Terra Galaica, ano 137 a.C, Terras de Bastos.
Relato
baseado na lenda do Basto, nas terras de Bastos.
Coa recente derrota da batalla do Río Douro contra
Roma, onde nela caeran grandes guerreiros galaicos como o Kadroloico, un
pequeno grupo da tribo dos Querquenos intenta fuxir co seu príncipe ferido,
perseguidos por unha centuria romana.
A luita fora encarnizada, unha masacre pola mala
estratexia dos galaicos ante os implacables escudos das aguias de bronce
(romanos), mesmo así a grande maioría dos galaicos, polo seu orgullo guerreiro,
preferiron a morte a fuxir ou ser escravos.
Pola súa parte, a tribo dos Querquenos, levaban como
caudillo seu recen nomeado xoven príncipe, o cal foi nomeado despois dunha
grande guerra civil tribal. Luitou pese a súa xuventude como un touro, até que
caeu ferido por arma romana, entón seus homes sen que el quixese, decidiron
sacalo do campo de batalla e levalo a Querquenia para non sufrir outra guerra
interna entre eles, e centrarse no novo mal que aveciñábase polo sur.
Foron cinco dos seus millores guerreiros, os
encargados de levalo as súas terras, o resto decidiron luitar ate o fin como os
miles de galaicos alí finados, a morte semellaba un mal menor. Pero un
centurión romano, viu como estes abandonaban o campo de batalla, vendo que tratábase
dun caudillo, polo que decidiu co permiso de Decimo Bruto seguilos e
capturalos.
Os Querquenos, co seu líder nunha padiola de
madeira, sabendo que uns oitenta lexionarios o perseguían de preto, coñecedores
do terreo, decidiron meterse por camiños difíciles e angostos, así tres
xornadas case sen parar. Ata que as aguias de bronce reduciron a distanza
notablemente, tanto que ate podían escoitar súas voces.
Foi entón cando o guerreiro coñecido como Antrolo o
Oso, no paso dun pequeno río, que consistía nunhas poldras ou pasos de pedra e
uns tablóns de madeira estreitos, onde só se podía pasar de un en un, separarse
de seus compañeiros e facerlles fronte os oitenta lexionarios el só.
Antolo non era un guerreiro calquera, era maduro e case
tan grande como dous homes, forte e duro, no seu ritual de iniciación fora quen
de cazar un oso só polos seus medios, era tal vez o guerreiro máis forte e
temido de toda a Querquenia. Moi devoto de seu caudillo que sempre lealmente
axudara, e da súa tribo, comprendeu que non había máis gloria como guerreiro que
aquel sacrificio ante un inimigo tan forte, non temía a morte, e tal vez toda
súa vida estaba esperando aquel momento.
Quitouse toda a súa roupa, deixando só súa vella
capa de oso sobre seus ombreiros e seu cinto coa espada de antenas, fixo un
corte no brazo e coa súa sangue manchou seu rostro, implorando a seu deus
Bândua para que estivera presente en aquel momento, e situouse no centro da
ponte coa súa caetra e lanza. Os romanos o outro lado, co seu centurión
observaban o que para eles semellaba un bárbaro tolo, no momento que Ambolo
lanzou un fortísimo berro que os estremeceu para retalos.
O centurión chamou a seu millor lexionario, un tal Quintus Marius, e díxolle, acaba con el. O lexionario, grande con
bo porte, acercouse o Querqueno, pisou os tablóns naquel estreito paso, e
lanzoulle dous lanzazos, os cales o Oso
parou con súa caetra, era moi rápido pese seu tamaño. O terceiro foi rexeitado
con muita forza o tempo que Ambolo lanzaba unha lanzada e cravaba súa lanza no
ventre do lexionario, o cal soltou un lamento, soltou súas armas e agarrou o
pau la lanza coas dúas mans, comezando a saír unha sangue vermella escura pola
ferida que se deslizaba pola lanza.
Ambolo, cunha grande bravura e adrenalina,
colleu a lanza coas dúas mans e comezou a berrar, o tanto que a levantaba no ar
co lexionario cravado, mesmo así este, este aguantaba a dor e lamento en
silenzo, ante a mirada aterradora de seus compañeiros.
O centurión romano estremeceuse, o tempo que Ambolo
tiraba súa lanza con Quintus Marius cravado e berraba nunha fala que les non
podían entender; aquí basto eu! Aquí basto
eu!.
Entón mandou a dez de seus homes que o atacasen,
sacando o Querqueno súa espada do cinto, pero o chegar o estreito paso, o tiñan
que facer de un en un, os cales con muita violenza e forza eran derribados entre
berros e maldicións. As feridas parecía que non facían dor en aquel xigante,
polo que ningún lexionario quería acercarse a el, pese que seu centurión
berraba que cargasen.
Entón este comprendeu, vendo que seus homes non querían
combatelo corpo a corpo, xunto a tres cadáveres tirados nas frías augas do bravo
río e varios feridos, matalo dende a distanza. Ordenou a dez lanzadores de xavelinas
e dez arqueiros que a súa orde lanzaran sobre aquel oso seus proxectís, o cal
Ambolo vendo esa covardía tapouse con súa pequena caetra.
Muito foi o dano que fixeron e tan grande corpo,
sentiuse atravesado por tantos sitios que nin sabía onde realmente o ferirán,
mesmo así, contra todo prognostico que obedecen as leis deste mundo, coas súas
últimas forzas, voltouse levantar totalmente cheo de sangue para berrar por
última vez, ante as sorprendidas aguias de bronce, aquí basto eu!!
De novo o centurión estremecéuselle todo o corpo, e
moi alterado voltou mandar unha carga de frechas e xavelinas sobre Ambolo, que
sentiu caer seu pesado corpo nas augas, nun grande silenzo o invadía, vendo por última vez
aquel ceo gris que o vira nacer facía varias décadas atrás.
Unha vez morto, o centurión mandou cortarlle a cabeza
e colgala naquel paso no río como advertencia, pasando a chamarse aquel lugar
como Cabeceiras de Basto. Decidiu non seguir na persecución dos Querquenos e
regresou xunto o groso do exercito nas ribeiras do Douro.
Os habitantes do lugar, tempo despois tallaron unha
grande estatua en pedra de Ambolo, para que seu espírito, forza e valor gardase
seus poboados, o cal pasaría a chamarse O
Basto, e súa lenda a eternidade como o guerreiro
que bastou só.
No hay comentarios:
Publicar un comentario