Sábado, 12 de novembro do 2016
Antigo deus e lugar de culto, despois
vixiante da maior infraestrutura de explotacións mineiras romanas de ouro que
se coñece, monte de mitos e lendas, así e o Teleno, coñecido antigamente como Picu
Tilenus, pois cos seus 2.188 m e o cumio máis alto dos montes galaico-leoneses-portugueses.
Por eses motivos, e polas gañas de
aventura e desligarnos do mundo urban que nos rodea, alá nos imos con muitas
gañas de facer esta mítica montaña das terras do noroeste. Partimos como sempre
as 07:00 da mañá de Ponteareas, esta vez imos os compañeiros Tiago, Nelson e o
Meigo, e dicir eu. O camiño faise longo, case catro horas de carro ata o pobo
de partida, Molinaferrera, entre as terras da Maragateria (Astorga) e A
Cabreira, en León. Dicir que o chegar o pobo, sabiamos tiñamos que facer 2 km
por unha pista de terra ata o punto de partida, e nos enganamos, polo que nos
retrasa uns 40 minutos, pero atopada de novo a ruta chegamos o punto de
partida, deixado atrás a fermosa aldeia de Molinaferrera, e así comezamos o
ascenso as 12:00 pasadas.
A ruta comeza cun ancho camiño ata
unha pequena central eléctrica, logo comeza a subir e as zonas de arborada
baixa van mudando a pradería e vexetación rasa máis de montana. O fondo xa
vemos impoñente o Teleno, co cumio nubrado sobresaíndo sobre outros altos, coa
mesma o camiño se vai estreitando ata converterse nun carreiro cada vez con
máis desnivel. A ruta se desvía do Teleno, pois primeiro temos que subir o Pico
Palo, no cal a metade de subida podemos ver o lonxe unha manada de rebecos, nos
alegra súa visita e sentirnos rodeados de natureza e en silenzo, pero nos
comeza a preocupar que a parte alta do Teleno mude de tempo cada media hora
cunha néboa moi espesa, pero seguimos ascendendo a bo paso cara a cumio do Pico Palo.
Pico Palo
Cunhas vistas incribles a nosas costas
coas terras chans da meseta o fondo, despois de subir por unha ladeira sen
carreiro marcado, máis ben campo a través, chegamos o pequeno cumio do Pico
Palo, a 2.031 m. Na cima ten unha pequena cruz metálica, con outra estrutura de
ferro tombada que aínda a día de hoxe, non sabemos moi ben cal seria súa
función. A temperatura e agradable, o tempo de nubes e claros, dicir que apenas
nos choveu unha choiva fina o comezo da ruta. Pero comeza a facer cada vez máis
vento, levantandose e soprando do norte, o coñecido vento do cantábrico na nosa
terra coa expresión “sopra do norte”, sendo preludio de tempestade.
Agora si o temos con todo seu esplendor,
fronte a nos separado por un cordón sen néboa, o Teleno, a unha distanza duns 2
km, cun pequeno descenso primeiro e logo cunha forte subida. Pero o comezar a
descender polo cordón co cal deixamos atrás o Pico Palo, comeza a soprar ese
vento do norte con forza e vemos como a ambos lados do monte, sube unha espesa néboa
que pouco a pouco invade as ladeiras. O vemos moi claro, a néboa tamén nos
tragara a nos, pero seguiremos ata o cumio, a ilusións e adrenalina nunca se
perden de primeiras.
Comezamos a subida pola inclinada
pendente, e a néboa nos invade, e tal súa espesura que nos cega, pois non nos
deixa ver máis alá de 5 m o noso redor. Tanto que nos desvía do carreiro e nos
metemos nas pedras. Unha
auténtica cascada de pedras, esvaladizas como xeo e abruptas como cráteres,
pegadiños os tres ascendemos solos, a cada alto que chegamos pensamos que o
cumio, pero non e así, e sempre aparece outro como un mostro entre a tenebra. O
vento sopra, pero nos respeta dentro do que cabe, mesmo así esvarar ou estar o
limite de caer faise algo normal, polo que nos damos ánimos de seguido e imos
advertindo con precaución do que nos imos topando, un bo traballo en equipa.
Ata que por fin cunha dor nos pes
polas duras pedras importante, vemos o cumio co seu punto xeodésico e unhas
bandeiriñas o puro estilo Himalaia, isto fai que todas as dores se nos quiten e
a moral volta cargarnos as pilas. Apuntar que coa difícil subida, xa non
estabamos pendentes do cansancio sequera, senón só de seguir subindo e non
esvarar.
No pequeno cumio pedroso, o vento
non nos da tregua e por mor da néboa non se mira paisaxe ningún, só a sensación
de estar nunha pequena cresta de pedra a 2.188 m rodeados dun mar nubes, como
un barco en alta mar, nada máis. Mesmo así a ledicia e tal por chegar a arriba e facer
cima despois dun esforzo tan grande, que todas as hostilidades que nos rodean se
voltan febles, sentimos ese ben estar e sensación de felicidade que nos sae de
dentro cando conseguimos un reto persoal, non se pode describir moi ben esa
sensación, tal vez tamén iso sexa o fermoso deste mundo das montanas, que cada un
interprete a súa maneira esa sensación felicidade e sentimento nun cumio.
Pese o ambente agradable que se
atopaba nosas mentes, o forte vento e cada vez máis frío o puro estilo
ventisca, pronto nos volta a realidade. Debemos xantar canto antes e baixar,
antes de que nos colla de verdade o frío. No cumio há feito con pedras, similar
a vivenda dun castro, un corta-ventos onde comemos. A sensación térmica o
sentarnos e perder calor cae, sentimos muito frío sobre todo nas mans e pes,
temos que descender canto antes. Como anécdota dicir que no pequeno refuxio
corta-ventos, vimos un rato de campo que alí moraba e sacaba a cabeza de cando
en vez, sorprendente e mai natureza, que no lugar menos pensado se poida atopar
vida roedora a máis de 2000 metros.
Antes de descender, como non, deixo
na cima un desexo persoal e outro de meu pai nun papel, cando menos, se en
tempos remotos Tilenus foi un deus con devoción, o recordar o traballo,
sacrificio e dureza que foi chegar arriba, nos dea forzas para seguir loitando
polos nosos soños. Atrás deixamos o cumio e baixamos por un carreiro, pero nos
sorprende o que empeorou o tempo, a parte da néboa espesa, o vento convertido
en ventisca conxelada e moi forte, nos da na cara e custa avanzar pese ser
costa abaixo, agora si sentimos o verdadeiro frío por todo o corpo.
A situación vai a pior, e decidimos
parar xunto a risco que corta o vento, rodeados dunha caída da cal non se ve o
fin, pois nos damos conta que nos perdemos da ruta subida, non se ve absolutamente
nada, voltamos a meternos nas esbaladizas e duras pedras, a parte de que temos
que cargarnos de roupa para poder vencer o frío vento. Grazas a que como sempre
o compañeiro Nelson precavido, foi marcando a ruta na aplicación para o
telemobil endomondo, así podemos ver onde nos atopamos e por onde subimos.
Arrancamos con novas forzas, máis preparados e orientados, e o descenso
mellora.
Agora máis centrados e axudándonos,
e pensando e traballando en equipo máis para orientarnos, atopamos o sendeiro
de baixada e pouco a pouco, a medida que baixamos o vento vai facéndose máis
suave e a néboa menos cargada. Chegamos o cordón que nos une co Pico Palo, e
súa suave subida que nos ven moi ben para entrar en calor. No cumio do Pico
Palo de novo, a situación e muito millor e climatoloxía máis agradable, a néboa
non escampou de todo, pero o vento xa é unha pequena brisa. Paramos un pouco,
contemplamos por última vez, polo menos por un tempo, o Teleno mentras
comentamos o difícil que foi súa ascensión e pior aínda, o seu descenso, e o
rápido que muda o clima na montana, o rápido que pode mudar ata a vida nunha
situación así, e de tantos que pereceron pola indomable mai natureza.
Baixando xa con tranquilidade e fora
de perigos serios, o baixar máis ou menos dos 1.800 metros a néboa xa vai
desaparecendo por tramos. Xa imos con calma parándonos máis e observando o
fermoso entorno que nos rodea, pois imos moi ben de tempo, o non poder estar
muito no cumio e facer apurados o descenso, agora temos tempo para disfrutar da
montana e paisaxe que volta a verse o noso redor.
Imos atravesando os cómodas praderías,
o sendeiro se ensancha e nos sorprende ver unha bandada de perdices, as cales
saen voando e “zumbando” tan forme decatan nosa presenza. Entorno as 18:00
chegamos o carro, e en total, 5 horas e 38 segundos andados, 1128 metros
subidos e 1106 baixados, a unha velocidade medía 2,88 km por hora, e 14,41 km
realizados.
Así remata nosa aventura no Teleno,
a cal pese ter seus contratempos como a vida mesma, nos segue a namorando e
crece nosa afección e cariño a montana, pero sempre co seu debido respecto,
tanto o seu medio natural como a perigos que poida esconder. Nos vemos
proximamente subindo novos picos e montanas, un saúdo dos que vivimos esta
aventura, por 1000 montanas máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario