martes, 7 de junio de 2016

Viaxe a Chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

Escrito no anterior blogue Ponteareas Historia Viva o mércores, 18 de setembro do 2013.

Viaxe a Chapada de Diamantina II parte, O Poço do Diabo

O Poço do Diabo (Pozo do Demo) atopase na Chapada de Diamantina, a 22 Km da localidade de Lençôes (Bahía) Tratase dun descenso ou canón da montaña, escarvado na pedra polo río de augas escuras, o cal e debido a ter elementos orgánicos nas súas augas. No seu descenso forma pozas e cascadas, algunhas como tobogáns naturais.
O camiño baixa dende a estrada principal, pegada a marxe do río cos seus rápidos, no medio dunha paisaxe e mata fermosa. A uns 15 minutos río abaixo chegamos o lugar coñecido como “Poço do Diabo”, tratase dun salto de auga abrupto de gran altura en forma de fervenza, caendo nunha gran poza de augas moi escuras.

A poza descendese por un estreito camiño, que ten unhas vistas espectaculares sobre a fervenza e poza. Dende a fervenza a o final da poza hai un tira-liña para os máis valentes, que fai un descenso espectacular dende a altura da fervenza as augas da poza.

Unha vez abaixo, abraiado pola beleza do entorno, que millor cousa que darse un baño nas escuras augas da poza acompañado polo meu pai, as cales están muito frías, pero unha vez dentro delas entre o son da mata (fraga) de fondo e a tranquilidade do lugar, pódovos asegurar que limpa ata a ialma.
.
Despois do relaxante baño de pureza, abandonamos este lindísimo e máxico lugar escondido nun pequeno recuncho do interior do estado da Bahía, seu encanto e presenza sempre serán recordados no meu interior, como unha doce e máxica lembranza. 
Foto de familia xunto a meus pais, despois de pasar unha xornada moi grande.


No hay comentarios:

Publicar un comentario