jueves, 15 de marzo de 2018

Anteriores, as tres cruces, Mondariz-Balneario

No barrio de San Pedro, no pequeno concello de Mondariz-Balneario, moi preto da ribeira do río Xabriña, no lugar coñecido como O Bosque, nos atopamos con este peculiar monumento.

Tratase de As Tres Cruces, o conxunto formado por unha grande pedra granítica apoiada en dous chanzos, que o fan moi similar a un dolmen, polo que há quen pensa que o é. Na súa parte superior foron colocadas tres grandes cruces, tamén en granito sen imaxes que representan o Calvario. Na pedra hai tallada unha data, que marca o ano 1700, seguramente ano no que se colocaron estas tres cruces.

Pero en As Tres cruces hai moito máis, xa que na pedra base tamén existen petroglifos, algúns cristiáns, como representacións de cruces, pero outros parecen moito máis anteriores, así distínguense al menos tres coviñas ou cazeroletas. Tamén na cima, xunto as cruces, hai cavada na pedra unha pequena pía, con forma rectangular (ES-OS) que de seguro tiña un uso relixioso ou ritual.

Este monumento e un claro símbolo de cristianización dun culto pagán, de entrada pode ser que no seu orixe fose un dolmen ou un santurio pagán, o cal tamén tiña petróglifos, polo menos na pedra base. Nos redores tamén se atopa a capela de San Pedro, do século XIII.

Vista os apoios da pedra base, os cales nos recorda os dos dolmens.
Na pedra base podemos ver petróglifos como esta coviña (esquerda) e a outra representación (dereita).
Na cima, xunto as cruces pía rectangular.

FICHA TÉCNICA

CATEGORIA DO BEN: Catalogado (Catálogo da Xunta e do PXOM)
PARROQUIA: Barrio de San Pedro, Mondariz-Balneario
ADSCRIPCIÓN TIPOLÓXICA:  Varios, ben histórico/cultural
DATACIÓN: Descoñecida / Moderna
CLASIFICACIÓN DO SOLO: Protexido
 USO DO SOLO: Público (zona recreativa)
PROPIEDADE: Pública
ESTADO: Bastante bo a que pertence a cronoloxía máis actual, e dicir a cristián, a anterior pagán atopase moi deteriorada.

DEBUXOS DE ALGUNHAS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS DA PEDRA (PETROGLIFOS)
Esta entrada a publiquei o 10 de abril do 2013 no blogue
Ponteareas Historia Viva


No hay comentarios:

Publicar un comentario