Mostrando entradas con la etiqueta lendas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lendas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de septiembre de 2019

El chupacabras en Galicia?

Sorprendentes y extraños casos en Galicia relacionados con el supuesto ser “chupacabras”.

martes, 11 de junio de 2019

Galiza destruída, o encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura e represión do xeneral Francisco Franco. visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente sucedía, non é bo para nada, polo menos para os poboadores os que tocaballes como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas nas terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira. 
Construción do encoro das Cunchas.


Ese mesmo día, co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que tocaranlles ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela algún.
Arriba, Franco na inauguración da presa. Abaixo, o encoro a pleno rendemento nos primeiros días

As augas do Río Limia subiron rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un grande patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdían súas terras, senón tamén unha parte de si, de seu pasado e historia.
 
Vista o encoro das cunchas, que somerxeu parte do val do Limia. Abaixo, restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.

Tamén baixo as augas, quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Co mesmo orixe romano, tratábase da Ponte da Pedriña, que tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan da ponte, que tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.


Un mozo de Santa Cruz roldaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras, pero unha enchente de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presentou o demo, e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros e escuros do encoro, cumpriron a maldición.

El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
A Ponte da Pedriña, foto e inicios do século pasado.

Este artigo o publiquei fai sete anos en:

domingo, 27 de enero de 2019

Anteriores, Os clans do Suído que podían facer a choiva.

Vídeo realizado fai uns anos, nas Serras do Suído, onde se contaba de certos clans, que subindo a un lugar secreto do monte, e movendo unhas pedras en círculo, atraían as nubes facendo que chovera.

lunes, 24 de diciembre de 2018

O relato do guerreiro de Bastos, aquí basto eu!


Terra Galaica, ano 137 a.C, Terras de Bastos.
Relato baseado na lenda do Basto, nas terras de Bastos.



Coa recente derrota da batalla do Río Douro contra Roma, onde nela caeran grandes guerreiros galaicos como o Kadroloico, un pequeno grupo da tribo dos Querquenos intenta fuxir co seu príncipe ferido, perseguidos por unha centuria romana.

A luita fora encarnizada, unha masacre pola mala estratexia dos galaicos ante os implacables escudos das aguias de bronce (romanos), mesmo así a grande maioría dos galaicos, polo seu orgullo guerreiro, preferiron a morte a fuxir ou ser escravos.
Pola súa parte, a tribo dos Querquenos, levaban como caudillo seu recen nomeado xoven príncipe, o cal foi nomeado despois dunha grande guerra civil tribal. Luitou pese a súa xuventude como un touro, até que caeu ferido por arma romana, entón seus homes sen que el quixese, decidiron sacalo do campo de batalla e levalo a Querquenia para non sufrir outra guerra interna entre eles, e centrarse no novo mal que aveciñábase polo sur.

Foron cinco dos seus millores guerreiros, os encargados de levalo as súas terras, o resto decidiron luitar ate o fin como os miles de galaicos alí finados, a morte semellaba un mal menor. Pero un centurión romano, viu como estes abandonaban o campo de batalla, vendo que tratábase dun caudillo, polo que decidiu co permiso de Decimo Bruto seguilos e capturalos.

Os Querquenos, co seu líder nunha padiola de madeira, sabendo que uns oitenta lexionarios o perseguían de preto, coñecedores do terreo, decidiron meterse por camiños difíciles e angostos, así tres xornadas case sen parar. Ata que as aguias de bronce reduciron a distanza notablemente, tanto que ate podían escoitar súas voces.

Foi entón cando o guerreiro coñecido como Antrolo o Oso, no paso dun pequeno río, que consistía nunhas poldras ou pasos de pedra e uns tablóns de madeira estreitos, onde só se podía pasar de un en un, separarse de seus compañeiros e facerlles fronte os oitenta lexionarios el só.

Antolo non era un guerreiro calquera, era maduro e case tan grande como dous homes, forte e duro, no seu ritual de iniciación fora quen de cazar un oso só polos seus medios, era tal vez o guerreiro máis forte e temido de toda a Querquenia. Moi devoto de seu caudillo que sempre lealmente axudara, e da súa tribo, comprendeu que non había máis gloria como guerreiro que aquel sacrificio ante un inimigo tan forte, non temía a morte, e tal vez toda súa vida estaba esperando aquel momento.

Quitouse toda a súa roupa, deixando só súa vella capa de oso sobre seus ombreiros e seu cinto coa espada de antenas, fixo un corte no brazo e coa súa sangue manchou seu rostro, implorando a seu deus Bândua para que estivera presente en aquel momento, e situouse no centro da ponte coa súa caetra e lanza. Os romanos o outro lado, co seu centurión observaban o que para eles semellaba un bárbaro tolo, no momento que Ambolo lanzou un fortísimo berro que os estremeceu para retalos.

O centurión chamou a seu millor lexionario, un tal Quintus Marius, e díxolle, acaba con el. O lexionario, grande con bo porte, acercouse o Querqueno, pisou os tablóns naquel estreito paso, e lanzoulle dous lanzazos, os cales o Oso parou con súa caetra, era moi rápido pese seu tamaño. O terceiro foi rexeitado con muita forza o tempo que Ambolo lanzaba unha lanzada e cravaba súa lanza no ventre do lexionario, o cal soltou un lamento, soltou súas armas e agarrou o pau la lanza coas dúas mans, comezando a saír unha sangue vermella escura pola ferida que se deslizaba pola lanza. 

Ambolo, cunha grande bravura e adrenalina, colleu a lanza coas dúas mans e comezou a berrar, o tanto que a levantaba no ar co lexionario cravado, mesmo así este, este aguantaba a dor e lamento en silenzo, ante a mirada aterradora de seus compañeiros.


O centurión romano estremeceuse, o tempo que Ambolo tiraba súa lanza con Quintus Marius cravado e berraba nunha fala que les non podían entender; aquí basto eu! Aquí basto eu!.

Entón mandou a dez de seus homes que o atacasen, sacando o Querqueno súa espada do cinto, pero o chegar o estreito paso, o tiñan que facer de un en un, os cales con muita violenza e forza eran derribados entre berros e maldicións. As feridas parecía que non facían dor en aquel xigante, polo que ningún lexionario quería acercarse a el, pese que seu centurión berraba que cargasen.

Entón este comprendeu, vendo que seus homes non querían combatelo corpo a corpo, xunto a tres cadáveres tirados nas frías augas do bravo río e varios feridos, matalo dende a distanza. Ordenou a dez lanzadores de xavelinas e dez arqueiros que a súa orde lanzaran sobre aquel oso seus proxectís, o cal Ambolo vendo esa covardía tapouse con súa pequena caetra.

Muito foi o dano que fixeron e tan grande corpo, sentiuse atravesado por tantos sitios que nin sabía onde realmente o ferirán, mesmo así, contra todo prognostico que obedecen as leis deste mundo, coas súas últimas forzas, voltouse levantar totalmente cheo de sangue para berrar por última vez, ante as sorprendidas aguias de bronce, aquí basto eu!!

De novo o centurión estremecéuselle todo o corpo, e moi alterado voltou mandar unha carga de frechas e xavelinas sobre Ambolo, que sentiu caer seu pesado corpo nas augas, nun  grande silenzo o invadía, vendo por última vez aquel ceo gris que o vira nacer facía varias décadas atrás.

Unha vez morto, o centurión mandou cortarlle a cabeza e colgala naquel paso no río como advertencia, pasando a chamarse aquel lugar como Cabeceiras de Basto. Decidiu non seguir na persecución dos Querquenos e regresou xunto o groso do exercito nas ribeiras do Douro.

Os habitantes do lugar, tempo despois tallaron unha grande estatua en pedra de Ambolo, para que seu espírito, forza e valor gardase seus poboados, o cal pasaría a chamarse O Basto, e súa lenda a eternidade como o guerreiro que bastou só. 

viernes, 5 de enero de 2018

Posibles reis suevos do período escuro e lenda da fundación de Soria polos suevos

Posibles reis suevos do período escuro (468-550)

Recordemos que o primeiro reino occidental (europeo) en independizarse do imperio romano, foi o do pobo xermanos dos suevos asentándose na provincia romana da Gallaecia. Dende esta tendo o centro de poder o redor de súa capital, Bracara Augusta (Braga), conseguiron expandir seu poder as terras Lusitanas de Coimbra, as cales forman parte do reino permanente. O reino duraría uns 176 anos máis ou menos, dende o 410 o 556 da nosa era, e pasou períodos moi importantes con legados que nos duran ate tempos de hoxe, como a primeira grande cristianización da Europa, a división do territorio en dioceses e parroquias, a creación dos montes comunais, a expansión pola península ou seu declive nos conflitos contra os Visigodos.

Pero tamén tiveron un longo período moi escuro, un burato na súa historia do que apenas se sabe nada no tempo que Roma caía (476), nin sequera quen os reinou. Este longo tempo escuro comprende nada máis e nada menos que 82 anos, case a metade da historia do reino, e se debe en rasgos maiores, a varios factores.

Tal vez a máis importante, a morte do bispo de Aquae Flaviae (Chaves) e cronista Hidacio da Limia, o cal no seu “chronicón” foi narrando a súa vida e a chegada dos xermanos a península, inda que este usa unha expresión apocalíptica a hora de escribir, pois pensa que e o fin do mundo e os suevos son unha praga de deus, polo que súa lectura ten que ser interpretada no contexto que foi escrita, no fin dun mundo, o romano, e o comezo de outro, o medieval.

Interpretada a crónica de Hidacio, esta e a última do primeiro período do reino e súa morte no 469, sendo rei arriano Remismundo, nos deixa orfos de notizas e datos até o 550, onde aparecen novos cronistas como San Gregorio de Tours, Xoán de Bícalo ou San Isidoro de Sevilla. Mesmo así nos aparecen algúns datos que deben ser collidos con pinzas sobre posibles nomes de reis que puideron reinar nese período, aquí algúns.

Veremundo.

Entorno o 535, non se sabe se realmente existiu, segundo o investigador  portugués Salvador de Varíao aparece nunhas inscricións atopadas do século VI. O epígrafe que apareceu na igrexa de Veirâo, que posiblemente sexa a actual de Sâo Pedro de Rates, en Vila do Conde (O Porto), construída polos suevos e puña o seguinte; “No nome do señor, rematado este templo por Marispalla devota (monxa), a 13 días das calendas de abril do ano 573 (535), reinando o serenísimo rei Veremundo”.                                                                                                                      
O pouco que podemos saber deste monarca (no caso de que existiu) e que seria de fe arriana.

Pero disto hai moitas dubidas, pois hai quen di que as inscricións son do século VIII e refírense o moi posterior rei de galaico-ástur Vermudo ou Bermudo I, inda que a datación parece clara do 535, o que si nos diría que realmente existiu Veremundo,  pois o rei Bermudo e moi posterior.

Witerico, fundador de Guitiriz

Outro posible monarca desta etapa que nos chega polo folclore popular na lenda da fundación de Guitiriz (nome xermano). Segundo as lendas de Guitiriz (Lugo) o rei suevo Witerico fundou a vila no século VI. Pero recordar que tamén existiu posteriormente un rei visigodo con este mesmo nome que gobernou do 603 o 610, pero na lenda non fala nada de visigodos nin do século VII, senón dun rei suevo no século VI.

Outro nome que aparecen segundo algúns autores son Teodomundo e Riciliano, ou menos coñecidos Hémerico e Gardilia, pero dos cales eu cando menos non teño dato algún, polo que non poño a man no lume.

Desta forma a lista de reis suevos podería quedar desta maneira. Dicir que houbo períodos en que o reino se separou, polo que as datas de reis poden coincidir no tempo tendo distintas capitais estando o reino dividido en dous.



  • Hermerico (409-438)      
  • Reckila (438-448)  
  • Reckiario (448-456)  
  • Axiúlfo (456-457)     
  • Maldras (457-460)                                                                                                                         
  • Frantán (457-458)
  • Frumario (460-464)
  •  Reckimundo (458-463) 
  •  Remismundo (458-469)   
  •  Witerico? 
  • Veremundo (535)     
  • Karriarico (550-559)
  • Ariamiro (559-561?)
  • Teodomiro (561?-570)  
  •  Miro (570-582)    
  •   Eborico (582-583) 
  •  Andeca (583-585)
  •  Malarico (585-586)




Fundación de Soria polos suevos

Pouco coñecida e sen muita importanza dáselle a esta lenda, entee outras, da fundación de Soria polos suevos. Pero decir que algúns autores como Nicolas Rabal, ata a intentaron encadrar na historia, aquí súa teoría.

Historia de Soria por Nicolás Rabal

Adoptada por los Suevos su tradicional costumbre de tener á la vez dos reyes, para que nunca estuviera el trono vacante, siguióse como era consiguiente el establecimiento de dos cortes, una de las cuales fué la ciudad de Soria, como punto más á propósito para el objetó por su posición estratégica é inmediata á la frontera de los romano-visigodos,á quienes tenían continuamente enfrente y preparados para la defensa.

A este fin engrandecieron esta población y le dieron su propio nombre de Suevaria o Savaria, del que se deriva Soria, nombre que se extendió á toda la comarca. Los reyes Miros (Teodomiro y Miro), católicos puros, pues los demás habían sido indistintamente unos católicos y otros arrianos, vivieron en Soria como todos y dejaron como recuerdos la iglesia, hoy ermita de Nuestra Señora del Mirón, y el priorato de Nuestra Señora del Mercado ó de la Blanca, bajo la regla de San Benito, casa erigida por el rey Teodomiro que, como es sabido, protegió la fundación de muchos conventos. El rey godo Leovigildo, antes de subir al trono, manifestó su intento de someter bajo su yugo toda la península é imponer la herejía arriana (570 á 583) por lo que los católicos todos se declararon contra él, y el rey Miro, movido por el instinto de conservación y por su celo en pro de la religión católica, se declaró partidario de su hijo rebelde, san Hermenegildo, y penetró con sus tropas en la comarca de Zaragoza, perteneciente ya al reino visigodo.

Leovigildo acudió por este lado como por todas partes al peligro y sofocó la sublevación con sangre, atropellando por todo y rechazando á los Suevos, sin darles tiempo para defenderse, hasta la ciudad de Lugo. Soria, como era natural, fue la primera que Leovigildo arrasó y destruyó casi del todo, como lo hizo con Logroño en la Rioja. Por fin, afortunadamente, aunque el reino suevo desapareció, el sucesor de Leovigildo, su hijo Recaredo, se hizo católico y convirtió en protección la persecución de su padre, restaurando las ciudades arrasadas, por lo que Agreda y Soria se repusieron de los desastres sufridos, levantando nuevas iglesias y volviendo á su primer engrandecimiento. Narración es ésta en la que ponen mucho de su parte los cronistas de Soria.

Los historiadores de más crédito convienen todos en que los Suevos tenían el sistema de la doble monarquía, pero ninguno dice que Soria fuera una de sus dos Cortes: citan la Suevaria ó Savaria como sometida por el monarca godo Leovigildo, pero suponen que esta región era la que hoy comprende la provincia de Lugo: y por último todos convienen en que el rey Miro no reinaba en la Rioja ni por lo tanto en nuestra provincia que estaba más distante, puesto que desde luego cuentan que el monarca suevo los excitó á la rebelión, lo que indica que no eran súbditos suyos. 
Sin duda, ninguna que nuestros cronistas, al afirmar que la provincia de Savaria era la de Soria, se guiaron por la semejanza de los nombres y por lo que da lugar á presumir que sta tenga posibilidades de ser.


Engadir, tamén como hipótese, que tal vez no período primeiro dos suevos de expansión pola peninsula nos reinados de Hermerico, Reckila e Reckiario, no baleiro territorio que deixaron os vándalos na meseta norte e que os visigodos inda non chegaran, un grupo de suevos puidese asentarse nas terras de Soria e fundar a cidade.

Ermida de Nuestra Señora del Mirón, Soria.

miércoles, 19 de julio de 2017

miércoles, 14 de diciembre de 2016

A BATALLA DE VILA QUEIMADA, SOBROSO ANO 1477

A batalla de Vila Queimada, Sobroso ano 1477
Cantas veces pasamos pola estrada N-120 e a altura de Vilasobroso (Mondariz), e vemos no alto, maxestoso e impoñente, unha das fortificacións medievais máis antigas da terra galaica conservadas, o castelo do Sobroso. Pero esta edificación fortificada medieval, e muito máis que un reduto inexpugnable de pedra, pois nel en tempos pasados, a sombra do monte Landín viviron, creceron e ata morreron persoas na súa longa historia.
Tal vez un dos feitos máis relevante, triste, e esquecido alí sucedido, tendo como protagonista o coñecido Pedro Madruga, sucedeu no ano 1477, e nos chega a través do cronista da época Vasco da Ponte, a batalla da Vila Queimada.
Antes desta batalla, o castelo do Sobroso e súas terras eran propiedade da familia nobiliar dos Sarmiento, orixinarios do burgo de Ribadavia. Despois do val do Tea facían fronteira coas terras dos Soutomaior, onde gobernaba o enerxético señor e conde de Caminha (Portugal), Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga.
Contan que estando o señor do Sobroso, da familia Sarmiento, cabalgando con varios vasalos polos lindes de súas terras cos Soutomaior, foi sorprendido e prendido polo astuto Pedro Madruga. Logo o levou ata varias veces as portas do castelo do Sobroso, dicíndolle a seus defensores.
─¿Vedes a voso amo e señor? Se non entregades a fortaleza córtolle aquí a cabeza. ─Daillo! Daillo e non morrerei!─ Berraba o Sarmiento.
─Xa lla podes cortar, máis aquí non entrades!─ Contestaba Lope de Aballe, alcaide e cuñado do Sarmiento dende dentro do castelo.
Pedro Madruga non conseguía desta maneira a fortaleza, pero pronto voltaria. Con axuda de Don Alonso de Portugal, Pedro de Mendaña e outros nobres, cun exercito galaico-'portugués de cinco mil home a pe e mil cabaleiros, pon sitio e en asedio o castelo do Sobroso.
Para elo levanta unha gran empalizada de madeira que rodea a fortificación, e tamén a pequena “vila” que estaba asentada os pes do castelo, onde vivían os vasalos directos desta, dentro do cerco, tamén monta seu campamento. Pero ante a ambición e crecente poder do Soutomaior, o arcebispo de Santiago, o conde de Monterrei e outros cabaleiros galegos, deciden axudar o preso Sarmiento e romper o cerco do castelo, levando de sorpresa un exercito contra as posicións das confiadas forzas de Pedro Madruga.
Deu comezo así a batalla da Vila Queimada, onde o exercito de Pedro Madruga e seus aliados foron sorprendidos e sufriron unha importante derrota, tendo que abandoar a batalla e o sitio do castelo. Foi tan violento o choque, que a empalizada e campamento do Soutomaior foron queimados.
Nese lume foi onde se produciu a maior traxedia, pois no medio da loita e lume estaba a primitiva Vila que alí se asentaba, a cal ardeu coa empalizada e campamento, quedando muitos de seus habitantes atrapados nela.
Din que ata non fai muito, os vellos de Vilasobroso contaban, que na antiga “Vila” nunha traxedia “as casiñas de aqueles viláns todas foron queimadas con seus filliños dentro”, dando así nome a batalla, A Vila Queimada.
Tamén no lugar da “Fonte da Vila”, que recorda aínda este asentamento, quedou esta pequena lenda sobre o Pedro Madruga, “na fonte da Vila, inda hai auga a correr, foi Pedro Madruga quen a quixo beber”.
Pero o Soutomaior non desistiu, un ano despois, no 1478 voltou e conquistou a primitiva fortaleza da Picaraña, a cal defendía Álvaro da Barca e estaba construída sobre un castro. Logo edificou sobre esta pequena fortificación un castelo de vixía e posto avanzado sobre o Sobroso e as terras dos Sarmiento. Dicir que a trama e loitas nobiliarias seguiron. Fai pouco, andando polos redores dos restos da fortaleza da Picaraña, atopei marcas de muros sobre un penedo e anacos de tella medieval, o que nos indicaría que este castelo foi máis grande e importante do que parece, pero esa historia queda para outra, apertas a tod@s!


sábado, 19 de noviembre de 2016

A pisada guerreira na Louriña

Un dos segredos maior gardados do Val da Louriña, e súa riqueza lendaria e épica que garda do seu pasado remoto, tanto que chega a época dos castros e a loita dos galaicos contra os romanos fai uns 2000 anos.
Poucos lugares da terra galaica, que saibamos, poden presumir de tanta riqueza de historias e mitos deste período, polo que persoalmente, como autor deste texto, non entendo que se de máis valor o traído de fora en festas da zona, onde se recrean feitos ficticios de persoaxes de lugares lonxanos, en vez de valorar o noso, algo por desgraza moi típico no pobo galego.
Con isto non quero desprestixiar a ninguén nin a nada, e sabido que todos os eventos levan un gran esforzo persoal e desgaste, pero si, para enriquecernos máis con nosa historia e pasado, recorden estas lendas e historias das nosas terras, que ata contan o orixe do nome dos pobos onde vivimos.
Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira ambientada no século IV a.C, en pleno auxe da etapa castrexa ou dos castros antes da chegada dos romanos, da cal se gardan importantes fragmentos no Archivo Diocesano da Catedral de Tui, que nos fala do orixe do nome do O Porriño, toda unha reliquia.
O redor do ano 377 antes de Cristo, un labrego que vivía xunto as augas do río Louro e asasinado xunto súa familia polo rei dos Grovios (Tribo con capital na zona de Tui) chamado Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.
Entón os poboadores se alzan en armas e marchan contra o rei Trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400 bracarenses (da tribo belicosa dos Brácaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.
O nome de O Porriño descende do sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O Porriño e súas terras.
A segunda que imos relatar, nos fala duns Asterix e Obelix anónimos, pero coa diferenza de que estes non resistían nunha pequena aldea gala os romanos, senón nas propias terras do Val do Louro. Segundo esta lenda, nos contan que eses antepasados nosos foron a última tribo en ser sometidas os romanos, os cales tiveron que pactar o non conseguir vencelos.
Se di que alí chegou o redor do ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios porriñenses deciden pactar e renderse abríndolle as portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou tanto a eles como a Roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.
Para rematar esta Memoria da Terra, agora que recordamos isto dos nosos antepasados, e recoñecendo o gran traballo que se realiza en algúns eventos e festas da zona, porque non meter pouco a pouco parte do noso legado galaico, como o exemplo destas dúas historias, para dalas a coñecer e por en valor noso riquisimo pasado. O traballo máis dificil tal vez xa esta feito, agora só falta recordar o que fumos.
Publicado para:


miércoles, 25 de mayo de 2016

Os "osnis" galegos

Escrito no anterior blogue Galiza Misteriosa o domingo, 8 de xullo do 2014

Os “osnis” galegos

No territorio galaico temos un rico folclore, cheo de lendas neste caso que nos falan de seres estranos, lexendarios ou monstros saídos da mar. Así por exemplo temos a lenda da famosa Coca de Redondela, un dragón mariño que saía das augas para raptar mulleres fermosas. Outros exemplos poden ser os mitolóxicos nigromantes da illa de Ons ou as sireias a rasgos xerais.
Pero remontándonos agora a un pasado máis próximo, imos recordar outro misterio pouco coñecido. Son muitos os mariñeiros das nosas costas que aseguran que viron saír ou entrar na mar, obxetos que non son seres mitolóxicos, senón metálicos ou submarinos non identificados, cunha tecnoloxía non coñecida, tratase dos “osnis”.
Temos decenas de casos que chegan a nos, sobre todo mariñeiros e pescadores das provincias de Pontevedra e A Coruña, os cales nas súas horas de traballo na mar teñen visto estes obxetos pasar moi preto deles, chegando mesmo a asustalos.  Este fenómeno foi tan repetido, que algúns chegan dicir que existe unha base destes "osnis" baixo a mar, preto das illas Cíes e de Ons. 

A maioría dos casos e testemuñas producíronse entre os anos 1975 e 1985, onde os osnis paseábanse polas nosas costas galegas de forma impune. Estes obxetos coinciden na maioría dos casos con características xerais, son esféricos e brancos. 


Un dos casos máis importantes prodúxose o 22 de novembro do 1985, eran as oito da mañá cando as tripulacións de media ducia de embarcacións, como o Audaz II e o Xa me Vedes, observaron algo que os deixou inmobilizados. Atopándose moi preto da Illa de Ons, viron como un enorme obxeto metálico apareceu e sobrevoou a moi baixa altura sobre eles, exhibíndose claramente uns intres para meterse de súpeto nas frías augas galegas. Os mariñeiros aterrorizados e testemuñas de tal exhibición, nunca esqueceron o que alí viron, algúns deles con nomes e apelidos como Emilio Otero ou Carlos Patiño.  
   Este caso ten especial relevancia, pois non se trata de unha testemuña ou ver unhas luces, senón de un caso onde muitas testemuñas teñen unha experiencia que os marca para toda a súa vida. Cústalle explicar o que alí viron esa mañá do 22 de novembro do 1985. 

Engadir tamén a isto, os estranos casos de supostas aparicións de humanoides nas praias das illas Cíes ou en Sada, na A Coruña. De todas un osni ben sendo o mesmo que “ovni”, coa diferenza de que este pode mergullarse na auga, pero dicir que un obxeto non identificado, tampouco ten que ser extraterrestre. 
 Certo ou non, lenda ou realidade, estas historias fan enriquecer noso patrimonio folclórico e misterioso,  fan que siga vivo, pois pasamos da ancestral Coca de Redondela que saía do mar, despois as sireias e os nigromantes, e agora nestes tempos, os osnis. Que terá nosa terra e costas meigas?