Comezar esta entrada dicindo, que o
posible re-descubrimento destes petroglifos, foi algo totalmente casual, pois
fai anos no pasado, si tentara buscalos e non atopara nada, pero desta vez
parece que a simple sorte estivo comigo, pero quen o intenta e non desespera,
sempre terá súa recompensa.
O que máis me chamou a atención, e
que se atopen en pedras situadas no propio merendeiro de Chan das Carballas, o
máis coñecido e transitado. Non sei se mirei eu esas dúas pedras,ou elas a min,
o certo é que foi casual que fora xustamente a primeira a ollar por ollar e
rapidamente identificara case a primeira tres coviñas.
Nesta primeira pedra, esas tres
coviñas son moi claras e definidas, logo pode ser que existan outras menos
marcadas, pois a pedra atopase moi gastada.
Na outra pedra, inda máis gastada e
erosionada, foi onde me chamou despois da primeira para ir ollala, o que non
contaba e que semella polo menos ter unha dezaseis coviñas moi gastadas sobre a
superficie da laxe granítica, e ate algunhas que puideron estar unidas por canles. A pedra ten unha orientación cara o oeste, polo
que na caída do sol, pódese ver a perfección marcados os surcos.
Inda e moi cedo para sacar
conclusións, pero semellan moi antigos e estar vinculados a rituais a caída do
sol, recordando que a Picaraña e un monte moi místico e espiritual, así como enerxético.
Súa romaría cristianizada, pero sen ter ningún santo atribuído, inda se fai o 1
de maio, día propio da festividade celta do Beltaine, onde se subía os montes
para festexar a chegada do verán.
Por último antes de mostrar o vídeo
resumo, dicir que nas outras pedras dos redores, en principios non atopouse
nada, pero todas, incluídas a das coviñas, atópanse en estado erosionado,
gastadas e afectadas en pequena medida por cantaría tradicional antiga, pois
recordar que atopanse entre dous castros e un posterior castelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario