Co fin do Entroido comeza a
explosión da nai terra co crecemento do Sol, o desfile da natureza, a
primaveira. Con estas fotos pódese ver a conexión entre ambos, o Entroido
tradicional e unha festividade ancestral do calendario que pode representar o
fin do inverno, por iso o escribo con maiúscula Entroido, Entrudo ou Antroido.
No ciclo invernal, cos seus demos estaba todo esta morto, ata os días e o
propio Sol, polo que celebrase a chegada definitiva do crecemento solar, onde o
mundo revive e sobre todo o campo.
Todo comeza a partir do renacemento
do Sol ou solsticio de inverno, o 21 de decembro, pasado o 24 posteriormente,
onde comezan os primeiros rituais da festividade do Entroido, saen xa a inicios
de xaneiro por exemplo os primeiros folións ou danzas ou ranchos de reis, os
cales cos seus sons e danzas sinalan o crecemento solar e son previa a grande
festividade.
Mirade as cores, a simbolización e
ritual da representación deses seres do Entroido, pisando os campos para
fertilizalos, seu sarcasmos e satírica dos demos e forzas invernais que marchan
e dan seus últimos golpes, a chegada dos banquetes e abundanza... As fotos dos
entroidos son sacadas do Ribeirao, de Cobres, Viana e Laza. Benvida primaveira!
Ritual no Entroido do Ribeirao (Chantada) de fertilizar as terras co paso do "volante" co seu cabezón de 40 kg chamado "pucho". Xustamente estamos no ciclo de voltar labrar as terras e fertilizalas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario