miércoles, 28 de diciembre de 2016

Altar solar e antas de Alperiz, Lalín

Aproveitando a data da antiga divinizade “Sol Invictus” ou Sol Renacido, o 25 de decembro, solsticio de inverno, día sagrado por o emperador romano Aureliano, me desprazo a un dos altares solares a divindades ancestrais galaicas. Nos situamos en terras do interior da terra galaica, máis detalladamente na aldeia de Alperiz, na parroquia de Parada, concello de Lalín. Nos redores desta aldeia que ten unha capela adicada a San Pedro, dirección norte atópanse dúas antas ou dolmens en dúas pequenas Lombas. Unha delas, chamémoslle a “anta principal de Alperiz” a parte do monumento funerario megalítico, posteriormente segundo parece foi un altar adicado a principal divinizade solar, que non sería máis que o propio sol que en tempos posteriores, xa máis na época castrexa sería representado polo deus supremo Lugh, que tan rica toponimia nos deixou na terra galaica.


Pero millor vaiamos por partes, primero analicemos por enriba y ver que hipoteses saen da primeira anta principal onde se atopa o altar, e despois nos encargaremos da segunda, que conserva decoración moi importante nas súas pedras, e por último no lugar onde se atopa e entorno.

ALTAR DO SOL

Con ese nome chamaban os veciños de Alperiz dende tempos antigos o lugar onde se empraza esta anta, no medio dun prado verde. Xa un paisano meu de Ponteareas que en muita paz descanse, escribira en 1953 “o coñecido polos veciños de Alpariz como altar do sol”, como non ese gran mestre e investigador non era outro que Fermín Bouza Brey.

Como vedes na foto tratase dunha anta ou dolmen máis o descuberto, e dicir un monumento megalítico funerario que pode ter unha antiguedade que vai dos 6000 os 4000 anos, pero neste caso e algo máis que iso. A anta conserva restos de decoración de cor vermella, logo varias talladuras, unha en forma de lagar pero en horizontal na pedra que fixeron o altar, que dubido que fora tallado na anta orixinal, si que non poño en dubida que o os restos de pintura vermella si fosen orixinais.

Destaca nesa pedra principal estar rota en forma de altar na parte superior, claramente orientada a posta de sol a terra do occidente, o océano e lugar de posta, pero nisto entraremos máis adiante. No meu punto de vista amateur e hipotético, sabendo que as mámoas e antas durante e despois de ser construídas, eran lugares de culto, este altar cunha clara orientación ritual o deus supremo solar na súa posta de sol, fora feito en tempos posteriores o uso da mámoa, de aí que romperan a pedra, que posiblemente sobresaíse na superficie, para facer o altar para rituais.

POSIBLES RITUAIS
O estudo dos posibles rituais, foi o que me levou a visitar o lugar no pleno día do solsticio de inverno, o 25 de decembro, o día se Sol Invictus. Ante a falta de saber que restos materiais como cerámicas atoparon os arqueólogos no lugar, quería ver os diferentes efectos solares segundo o calendario e así poder aproximar unha época de ritualismos no lugar.

O ver que o altar a simple vista parece que foi cortado e modificado en algún período posterior a anta, e utilizado con ese fin para unha divindade solar, me recordou como non a Sol Invictus ou Sol Renacido en tempo do período romano, recordar que o emperador Aureliano “o soldado-emperador”, no século III d.C inda nunha Roma precristián, polo seu carácter guerreiro fortaleceu o culto relixioso o deus “Sol”, pondo súa festividade principal o día que “renace”, e dicir no calendario o día a partir de que os días voltan a crecer e ser máis longos no inverno, falamos do solsticio ancestral de inverno. Iso fixo que os rituais e cultos o sol nese período aumentasen no imperio a partir dese momento. O que non sabia Aureliano e sen querer, e que estaba fortalecendo o culto e crenza nun só deus supremo, que ben logo aproveitarían os cristiáns para seu monoteísmo, copiando a figura de “Sol Invictus” e súa data de 25 de decembro, por Xesus ou Cristo. Voltando o noso, sabendo isto, cheguei a pensar que en Alperiz se puideran practicar ritos no altar o Sol Invictos no solsticio de inverno, modificando a propia pedra sagrada da anta a un altar, pero parece que non, o sol no solsticio de inverno non se pon sobre o altar alienado, senón polo seu lado sur-oeste, polo que esta teoría persoal perde forza.

Pero si pode ser que cadre nun tipo de ritual anterior e máis estendido na terra galaica, e moi moi antigo, o culto o deus supremo Sol na súa posta, sobre todo nos solsticios e equinocios, tendo súa gran festividade no solsticio de verán, no actual día do San Xoán. No lugar vendo a orientación do altar co sol, puiden ver que o sol pondriase sobre el cando crecese o seu máximo estado, e dicir no solsticio de verán, descartando o de inverno. Isto me recordou o efecto solar no solsticio de verán sobre dúas mámoas que estudei en Mondariz, as da Armada. No caso das da Armada, o sol no solsticio estival ponse xusto no medio das dúas facendo un efecto solar visual entre ambas, o que parece ademais pola tradición e folclore do lugar que fora un antigo lugar de culto tamén.

A parte disto, se tedes seguido meus vídeos e publicacións veredes as continuas visitas a lugares de cultos ancestrais a posta de sol, santuarios como Rodas ou a Picaraña, ou pequenos altares rupestres con simples coviñas e desaugues en cumios de emblemáticos de montes galegos orientados a posta solar e terra de occidente, como Cabeza de Manzaneda, Faro de Avión, O Galleiro...

Isto me di, hipoteticamente que pode ser unha evolución o culto o Sol caínte, que xa se realizaba en tempo das mámoas e proseguiu ate tempos castrexos con cultos en antigos lugares sagrados, como cumios dos montes ou antigos monumentos dos tamén caíntes “mortos”. Isto podería dar pe que co paso dos séculos foran tallando a pedra ata facer un pequeno altar, de seguro utilizado para o que pode parecer pequenos sacrificios ou derramamentos de líquidos (libacións), costume que continuou dende tempos megalíticos. Todo isto e un pequeno estudo persoal hipotético.

ANTA CON DECORACION

Xusto no cruce de estradas xunto o altar, se atopa a outra anta. Esta foi moi danada pola estrada e acceso a Alperiz, sendo rachada. Tan só se conservan catro pedras principais da cámara do monumento funerario, e todas rachadas sen ser a principal. Pero nesta destaca a gran riqueza de decoración que conserva.
Tratase dunha decoración moi típica en estes monumentos megalíticos na cornixa atlántica, liñas paralelas en forma de zig zag, con restos de pinturas vermellas. Non e doado que se conserven tan ben estas decoracións na nosa terra galaica debido sobre todo as humidades e solos acidosos.
Vendo esta decoración tan clara, me recordou a da anta das Antelas, no centro de Portugal, onde aparecen case os mesmos zig zag con cores vermellas, pero ademais aparece, que non ben sendo éstrano en este tipo de decoracións, a figura do heroe ou guerreiro, ou mesmo chaman, que de seguro son as representacións antepasadas das estelas pétreas posteriores a ídolos e heroes. Non sabemos se nesta anta de Altariz tamén tivo no seu pasado esa figura, pero si conserva a perfección as características liñas. Dicir que na do altar, tamén se distinguía moi ben a antiga decoración en cor vermella.

ALPERIZ

Esta pequena aldea duns 50 habitantes actualmente, moi arraigada a gandería, pertence a parroquia de Parada, situada nas terras do noreste de Lalín, dirección o veciño concello da Agorada.

Seu nome parece que deriva claramente dunha raíz xermana, co remate –RIZ, como Mondariz, 
Allariz ou ben Guitiriz, o que decanta a antiguedade do lugar. Chamoume a atención nos seus redores máis nomes de aldeias que tamén poden ter raíz xermana, como Gurgueiro ou Axiaz. Recordar que en tempo dos xermanos Suevos, durante o reino da Gallaecia foi a primeira gran represión cristian contra o mundo pagán, e tal vez tamén puido ser contra o antigo Altar o Sol.

No núcleo conservase unha capela-igrexa do século XIII, polo que nos comezos da baixa idade media, o núcleo xa estaba ben asentado. 

UBICACIÓN

Moi doado, collendo en Lalín a nacional N-640 dirección Lalín-Agolada, a metade de camiño nun crce a dereita xa nos indica Parada-Alperiz. Seguir esa estrada ata o cruce coa aldea de Alperiz, xusto no cruce, están as antas e altar, como referencia há unha granxa de porcos no seu entorno.

VIDEO RELACIONADO DAS MAMOAS DA ARMADA EN MONDARIZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario