sábado, 2 de junio de 2018

Sendeiro de Laxe a Lagoa de Traba (PR-G 114)

As veces a mar e sinónimo de paz e tranquilidade, inda que en certos lares como este leve fama de brava e salvaxe. Mesmo así, nesta ruta, será a protagonista cos seus belísimos paisaxes e recunchos inhóspitos lonxanos do estresante mundo. Tratase do sendeiro PR-G 114, que vai dende a vila mariñeira de Laxe ate a Lagoa de Traba, pasando pola fermosa praia de Soesto e alto do Castrillón, unha fermosa ruta de case 17 km tranquilos lineais ida e volta, coa mar sempre a un lado e seu son de fondo. A duración parando a xantar son 4 horas e media máis menos.
Arrancamos este roteiro e aventura dende a igrexa de Laxe o lado do Paseo Maritimo, onde se ve no alto a capela de Santa Rosa. Son varias ramas que saen das rúas da vila que se van unindo en ascensión doada ate dita capela, onde se pode ver unhas fermosas vistas sobre Laxe e seus arredores. Dende aquí, a ruta esta perfectamente sinalizada e continuamos cara a praia de Soesto pasando polo impoñente Peñon, onde no pasado houbo un antigo castro galaico.
Co impoñente Peñón a esquerda, avistamos a impresionante praia de Soesto na nova vertente que se nos abre, un fermoso areal que forma unha pequena bahía rodeado de montes, lonxe de núcleos de poboación. Descendemos a praia e podemos ver algúns surfistas na auga, que sortean as bravas ondas da mar en pleno mes de maio. Cruzamos un pequeno tramo de area para logo chegar a unhas pasarelas de madeira, que nos fan bordear o monte Castrillón que xunto o Peñón semellan vixiar a praia. 
Pasada Soesto, chagamos o extremo de súa enseada, a Punta Catasol, onde seguimos a liña da costa por un pequeno carreiro con fermosas vistas a pequenos illotes e calas como a de Arnado, bordeando o monte Castrillón. O final deste tramo, adentrámonos nun pequeno piñeiral antes de facer un pequeno descenso a praia e Lagoa de Traba. Dicir que nese piñeiral, chamado A Atalaia, há un pequeno merendeiro a sombra moi xeitoso para almorzar ou xantar, o cal chamase Campo de Almozarro.


 O baixar do merendeiro, chegamos as inmediacións das casas do lugar de Boaño, pertencente a parroquia de Traba, pero tamén xa estamos os pes das dunas do areal da praia de Traba. Seguimos unha pequena estrada cara a praia, onde a ruta se desvia por unha pasarela de madeira entre os areais e o pequeno rego do Val. Seguimos a pasarela ate atoparnos no interior dos areais, onde se atopa a final da ruta, a Lagoa de Traba. Nesta temos un pequeno observatorio de madeira onde puidemos ver grande variedade de aves, como gaivotas, cormoráns, pardais ou tordos. Tamén no camiño vimos unha pequena cobra de colar, pero sen dubida os protagonista do día foron a grande cantidade de enerxéticos lagartos arnaus ou sardóns.
Por último, voltamos polo mesmo camiño de ida, coa diferenza que desta vez en vez de bordear pola costa o monte Castrillón, que esta no medio das praias e enseadas de Traba e Soesto, decidimos subilo por unha variante. A subida ten un desnivel pronunciado pero curto, chegando a seus 88 m directos sobre a mar rápido. Unha vez arriba, un dáse conta que mereceu muito a pena o pequeno esforzo, posto que ten unhas fermosas panorámicas sobre ambas praias e o propio litoral da zona, vendo tamén a ría de Laxe e Corme o norte, e a Serra da Pena Forcada sobre a mar o sur. Unha vez realizado o pequeno descenso deste monte, xa estamos de novo na praia de Soesto, onde só nos queda o camiño a Laxe onde finaliza a ruta.


Dicir que é unha ruta algo longa, entorno os 17 km, pero son moi cómodos de levar e case sen desnivel, posto este acumulado non chega anda nos 400 metros. A fermosa paisaxe costeira, a tranquilidade do entorno e naturalidade, así como o doado aceso a ruta dende Laxe, fan que este roteiro o situemos como un dos millores costeiros que realizamos ate o momento.

Tipo de Ruta: lineal.

Lonxitude: 16,73 Km
Duración: 4 horas e 30 minutos.
Dificultade: Baixa.
Sinalizada: si.
Valoración: de interese paisaxístico e natura.
Puntuación: un 9,5.


No hay comentarios:

Publicar un comentario