Cantas veces pasamos pola estrada N-120 e a altura de Vilasobroso (Mondariz), e vemos no alto, maxestoso e impoñente, unha das fortificacións medievais máis antigas da terra galaica conservadas, o castelo do Sobroso. Pero esta edificación fortificada medieval, e muito máis que un reduto inexpugnable de pedra, pois nel en tempos pasados, a sombra do monte Landín viviron, creceron e ata morreron persoas na súa longa historia.
Tal vez un dos feitos máis relevante, triste, e esquecido alí sucedido, tendo como protagonista o coñecido Pedro Madruga, sucedeu no ano 1477, e nos chega a través do cronista da época Vasco da Ponte, a batalla da Vila Queimada.
Antes desta batalla, o castelo do Sobroso e súas terras eran propiedade da familia nobiliar dos Sarmiento, orixinarios do burgo de Ribadavia. Despois do val do Tea facían fronteira coas terras dos Soutomaior, onde gobernaba o enerxético señor e conde de Caminha (Portugal), Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga.
Contan que estando o señor do Sobroso, da familia Sarmiento, cabalgando con varios vasalos polos lindes de súas terras cos Soutomaior, foi sorprendido e prendido polo astuto Pedro Madruga. Logo o levou ata varias veces as portas do castelo do Sobroso, dicíndolle a seus defensores.
─¿Vedes a voso amo e señor? Se non entregades a fortaleza córtolle aquí a cabeza. ─Daillo! Daillo e non morrerei!─ Berraba o Sarmiento. ─Xa lla podes cortar, máis aquí non entrades!─ Contestaba Lope de Aballe, alcaide e cuñado do Sarmiento dende dentro do castelo.
Pedro Madruga non conseguía desta maneira a fortaleza, pero pronto voltaria. Con axuda de Don Alonso de Portugal, Pedro de Mendaña e outros nobres, cun exercito galaico-'portugués de cinco mil home a pe e mil cabaleiros, pon sitio e en asedio o castelo do Sobroso.
Para elo levanta unha gran empalizada de madeira que rodea a fortificación, e tamén a pequena “vila” que estaba asentada os pes do castelo, onde vivían os vasalos directos desta, dentro do cerco, tamén monta seu campamento. Pero ante a ambición e crecente poder do Soutomaior, o arcebispo de Santiago, o conde de Monterrei e outros cabaleiros galegos, deciden axudar o preso Sarmiento e romper o cerco do castelo, levando de sorpresa un exercito contra as posicións das confiadas forzas de Pedro Madruga.
Deu comezo así a batalla da Vila Queimada, onde o exercito de Pedro Madruga e seus aliados foron sorprendidos e sufriron unha importante derrota, tendo que abandoar a batalla e o sitio do castelo. Foi tan violento o choque, que a empalizada e campamento do Soutomaior foron queimados.
Nese lume foi onde se produciu a maior traxedia, pois no medio da loita e lume estaba a primitiva Vila que alí se asentaba, a cal ardeu coa empalizada e campamento, quedando muitos de seus habitantes atrapados nela.
Din que ata non fai muito, os vellos de Vilasobroso contaban, que na antiga “Vila” nunha traxedia “as casiñas de aqueles viláns todas foron queimadas con seus filliños dentro”, dando así nome a batalla, A Vila Queimada.
Tamén no lugar da “Fonte da Vila”, que recorda aínda este asentamento, quedou esta pequena lenda sobre o Pedro Madruga, “na fonte da Vila, inda hai auga a correr, foi Pedro Madruga quen a quixo beber”.
Pero o Soutomaior non desistiu, un ano despois, no 1478 voltou e conquistou a primitiva fortaleza da Picaraña, a cal defendía Álvaro da Barca e estaba construída sobre un castro. Logo edificou sobre esta pequena fortificación un castelo de vixía e posto avanzado sobre o Sobroso e as terras dos Sarmiento. Dicir que a trama e loitas nobiliarias seguiron. Fai pouco, andando polos redores dos restos da fortaleza da Picaraña, atopei marcas de muros sobre un penedo e anacos de tella medieval, o que nos indicaría que este castelo foi máis grande e importante do que parece, pero esa historia queda para outra, apertas a tod@s!
Antigo deus e lugar de culto, despois
vixiante da maior infraestrutura de explotacións mineiras romanas de ouro que
se coñece, monte de mitos e lendas, así e o Teleno, coñecido antigamente como Picu
Tilenus, pois cos seus 2.188 m e o cumio máis alto dos montes galaico-leoneses-portugueses.
Por eses motivos, e polas gañas de
aventura e desligarnos do mundo urban que nos rodea, alá nos imos con muitas
gañas de facer esta mítica montaña das terras do noroeste. Partimos como sempre
as 07:00 da mañá de Ponteareas, esta vez imos os compañeiros Tiago, Nelson e o
Meigo, e dicir eu. O camiño faise longo, case catro horas de carro ata o pobo
de partida, Molinaferrera, entre as terras da Maragateria (Astorga) e A
Cabreira, en León. Dicir que o chegar o pobo, sabiamos tiñamos que facer 2 km
por unha pista de terra ata o punto de partida, e nos enganamos, polo que nos
retrasa uns 40 minutos, pero atopada de novo a ruta chegamos o punto de
partida, deixado atrás a fermosa aldeia de Molinaferrera, e así comezamos o
ascenso as 12:00 pasadas.
A ruta comeza cun ancho camiño ata
unha pequena central eléctrica, logo comeza a subir e as zonas de arborada
baixa van mudando a pradería e vexetación rasa máis de montana. O fondo xa
vemos impoñente o Teleno, co cumio nubrado sobresaíndo sobre outros altos, coa
mesma o camiño se vai estreitando ata converterse nun carreiro cada vez con
máis desnivel. A ruta se desvía do Teleno, pois primeiro temos que subir o Pico
Palo, no cal a metade de subida podemos ver o lonxe unha manada de rebecos, nos
alegra súa visita e sentirnos rodeados de natureza e en silenzo, pero nos
comeza a preocupar que a parte alta do Teleno mude de tempo cada media hora
cunha néboa moi espesa, pero seguimos ascendendo a bo paso cara a cumio do Pico Palo.
Pico Palo
Cunhas vistas incribles a nosas costas
coas terras chans da meseta o fondo, despois de subir por unha ladeira sen
carreiro marcado, máis ben campo a través, chegamos o pequeno cumio do Pico
Palo, a 2.031 m. Na cima ten unha pequena cruz metálica, con outra estrutura de
ferro tombada que aínda a día de hoxe, non sabemos moi ben cal seria súa
función. A temperatura e agradable, o tempo de nubes e claros, dicir que apenas
nos choveu unha choiva fina o comezo da ruta. Pero comeza a facer cada vez máis
vento, levantandose e soprando do norte, o coñecido vento do cantábrico na nosa
terra coa expresión “sopra do norte”, sendo preludio de tempestade.
Agora si o temos con todo seu esplendor,
fronte a nos separado por un cordón sen néboa, o Teleno, a unha distanza duns 2
km, cun pequeno descenso primeiro e logo cunha forte subida. Pero o comezar a
descender polo cordón co cal deixamos atrás o Pico Palo, comeza a soprar ese
vento do norte con forza e vemos como a ambos lados do monte, sube unha espesa néboa
que pouco a pouco invade as ladeiras. O vemos moi claro, a néboa tamén nos
tragara a nos, pero seguiremos ata o cumio, a ilusións e adrenalina nunca se
perden de primeiras.
Comezamos a subida pola inclinada
pendente, e a néboa nos invade, e tal súa espesura que nos cega, pois non nos
deixa ver máis alá de 5 m o noso redor. Tanto que nos desvía do carreiro e nos
metemos nas pedras. Unha
auténtica cascada de pedras, esvaladizas como xeo e abruptas como cráteres,
pegadiños os tres ascendemos solos, a cada alto que chegamos pensamos que o
cumio, pero non e así, e sempre aparece outro como un mostro entre a tenebra. O
vento sopra, pero nos respeta dentro do que cabe, mesmo así esvarar ou estar o
limite de caer faise algo normal, polo que nos damos ánimos de seguido e imos
advertindo con precaución do que nos imos topando, un bo traballo en equipa.
Ata que por fin cunha dor nos pes
polas duras pedras importante, vemos o cumio co seu punto xeodésico e unhas
bandeiriñas o puro estilo Himalaia, isto fai que todas as dores se nos quiten e
a moral volta cargarnos as pilas. Apuntar que coa difícil subida, xa non
estabamos pendentes do cansancio sequera, senón só de seguir subindo e non
esvarar.
No pequeno cumio pedroso, o vento
non nos da tregua e por mor da néboa non se mira paisaxe ningún, só a sensación
de estar nunha pequena cresta de pedra a 2.188 m rodeados dun mar nubes, como
un barco en alta mar, nada máis. Mesmo así a ledicia e tal por chegar a arriba e facer
cima despois dun esforzo tan grande, que todas as hostilidades que nos rodean se
voltan febles, sentimos ese ben estar e sensación de felicidade que nos sae de
dentro cando conseguimos un reto persoal, non se pode describir moi ben esa
sensación, tal vez tamén iso sexa o fermoso deste mundo das montanas, que cada un
interprete a súa maneira esa sensación felicidade e sentimento nun cumio.
Pese o ambente agradable que se
atopaba nosas mentes, o forte vento e cada vez máis frío o puro estilo
ventisca, pronto nos volta a realidade. Debemos xantar canto antes e baixar,
antes de que nos colla de verdade o frío. No cumio há feito con pedras, similar
a vivenda dun castro, un corta-ventos onde comemos. A sensación térmica o
sentarnos e perder calor cae, sentimos muito frío sobre todo nas mans e pes,
temos que descender canto antes. Como anécdota dicir que no pequeno refuxio
corta-ventos, vimos un rato de campo que alí moraba e sacaba a cabeza de cando
en vez, sorprendente e mai natureza, que no lugar menos pensado se poida atopar
vida roedora a máis de 2000 metros.
Antes de descender, como non, deixo
na cima un desexo persoal e outro de meu pai nun papel, cando menos, se en
tempos remotos Tilenus foi un deus con devoción, o recordar o traballo,
sacrificio e dureza que foi chegar arriba, nos dea forzas para seguir loitando
polos nosos soños. Atrás deixamos o cumio e baixamos por un carreiro, pero nos
sorprende o que empeorou o tempo, a parte da néboa espesa, o vento convertido
en ventisca conxelada e moi forte, nos da na cara e custa avanzar pese ser
costa abaixo, agora si sentimos o verdadeiro frío por todo o corpo.
A situación vai a pior, e decidimos
parar xunto a risco que corta o vento, rodeados dunha caída da cal non se ve o
fin, pois nos damos conta que nos perdemos da ruta subida, non se ve absolutamente
nada, voltamos a meternos nas esbaladizas e duras pedras, a parte de que temos
que cargarnos de roupa para poder vencer o frío vento. Grazas a que como sempre
o compañeiro Nelson precavido, foi marcando a ruta na aplicación para o
telemobil endomondo, así podemos ver onde nos atopamos e por onde subimos.
Arrancamos con novas forzas, máis preparados e orientados, e o descenso
mellora.
Agora máis centrados e axudándonos,
e pensando e traballando en equipo máis para orientarnos, atopamos o sendeiro
de baixada e pouco a pouco, a medida que baixamos o vento vai facéndose máis
suave e a néboa menos cargada. Chegamos o cordón que nos une co Pico Palo, e
súa suave subida que nos ven moi ben para entrar en calor. No cumio do Pico
Palo de novo, a situación e muito millor e climatoloxía máis agradable, a néboa
non escampou de todo, pero o vento xa é unha pequena brisa. Paramos un pouco,
contemplamos por última vez, polo menos por un tempo, o Teleno mentras
comentamos o difícil que foi súa ascensión e pior aínda, o seu descenso, e o
rápido que muda o clima na montana, o rápido que pode mudar ata a vida nunha
situación así, e de tantos que pereceron pola indomable mai natureza.
Baixando xa con tranquilidade e fora
de perigos serios, o baixar máis ou menos dos 1.800 metros a néboa xa vai
desaparecendo por tramos. Xa imos con calma parándonos máis e observando o
fermoso entorno que nos rodea, pois imos moi ben de tempo, o non poder estar
muito no cumio e facer apurados o descenso, agora temos tempo para disfrutar da
montana e paisaxe que volta a verse o noso redor.
Imos atravesando os cómodas praderías,
o sendeiro se ensancha e nos sorprende ver unha bandada de perdices, as cales
saen voando e “zumbando” tan forme decatan nosa presenza. Entorno as 18:00
chegamos o carro, e en total, 5 horas e 38 segundos andados, 1128 metros
subidos e 1106 baixados, a unha velocidade medía 2,88 km por hora, e 14,41 km
realizados.
Así remata nosa aventura no Teleno,
a cal pese ter seus contratempos como a vida mesma, nos segue a namorando e
crece nosa afección e cariño a montana, pero sempre co seu debido respecto,
tanto o seu medio natural como a perigos que poida esconder. Nos vemos
proximamente subindo novos picos e montanas, un saúdo dos que vivimos esta
aventura, por 1000 montanas máis!
Visita a unha das estacións de arte rupestre prehistórica menos coñecidas do
concello, os petróglifos do Charco, Padróns.
Estes atópanse nunha area, coñecida a día de hoxe
como Monte Aberto, a cal e muita máis ampla no campo de restos arqueolóxicos prehistóricos.
Antigamente era coñecida como “Alto da Arca”, o que xa nos é un indicador da
existenza de monumentos funerarios prehistóricos, máis concretamente mámoas ou
antas. E unha zona elevada en forma de lomba sobre o val directo do río Tea,
facendo de escalón cara os montes máis altos da Serra do Galleiro, e cortado
pola cara sur polo río Mouróns e pola norte polo río Maceira, ambos vertentes
no Tea.
Xusto na parte alta e máis oriental da lomba, sobre
o val do Tea e barrio de Chan da Gándara en Padróns, apareceron fai pouco polas
obras dunhas granxas as cistas funerarias que daban nome o “Alto da Arca”.
Tratase de tres cistas, e monumentos funerarios do último período do megalítismo
galaico máis sinxelas que as tradicionais antas anteriores. Xusto a elas
apareceron restos de culto nos seus redores como unha estela funeraria e signos
dun asentamento, que como as cistas parece corresponder o Bronce inicial, e
dicir xa dentro do período calcolítico
dos metais.
Pero este non sería o único asentamento descuberto
na zona, pois posiblemente algo anterior, no lugar máis o norte do Miñoto
(Ribadetea), tamén apareceron restos cerámicos dun asentamento habitacional o
ar libre. Deste modo, e coas clara probas de que unha comunidade do Neolítico
habitaba estas terras, aparecen restos de súa arte rupestre en forma de petróglifos
nos redores, tal vez os máis simbólicos e millor conservados o norte do
asentamento e necrópole antes mencionada do Alto da Arca, os petróglifos do
Monte Aberto ou Padróns. O este do asentamento do Miñoto, tamén aparece un petróglifo
moi gastado nunha pedra cunha forma amorfa, que súas poucas marcas conservadas
deixa descifrar, coñecido co nome petróglifo do Monte Aberto, o que eu chamo
Monte Aberto II.
Traballo anterior feito nos petroglifos do Monte Aberto
Pois ben, o norte do asentamento do Miñoto, e onde aparecen
os petróglifos do Charco. Dicir que seu entorno esta totalmente tapado pola
vexetación, de toxos e xestas maioritariamente, os cales tapan unha importante
superficie do Monte Aberto, baixo a cal há unha importante cantidade de laxas e
pedras graníticas, nas cales se pode apreciar restos dunha importante cantería
no pasado, así como grandes cazoletas de orixe descoñecido, as cales algunhas
por súas alteracións e situación, non semellan de total orixe natural.
Este xacemento do Charco, esta dividida en tres
estación de pedras diferenciadas onde aparecen os restos rupestres, Chanco I,
Charco II e Charco III. Dicir que son pedras graníticas de pequeno e medio
tamaño, con superficie alterada. As talladuras foron feitas adaptándose a estas
superficies baltolíticas.
No Charco I (GA 36042042) podemos ver un conxunto de
pedras xuntas, onde aparecen catro petróglifos, correspondentes a tipoloxía
clásica do val do Tea e litoral atlántico dos círculos concéntricos, sendo
algúns claros ata a terceira liña. Todos aparecer no centro con unha coviña e
ou surco de arranque. Dicir que aparece un intermedio nunha pedra pequena con
restos doutro círculo que no catalogo de patrimonio non se contempla.
O petróglifo da pedra co nome Charco II (GA
360420103) non a puiden atopar, pois a vexetación, en forma de musgo cubrían en
gran parte as pedras. Pero tamén podemos ver na ficha de patrimonio que se
trata do resto de outro círculo concéntrico claro. Tamén apreciase que arranca dunha coviña ou surco central.
O Charco III (GA 360420104), este tal vez e o que
máis me chamou a atención, pois tratase dun circulo, duns 20 cm de diámetro, o
cal no seu interior se ven claramente tres coviñas maiores e outras tantas de
menor tamaño. Fora do círculo aparecen liñas circulares e algunha coviña. O que
sorprendeu, e que ten un petróglifo case xemelgo nos recentes atopados no lugar
da Carreira, na parroquia de Pías, o outro lado do Tea, os cales son da mesma
tipoloxía de círculos concéntricos e coviñas.
Por último, dicir que de forma fortuíta me atopei
noutra pedra un novo petróglifo, o cal podemos chamar Charco IV. Tratase de
dous claros círculos, en forma concéntrica os cales o contrario que o resto dos
atopados, non ten coviña ou surco no centro. Máis abaixo pode ter restos dun
terceiro circulo.
Para rematar este pequeno recordatorio xeral,
futuros estudos falaremos da areas xeral do Monte Aberto, a cal todo parece que
nos da premisas que habitou unha comunidade no Neolítico, ata o bronce que
parece marcar o paso, de comunidades máis primitivas que habitaban nas lombas
da Serra do Galleiro, onde aparecen restos como mámoas ou asentamentos, seguramente
cunha economía máis vinculada a caza e gandería, a baixar pouco a pouco o val
do Tea tras un solo máis profundos para o desenrolo da agricultura.
Dita comunidade, vendo a gran semellanza e mesma tipoloxía,
do conxunto de petróglifos do Monte Aberto e A Carreira, en Pías, puido cruzar
o Tea e ter un habita a ambas ribeiras, ou pola contra, ser dúas comunidades
emparentadas.
Un dos segredos maior gardados do Val da Louriña, e súa riqueza lendaria e épica que garda do seu pasado remoto, tanto que chega a época dos castros e a loita dos galaicos contra os romanos fai uns 2000 anos.
Poucos lugares da terra galaica, que saibamos, poden presumir de tanta riqueza de historias e mitos deste período, polo que persoalmente, como autor deste texto, non entendo que se de máis valor o traído de fora en festas da zona, onde se recrean feitos ficticios de persoaxes de lugares lonxanos, en vez de valorar o noso, algo por desgraza moi típico no pobo galego.
Con isto non quero desprestixiar a ninguén nin a nada, e sabido que todos os eventos levan un gran esforzo persoal e desgaste, pero si, para enriquecernos máis con nosa historia e pasado, recorden estas lendas e historias das nosas terras, que ata contan o orixe do nome dos pobos onde vivimos.
Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira ambientada no século IV a.C, en pleno auxe da etapa castrexa ou dos castros antes da chegada dos romanos, da cal se gardan importantes fragmentos no Archivo Diocesano da Catedral de Tui, que nos fala do orixe do nome do O Porriño, toda unha reliquia.
O redor do ano 377 antes de Cristo, un labrego que vivía xunto as augas do río Louro e asasinado xunto súa familia polo rei dos Grovios (Tribo con capital na zona de Tui) chamado Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.
Entón os poboadores se alzan en armas e marchan contra o rei Trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400 bracarenses (da tribo belicosa dos Brácaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.
O nome de O Porriño descende do sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O Porriño e súas terras.
A segunda que imos relatar, nos fala duns Asterix e Obelix anónimos, pero coa diferenza de que estes non resistían nunha pequena aldea gala os romanos, senón nas propias terras do Val do Louro. Segundo esta lenda, nos contan que eses antepasados nosos foron a última tribo en ser sometidas os romanos, os cales tiveron que pactar o non conseguir vencelos.
Se di que alí chegou o redor do ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios porriñenses deciden pactar e renderse abríndolle as portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou tanto a eles como a Roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.
Para rematar esta Memoria da Terra, agora que recordamos isto dos nosos antepasados, e recoñecendo o gran traballo que se realiza en algúns eventos e festas da zona, porque non meter pouco a pouco parte do noso legado galaico, como o exemplo destas dúas historias, para dalas a coñecer e por en valor noso riquisimo pasado. O traballo máis dificil tal vez xa esta feito, agora só falta recordar o que fumos.
Desta vez, o contrario de outras
subidas que sempre fixen en plan individual, esta foi traballada e realizada en
equipa. Xa dende semanas antes, estivemos organizando todo, a ruta, a subida,
os horarios, e dicir, tiñamos unhas incribles gañas de subir os cumios da serra
dos Ancares e de aventuras.
Finalmente decidiuse subir un dos
picos con millor fama desa serra, o Mustallar, que pese non ser o máis alto,
algúns si din que é o máis fermoso. Despois, en ruta tentaríase subir algún
máis dependendo do desenrolo do día. O equipo, que en principio iamos ser
cinco, quedouse reducido en catro, pois o compañeiro Abel, o único que xa
subira a este monte do grupo, non puído vir por un contra tempo. Quedamos así
dous de Ponteareas, Nelson e eu, un compañeiro do Covelo, Tiago, e por último
outro da outra punta da Galiza, David, da Fonsagrada.
Con todo listo, quedamos entorno as
10 da mañá en Cacabelos (O Bierzo), saíndo nos de Ponteareas as 7:00 e David
dende a Fonsagrada. Xa en xuntos en Cacabelos, subimos en carro a Burbia, no
Bierzo, de onde comezaria nosa ruta e aventura. Eliximos esta ruta por ser máis
longa e tal vez completa.
Arrancamos entorno as 11 da mañá, e
o primeiro tramo duns 4 km dirección o Mustallar, faise moi cómoda e con pouca
inclinación. Polo camiño imos vendo feces de lobo, raposo, xineta... polo que
se fai entretido este tramo.
Cando comezamos a ver o impoñente
Mustallar, comezamos unha subida empinada no medio dunha fermosa carballeira con muito castiñeiro tamén, esta ascende por un carreiro estreito en zig-zag, chegando as
veces a inclinacións considerables. Unha vez pasada esta, a paisaxe se abre e
rematan os carballos, e podemos ver a abrupta e escarpada cara oriente do Mustallar.
Aquí comeza un novo camiño, onde por veces há que subir por zonas cheas de
pedras sen apenas indicacións, rodeados de pradeiras en gran pendente.
Nunha destas, o lonxe podemos ver un
rabaño de rebecos, que o lonxe, desconfiados, tamén nos observan.
Comezamos subindo para chegar a unha
quebrada entre os Picos Mustallar e Penalonga, dende a cal, se ve unha lomba ou
rampa moi empinada ata o cumio do Mustallar. Xa na quebrada, a 1700
metros, se mira unha valla que separa Galiza de Castela León, si, unha desas que máis que parecen da vergoña que outra cousa. A cruzamos e comezamos o ascenso de máis de 200
metros pola inclinada lomba, onde se ven máis montañeiros subir.
A lomba faise pesada e longa, nos
seus puntos máis inclinados dar catro pasos seguidos sen parar uns segundos
faise moi difícil, e despois de toda a subida anterior a moi bo ritmo, as
pernas comezan a sentir esta montaña, que se fai máis dura que Trevinca por
exemplo. O primeiro en facer cumio e o compañeiro Tiago, pois os outros tres
paramos un tempo maior a tentar fotografiar os rebecos anteriormente. Con muito esforzo e suor, nun explendido día con nubes pero soleado, os outros tres
tamén chegamos o cumio.
Corría as 14:10 cando chegamos
arriba, máis de 30 minutos nos levou facer a última lomba, sen dubida algunha,
a máis dura. No cumio há máis montañeir@s, e da a casualidade que algúns
coñecidos de nosa terra, así son esas grandes sorpresas da aventura as veces. Grazas o bo
día bastante claro, a vista e fermosa, dende o pico se poden ver a parte da propia serra dos
Ancares cos seus picos máis emblemáticos, se mira o Courel, Trevinca, O Teleno,
Manzaneda, a Cordilleira Cantábrica, ata cara o mar Cantábrico podemos ver a
Serra do Xistral. Indo moi ben de tempo, con tranquilidade xantamos antes de descender.
Antes de descender pola vertente
sur, planificamos subir tamén o Pico Lagos e logo, no descenso circular cara
Burbia, pasar polos lagos de Vilouso. Comezamos así a baixar con muito ánimo e
humor, o pouco nos desviamos da ruta para subir e crestear unha pequena cima moi
pedrosa e esporada na cara sur, un pouco de aventura e adrenalina sempre sinte ben o corpo en momentos así.
Logo baixamos cara á quebrada que
fai o Mustallar co Pico Lagos, mirando unha vez máis atrás, o fermoso Mustallar
e seus fortes desniveis. Tamén nesa quebrada, vemos outro rebaño de rebecos que
nos visitan o lonxe. Comezamos a subir o Pico Lagos, o cal facemos con
facilidade o vir dun cumio máis alto. Chegamos arriba as 15:45 a 1.866 metros, e sen
perder muito tempo comezamos a descender por un cordón longo que une este monte
coa quebrada do pico Corno Maldito.
Dicir, que nese cordón, entre a
Galiza e o Bierzo, nos sorprende unha forte rafaga de vento que parecía saída
da nada, pero que nos fai por as chaquetas, o que para nos foi case unha anécdota,
pois o clima estaba sendo moi agradable todo o día. Unha vez na quebrada co Corno Maldito, vemos que podemos descender ata un sendeiro que se mira máis
abaixo que vai directo os lagos. Estando os pes do ascenso o pico Corno
Maldito, nos entra unha gran ambición de subilo, que nos tenta e comezamos a
falalo, pero finalmente, non decidimos arriesgar por se na baixada, non coñecendo
a ruta nin a distanza a Burbia, nos collese a noite.
Descendemos por un semi sendeiro
improvisado e nos imos orientando ata dar co camiño que baixa os lagos de
Vilouso, os cales o chegar, vemos que a seca do verán inda fai meia neles.
Continuamos baixando e imos deixando o paisaxe de praderías de montaña, para
irnos adentrarnos nunha incrible fraga de acivros, a verdade que nunca na vida
viramos ningún dos catro tanto acivro xunto. Tamén pasamos polo refuxio de montana de Acebalin,
o cal atopase nun estado moi bo, o que nos fai pensar en futuras rutas de máis
dun día.
O carón do arroio Vilouso paramos a
merendar con muita tranquilidade, para facer o último tramo máis suave e doado.
De vez en cando vemos atrás para ver como muda o tempo na montana coa chegada
da tardiña, aparecendo nubes e pequenas néboas. Así chegamos a Burbia, a
fermosa aldeia do punto de partida, nos mudamos e tomamos algo en situ falando
da fermosa ruta e seus millores momentos e curiosidades.
Por último, dicir que esta foi a
montana que máis me sorprendeu ata agora na terra galaica, tanto en dificultade
e desnivel, que contaba con menos, como en fermosura e variedade, pois dende alí
tes pe a muitas máis rutas e máis montanas da zona, polo que acho volver algún
día.
Como curiosidade, miña nota na cima
foi que seguría sen fumar, ese era o día 6 sen facelo, e hoxe sigo cumprindo
ese desafío con 24 días sen fumar e subindo. Pronto, este novo equipiño que
acabamos de comezar a disfrutar xuntos das rutas, montañas e a propia natureza
e seus encantos, subiremos outro cumio mítico do noroeste, polo que até
a próxima aventura e cumio!
Algús datos:
Distancia: 21 Km
Altitude máxima: 1.935 m
Altitude mínima: 887 m
Desnivel:1.141 m
Tempo total: 7 horas 30 minutos máis-menos.
Ritmo: Subida forte con baixada tranquila, co muitas paradas.
Novos petróglifos atopados no lugar
da Carreira, no barrio de Puntacóns na parroquia de Pías, Ponteareas. O seu
estudo foi realizado recentemente por Julio Fernández Pintos, tratase dunha tipoloxía
moi común na comarca e Rías Baixas, representacións maioritariamente circulares
e con abundantes coviñas. Moi pronto tentarei facer un pequeno estudo persoal
deles.
Con un primeiro claro obxetivo, protexer, recuperar e por en valor a mámoa do Salgueirón, colectivos e persoas a nivel individual de Ponteareas e Mos xuntanse na Serra do Galleiro, que unha vez máis deixa de ser fronteira para se un punto de unión e fraternidade, xa tirou a primeira pedra, detrás irán as seguintes!