Mostrando entradas con la etiqueta montañismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta montañismo. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de julio de 2019

MONTAÑAS GALAICAS, SUBIDA A PENA RUBIA (1822 m), O PEQUENO CERVINO GALEGO.


Desta vez fago o ascenso a un cumio moi simbólico na montaña galega, no último grande cumio da parte sur da Serra dos Ancares, o Pena Rubia. Seu abrupto cumio, se levanta de forma imperante sobre a serra cos seus 1822 metros, dando unha imaxe, iso si, en muito menor tamaño, que a muitos nos recorda o emblemático monte Cervino, nos Alpes.

Non e a primeira vez que volto o lugar, xa antes no inverno o intentara subir dúas veces só, pero ambas por diferentes factores (neve moi branda, néboas cerradas, sendeiros cerrados, falta de orientación a cumio...) tivera que deixalo. Desta vez, xa en verán, o volto a intentar pola mesma ruta elexida no inverno, dende a aldea de Deva, pasando polo refuxio de Brego e Golada de Valongo, unha ruta un pouco máis longa que a habitual empregada para este cumio, que anda nos 14 km, mentres que esta variante, anda nos 16 km.

As 10 da mañá arranco da pequena aldea de Deva, a terceira vez neste ano, polo que xa me é ben coñecida. Antes de coller o camiño o fondo desta, há unha cancela para o gando, a cal se pode abrir, pero recordar cerrala despois.

O camiño e amplo e cómodo, comeza a subir moderadamente cara a Campa de Brego sobre as fragas val do río homónimo. O outro lado do val, o alto podemos observar xa o cumio do Pena Rubía, con forma de corno monolítico, reinando sobre os montes do redor. No inverno polas néboas, non puidera ver esta estampa.
Despois duns 40 minutos no camiño, comezo a ver o fondo a verde Campa de Brego e seu refuxio, rodeade de altas montañas secundarias, impoñendose o Tres Bispos (1792 m). No lugar me atopo cun burro con montura, e gando vacún pastando, e o pouco aparece un veciño de Deva, Segundo de Deva. Temos unha pequena conversa moi amable e enriquecedora sobre o lugar, o cal borda de auga e verdor, que riqueza. Deixo atrás a Segundo e o val de Brego, e me introduzo nunha fraga pola cal se sube a Golada ou Collado de Valongo.

Fai un día soleado, a medida que collo altura comeza a soprar un vento fresco moi levadeiro, o que non me gosta son as nubes que comezan a vir dende o nordeste, pois neste día había ameaza de tormenta pola tarde.

Chego a Golada de Valongo,a 1609 metros, tras unha subida que se leva moi ben. Aquí se abre a paisaxe e xa se poden ver o outro lado, tras unha valla para o gando, os verdes vales do Bierzo. Dende este punto, tamén se ve grande parte dos cumios maiores dos Ancares, o primeiro e inminente, o Tres Bispos, como así o lonxe, outras serras do noroeste como os Aquilanos, A Lastra, O Teleno e mesmo Trevinca, e o norte, os primeiros cumios da Cordilleira Cantábrica máis occidental.

Agora toca subir o próximo Alto das Becerreiras (1699 m), no cal a paisaxe inda se abre máis sobre un chan de pastizal verde, onde pasta outro rabaño de vacas en altura. Dende este punto, temos unha primeira grande panorámica do Pena Rubía e seu pequeno macizo, así como case da totalidade da propia Serra dos Ancares. Tras o Pena Rubia, tamén comeza a verse as formas da fermosa Serra do Courel, así como o oeste o fin das verdes montañas e vales, o val do Miño e a chaira de Lugo.

Tal vez este tramos que me espera, sexa o máis complexo, non por dificultade técnica, senón porque practicamente non há sendeiro, pero aproveitando a boa visibilidade para orientarse, e que a vexetación, de carrascos na maioría, se atopa baixa (tamén inflúe que nesta época o gando esta na alta montaña), descendemos o Golada de Cardiadelos sen muitos problemas.

Aquí é onde se une este roteiro co que soe ser máis habitual, que sube directo dende a Campa de Brego, pero vendo o estado da ruta, acho ultimamente tampouco suben muitos montañeiros. Agora toca subir a última montaña antes da propia Pena Rubia, Penas de Verdía (1762 m), a cal no seu camiño antes ascendemos outros altos menores. Neste punto, fora onde dera a volta a última vez no inverno, posto que o sendeiro desaparecía por completo pola alta vexetación que chega a cintura, desta vez a situación é similar, pero o día despexado e boa visibilidade da propia Pena Rubia na fronte, a situación muda.

No alto das Penas de Vendía, temos tal vez as mellores vistas sobre a Serra dos Ancares desa zona, dende onde tamén vemos máis abaixo, cun chan moi verde pero seco, a Lagoa de Forrón. Comezan a aparecer algúns fitos para marcar o bo camiño, eu mesmo monto algún máis para orientarse, pois neste tramo a vexetación faise máis prado con pedregais, máis o estilo da Cordilleira Cantabria. Ate se queres como alternativa, se poden ir trepando de forma sinxela algúns riscos por fora do carreiro. Na pequena baixada antes de chegar a elevación de Pena Rubia, o este temos unha fermosa panorámica sobre o val berciano de Teixeira.
Neste momento teño ante min o pedregoso e impoñente cumio da Pena Rubia, o este, unha profunda caída libre duns 600 metros case inaccesible, polo que o camiño o alto faise virando a cara oeste, onde temos dúas opcións. A máis doada, seguir virando o oeste por onde se accede o cumio por un forte desnivel pero sen complicación, ou seguir a cresta de pedra sobre o vacío, máis exposta. Eu con espírito aventureiro collo esta última cunha subida máis alpina, non e difícil, pero compre ter muita precaución.
O fin de dita cresta, no seu punto máis alto, chegase o cumio da Pena Rubia, a 1822 metros, cumio moi pequeno sen punto xeodésico. Non se pode describir a ledicia e felicidade dun cando chega a un cumio, despois dun duro esforzo deportivo e adversidades que poden surxir na marcha, pero a sensación se contaxia coa beleza do entorno. Como se de unha advertencia para espertar e voltar a realidade do lugar inhóspito e salvaxe que nos atopamos, há unha placa de lembranza a un montañeiro caído neste monte, DEP.


Cunha ampla panorámica, vexo o lonxe, sobre un risco, cinco rebecos que me observan, mágoa non levar a cámara de vídeo comigo. Aquí vos deixo as fotos do cumio, para que vexades o esplendor de dita montaña.
Agora toca xantar e logo descender polo mesmo camiño, seguen entrando nubes dende o nordeste pero semella que non haberá tormenta, o día segue sendo caloroso pero con esa brisa tan agradable da montaña, polo que aproveitarei para desfrutar de vagar da paisaxe e entorno no descenso.

Chegado de novo a aldea de Deva, volto topar con Segundo, e temos outra pequena conversa, coa cal remata esta aventura. Que todos os días nos montes poidan ser como este, nos vemos nas montañas e nos sendeiros!

lunes, 8 de abril de 2019

Montañas Galaicas, o Courel e a Serra dos Cabalos.

Nesta nova sección mostraremos os cume e cotas de nosa terra e seus redores, así como tentalas identificar e ver súas rutas de ascenso.

Vista da Serra do Courel dende o Castro da Torre.

A Serra do Courel e o brazo máis o occidente da Cordilleira Cantábrica, así como dos máis antigos. A parte de seu grandísimo valor natural, tamén ten un importante peso seu valor arqueolóxico e xeolóxico. Se pode dicir que xunto súas serras secundarias, dende o río Sil ate os Ancares, forma case un macizo propio.
Seus contrastes de montes que superan os 1600 metros xunto a profundos vales fluviais que roldan os 300-400, onde se atopa unha das reserva de flora máis importantes do pais, fan destes lares un atractivo paraxe onde desfrutar do sendeirismo e montañismo.
Panorámica da vertente oriental do macizo.

A parte da propia Serra do Courel, destacan outras como a pouco coñecida Serra dos Cabalos, que sigue o trazado da primeira pola parte oriental, facendo linde coas terras do Bierzo.
Un dos maiores atractivos en montaña e con dificultade, e o ascenso a Penaboa polo Km Vertical, cun fortísimo desnivel dende o val do río Lor, do cal xa fixemos publicación aquí.                         

Penaboa e seu dificil asceso dende o Km Vertical.

Dende Penaboa e seu miradoiro a 1462 metros, pódese acceder por un corte moi abrupto da montaña, duns 400 metros de caída, a liña da Serra do Courel, e a pouca distanza, dende A Forcadura (1552 m) se pode ir pola cresta da Muralla o cercan pico Pía Paxaro, que cos seus 1613 metros, e o segundo máis importante do macizo.
Corte do terreo dende Penaboa, cresta da Muralla e cumio do Pía Paxaro.

Polo lado oriental, o río Soldón separa o Courel da Serra dos Cabalos, a cal se pode ver con todo seu esplendor dende a estrada LU P-5004, co seu pico ganchudo do Montouto, destacando en máxima altura, cos seus 1541 metros. Seguindo esa estrada, nos leva dende Quiroga a aldea da Seara, a cal nun enclave fermoso en pleno pequeno val do río Selmo, se pode ver sobre ela os abrupto cumios do Teso das Papoulas (1604 metros) e o rei do macizo, O Formigueiros, que ten a cota máxima cos seus 1639 metros, o cal se pode ascender dende esta aldea nunha ruta duns 10 km ida e volta.
Se seguimos a estrada dirección norte, comeza a coller altura bordeando o Courel dirección a aldea de Visuña. A cal polo norte linda coa Serra Escrita e o Faro, que no Cotelo do Faro a 1615 ten súa máxima altitude, facendo tamén linde co Bierzo.
 Serra dos Cabalos
Panorámica dende A Seara

Pasada Visuña, a estrada volta cara o oeste, e dicir o val do Lor na altura da coñecida parroquia de Seone do Courel, atravesando a Serra das Travesas, con montes máis baixos e ondulados, destacando o miradoiro e restos do castelo de Carbedo (929 m), xusto na fronte do lendario Monte Cido (948 metros), o cal se pode acceder dende ese punto.


Vista dende o castelo de Carbedo.

E desta forma rematamos co pequeno paseo pola Serra do Courel e seu brazo oriental da Serra dos Cabalos, recordar que este macizo e erosionado, con cumios e campas amplas e onduladas, pero o mesmo tempo con grande desniveis, cortes de terreo é afiados cumios, polo que se recomenda precaución, sobre todo en período invernal onda abundan cerradas néboas e neve, pois recordade que as montañas pese ser fermosas, son salvaxes e insólitas.
Sobre a aldea de Ferreiros de Arriba, vistas cara o norte.

martes, 15 de enero de 2019

Ascenso o Cornón (2188 m) e seu entorno en pleno xaneiro do 2019


Comezar dicindo que era un cumio o cal, eu persoalmente tiña muitas gañas, pois familia miña vive nesas terras de Laciana (León) e me falaban desta montaña, polo que por fin puiden desfrutalo e vivilo en primeira persoa, magoa que non me puideran acompañar.

O Cornón cos seus 2188 metros, tratase do maior cumio das escarpadas montañas da Laciana, dentro da parte occidental da Cordilleira Cantábrica.

Partimos nesta aventura dende a localidade de Lumajo/LLumaxo, no municipio de Villablino, onde esta sinalizado seu ascenso, cunha distanza total duns 16 km. Dicir que pese a falta de choiva e neve, polo intenso frío este pico atopábase inda con bastante neve, e máis, con esta practicamente conxelada, polo que sen crampóns seu ascenso sería muito máis complicado e perigoso.

Arrancamos e primeiro cruzamos o alto Valle de la Mozarra, con vistas fermosas cara o Muxivén (2027 m), unha mole de pedra e neve que a medida que nos aproximamos a el, semalla crecer. 
Muxivén
Comezo da ruta dende Llumaxo/Lumajo
Despois chegamos o fermoso refuxio de Las Brañas Viejas de Navariego, moi acondicionado e acolledor. Seguimos ascendendo e a ruta nos fai pasar entre os picos de La Regada (1954 m) e o Aspía (1972 m), os cales tamén teñen forma de cornos moi escarpados.
Refuxío de Las Brañas Viejas de Navariego
Pico La Regada
Chegamos así o Collado de los Picos (1848 m), onde temos unha panorámica espectacular do Cornón e seu pequeno macizo ate o Pena Furada (1928 m). Dende aquí xa abunda os neveiros, coa neve xeada e dura que case nin marca a pegada.
O fondo o Cornón e seu entorno.
E neste tramo, nunha pequena subida dun neveiro, onde podemos ver as fermosiñas pegadas dun oso pardo, e no meu caso en dous meses, xa van dúas coas do pasado mes de decembro no Pena Rubia (Ancares).
Pegadas de oso.
Seguindo o ascenso, antes nos atopase o tramo tal vez máis complicado da ruta, a subida dunha longa canaleta ou canalón cuberta pola neve e xeo, moi esvaradiza, polo que para non expoñernos a un compromiso, poñemos nosos crampóns e comezamos seu ascenso, escoitando no contacto das puntas de ferro co xeo, un son como se estiveramos pisando cristais. No final desta, chegamos a unha portilla a cal nos mostra as primeiras incribles panorámicas e vistas do entorno, nos atopamos a 2063 metros, e xa se mostra o Macizo das Ubiñas o este, pasando por Peña Ortiz, pero cara o norte, o cantábrico como soe pasar, nos contempla totalmente nubroso, polo que só observamos parte dos belos vales de Somido e Narcea, xa en terra Astúr.
Ascenso pola caneleta ou canalón.
Vista dende a portilla cara o Macizo das Ubiñas.
Agora xa só queda o último ataque a cumio, o cal é o que maior desnivel ten, moi escarpado, entre pequenos neveiros e senda pouco visible pedregosa, que nos deixa no cumio, cumio que facía escasos 20 minuto mirabamos dous montañeiros que subiran pola vertente ástur.

Así chegamos o solitario e pequeno cumio do Cornón, cun vento polar pero que non nubra a incrible fermosa panorámica nun día de xaneiro soleado e fermoso. Dende Trevinca ate Os Ancares, do Teleno os Aquilanos pasando polo Gistredo e Serra de Degaña, as serras ástures dende a Serratina ou Somiedo, ate as Ubiñas e o fondo destas, lonxe como fantasmas aparecidos nun mar de bruma, sacan cabeza os maiores picos de Picos de Europa. Tamén podemos ver fermosos e profundos vales como o de Sosas ou o do Puerto de Somiedo, un mundo os nosos pes.
Cumio do Cornón
Vista cara Degaña e Leitariegos.
 Vista cara o Muxivén e Babia.
Vista cara Somiedo e as Ubiñas e Fontáns
Valle de Las Sosas e o fondo o Gistredo.
O descenso o facemos con coidado, cruzándonos na baixada cun veterán montañeiro coruñés que  subía en solitario dende o Puerto de Somiedo. E desta maneira remata esta pequena pero intensa aventura invernal, a cal inda nos mostra pese a falta de precipitacións, unha cordilleira que se resiste a perder seu manto branco, conservando así súa rudeza, fortaleza e beleza en estado puro.

Xaneiro de 2019, Montañeiros Malucos.