martes, 3 de abril de 2018

Cando os vikingos arrasaron Tui

Publicado para Comarcas na rede o 23 de marzo do 2018
Noutras ocasións xa falamos da riquísima historia e grandeza da cidade de Tui, pero desta vez imos falar de algo diferente, un feito moi triste e desolador, que a piques estivo de acabar coa propia cidade fai pouco máis de 1000 anos atrás. Cando se fala de vikingos, ou normandos millor dito (xente do norte), e de seus saqueos, se soen cualificar de «malos ou menos malos», pois ben, desta vez a Tui tocoulles os «moi malos».
Corría o ano 1014 de nosa era, e un xovencisimo caudillo escandinavo, neste caso noruegués, chamado Olaf Haraldsson, de apenas vinte anos, xunto un grande continxente de barcos e feros guerreiros pagáns que adoraban a Thor e Odín, entraban na ría de Ribadeo e a desolaban, seus habitantes intentaron resistir pero de pouco valeulles. Despois, seguiron e se volta ter notizas deles en Betanzos, onde se conta nas sagas escandinavas; "o rei (Olaf) tinxiu Betanzos de sangue con dentes de lobo, alí pereceron muitos homes". Devastada Betanzos, voltaron embarcar camiño do sur, o tempo que toda a «Jakobsland», «ou terra de Santiago» que era como eles chamaban a Galiza, tremía de medo de ser os seguintes.
Estes parece que pasaron de longo as Rías Baixas, o que foi un grande alivio para seus habitantes, pero de súpeto, deron a sorpresa, posto que na altura da desembocadura do río Miño, na Guarda, cambiaron de rumbo e seus barcos con pouco calado, comezaron a remontar o Miño cun claro obxectivo premeditado, a cidade e sé episcopal de Tui, a que estes chamaban «Gunnvaldsbord», ou «cidade de Gonzalo».
Tui e súas terras xa sufriran ataques de pirataría e intentos de saqueo antes, levados a cabo polos sarracenos ou musulmáns da Al-Andalus, pero nada que ver co que víñaselle enriba. De seguro o ver o rápido perigo inminente dos barcos subindo Miño arriba, prenderon as fogueiras de alarmas que ían dende o Santa Tegra ou Domaio, o Faro de Budiño e dende alí a outros como o Faro de Avión, pero non debeu dar tempo a muito para xuntar forzas de resistenza. Olaf, que era por aquelas totalmente pagán, pouco importáballe que a cidade fora bispado, máis ben o contrario, sabía que escondería grandes riquezas e reliquias cristiáns.
O asalto debeu ser multitudinario e brutal, e acho que os habitantes de Tui, pese estar aterrados, presentaron resistenza, pois o parecer na cidade había cando menos algún nobre, e a desproporcionada represión posterior dos nórdicos, non se entende sen luita previa. Tan rápido debeu suceder todo, que nin o bispo, Afonso, conseguiu fuxir e foi capturado.
A antiga cidade, que o parecer estaba máis preto do río para un mellor comerzo, e totalmente arrasada, destrúen todos os templos cristiáns, e a represión contra a poboación segundo as sagas escandinavas, arrepía. Ben seguro deberon matar practicamente todos os homes tras ser torturados, a grande parte das mulleres despois de ser violadas, e os nenos levados presos para logo ser vendidos como escravos nos mercados da Europa.
O bispo, sabendo do seu valor, deciden pórlle prezo a súa cabeza, polo que a coroa e a igrexa galega pagarlles 12.000 pezas de ouro para que o entreguen. Unha vez rematado o saqueo de Tui, deciden incendiar o que queda da cidade, polo que practicamente desaparece do mapa. Liberado o bispo Afonso, tras o terror que tivo que ver, este fuxe cara a cidade de Compostela.
Non contentos co feito, e de seguro vendo o pouco defendido que estaba o Miño, decidiron seguir navegando río arriba, chagando a cidade de Ourense. Non sabemos realmente que pasou alí, se conseguiron entrar na cidade ou non, nas sagas falan doutra vitoria pero de seguro non foi tan brutal como Tui, seguindo río arriba. Tanto, que a seguinte batalla en ten lugar en Ribas de Sil, moi preto de Quiroga! Se colledes un mapa podedes ver a distancia. Alí nun primeiro momento voltan vencer e saquear, pero o parecer o pouco chega o rei dende León, Afonso V, e os vence.
Non sabemos moi ben como foi esa suposta vitoria, pero cando menos si parece que consigue frealos e que Olaf, despois duns grandes saqueos e botín, cunha conseguida reputación de fero guerreiro e sanguinario, decide marchar e voltar por onde viu antes de perder máis homes.
Agora, voltando os anteriores feitos, foi tal o terror causado por este vikingo en Tui, que nove anos despois pese os intentos de repoboala por Afonso V, a cidade seguía deshabitada e en ruínas, nin o propio bispo quería voltar, polo que tivo o monarca que agregar a sé do bispado de Tui o de Compostela, e establecerse na cidade do apóstolo. Foi case sesenta anos despois! no reinado de García da Galiza, cando no ano 1071 restaura a sé episcopal e reconstrúe a cidade de novo, que pasaría a edificarse e fortificarse agora no outeiro que actualmente se atopa, máis lonxe da beira do Miño por precaución, unha mostra que tanto tempo despois, inda había moitísimo medo. Máis tarde cando no alto se constrúe a actual catedral, tamén se fortifica.
Pero agora ven o millor de todo, posto que a historia de Olaf non remata, pois despois destes brutais saqueos, e seguramente por ambición política, bautizase e faise cristián! Así sube o trono de Noruega no 1018, sendo o primeiro rei cristián desa nación, polo que pasa a chamarse Olaf «O Santo», e a día de hoxe inda e venerado como tal e patrón santo de Noruega! cousas do cristianismo. O certo, e que na memoria de Tui e tódolos pobos que saqueou (Francia, Alemaña, Suecia...) e sembrou o terror, como un brutal guerreiro pagán, non creo que na súa memoria o consideren un santo nin muito menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario