INTRODUCIÓN
Falar do Castro de Altamira, na parroquia de Taboexa
(As Neves), o cal xa aparece no parrochiale
suevo co nome de “Tabulela”, na diocese de Tui, e falar de covas e túneles,
de mouras, do deus mercurio aparecido en forma de pequena estatua de bronce no
lugar, de cerámica romana ben decorada, de petroglifos... É tan amplo o legado dese
lugar protohistórico que agocha, que neste artigo simplemente falaremos dun dos
seus enigmas que se plasma na rocha mai, seus curiosos lagares, os cales
claramente semellan que foron utilizados para prensar algún tipo de froito.
Neste artigo intentaremos saber por diferentes hipóteses de seu uso, así como intentar
situalos no tempo, nun lugar cun amplo marco histórico.
Este emprazamento, se sitúa nas faldas do enigmático
Monte San Mamede ou San Nomedio, o cal como xa temos escrito aquí, pola súa
mitoloxía e folclore, a aparte de súa situación xeográfica e características,
se relaciona co emblemático Monte Medulio.
Neses mesmos outeiros, nosos antepasados da Idade do
Bronce (fai uns 4000/3000 anos) deixaron plasmados petroglifos, muitos aparecidos
tras a vaga de lumes do 2017, a parte dun posible espazo no ritual (da
fertilidade) no alto do monte do Mouro. Posteriormente, na idade do ferro, foi
cando de seguro naceu o primeiro asentamento ou castro galaico no alto do Coto
de Altamira, no cal tamén se poden ver petroglifos, que posiblemente pertenzan
a etapa anterior.
Pero este poboado, tería seu grande esplendor en
tempos posteriores a conquista romana, así o demostra súa grande riqueza en metalurxia
e cerámica, que farían del un grande lugar comercial, pois recordar que o deus
mercurio era protector dos camiños entre outras cousas, camiños e vías que
deberían percorrer os antigos habitantes de “Tabulela” para levar súas mercadorías.
Sabemos que tras a caída de Roma e chegada dos
Suevos, tivo que seguir desenrolando unha importante función, pois o aparecer
no parrochiale Suevo entre as 17 parroquias que compuñan a diocese de Tui, isto nos
mostra que de seguro puidera controlar os pasos e comercio na zona da Paradanta
cara o Miño e Tea.
Posteriormente perdese parte da pista da
parroquia durante o medievo, a poboación baixou dos coutos cara zonas máis fértiles,
sufrindo o lugar unha forte cristianización, como mostra a propia capela de no
propio castro abdicada a San Bartolomé, santo o cal tiña saneamentos cara o
misticismo e máis alá, cousa que no lugar inda se nota vibrar coas súas lendas
de túneles e mouros.
OS LAGARES DE TABOEXA
Como expoñemos antes, o lugar conta cunha amplísima
e rica historia, polo que aquí simplemente trataremos o posible orixe e función
dos lagares.
Estes sitúanse nun alto entre o castro e o coto do
Mouro, todo a moi pouca distanza entre si. Atópanse tallados sobre a propia
pedra nai granítica, en forma case perfecta de lagar de prensa, os cales aproveitan
un pequeno desnivel das pedras bases para rematar nos desaugues en dúas pías,
unha para cada lagar.
A maior, que debe ter un diámetro de entorno 1,20 m,
ten un desaugue maior, pero que remata nunha pía máis pequena cavada na mesma
laxe. O outro lagar, de menor tamaño, entorno uns 90 cm, mostra claramente as
marcas de cantería no interior, de como foi tallándose para rebaixar a pedra. Este remata
nunha pía maior con máis caída, pero sobre outra laxe inferior pegada.
Cara o poñente, noutra pedra que se alza máis
elevada e moi danada pola cantaría tradicional, podemos ver na súa superficie o
que semellan un pequeno conxunto de petroglifos, onde se ve un ancho pero curto
canle rematado nunha coviña, o que fai semellanza cun falo. Dirección o levante a poucos centímetros
se pode ver outra coviña, así como a máis distanza, cara o poñente, de novo outra,
ambas moi ben marcadas.
Descoñecemos se estes petroglifos son contemporáneos
os lagares, ou posiblemente anteriores como os do seu entorno. Tamén súa
función, inda que no lugar nos chega folclore e lendas de fertilidade sobre
eses lagares, como ben nos informa e ten recollido o compañeiro Arístides
Carrera, tendo súa lóxica pola forma de falo dos petroglifos descritos. Mesmo
así, pensamos que tal vez eses ritos e folclore teñan máis que ver co inmediato
e posible antigo santuario do Coto do Mouro, e chegaran a día de hoxe de forma deslocalizada.
No futuro escribiremos sobre ese emprazamento.
No lugar tamén se atopa tallada de forma muito máis
tosca e posterior unha cruz, posiblemente coa función de cristianizar, pois non
nos atopamos nunha zona de lindes.
QUE FUNCIÓN PUIDERON TER, VIÑO OU ACEITE?
Non é doado facer unha hipótese sobre súa función,
pero comecemos co viño. O Val do Condado e do Tea, chega a día de hoxe nosa
tradición vitícola, pois de sobra son coñecidos nosos viños do
Condado.
Non se trata este dun caso illado, pois lagares
rupestres destas características aparecen tamén noutros lugares da terra galega
con tradición e riqueza en produción do viño, como en Monterrei ou no Ribeiro,
vinculados o período romano. Isto o teñen ben investigado Luís Paadin e seu
fillo Alejandro, os cales son autores do libro “Las Piedras que hacían vino”. Nas
súas investigacións mencionan tamén posibles lagares en Valdeorras e na Ribeira
Sacra, os cales algúns poden ir mesmo a Idade de Bronce.
Vendo estes estudos e hipóteses, como mencionabamos
antes, coa nosa tradición vitícola no Condado, poderíase encaixar non só estes
dous lagares de Taboexa, senón tamén o de Guillade (Ponteareas) no lugar da
Encostada.
Este último, se atopa tamén nas cercanias dun
castro, o Castromao, e a pouca distanza, tamén están os restos do mosteiro alto
medieval de Santa Leocadea. Algúns cremos que Guillade pode vir de Villade, e dicir, que antes do mosteiro existise unha vila romana. Como vemos a situación e características son moi similares as de Taboaexa.
Largar da Encostada, Guillade
De ser de viño ambos lagares, súa función sería
moi similar a forma tradicional de prensar, tradición que se perdería no pasado
nas terras do Condado como noutras partes da Galiza.
Pola contra temos outra hipóteses forte, pois non é
moi coñecido, pero tamén o Condado ten pasado reacionado coas oliveiras. E sabido que o sur
das Rías Baixas, ate o tempo dos reis católicos que as mandaron cortar por
comerciar con elas cos ingleses (inimigos dos reis católicos), florecían as
oliveiras, tanto que inda existe o dito de que na cidade de Vigo, atopabase o
maior bosque de oliveiras da península.
No que afecta as terras do Condado, recordar que
temos recollido na Idade Media o toponimo da parroquia de Ulveira, a cal non
sería pequena, pois despois dividiuse en catro parroquias.
Esas catro parroquias son San Lourenzo de Oliveira,
Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira e a desaparecida Santa Cruza de
Oliveira, estando as tres primeiras no concello de Ponteareas e a última en
Salvaterra de Miño. Estas terras de “Oliveira” atópanse moi preto das de Taboexa,
e claramente seu nome deriva de ter abundancia de oliveiras, polo que tampouco
sería de estrañar que tanto estes lagares como o de Guillade, puideran ter un
uso para facer aceite, tan codiciado en tempos antigos como o viño.
Por último, tampouco se pode descartar que foran
utilizados para o uso de macerar sidra, pero esta posibilidade semella ter
menos peso, por ter menos tradición na zona que nos situamos, onde xa en tempos
medievais bebíase viño de forma habitual, o contrario que no norte da terra
galaica, que polo seu clima a propia igrexa elaboraba máis sidra.
POSIBLE CRONOLOXÍA
Non é doado con todo o exposto, e o amplo marco
temporal do lugar situalos sequera nun período. Pola contra, no de Guillade,
pese pensar que pertencería o mosteiro alto medieval de Santa Leocadea, os arqueólogos
que fixeron a ficha de patrimonio, levaron a sorpresa que no interior do lagar
había cerámica galaica, e dicir, do tempo do castro.
Tal vez os propios habitantes dos castros de
Altamira e Castromao foran os autores dos lagares, tal vez e moi probable en
tempos xa romanizados, e dicir baixo a influenza e control de Roma.
A outra hipótese, sumar un par de séculos e irnos os
tempos suevos de Tabulela ou Santa Leocadea, cando menos entre os séculos VI e
IX da nosa era, sendo desta vez explotados as ordes da igrexa cristián
posiblemente. Estas son as dúas hipóteses que nos semellan persoalmente máis
probables, sendo tan respectables e importantes unha como a outra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario