribeirao (Chantada) de fertilizar as terras co paso do "volante" co seu cabezón de 40 kg chamado "pucho". Xustamente estamos no ciclo de voltar labrar as terras e fertilizalas.
Este o vídeo o publiquei no anterior
canal de you tube que tiña, O Meigo do Tea, o 30 de xaneiros do 2014, polo que
ten algo máis de 2 anos.
Nel, coa fermosa melodía “A Barroca”
mostro paisaxes de viaxes persoais pola nosa insólita e bela terra galaica.
Quero adicar por varios motivos este vídeo a memoria de Basilio Juan Iglesias
Fontela, do cal a parte de gran amigo muito me ensínache, sen ir máis lonxe
esta fermosa musica da Barroca, e destas fotos de viaxes que ambos nos gostaba
tanto falar e intercambiar vivenzas. Descansa en paz compañeiro, sei que che
vai gostar e prestar este vídeo.
Nos últimos anos foron varios os
seres queridos que me se foron, e éstrano, pero cada un coas súas vivenzas e
recordos xunto a min, tentarei recordar súa memoria.
No ano 139 a.C, reunense reto da desembocadura do Douro (zona O Prto actualmente) un exercito de galaicos chegados de todos os rincons da terra galaica. Na outra beira, as lexións do consul romano Décimo Xuno Bruto, que acaba de vir de aplastar un levantamento na Lusitania. Os galaicos, seguramente confiados por uha superioridade númerica, inda que mal organizados o ser continxentes de muitas tribus, cruzan o río Douro e comeza a encarnixada loita, das maiores que se viron nunca sobre esta terra.
O Catoute ou Catatoute, un dos picos
máis emblemáticos do noroeste e teito do Bierzo, con seus 2.112 metros de
altitude e súa privilexiada situación na Serra do Gistredo, e un incrible
mirador sobre a Cordilleira Cantábrica e outras serras dos redores como Os
Ancares, Montes Aquilanos, Macizo de Trevinca ou serra do Teleno.
O certo e que levabamos dende e facía
tempo con ganas de facer esta montana, inda que sabiamos de súa dificultade,
pois ascendes muito desnivel en poucos kilometros, nada menos que 1.017 m en
menos de 5 km pola ruta que eliximos da cara sur, un bo reto.
Saímos como sempre as 07:00 da mañá de
Ponteareas, e sábado 10 de decembro, e temos unhas grandes gañas de atoparnos
neve na ruta, tanto que levamos muitas prendas máis para a neve que para
sendeirismo de montana. Nos separa dende Ponteareas a aldea onde partiremos,
Campo de Martín Moro Toledano, nada menos que 272 km, algo máis de tres horiñas
de carro. Como curiosidade dicir que este fermoso pobo de montana, pertencente
o concello de Igueña, ten o nome máis longo do estado español.
O primeiro que facemos o chegar, e
dar unha volta polo pobo para estirar as pernas e despexar da longa viaxe. Todo
esta moi frío e xeado, o estar metido nun pequeno val e non dar o sol, a
temperatura e moi fría no núcleo, buscamos un bar onde tomar un quente café,
pero o único do pobo atopase cerrado, eran entorno as 10:30 da mañá. Despois da
voltiña, o ambente da montana nos chama, polo que decidimos cambiarnos e
comezar o ascenso.
O pouco de arrancar, vemos un cartel
informativo da ruta, que nos indica claramente o gran desnivel que imos ter que
subir montana arriba. Tan forme como imos ascendendo do val entre prados, o sol,
nun fermoso día despexado vai quentándonos, tanto que temos grandes cambios de
temperaturas das sombras os lugares abertos.
Pouco a pouco a paisaxe muda a máis
de montana, nos expoñemos máis o sol o que nos fai pasar calor, pois subimos
cargados de roupa pensando que nos íamos topar cun clima máis hostil e neve,
mesmo así cando nos da o frío vento nos arrepía todo o corpo. Comezamos xa a
ver a cima o lonxe, impoñente sobre outros cumios da serra do Xistredo. Vendo
súas vertentes de ascenso a cima, nos pronostica que o último tramo será duro e
empinado.
Ascendemos a un bo ritmo rápido, sen
apenas paradas, facendo unha curta de menos de 5 minutos no refuxio da subida.
Este parece que no pasado estivo vinculado o pastoreo, pois polos balados que o
rodean e os prados verdes todo indica a isto. Continuamos a subida e agora si
voltase dura, o camiño que ata agora era cómodo, pasa a ser un estreito carreiro,
o cal as veces desaparece tendo que cruzar zonas de pedras producidas por
avalanchas, ou duras subidas por regos de auga.
Chegamos así despois de unha moi
dura subida a un collado, que fai un pequeno chan de onde se ve o último tramo
o cumio. Levamos a desilusión de que a penas há neve nesta cara, pero as ansias
de chegar a cima son as mesmas despois de tanto esforzo. O sol agora apreta e o
estar nun lugar máis alto e exposto, o vento comeza a notarse.
O último tramo a parte de empinado,
por un carreiro estreitiño, e algo máis técnico, pois este esta feito sobre
pedras soltas. Isto implica subir despacio mirando para o solo seguido, cada
vez que pisas unha pedra esta se move, e o mesmo tempo temos que gardar
distanza entre os tres por precaución, posto que se un de arriba sen querer
solta unha pedra o pisar, e impacta nos de abaixo, pola empinación pode facer
muito dano.
Con esforzo pero con muita moral
chegamos o cumio entorno as 13:30, o cal nos recibe cunha suave brisa fresca.
Dende os seus 2.112 m contemplamos seu impresionante mirador sobre as montanas
do seus entorno, sobre todo a Cordilleira Cantábrica o norte ou outros cumios
como o Nevadín. Vemos que a cara norte esta muito máis nevada, como e obvio.
Estando totalmente solos na cima eu,
Nelson e o Tiago, cambiamos a roupa mollada polo suor e xantamos algo. Vemos
como pola cara norte, ascenden pouco a pouco no medio das vertentes nevadas
tres montañeiros. Cando chegan xunto nos comezamos a falar e resulta que era de
Vigo, así pouco despois comezamos o descenso antes de nos colla o frío.
O descenso faise no inicio, na zona
con gran caída con pedras soltas, un pouco dificil e temos que facelo moi
atentos para non esvarar. Despois, a medida que descendemos con tranquilidade o
camiño faise máis cómodo e relaxado,xa non temos presa ningunha pois imos moio
ben de tempo.
Chegamos o refuxio, onde despois dun
cruce o camiño se ensancha, alí sobre unhas grandes pedras no medio dun grande
prado facemos unha parada para relaxarnos e como non comentar a montana.
Despois comeza a sentirse o frío fresco da montana, polo que decidimos por nos
en pe arrancar tranquilamente ata o pobo de Colinas del Campo de Martín
Toledano, o cal estaría só a uns 2 km por un bo camiño.
Chegamos a fermosa aldeia, e vemos o
bar aberto polo que alí nos imos a tomarlle a tradicional cervexa de fin de
ruta, brindando por un ascenso máis bonito sen contratempos. Despois collemos o
carro e tirada de máis de tres horas ata casa, con parada como sempre no Hostal
do Lor.
E así de rápido remata esta subida e
aventura no Catoute, o cal nos deixa na mente esas fermosas vistas no seu teito.
Esta e a última ruta de 2016, esperemos neste novo 2017 ter novas aventuras e
ascensos, que vos contaremos encantados e esperemos que algún día muit@s dos
que nos leedes vos animedes a facelos, que pouco a pouco vaia espertando esa
chispa aventureira e natural, se non se pode subir un 2000 m, subir un 400 m,
pois a esencia e satisfacción e persoal de cada un, e o importante e sentirse
ben con un mesmo e o entorno que nos rodea. Feliz e bo 2017.