Sen palabras para describir esta festa do Ouro en Margaride,
o sentimento da festividade, a participación da veciñanza desta pequena aldea
do Lor, o inmellorable trato familiar, os amigos que voltamos ver e os novos
que fixemos... non teño palabras para expresar o ben que o pasamos e o cariño
que recibimos, só dicir mil grazas por todo unha vez máis.
A carón das minas romanas do Medo, a festa do Ouro e muito
máis que unha festa galaico-romana, ten sentimento, unidade, cultura e
tradición dun legado ancestral, nun ambente inmellorable. Unha xornada moi
completa, música folk, alfareria, comida xuntos, ruta nas covas, xogos celtas,
contos, dúas bodas celtas, ritual da Queimada coa Noite dos Tempos... agora
mesmo non podo describir o vivido, polo que vos deixo as fotos para que vexades
o gran traballo realizado polos veciños de Margaride de Lor, A Festa do Ouro.
FESTA DO OURO
BODAS CELTAS
NOITE DOS TEMPOS
GUERREIRO KADROLOICO
MEIGO DO TEA
No hay comentarios:
Publicar un comentario