O Catoute ou Catatoute, un dos picos
máis emblemáticos do noroeste e teito do Bierzo, con seus 2.112 metros de
altitude e súa privilexiada situación na Serra do Gistredo, e un incrible
mirador sobre a Cordilleira Cantábrica e outras serras dos redores como Os
Ancares, Montes Aquilanos, Macizo de Trevinca ou serra do Teleno.
O certo e que levabamos dende e facía
tempo con ganas de facer esta montana, inda que sabiamos de súa dificultade,
pois ascendes muito desnivel en poucos kilometros, nada menos que 1.017 m en
menos de 5 km pola ruta que eliximos da cara sur, un bo reto.
Saímos como sempre as 07:00 da mañá de
Ponteareas, e sábado 10 de decembro, e temos unhas grandes gañas de atoparnos
neve na ruta, tanto que levamos muitas prendas máis para a neve que para
sendeirismo de montana. Nos separa dende Ponteareas a aldea onde partiremos,
Campo de Martín Moro Toledano, nada menos que 272 km, algo máis de tres horiñas
de carro. Como curiosidade dicir que este fermoso pobo de montana, pertencente
o concello de Igueña, ten o nome máis longo do estado español.
O primeiro que facemos o chegar, e
dar unha volta polo pobo para estirar as pernas e despexar da longa viaxe. Todo
esta moi frío e xeado, o estar metido nun pequeno val e non dar o sol, a
temperatura e moi fría no núcleo, buscamos un bar onde tomar un quente café,
pero o único do pobo atopase cerrado, eran entorno as 10:30 da mañá. Despois da
voltiña, o ambente da montana nos chama, polo que decidimos cambiarnos e
comezar o ascenso.
O pouco de arrancar, vemos un cartel
informativo da ruta, que nos indica claramente o gran desnivel que imos ter que
subir montana arriba. Tan forme como imos ascendendo do val entre prados, o sol,
nun fermoso día despexado vai quentándonos, tanto que temos grandes cambios de
temperaturas das sombras os lugares abertos.
Ascendemos a un bo ritmo rápido, sen
apenas paradas, facendo unha curta de menos de 5 minutos no refuxio da subida.
Este parece que no pasado estivo vinculado o pastoreo, pois polos balados que o
rodean e os prados verdes todo indica a isto. Continuamos a subida e agora si
voltase dura, o camiño que ata agora era cómodo, pasa a ser un estreito carreiro,
o cal as veces desaparece tendo que cruzar zonas de pedras producidas por
avalanchas, ou duras subidas por regos de auga.
Chegamos así despois de unha moi
dura subida a un collado, que fai un pequeno chan de onde se ve o último tramo
o cumio. Levamos a desilusión de que a penas há neve nesta cara, pero as ansias
de chegar a cima son as mesmas despois de tanto esforzo. O sol agora apreta e o
estar nun lugar máis alto e exposto, o vento comeza a notarse.
O último tramo a parte de empinado,
por un carreiro estreitiño, e algo máis técnico, pois este esta feito sobre
pedras soltas. Isto implica subir despacio mirando para o solo seguido, cada
vez que pisas unha pedra esta se move, e o mesmo tempo temos que gardar
distanza entre os tres por precaución, posto que se un de arriba sen querer
solta unha pedra o pisar, e impacta nos de abaixo, pola empinación pode facer
muito dano.
Con esforzo pero con muita moral
chegamos o cumio entorno as 13:30, o cal nos recibe cunha suave brisa fresca.
Dende os seus 2.112 m contemplamos seu impresionante mirador sobre as montanas
do seus entorno, sobre todo a Cordilleira Cantábrica o norte ou outros cumios
como o Nevadín. Vemos que a cara norte esta muito máis nevada, como e obvio.
Estando totalmente solos na cima eu,
Nelson e o Tiago, cambiamos a roupa mollada polo suor e xantamos algo. Vemos
como pola cara norte, ascenden pouco a pouco no medio das vertentes nevadas
tres montañeiros. Cando chegan xunto nos comezamos a falar e resulta que era de
Vigo, así pouco despois comezamos o descenso antes de nos colla o frío.
O descenso faise no inicio, na zona
con gran caída con pedras soltas, un pouco dificil e temos que facelo moi
atentos para non esvarar. Despois, a medida que descendemos con tranquilidade o
camiño faise máis cómodo e relaxado,xa non temos presa ningunha pois imos moio
ben de tempo.
Chegamos o refuxio, onde despois dun
cruce o camiño se ensancha, alí sobre unhas grandes pedras no medio dun grande
prado facemos unha parada para relaxarnos e como non comentar a montana.
Despois comeza a sentirse o frío fresco da montana, polo que decidimos por nos
en pe arrancar tranquilamente ata o pobo de Colinas del Campo de Martín
Toledano, o cal estaría só a uns 2 km por un bo camiño.
Chegamos a fermosa aldeia, e vemos o
bar aberto polo que alí nos imos a tomarlle a tradicional cervexa de fin de
ruta, brindando por un ascenso máis bonito sen contratempos. Despois collemos o
carro e tirada de máis de tres horas ata casa, con parada como sempre no Hostal
do Lor.
E así de rápido remata esta subida e
aventura no Catoute, o cal nos deixa na mente esas fermosas vistas no seu teito.
Esta e a última ruta de 2016, esperemos neste novo 2017 ter novas aventuras e
ascensos, que vos contaremos encantados e esperemos que algún día muit@s dos
que nos leedes vos animedes a facelos, que pouco a pouco vaia espertando esa
chispa aventureira e natural, se non se pode subir un 2000 m, subir un 400 m,
pois a esencia e satisfacción e persoal de cada un, e o importante e sentirse
ben con un mesmo e o entorno que nos rodea. Feliz e bo 2017.
No hay comentarios:
Publicar un comentario