Moi boa iniciativa da asociación cultural de Fozara,
Ponteareas, onde mesturando ruta, natureza e historia, pon en valor seu
patrimonio histórico e natural.
Primeiro fíxose unha pequena introdución no centro
cultural parroquial do que íamos visitar, para que ninguén sentirase estrano
logo en situ. Así xunto a Serxio, explicamos o que foi a cultura castrexa
Galaica, esta cultura no Val do Tea e a Cividá de Caneiro en si e seus estudos
e campañas arqueolóxicas que nela se realizaron, todo isto se pode ver aquí en
vídeo máis abaixo.
Despois arrancamos coa ruta a visitar os lugares
mencionados na palestra de introdución, a participación foi moi boa, cerca dun
cento de persoas de toda a bisbarra, onde para os máis cativos tiñan que
reencher un mapa iterativo da ruta cos sitios visitados.
Primeiro pasando polos parapetos do castro,
visitamos os restos da antiga igrexa de Fozara, que estaba os pes do castro na
cara oeste, da cal só quedan a base dos muros, recheos do atrio como sempre
orientado a posta de sol, o oeste. Despois nos diriximos a capela de San Xoán e
seu cruceiro, con súas espectaculares vistas sobre o val do Borbén e o outro
lado a serra do Galleiro.
Deixamos atrás a capela e descendemos o val do río
Borbén, afluente do Tea que nace en terras de Pazos de Borbén e fai un
magnifico val entre o Galleiro e montes da Pedraquitiña. Xa na ribeira do río,
visitamos a Ponte Maceira co linde coa parroquia de Padróns, o cal pode ter un
orixe de época ata romana, en aquel val do Tea cheio explotacións mineiras auríferas
fai entre 2000 e 1500 anos. Súa arquitectura e totalmente popular, moi similar
a próxima Ponte de Lantón na parroquia de Ribadetea.
Seguimos por un carreiro o curso do Borbén até case
súa desembocadura no Tea, onde antes cruzando por unha pasarela de formigón
sobre o río, onde visitamos dous muíños, do cal un tiña a vivenda incluída na
parte de arriba dun muíño.
Retornamos por outro carreiro cara o noreste, camiño
o castro, onde chegados o lugar subimos a súa Croa. A Cividá de Caneiro, sufriu
unha masiva destrución por extraer arcilla para unha cerámica en Ribadetea, o
cal partiu o castro case en dous, deixando un grande corte no terreo duns 40
metros de altitude, do cal na parte alta pódese ver restos de muros de
vivendas.
Cunha nova explicación dos estudos e campañas arqueolóxicas
que se realizaron no castro, seu folclore e o que se atopou nel, finalizamos a
ruta con o Castro de Troña véndonos de fronte e voltamos o centro cultural de
Fozara, onde súa asociación nos tiña preparada unha merenda.
Agradecer o grande e bo traballo da Asociación do
centro cultural de Fozara, por esta productiva iniciativa e posta en valor da
nosa etnografía no Condado.
VIDEOS INTRODUCIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario