Corría o anos 401, cando no centro da Europa un moi
xoven guerreiro de só dezasete anos, concedíaselle o privilexio de levar sempre
cinto e espada ala onde fose, un privilexio que non todos os guerreiros de seu
pobo podían contar, e menos tan novos.
Era tal súa fereza na luita e valentía, que pronto
comezou a acompañar o príncipe Hermerico ala onde fose, forxando así unha
grande amizade entre eles. Dicían que era o primeiro en entrar na luita e o
último en abandonala, e que unha das súas claves de súa destreza coa espada e
escudo, é que era zurdo. Seu nome ate era similar o do seu señor, Hermegario.
Cando Hermerico subiu o trono dos Suevos, pasou a
ser seus ollos na luita e fiel home de confianza, e certo que non eran tempos
doados na ribeira norte do río Rin, pois o pobo estepario dos Hunos, apertaban
e sembraban o pánico con só nomealos. Ata había quen dicía que non eran homes,
que eran medio home e cabalo, vidos de outro mundo.
Por esa causa, Hermerico, xunto co rei Gunderico dos
Vandalos e Atax dos Alanos, decidiron cruzar o río Rin conxelado, e así entrar
sen permiso nas terras do Imperio Romano. Tras pasar a fronteira, o pobo
federado dos Francos intentaron frealos, pero despois de luitas conseguiron
rexeitalos. Logo tamén nesta fuxida quixeron cruzar en barco as que semellaban as
terras máis seguras, a Illa de Britania, pero apareceu un exercito romano o cal
tamén rexeitaron pero fíxolles imposible zarpar, polo que tiveron que
internarse nas Galias rumbo o sur, o descoñecido, na procura de futuro. En
todas esas luitas, se un guerreiro resaltou por parte dos suevos, ese foi
Hermegario.
Así o destino os trouxo as afastadas e antigas
terras dos Galaicos, no fin do mundo, a Gallaeccia. Alí se asentaron, e pronto
cambiaron as espadas por arados, e Hermerico, foi nomeado rei dos suevos na
parte occidental da Gallaecia. Pero no oriente da mesma provincia romana,
asentouse Gunterico e seus vándalos Asdingos, muito máis agresivos e activos,
polo que non tardaron en chegar as hostilidades cos suevos. A situación foi
tal, que vendo a ameaza dos vándalos e seu
poder, Hermerico tras pactar coas autoridades romanas, xuntou seu exercito
e partiron dende Astúrica Augusta (Astorga) cara as terras de Gunderico, e o
seu carón como sempre, Hermegario.
Cruzaron un porto de montaña para meterse nun
profundo val, entre altas montañas, as cales chamaban os Montes dos Nerbasos,
pobo que habitaba o lugar. Era o mencer do 5 outubro do ano 419, cando despois
de montar campamento nese val, espertaron nun pesadelo, o exercito vándalo de
Gunderico, máis numeroso que o suevo, como saído da nada, apareceu e os atacou
brutalmente. Pouco puideron facer máis que atrincheirarse no seu propio
campamento. Mesmo así, os guerreiros suevos souberon luitar con valentía, e os
rexeitaron, pero quedaron presos no seu propio campamento. Gunterico, o cal
sairalle todo ben, contaba cunha vitoria rápida, pero agora, pese ter os suevos
e o propio Hermerico cercado, era incapaz de cruzar as liñas inimigas.
Pasaron días e escaramuzas, pero a situación non
mudaba, entón foi o propio Gunterico, que na luita inda tiña honor, quen
propuxo resolver a liorta da maneira antiga, unha luita entre os dous millores
guerreiros de cada bando, que dous paladíns resolveran o problema. De seguro,
sabía que tras os suevos virían outros enviados por Roma contra el, os Godos e
propias tropas romanas que xa foran mobilizadas, era consciente que para o
poder imperial el e os seus sobraban en Hispania, por iso intentara rematar cos
suevos de forma rápida para non perder guerreiros. A parte tiña outra baza para este trato, un temido guerreiro, seu
propio sobriño, Gelimer.
Hermerico e os seus, atrincheirados, non tiñan
muitas máis posibilidades que aceptar o reto. Pero quen se enfrontaría o temido
Gelimer? Era un guerreiro xoven, moi forte e alto, destro e cruel, parecía que
nacera simplemente para luitar e matar. Primeiro ofreceuse seu xoven e enerxético
fillo, o príncipe Reckila, pero o viron demasiado arriscado pese que el quería
luitar. Foi entón, cando nesa asemblea, levantouse o veterano máis coñecido,
Hermegario. Respectados por todos, xa non era novo, as canas da súa cabelo e
barba daban fe diso, tal vez xa nin era o que foi, pero quería servir o seu rei
e amigo unha vez máis, o cal ante esas palabras, non puido dicir que non.
Na seguinte mañá suevos e vándalos xuntáronse,
fixeron un circulo e comezaron a tocar nos escudos, parecían estar máis nunha
festividade que nunha luita de inimigos. Hermario quedou un tempo só na súa
tenda, tiña que saber cando usar súa experiencia e estratexia ante tan
formidable guerreiro, pois sabia que era unha luita a morte. Primeiro chegou o
circulo Gelimer cos seus berrando, era impoñente, viña case espido, berrando,
desafiando e insultando os suevos, pouco despois, coas súas mellores
vestimentas, Hermegario acompañado de seu señor e amigo, Hermerico, muito máis
tranquilo e calado.
Espiuse tamén da parte de arriba e acercouse o
centro do circulo xunto a Gelimer, mentres un ancián vándalo recordáballes as
regras, que disporían de dous escudos e o gañador sería o que acabase coa vida
do outro, Gelimer non deixaba de insultar e humillar o veterano Hermegario, - vello castrón! Arrincareiche o cranio e esta
noite emborrachareime con el!- ate ensinoulle
o cu mentres os vándalos rían, o tempo Hermegario miraba calado. A sorte está
botada.
Cando comezou a luita, Gelimer foise por Hermegario
como un trono, era muito máis alto, polo que soltoulle varios espadazos mentres
o veterano retrocedía, berraba como un cervo en celo cada vez que golpeaba o
escudo do suevo. Tan forte foi un de seus impactos, que resonou en todo o val e
partiu o escudo de Hermegario, os vándalos berraban e celebraban mentres
Hermegario, dorido collía seu segundo e último escudo. Saíu de novo o rondo con
intención de golpear con súa espada o xigante vándalo, pero este rapidamente
revolveuse, neutralizouno e deulle un frote cabezazo que tirou a Hermegario o chan
partindolle o nariz. Gelimer berraba como un tolo e miraba agora para
Hermerico, semellaba que todo remataría pronto, os suevos tiñan agora compaixón
de seu veterano compañeiro. Pero contra todo o que os homes coñecen, Hermagario
co rostro cheo de sangue levantouse rapidamente, sen dar respiro a Gelimer
lanzoulle seu escudo contra el, o cal sorprendido cubriuse, o tempo que
lanzoulle coa esquerda un forte espadazo coa súa esquerda, que o xigante apenas
puido rexeitar deixando o seu rostro o descuberto, o que aproveitou Hermegario
para dar un forte puñetazo que case o tira, Gelimer entón o empurrou co seu
escudo fortemente votándose a separar. A este comezoulle a caer un chorro de
sangue polo seu pómulo tras o forte golpe do veterano, o cal miraba fixamente,
mentres agora os suevos berraban e aclamaban a seu paladín, o tempo que
Hermerico dicíalle a seu fillo, Reckila, que ese era co guerreiro que crecera,
ese!
Gelimer voltou berrar como un tolo da raiba, tirou
seu escudo, voltando entaboar a luita ambos so coa espada. Fortes foron os
golpes, muitas as feridas, pero Gelimer parecía ter menos meia do esgotamento,
polo que pouco a pouco foi acurralando a Hermegario. Foi nun espadazo rápido e
forte, cando o vándalo fixo caer o veterano o chan, o cal tentou levantarse
pero cando estaba de xeonllos, outro espadazo fixo que súa espada voara polo
ar, entón miráronse só un segundo, Gelimer coa vitoria na man, berrou moi forte
mentres levantaba súa espada, o tempo que Hermegario cerraba os ollos e
lembraba aquel día, facía dezaoito anos atrás, cando seu rei, pai de Hermerico,
tras unha luita similar dáballe o seu cinto, que inda portaba con orgullo, e
foi cando nun rápido movemento antes de seu final, sacou seu coitelo e con
Gelimer desprevido ante súa eminente vitoria, cravoullo nos testículos. O
xigante retorceuse berrando ante Hermegario! o cal levantouse e coa propia
espada do vándalo que inda portaba na man, cravoulla na súa gorxa, caendo o
chan sobre este. Gelimer pese as feridas mortais, inda tentabase revolver con
Hermegario enriba, o cal esgotado, agarrando deste, buscou coa súa man unha
pedra, conseguindo collela, e comezou a golpear con esta a cabeza de Gelimer, a
sangue saía polo ar, unha e outra vez, berraba e golpeaba coa pedra, ata que
Gelimer deixou de moverse. Coas poucas forzas que tiña, como grande guerreiro
que era, púxose en pe só, mirou a Gunderico e mostroulle a pedra chea de
sangue. O rei vándalo asentiu coa cabeza e os suevos comezaron a berrar e
rapidamente foron axudar o moi danado Hermegario.
Aquela mañá, nacía a lenda dun guerreiro o cal seu
nome chegou os nosos días sen ser rei, Hermegario o Suevo.
“Historia
basada na crónica de Gregorio de Tours segundo a Batalla dos Montes Nervasos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario