Comezar dicindo que era un cumio o
cal, eu persoalmente tiña muitas gañas, pois familia miña vive nesas terras de
Laciana (León) e me falaban desta montaña, polo que por fin puiden desfrutalo e
vivilo en primeira persoa, magoa que non me puideran acompañar.
O Cornón cos seus 2188 metros,
tratase do maior cumio das escarpadas montañas da Laciana, dentro da parte
occidental da Cordilleira Cantábrica.
Partimos nesta aventura dende a
localidade de Lumajo/LLumaxo, no municipio de Villablino, onde esta sinalizado
seu ascenso, cunha distanza total duns 16 km. Dicir que pese a falta de choiva
e neve, polo intenso frío este pico atopábase inda con bastante neve, e máis,
con esta practicamente conxelada, polo que sen crampóns seu ascenso sería muito
máis complicado e perigoso.
Arrancamos e primeiro cruzamos o
alto Valle de la Mozarra, con vistas fermosas cara o Muxivén (2027 m), unha
mole de pedra e neve que a medida que nos aproximamos a el, semalla crecer.
Muxivén
Comezo da ruta dende Llumaxo/Lumajo
Despois chegamos o fermoso refuxio
de Las Brañas Viejas de Navariego, moi acondicionado e acolledor. Seguimos
ascendendo e a ruta nos fai pasar entre os picos de La Regada (1954 m) e o
Aspía (1972 m), os cales tamén teñen forma de cornos moi escarpados.
Refuxío de Las Brañas Viejas de Navariego
Pico La Regada
Chegamos así o Collado de los Picos
(1848 m), onde temos unha panorámica espectacular do Cornón e seu pequeno
macizo ate o Pena Furada (1928 m). Dende aquí xa abunda os neveiros, coa neve
xeada e dura que case nin marca a pegada.
O fondo o Cornón e seu entorno.
E neste tramo, nunha pequena subida
dun neveiro, onde podemos ver as fermosiñas pegadas dun oso pardo, e no meu
caso en dous meses, xa van dúas coas do pasado mes de decembro no Pena Rubia
(Ancares).
Pegadas de oso.
Seguindo o ascenso, antes nos atopase
o tramo tal vez máis complicado da ruta, a subida dunha longa canaleta ou
canalón cuberta pola neve e xeo, moi esvaradiza, polo que para non expoñernos a
un compromiso, poñemos nosos crampóns e comezamos seu ascenso, escoitando no
contacto das puntas de ferro co xeo, un son como se estiveramos pisando
cristais. No final desta, chegamos a unha portilla a cal nos mostra as
primeiras incribles panorámicas e vistas do entorno, nos atopamos a 2063
metros, e xa se mostra o Macizo das Ubiñas o este, pasando por Peña Ortiz, pero
cara o norte, o cantábrico como soe pasar, nos contempla totalmente nubroso,
polo que só observamos parte dos belos vales de Somido e Narcea, xa en terra
Astúr.
Ascenso pola caneleta ou canalón.
Vista dende a portilla cara o Macizo das Ubiñas.
Agora xa só queda o último ataque a
cumio, o cal é o que maior desnivel ten, moi escarpado, entre pequenos neveiros
e senda pouco visible pedregosa, que nos deixa no cumio, cumio que facía
escasos 20 minuto mirabamos dous montañeiros que subiran pola vertente ástur.
Así chegamos o solitario e pequeno
cumio do Cornón, cun vento polar pero que non nubra a incrible fermosa panorámica
nun día de xaneiro soleado e fermoso. Dende Trevinca ate Os Ancares, do Teleno
os Aquilanos pasando polo Gistredo e Serra de Degaña, as serras ástures dende a
Serratina ou Somiedo, ate as Ubiñas e o fondo destas, lonxe como fantasmas
aparecidos nun mar de bruma, sacan cabeza os maiores picos de Picos de Europa.
Tamén podemos ver fermosos e profundos vales como o de Sosas ou o do Puerto de
Somiedo, un mundo os nosos pes.
Cumio do Cornón
Vista cara Degaña e Leitariegos.
Vista cara o Muxivén e Babia.
Vista cara Somiedo e as Ubiñas e Fontáns
Valle de Las Sosas e o fondo o Gistredo.
O descenso o facemos con coidado, cruzándonos
na baixada cun veterán montañeiro coruñés que
subía en solitario dende o Puerto de Somiedo. E desta maneira remata
esta pequena pero intensa aventura invernal, a cal inda nos mostra pese a falta
de precipitacións, unha cordilleira que se resiste a perder seu manto branco,
conservando así súa rudeza, fortaleza e beleza en estado puro.
Xaneiro de 2019, Montañeiros Malucos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario