jueves, 17 de octubre de 2019

A lenda dun guerreiro, Hermegario o Suevo



Corría o anos 401, cando no centro da Europa un moi xoven guerreiro de só dezasete anos, concedíaselle o privilexio de levar sempre cinto e espada ala onde fose, un privilexio que non todos os guerreiros de seu pobo podían contar, e menos tan novos.

Era tal súa fereza na luita e valentía, que pronto comezou a acompañar o príncipe Hermerico ala onde fose, forxando así unha grande amizade entre eles. Dicían que era o primeiro en entrar na luita e o último en abandonala, e que unha das súas claves de súa destreza coa espada e escudo, é que era zurdo. Seu nome ate era similar o do seu señor, Hermegario.

Cando Hermerico subiu o trono dos Suevos, pasou a ser seus ollos na luita e fiel home de confianza, e certo que non eran tempos doados na ribeira norte do río Rin, pois o pobo estepario dos Hunos, apertaban e sembraban o pánico con só nomealos. Ata había quen dicía que non eran homes, que eran medio home e cabalo, vidos de outro mundo.

Por esa causa, Hermerico, xunto co rei Gunderico dos Vandalos e Atax dos Alanos, decidiron cruzar o río Rin conxelado, e así entrar sen permiso nas terras do Imperio Romano. Tras pasar a fronteira, o pobo federado dos Francos intentaron frealos, pero despois de luitas conseguiron rexeitalos. Logo tamén nesta fuxida quixeron cruzar en barco as que semellaban as terras máis seguras, a Illa de Britania, pero apareceu un exercito romano o cal tamén rexeitaron pero fíxolles imposible zarpar, polo que tiveron que internarse nas Galias rumbo o sur, o descoñecido, na procura de futuro. En todas esas luitas, se un guerreiro resaltou por parte dos suevos, ese foi Hermegario.
Así o destino os trouxo as afastadas e antigas terras dos Galaicos, no fin do mundo, a Gallaeccia. Alí se asentaron, e pronto cambiaron as espadas por arados, e Hermerico, foi nomeado rei dos suevos na parte occidental da Gallaecia. Pero no oriente da mesma provincia romana, asentouse Gunterico e seus vándalos Asdingos, muito máis agresivos e activos, polo que non tardaron en chegar as hostilidades cos suevos. A situación foi tal, que vendo a ameaza dos vándalos e seu  poder, Hermerico tras pactar coas autoridades romanas, xuntou seu exercito e partiron dende Astúrica Augusta (Astorga) cara as terras de Gunderico, e o seu carón como sempre, Hermegario.
Cruzaron un porto de montaña para meterse nun profundo val, entre altas montañas, as cales chamaban os Montes dos Nerbasos, pobo que habitaba o lugar. Era o mencer do 5 outubro do ano 419, cando despois de montar campamento nese val, espertaron nun pesadelo, o exercito vándalo de Gunderico, máis numeroso que o suevo, como saído da nada, apareceu e os atacou brutalmente. Pouco puideron facer máis que atrincheirarse no seu propio campamento. Mesmo así, os guerreiros suevos souberon luitar con valentía, e os rexeitaron, pero quedaron presos no seu propio campamento. Gunterico, o cal sairalle todo ben, contaba cunha vitoria rápida, pero agora, pese ter os suevos e o propio Hermerico cercado, era incapaz de cruzar as liñas inimigas.


Pasaron días e escaramuzas, pero a situación non mudaba, entón foi o propio Gunterico, que na luita inda tiña honor, quen propuxo resolver a liorta da maneira antiga, unha luita entre os dous millores guerreiros de cada bando, que dous paladíns resolveran o problema. De seguro, sabía que tras os suevos virían outros enviados por Roma contra el, os Godos e propias tropas romanas que xa foran mobilizadas, era consciente que para o poder imperial el e os seus sobraban en Hispania, por iso intentara rematar cos suevos de forma rápida para non perder guerreiros. A parte tiña outra  baza para este trato, un temido guerreiro, seu propio sobriño, Gelimer.

Hermerico e os seus, atrincheirados, non tiñan muitas máis posibilidades que aceptar o reto. Pero quen se enfrontaría o temido Gelimer? Era un guerreiro xoven, moi forte e alto, destro e cruel, parecía que nacera simplemente para luitar e matar. Primeiro ofreceuse seu xoven e enerxético fillo, o príncipe Reckila, pero o viron demasiado arriscado pese que el quería luitar. Foi entón, cando nesa asemblea, levantouse o veterano máis coñecido, Hermegario. Respectados por todos, xa non era novo, as canas da súa cabelo e barba daban fe diso, tal vez xa nin era o que foi, pero quería servir o seu rei e amigo unha vez máis, o cal ante esas palabras, non puido dicir que non.


Na seguinte mañá suevos e vándalos xuntáronse, fixeron un circulo e comezaron a tocar nos escudos, parecían estar máis nunha festividade que nunha luita de inimigos. Hermario quedou un tempo só na súa tenda, tiña que saber cando usar súa experiencia e estratexia ante tan formidable guerreiro, pois sabia que era unha luita a morte. Primeiro chegou o circulo Gelimer cos seus berrando, era impoñente, viña case espido, berrando, desafiando e insultando os suevos, pouco despois, coas súas mellores vestimentas, Hermegario acompañado de seu señor e amigo, Hermerico, muito máis tranquilo e calado.

Espiuse tamén da parte de arriba e acercouse o centro do circulo xunto a Gelimer, mentres un ancián vándalo recordáballes as regras, que disporían de dous escudos e o gañador sería o que acabase coa vida do outro, Gelimer non deixaba de insultar e humillar o veterano Hermegario, - vello castrón! Arrincareiche o cranio e esta noite emborrachareime con el!-  ate ensinoulle o cu mentres os vándalos rían, o tempo Hermegario miraba calado. A sorte está botada.
Cando comezou a luita, Gelimer foise por Hermegario como un trono, era muito máis alto, polo que soltoulle varios espadazos mentres o veterano retrocedía, berraba como un cervo en celo cada vez que golpeaba o escudo do suevo. Tan forte foi un de seus impactos, que resonou en todo o val e partiu o escudo de Hermegario, os vándalos berraban e celebraban mentres Hermegario, dorido collía seu segundo e último escudo. Saíu de novo o rondo con intención de golpear con súa espada o xigante vándalo, pero este rapidamente revolveuse, neutralizouno e deulle un frote cabezazo que tirou a Hermegario o chan partindolle o nariz. Gelimer berraba como un tolo e miraba agora para Hermerico, semellaba que todo remataría pronto, os suevos tiñan agora compaixón de seu veterano compañeiro. Pero contra todo o que os homes coñecen, Hermagario co rostro cheo de sangue levantouse rapidamente, sen dar respiro a Gelimer lanzoulle seu escudo contra el, o cal sorprendido cubriuse, o tempo que lanzoulle coa esquerda un forte espadazo coa súa esquerda, que o xigante apenas puido rexeitar deixando o seu rostro o descuberto, o que aproveitou Hermegario para dar un forte puñetazo que case o tira, Gelimer entón o empurrou co seu escudo fortemente votándose a separar. A este comezoulle a caer un chorro de sangue polo seu pómulo tras o forte golpe do veterano, o cal miraba fixamente, mentres agora os suevos berraban e aclamaban a seu paladín, o tempo que Hermerico dicíalle a seu fillo, Reckila, que ese era co guerreiro que crecera, ese!
Gelimer voltou berrar como un tolo da raiba, tirou seu escudo, voltando entaboar a luita ambos so coa espada. Fortes foron os golpes, muitas as feridas, pero Gelimer parecía ter menos meia do esgotamento, polo que pouco a pouco foi acurralando a Hermegario. Foi nun espadazo rápido e forte, cando o vándalo fixo caer o veterano o chan, o cal tentou levantarse pero cando estaba de xeonllos, outro espadazo fixo que súa espada voara polo ar, entón miráronse só un segundo, Gelimer coa vitoria na man, berrou moi forte mentres levantaba súa espada, o tempo que Hermegario cerraba os ollos e lembraba aquel día, facía dezaoito anos atrás, cando seu rei, pai de Hermerico, tras unha luita similar dáballe o seu cinto, que inda portaba con orgullo, e foi cando nun rápido movemento antes de seu final, sacou seu coitelo e con Gelimer desprevido ante súa eminente vitoria, cravoullo nos testículos. O xigante retorceuse berrando ante Hermegario! o cal levantouse e coa propia espada do vándalo que inda portaba na man, cravoulla na súa gorxa, caendo o chan sobre este. Gelimer pese as feridas mortais, inda tentabase revolver con Hermegario enriba, o cal esgotado, agarrando deste, buscou coa súa man unha pedra, conseguindo collela, e comezou a golpear con esta a cabeza de Gelimer, a sangue saía polo ar, unha e outra vez, berraba e golpeaba coa pedra, ata que Gelimer deixou de moverse. Coas poucas forzas que tiña, como grande guerreiro que era, púxose en pe só, mirou a Gunderico e mostroulle a pedra chea de sangue. O rei vándalo asentiu coa cabeza e os suevos comezaron a berrar e rapidamente foron axudar o moi danado Hermegario.


Aquela mañá, nacía a lenda dun guerreiro o cal seu nome chegou os nosos días sen ser rei, Hermegario o Suevo.

“Historia basada na crónica de Gregorio de Tours segundo a Batalla dos Montes Nervasos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario