Montecubeiro é un deses lugares da nosa terra cun riquísimo
pasado e historia, pero a día de hoxe case esquecida de todo, pero mesmo así garda curiosidades como que é a
maior parroquia do noso país galego.
É de coñecido, que nesas corredoiras e camiños entre
pequenos ríos e altos prados con lombas
verdes máis suaves, existiu unha importante camiño medieval. Montecubeiro, que
noutro tempo escribíase separado, como di seu nome e se ve a distancia, ten
forma de “cubo” alongado dominando os regos de seus redores, e dicir, un importante
paso na paisaxe que domina seu entorno. Como legado deste antigo paso, quedan
dous cruceiros polos montes coñecidos como “A Corredoira Vella”, topónimo que
xa nos di muito, pois recordade que corredoira é un antigo camiño principal.
Ese antigo camiño pasa xusto por enriba da actual parroquia, na cal tamén
existiu un mosteiro medieval dos séculos XII-XIII.
Vista de Monte Cubeiro con súa forma de "cubo"
ANTECEDENTES A BATALLA
Viaxamos no tempo cara o último cuarto do século
VIII, no xoven reino cristián do norte, asentado nas Terras da antiga Gallaecia
pero co centro de poder na zona Ástur oriental, nunha monarquía electiva e non
herdeira, pero na que só se podía elixir para o trono o entorno directo de
sangue real, nomease rei a Silo, tras a morte do anterior soberano Aurelio.
Silo traslada
a capital e corte a Pravia, no centro de Asturies moi cerca do Mar Cantábrico, e
mantén a paz en todo seu reinado con o poderoso Emirato de Cordoba en
Al-Andalus, o cal gobernaba seu fundador, Alberramán I, mentres que o norte, no
reino dos Francos, reinaba o tamén poderoso Carlomagno.
Nos case 10 anos de reinado de Silo, pódense
considerar tranquilos, sen ser por un feito que sinalan as crónicas Rotense e Sebastianense, que nos falan dunha grande rebelión dos galegos do
oeste directamente contra Silo.
Non sabemos ben o motivo de tal rebelión, as crónicas
non nos falan de ningún líder, nobre ou bisbarra en concreto, senón o que
semella o conxunto dos galegos da zona “lucense”. O ser inda unha monarquía
electiva, tal vez o bando occidental do reino non quería a Silo, ou máis posiblemente,
nun mundo que comezaba a ser feudal, os señores e nobres galegos querían máis
poder ou tal vez independenza sobre o poder central asturián da corte en Pravia.
Xa a mediados do mesmo século, co rei Fruela, tamén
os galegos do occidente e os vascos no orientes, se rebelaran a corte de
Asturies, polo que tal vez o ver en Silo un monarca pouco activo no campo bélico,
decidiran voltar levantarse en revolta.
Estátua do rei Silo en Pravia.
O CAMIÑO A BATALLA DE MONTECUBEIRO
Non sabemos tampouco en que ano do reino de Silo foi
a batalla, a que sería entre 774 o 783, pero podemos facer hipóteses noutros
campos. Un deles foi o camiño empregado para ir dirección a única cidade real
do reino por aqueles tempos, Lugo, que parece ser tamén o lugar de reunión das
tropas galegas lucenses. Temos a antiga vía romana que ía de Lugo a Lugo de
Llanera, no centro da actual Asturies, que despois pasou a ser a vía principal
entre Lugo e Oviedo, e despois o propio camiño de Santiago primitivo. Este
camiño ía pola Fonsagrada e despois se internaba en terras dos Oscos cara
Oviedo, pasando nesa zona que imos estudar por Castroverde, non por Monte
Cubeiro que atopase 10 km o norte desa ruta.
Pero recordar que por eses tempos, a capital inda
non era Oviedo, senón Pravía, polo que Silo tendo o Cantábrico máis preto,
puido elixir unha ruta máis cómoda para súas tropas e ir pola costa ata a
desembocadura do río Eu, onde despois se segues polo seu val, te leva
directamente a zona do paso de Monte Cubeiro, para logo descender de forma
doada cara Castroverde camiño de Lugo, a parte que máis ou menos de Lugo a
Monte Cubeiro habría unha xornada de camiño. E por esta causa, vendo a
deslocalización de Monte Cubeiro na ruta clásica do camiño primitivo de Lugo a
Oviedo, expoñemos a hipótese que que Silo utilizase esta ruta, a cal xa existía,
para someter as tropas rebeldes.
Posible ruta empregada por Silo cara Lugo, pasando por Montecubeiro.
A BATALLA
“
Post Aurelii feinem Silo successit in regnum, eo quod Adosindam Adefonsi
principis filiam sortitus esset coniungem. Iste cum Ismahelites pacem habuit, Populos Gallecie contra se rebellantes in
monte Cupeiro bello superabit et suo imperio subiugabit.
Reg.an.VIII
et decimo uitam finibit era DCCCXXI.”
Tras
súa morte, Silo tomou en matrimonio a filla de Alfonso chamada Adosinda, polo
que fíxose co trono. Tivo paz cos Ismaelitas. Cando Galiza se rebelou, a venceu
tras o combate no Monte Cubeiro e a someteu a seu imperio.
Crónica Rotense onde menciona a batalla de Montecubeiro.
Sobre a hipótese da batalla, temos unha serie de topónimos
no lugar que nos poden axudar, como a Fonte Matahomes ou o Rego dos Ósos. De
seguro a luita campal deuse no alto do monte, nunha pequena semi chaira onde a
cada lado comezan os desniveles para chega a ela.
Panorámica da zona alta de Montecubeiro a día de hoxe.
Sabendo da vitoria das tropas de Silo, os galaicos terían
que fuxir en desbandada cara a súa vertente do este, polas lombas abaixo cara Lugo,
que foi onde se puido producir a grande matanza, de aí que nesa vertente
aparezan os topónimos de Fonte Matahomes e Rego dos Ósos.
Non esquecer que por aqueles, había máis matanza
cando un exercito rompia formación e fuxía de forma desorganizada, que na
propia luita. Os fuxidos da luita, correrían costa abaixo, posiblemente
sufrindo chuvia de frechas e cargas de cabalaria, a tal punto que deixaría a día de hoxe eses dous topónimos no lugar.
A vitoria de Silo debeu ser clara, pois nas crónicas
non se fala de pactos nin nada polo estilo, só desta luita armada. E posible
que os líderes galegos caerían mortos ou presos na luita, pois non se fala máis
da rebelión nin da entrada en Lugo de Silo. Ata supomos, que cos superviventes
tal vez se chegara a algún pacto co vencedor.
Posible hipótese da batalla.
Tamén existe outra versión da batalla, na cal di que
esta comezou no lugar do Campo da Matanza, no outro paso de montaña non lonxe
no actual concello de Baleira. Pero nos xa estudamos tamén esta posible luita,
e cal relacionamos con unha emboscada ano 795 a un exercito andalusí que
saqueara parte da Galiza, a cal nos parece máis correcta, pois nesta versión se
dí que a matanza chegou dende ese lugar a Montecubeiro, algo moi improbable
pois a crónica nos di claramente que a luita foi no lugar que tratamos desta
vez. Para ver o estudo desa batalla, pomos aquí seu enlace.
Zona do Rego dos Ósos
Con estes datos expostos, damos por terminada a
primeira hipótese persoal desta batalla, pero a seguiremos estudando xunto con
outros compañeir@s desa zona, os cales saudamos dende aquí e damos as grazas de
corazón polo aportado.
Bó traballo!
ResponderEliminarGrazas :)
Eliminar