Percorremos nesta nova viaxe e sección en coche,
unha ruta moi pintoresca e chea de patrimonio milenario. Arrancamos da cidade
de Monforte, collendo a estrada LU-903, dirección castro Caldelas.
Pouco a pouco a paisaxe da chaira de Lemos vai
mudando por unha máis abrupta, pois nos achegamos os Canóns do Sil. Pasando a
parroquia de Eirexe, no alto da Xesteda, vemos unha sinal que nos indica a
esquerda “MIRADOIRO DO DUQUE”, polo cal nos desviamos camiño da aldea de Vilar
de Mouros. Esta estrada atopase en mal estado, muito buratos, polo que compre
ir de vagar, máis adiante veremos outro desvío, o cal debe collerse e nos leva
directos a área recreativa do miradoiro.
Dende este lugar, recentemente acondicionado,
podemos desfrutar dunhas das máis fermosas vistas do Canón do Sil. Na abrupta
paisaxe, vemos no noso entorno, na nosa ribeira, parte dos viñedos de doado en
caída libre o río, da famosa denominación Ribeira Sacra. Fronte a nos, na outra
ribeira, vemos as terras de Caldelas coa propia vila no alto, a cal no fondo
como horizonte, corta a liña da terra co ceo o monte de Cabeza de Manzaneda.
Baixo nos, temos o embarcadoiro de Doade, lugar onde
se colle uns dos famosos “catamaráns” que navegan polos canóns do Sil ateigados
de turistas.
Cruzamos o río pola pequena ponte e nos atopamos
agora en terras ourensáns de Castro Caldelas, comezando a ascender a pequena
serpentiforme estrada chea de curvas.
As primeiras parroquias que aparecen no primeiro
altiplán ou varcia, son moi interesantes, as parroquias de A ABELEDA e ALAIS. A
primeira, tivo un importantísimo mosteiro medieval, dos máis importantes da
provincia no seu tempo, contan que seu abade era como un pequeno bispo. Posuíu
grandes posesións ate que no 1872, o duque de Alba fíxose dona delas. A día de
hoxe conserva o amplo templo románico pero en estado ruinoso.
A parroquia de Alais, emprazase nun balcón natural sobre
o Sil. E moi curioso a posible citación deste lugar no “cronicón de Idacio da
Lima” no século V, en pleno reino suevo. Segundo Fr. Martín Sarmiento, este é o
antigo concello de Alais que o narrador e bispo da Gallaecia conta esta incrible
feito:
No
río Miño (Sil) a unhas cinco millas do concello de Alais, apareceron catro
peixes de figura xamais vistas, con sinais consistentes en letras gregas e
hebreas, e números romanos.
Este é un dos famosos textos onde o bispo Idacio,
daba supostos agoiros de desgrazas que se aveciñaban.
Seguimos ascendendo ate o final da OU-903, na
coñecida vila de CASTRO CALDELAS. Sitiada na antiga vía e calzada romana XVIII,
que ía de Braga a Astorga, pode ter a hipótese que fose a mansión Praesidium.
Aparece por primeira vez na historia escrita cos reis galegos Fernando II e
Alfonso IX, este último en galego concedendo un foro o burgo medieval. O rei
Alfonso XI e quen concede a vila e castelo os poderosos condes de Lemos.
Os Irmandiños destruíron parte da fortificación,
pero foron logo os veciños obrigados a reconstruíla con grandes cargas fiscais
sobre eles, das cales foron ceibados por o rei Carlos I no ano 1534.
Na guerra de Independencia, o xeral francés Loisón
prende lume a vila, o parecer pola represalia de que gandeiros da zona, matara
un batallón francés que fuxía das tropas do Marques de Romana. E por esta causa
que aparece no escudo da vila unhas labaradas. Un persoeiro famoso desta vila,
e O Irrio, un personaxe máscarado
similar o peliqueiro típico do entroido, con súa mesma sátira e trasnadas, pero
que pola contra sae no mes de setembro coa festa da virxe dos Remedios.
Agora collemos a OU 536 dirección a Pobra de Trives,
estrada que no pasado era a vía romana XVIII e posteriormente foi camiño real e
nacional. Envoltos nunha paisaxe máis montañosa, comezamos a subir o porto de
montaña do ALTO DE CERDEIRA. Este antigo paso a 935 m de altitude, xa existía
na vía romana, e proba delo eran os catro miliarios
viarios que aquí se atopaban fincados, os cales foron movidos por motivos políticos
e non éticos (como sempre) a área de descanso de Guístolas, que se atopa máis
abaixo os pes da estrada.
Foto antiga cos miliarios inda en situ no Alto da Cerdeira.
O fondo, Cabeza de Manzaneda.
Dous destes miliarios teñen inscricións ben
conservadas, un dedicado o emperador Constantino Augusto, e o outro a Flavio
Claudio Juliano, sendo neste caso a única dedicación a este emperador no estado.
Descendemos pola estrada cara o río Navea, e a moi
pouca distanza a dereita vemos unha desviación para PONTE NAVEA pola estrada
vella. Nos metemos nesta, que esta de forma regular conservada e moi cuberta
pola vexetación, e nos leva a un miradoiro sobre a antiga aldea e ponte abandonada
de Ponte Navea, pero do cal practicamente non se ve nada polo crecemento das
árbores. Isto fai que a millor opción, sexa baixar por un profundo e xeitoso
camiño ate a propia aldea, uns 300/400 metros de percorrido.
Entre o silenzo humano das estruturas abandonadas, e
o son de fondo do río Navea que baixa de terras de Chandrexa e os pequenos
paxaros cantando, impón ver a antiga ponte de orixe romana, a cal foi reconstruída
en período medieval, co seu grande arco apuntalado sobre río e vexetación.
Preto desta, atopouse outro miliario romano dedicado o emperador Vespiano do
ano 80 d.C, xustamente na mesma data do remate da calzada romana XVIII.
Xusto o pasar a ponte, nos atopamos coa capela da
Encarnación, destacando na súa portada unha Cruz de Malta, evidencia de que no
pasado pertenceu a Orde militar dos cabaleiros de San Xoán de Xerusalén, tamén
coñecida como Orde de Malta, os cales contan que protexían os peregrinos que
por aquí pasaban camiño de Compostela. Tamén há quen di que no seu orixe foi un
antigo templo romano viario.
O resto da aldea atopase en ruínas e moi marxinada,
case todas as casas conservan balcóns de madeira, tan típicos do rural da
montaña galega.
E neste fermoso paraxe, pero demasiado esquecido
polas administracións, rematamos a ruta. Esperamos que vos goste, pois
percorremos nosa meiga Terra de diferentes maneiras para admirala e mostrala,
neste caso en coche, o que a fai moi asumible para todos os públicos.
Unha boa excursión.
ResponderEliminar