lunes, 2 de noviembre de 2020

Aspidio, o caudillo que se enfrontou o rei godo Leovixildo, II Parte.

 Relato recreado nas luitas suevas e godas do ano 575da nosa era, a resistencia do caudillo dos Auregenses, Aspidio, segunda parte.


Inda que as tardes eran calorosas e secas, polas mañás cedo, atrapados entre aquelas montañas, notábase o fresco no campamento visigodo. O propio Leovixildo, durante os últimos días, pouco saía da súa grande tenda. Non se sabía se por falta de moral, frustación, ou simplemente, necesitaba pensar.

 O certo que o seguinte día de montar o campamento en Larouco, os homes de Aspidio plantaron lume a todos os montes dos redores, aquilo semellaba o inferno. Todo o redor do campamento era cinzas e lume, como dixo o propio Leovixildo, “queren vernos ben, nosos movementos, privarnos de caza e que desesperemos aquí”. Deixou que seus millores xerais improvisasen plans, cabaleiros achegábanse periodicamente ate a Ponte Bubal, pero esta seguía ben vixiada e cortada, cun terreo demasiado abrupto para asaltala. O propio conde da Bética, preguntábase porque non asaltaban por terra e río a Cigarrosa, con tal exercito era imposible que foran capaces de defendela o fin muito tempo, ou mudar rumbo polos altos vales das montañas cara as terras de Sabaria (Sanabria) como dicían algúns exploradores. Pero non, Leovixildo semellaba que prefería agardar e gastarse naquel lugar, e muitos se preguntaban por que?  Tal vez simplemente, porque calquera de esas dúas opcións seria retirarse e saír derrotado.

 Pola contra, Aspidio tamén observaba intranquilo como se estancaba aquel grande exercito en Larouco, pois sabia que non tiña capacidade nin homes suficientes para asaltalos. Demasiado paciente para seu gusto, dicíalle a seus homes con seu baixo ton de voz.

 

Pola contra, seu irmá Osario, na Cigarrosa mostraba súa cara máis cruel os seus aliados de Bracara, dirixidos por Saxildo. Executar prisioneiros godos, converterase no seu pasatempo preferido,  pero non o facía de calquera maneira. Gustaba enchelos de palla seca, soltalos e que correran pola ponte cara seus compañeiros, os godos que custodiaban a outra ribeira, e unha vez estiveran preto destes, lanzar unha frecha en chamas. Os prisioneiros ou morrían queimados ou tirábanse o río, pero este xa se encargaba de que levaran peso suficiente para que afogasen ou os levara a corrente do Sil.

Todo isto o facía entre carcaxadas cos seus amigos, ben altas para que os escoitaran os godos do outro lado do río, os cales contemplaban horrendos. O propio Saxildo tentou chamarlle a atención por tales feitos tan desalmados, dicíndolle se seu irmá, Aspidio, sabia disto que estaba a facer, o cal contestou, “se non o sabe, se o imaxina, estamos en guerra, tamén há que disfrutar”. Todo isto o dicía cun sorriso malicioso, pois semellaba que non o facía nin por vinganza nin por darlle medo o inimigo, senón por simple pracer de matar e facer sufrir.

Ate certo día, apareceu na Cidá da Cigarrosa o propio Aspidio, cruzara río abaixo, cando preguntou onde estaba preso o xeral da garda apresada que Leovixildo deixara na cidá, seu irmá, cun grande respeto, díxolle que o colgara fronte a ponte. Pero máis sorprendeu a Saxildo a reacción de Aspidio, con serenidade e seu ton baixo, simplemente reprochoulle a Osario porque o fixera sen súa orde, este axeonllouse ante el pedindo perdón, e todo quedou niso. Aspidio decidiu quedar uns días na Cigarrosa ante a falta de movementos inimigos, viña cuns 30 guerreiros a cabalo. Pero o terceiro día, chegou una mala notiza.

 
 

Un guerreiro, exhausto, manchado da luita, chegou a cabalo, era un home de seu xeral Recimiro, antigo lugartenente de Bergido. A afastada aldea de Cassavio, que permanecía a parte das luitas nas montañas, durante a noite foi asaltada por guerreiros godos, capturando a muller e fillos de Aspido. Dicía que Recimiro atopara unha pequena aldea na beira do río Bubal asaltada, “mataran a todos”, e imaxinouse o peor, que alguén cantase sobre que a familia de Aspidio, que se atopaba en Cassavio. Rapidamente puxeron rumbo a esta, o chegar viron máis do mesmo, pero sen rastro da familia de Aspidio, polo que rapidamente se puxeron en marcha tras os godos responsables de aquilo. Os interceptaron xa moi preto de seu campamento, e sen tempo a nada máis, os atacaron, pero aqueles godos eran duros e magnos guerreiros, ata posiblemente fixeran parte da propia garda persoal do rei Leovixildo. A luita foi dura, as lanzas e espadas chispearon, viron a familia de Aspidio presa, pero non puideron vencer. O propio Recimiro, que non quería defraudar a seu señor, foi derribado de seu cabalo e atravesado por máis de media ducia de lanzas no chan, só tres homes conseguiron fuxir daquela luita, entre eles, o propio narrador dos feitos.

Tras escoitar isto, Aspidio baixou súa penetrante mirada e deixouse caer disimuladamente sobre unha cadeira mentres se dicía, “sabia que argallaban algo, tiña que haber enviado a muller e os pequenos a Bracara”.

 

Mentres no campamento godo, todos estaban confusos ante os novos prisioneiros, pois foi unha total sorpresa, pero non para Leovixildo, que os agardaba. O certo, que este non contara a ninguén seus movementos, nin os seus xerais, durante as noites seus millores exploradores acompañados de súa garda persoal, abandoaban o campamento en busca de aldeas habitadas para interrogar a seus habitantes pola forza. Foi así que deron coa aldea do Bubal, mataron todos seus habitantes e levaron consigo só o ferreiro, un vello asustado. O interrogaron e maltrataron na propia tenda de Leovixildo, ate que díxolles da exitenza de Cassavio e quen estaban alí. Desa maneira os millores guerreiros do soberano de Toletum, subiron coidadosamente as montañas, e pola noite asaltaron a mal defendida parroquia, capturando e deixando só con vida a familia de Aspidio. Xa preto do campamento, foron atacados por un grupo de homes de Aspidio, liderados polo señor de Bergido, pero nesa altura xa tiñan reforzos enviados dende o campamento polo que foi unha carnicería, mesmo así sorprendeulles que estes luitasen practicamente todos ate a morte, incluído seu xeral. Desta maneira, Leovixildo voltaba ter o control da situación. 

O DESENLACE

Leovixildo desprazouse cos súas millores galas ate preto dos muros da Cigarrosa, acompañado de seus millores guerreiros e a familia de Aspidio, a cal non ía atada pero si escoltada. Semellaba máis un desfile militar que unha avanzada de guerra, o rei godo ía esplendoroso, vestido en púrpura, coa coroa posta, semellaba un herdeiro dos antigos cesares latinos.

Fronte os muros, seu portavoz falou os homes que se atopaban dentro da fortificación, “Aspidio o pálido, conde dos Auregenses, o rei de reis te reclama que acudas a el, mostres rendición total, abras as portas da Cigarrosa, liberes as pontes e entreguedes as armas, tamén se entregara o salvaxe de teu irmá, o cazador. De non facelo, exucataremos a túa familia, comezando polo teu herdeiro, tes de prazo ate mañá o medio día”

O outro lado dos muros, Aspidio xunto os seus escoitaba, co seu rostro pálido pero firme, sabia que Leovixildo tiña unha fama terrible cos seus inimigos, pero mantiña a compostura.

“Se vai entregar señor?”, preguntou o brácaro Saxildo. “Teño outra posibilidade?, xoguei miñas cartas, perdín,pero non temo meu destino, se podo salvar miña familia e seu legado.”Contestou en voz baixa pero seria o conde. “Eu tamén me entregarei meu irmá, non temo a morte”, díxolle axeonllándose seu irmá Osorio o Cazador.

“Pero o faremos mañá antes do medio día, durante a noite, xeral Saxildo, partiredes con vosos homes, pronto nos van rodear, polo que debedes partir coa escurecida, algúns de nosos homes vos farán de guías”. Saxildo asentiu coa cabeza, e logo preguntoulle, “ten algún mensaxe para noso rei, Mirón”. O cal Aspidio, cravándolle seus ollos pálidos contestou, “dicirlle que pase o que pase, respete noso liñaxe, respete o vello legado dos Auregenses e nosas leis”. Ante isto, Saxildo voltou asentir con respeto coa cabeza. Esa noite non fixo falta facer garda, sabían que ningún dos homes do conde alí presentes ía facer traizón.

No día seguinte, o medio día, as portas da Cigarrosa se abriron, na fronte estaba o exercito godo, con todos seus estandartes e formando. Aspidio tamén levou boas roupas en coiro e seu manto de pel escuro, xunto a el seu irmá Osorio. Camiñaron con valentía, o pasar a ponte, se achegaron catro gardas ben armados para escoltalos ante Leovixildo.

Aspidio non presentou resistenza, deixouse rexistrar, ía desarmado, pola contra seu irmá que sabía que sería executado de forma brutal polos seus feitos, sorriu un segundo, mirou a Aspidio, sacou un puñal moi antigo de antenas, e o cravou no seu peito e tirouse o río Sil, entregouse as augas que o viran nacer facía 23 veráns atrás. Aspidio case nin se inmutou, como se xa o supera, el mesmo faría o mesmo, pero non coa súa familia presa.

Cando estaba na altura do grande rei, non baixou a cabeza, o mirou cos seus ollos pálidos mentres homes do soberano quitábanlle a capa e emblemas, así como seu colar de ouro. Alí estaba súa familia, sen signos de violencia nin atados.

“Axeónllate, Axeónllate e réndete ante teu novo rei”. Díxolle Leovixildo cortante, o cal o conde, obedeceu e axeonllouse. “Deberíate queimar vivo e logo colgar teu corpo deses muros, pero sei que túas cabras nunca me perdoarían e sempre tería nestas terras inimigos, tan lonxe de Toletum. Teus homes son totalmente fieis a túa persoa, cousa que admiro, polo que te despoxo de teu titulo, de levar cinto e armas, de poder ter pelo longo e barba, de túa liberdade e a partir de agora serás encadeado de por vida, baixo ameaza de morte se túas cabras deciden algún día revelarse a min”. Aspidio miraba fixamente o chan sen inmutarse nin dicir nada, sabia que era millor así, cando menos súa familia e descendencia salvaríase. 

A Cigarrosa foi saqueada, muitos homes sen presentar hostilidade pasados polas armas, e despois, se foron. Os ventos de outono chegaban, grazas a resistenza de Aspidio os godos non puideron penetrar no reino galaico do rei Mirón, a parte dende Toletum chegaban rumores de traizón por parte do propio fillo de Leovixildo.

En canto o conde, se sabe que foi despoxado de todo, o exhibiron en Toletum pero non o mataron, como se fora un trofeo de guerra. Din que morreu encerrado nun mosteiro anos despois, despoxado toda liberdade, pero seu nome sería recordado o longo dos séculos e ate milenios. Súa familia correu o mesmo destino, a non ser seu fillo pequeno e herdeiro, o cal foi adoutrinado como prisioneiro e vasalo nas leis e fidelidade o soberano godo, para tal vez, algún día ser enviado de novo como conde as terras dos Auregenses, polo que tal vez no fondo, Aspidio o Pálido, non perdera de todo.