Vista da Serra do Courel dende o Castro da Torre.
A Serra do Courel e o brazo máis o occidente da Cordilleira Cantábrica, así como dos máis antigos. A parte de seu grandísimo valor natural, tamén ten un importante peso seu valor arqueolóxico e xeolóxico. Se pode dicir que xunto súas serras secundarias, dende o río Sil ate os Ancares, forma case un macizo propio.
Seus contrastes de montes que
superan os 1600 metros xunto a profundos vales fluviais que roldan os 300-400,
onde se atopa unha das reserva de flora máis importantes do pais, fan destes
lares un atractivo paraxe onde desfrutar do sendeirismo e montañismo.
A parte da propia Serra do Courel,
destacan outras como a pouco coñecida Serra dos Cabalos, que sigue o trazado da
primeira pola parte oriental, facendo linde coas terras do Bierzo.
Un dos maiores atractivos en montaña
e con dificultade, e o ascenso a Penaboa polo Km Vertical, cun fortísimo
desnivel dende o val do río Lor, do cal xa fixemos publicación aquí.
Dende Penaboa
e seu miradoiro a 1462 metros, pódese acceder por un corte moi abrupto da montaña,
duns 400 metros de caída, a liña da Serra do Courel, e a pouca distanza, dende
A Forcadura (1552 m) se pode ir pola cresta da Muralla o cercan pico Pía
Paxaro, que cos seus 1613 metros, e o segundo máis importante do macizo.
Corte do terreo dende Penaboa, cresta da Muralla e cumio do Pía Paxaro.
Polo lado oriental, o río Soldón
separa o Courel da Serra dos Cabalos, a cal se pode ver con todo seu esplendor
dende a estrada LU P-5004, co seu pico ganchudo do Montouto, destacando en máxima
altura, cos seus 1541 metros. Seguindo esa estrada, nos leva dende Quiroga a
aldea da Seara, a cal nun enclave fermoso en pleno pequeno val do río Selmo, se
pode ver sobre ela os abrupto cumios do Teso das Papoulas (1604 metros) e o rei
do macizo, O Formigueiros, que ten a cota máxima cos seus 1639 metros, o cal se
pode ascender dende esta aldea nunha ruta duns 10 km ida e volta.
Se seguimos a estrada dirección
norte, comeza a coller altura bordeando o Courel dirección a aldea de Visuña. A
cal polo norte linda coa Serra Escrita e o Faro, que no Cotelo do Faro a 1615
ten súa máxima altitude, facendo tamén linde co Bierzo.
Serra dos Cabalos
Panorámica dende A Seara
Pasada Visuña, a estrada volta cara
o oeste, e dicir o val do Lor na altura da coñecida parroquia de Seone do
Courel, atravesando a Serra das Travesas, con montes máis baixos e ondulados,
destacando o miradoiro e restos do castelo de Carbedo (929 m), xusto na fronte
do lendario Monte Cido (948 metros), o cal se pode acceder dende ese punto.
E desta forma rematamos co pequeno
paseo pola Serra do Courel e seu brazo oriental da Serra dos Cabalos, recordar
que este macizo e erosionado, con cumios e campas amplas e onduladas, pero o
mesmo tempo con grande desniveis, cortes de terreo é afiados cumios, polo que
se recomenda precaución, sobre todo en período invernal onda abundan cerradas néboas
e neve, pois recordade que as montañas pese ser fermosas, son salvaxes e insólitas.
Sobre a aldea de Ferreiros de Arriba, vistas cara o norte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario