A parroquia de Pazos de Arenteiro asentase nun
profundo val, xusto onde o río Arenteiro da súas augas o Avia, no concello de
Bodorás (Ourense).
O seu núcleo, é un pequeno casco vello histórico que
semella máis dunha vila que dunha parroquia, súa riqueza e tal, que no ano 1973
foi declarada Conxunto Histórico Artístico.
Segundo o Catastro do Marques da Enseada, foi unha
parroquia moi rica e poboada, o que da evidencia seu grande numero de pazos e
casas grandes no conxunto histórico, ate nove, que deulle o propio a parroquia.
A súa igrexa abdicada a San Salvador, foi parte dun
antigo mosteiro medieval propiedade ate o século XIX da Orde Militar de Malta. O
redor da igrexa, atópanse algúns dos principais pazos, como o Pazo de Arriba,
que pertenceu o liñaxe dos Cervela, cun impoñente escudo na fachada. Dende aquí
parten as estreitas rúas e pequenas prazas.
Nos seus redores, na ribeira do río Avia, non faltan
os muíños, pero o que máis destaca os restos dunha antiga ponte medieval,
conservando un enorme arco en pe sobre o río.
Por último recordar a importanza de conservar os
nosos conxuntos vellos e históricos, tanto nas cidades, vilas ou como neste
caso no rural, pois un dos beneficios a parte do fermoso e a riqueza que gardan,
e que a día de hoxe como neste caso, poidan vivir do turismo san e rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario