Carta de dimisión da presidencia da Aso. Patrimonial
e Cultural Val do Tea.
Ponteareas, 12 de marzo do 2020.
Os señores membros da directiva da asociación.
Estimados compañeiros:
Todo ten un comezo e un fin, e este chegou, pero
lamento é que non fora antes. A base de toda democracia perfecta, é o
asemblearismo, acción onde tod@s os individuos teñen voz e voto propio e se fai
o que a maioría decida despois de escoitar a aquel que wuixo dar súa opinión, e
se de algo carece esta asociación, e de asemblearismo.
Toda asociación que se considere como tal, ten que
ter independenza e ser soberana de súa asemblea, non unha sucursal dunha
entidade maior, ter súa voz propia, accións propias, cousa que este colectivo roubáronlle
Miña persoa, ten un curriculum neste campo impoluto a nivel galego, sempre fun
fiel e devoto do asemblearismo, indo en contra das accións persoais en nome dun
colectivo, muitas delas máis alá das leis que poden danar a propia asociación e
a imaxe de seus membros directivos. Din muitas oportunidades, pero nunca quixen
ser un presidente títere, que se entera de acto desta asociación pola prensa, e
muito menos que se presenten escusas onde directamente se rían de min. Por
estes motivos e entre outros, presento miña dimisión como presidente, membro e
socio desta asociación, a cal algúns xa alcuman a “sucursal”.
O meu nome sempre será sinónimo de defensa da nosa
cultura, historia e patrimonio ala onde me leve o destino. Isto non é un paso
atrás, isto é saltar unha pedra no camiño, pedra que infecta os camiños para
gañar votos e disfrazar de hipocrisía a realidade de noso marxinado, esquecido
e desamparado patrimonio local.
Sen máis, un atento saúdo de Jhonathan Zúñiga Puga,
alias O Meigo do Tea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario