Gallaecia século II a.C
Nas noites de rituais e solsticios no poboado Troña,
o redor da fogueira, o ancián Bileo o
Druída, na gran chama soe contar os contos e mitos do pasado do poboado e
seus debanceiros.
A historia que máis gosta os máis novos e o pobo en
xeral, aparte da do gran heroe local Tissifiono, e a do gran Trónico o Sen Medo ou o Cativo. O calor do lume nas longas noites de festividades en
Troña, sobre o val do Tena (Tea), o sabio e vello druída posuidor de gran
coñecemento, e portador do dun legado milenario que se perde na noite dos
tempos, colle o seu vello pandeiro, pasado dende tempos remotos de druídas e
sabios ata chegar a el, e recita as antigas loitas entre os Kaneos de Kanea e
os Troñanos de Troña.
Corrían tempos pasados no val do Tena (río Tea), na
ribeira oeste un poboado lideraba esa marxe e tiña unha grande esplendor, Kanea,
que foi levantada en tempos moi antigos. Situada sobre un grande outeiro sobre
o río Tena, nun paso natural deste, controlaba o comerzo do val. Seu esplendor
era máximo, a este poboado chegaban mercancías e bens de terras tan lexanas como
doutros pobos keltaes do Atlántis, ou de gregos e fenicios de terras do mar do
sur. Presumían de ter dos mellores guerreiros da Kaltia, dende cativos iniciados
en rituais de iniciacións que levaban os adultos a ser grandes loitadores.
Kanea era devota do deus da guerra Bândua, o estandarte dos “kaneos” era o
porco bravo, fortes e bravos na loita
como eles, ese era seu fero lema.
Pola contra, Troña era o outro poboado máis
influinte do outro lado do Tena, do lado este, do sol nacente. Seus orixes eran
tan antigos como Kanea, e gozaba tamén dun rico comerzo, pero sempre a sombra dos
kaneos. Seus guerreiros eran iniciados o nome dun antigo heroé chamado
Tissifiono, salvador de Troña en tempos remotos contra a xigantesca serpe Tróñica.
Eran devotos dunha antiguisima divindade feminina da mai terra, Annu, e seu
estandarte era a serpe, a propia serpe Tróñica, a cal tiñan esculpida nunha pedra
de seu poboado na zona ritualística. Seu lema e berro de guerra era do
ancestral heroe vencedor da serpe Troñica, Tissifiono, con forza, vencer ou caer.
Contan que por aqueles tempos remotos, lideraba
Kanea o caudillo Helodro o Touro,
alcumado así por súa forza física. Era unha persoa moi orgullosa, ambiciosa e
patriota de seu poboado, polo que pronto vendo a debilidade dese momento de
Troña, puxo os ollos en ela.
O mesmo tempo en Troña, seu líder era xa un ancián,
descendente do antigo linaxe de Tissifiono chamado Antrónico o Chosco, pois na súa xuventude nunha
cacería ritual fora ferido na faciana por un venado, quedando chosco dun ollo.
Antróñico, pese que na súa xuventude fora aventureiro, neste momento coa vellez
e despois da perdida de seu fillo maior, Mouko, voltarase feble e fora da
mirada dos antigos deuses. Eses descoidos ben os aproveitaría o ambicioso
Helodro.
Os ollos de Helodro
pronto se fixaron no gran orgullo de Troña, seu gran rabaño de gando, o cal
soia pastar nun grande prado vixiado polos xovenes guerreiros e cans pastores
destes. Cabalos, vacas, caprinos e
ovellas, máis de cen exemplares.
Nunha dolorosa mañá para os troñanos, os guerreiros
kaneos caeron sobre os sorprendidos e débiles gardas de Troña, apoderándose do
rabaño e sendo levado a outra beira do Tena, sendo incorporado o gran rabaño
deste pobo. Por se a desgraza fora pouca, a filla de Antróñico, Milena, que era
fermosa e soia baixar nas ribeiras do Tena a recitar poesías soa, foi tamén capturada
de sorpresa polos kaneos e levada a Kanea.
Ante isto, o ancián Antróñico en Troña, xa roto,
piadoso e vello, decidiu ir pedir piedade a Kanea, e que devolvesen o rabaño e
a súa filla, Milena. Pero Heleodro, co seu gran carácter recio e guerreiro,
vendo os choros do ancián desesperado avergoñouse de como un líder podía chegar
a esa situación, polo que decidiu castigalo a antiga maneira, sacrificalo o
deus Bândua na posta de sol.
A situación de Troña era critica, seu líder morto en
sacrificio ritual e humillado, súa filla capturada e sen rabaño. Mal augurios sentíanse
no ar, a total sumisión os kaneos, ou pola contra tentar unha última loita
desesperada contra un inimigo muito máis forte e con todo o seu favor. Pero
quen quedaba en Troña con valor para liderar algo así? Pois o fillo menor de
Antrónico, tamén descendente directo de Tissifiono, que contaba con apenas
vinte anos, chamado Trónico.
Pronto foi chamado polos kaneos como o Cativo, con afán de desprestixialo e
desmoralizalo, pero Trónico non era como seu pai, pese súa xuventude e
situación estrema, decidiu non dar por perdida súa patria, Troña. Poucos apoios
contaba e pouca experiencia, pero si tiña a facultade de ser bo guerreiro,
valente e moi calculador. Dicir que contaba case sen sabelo cun dos millores
guerreiros que un caudillo podería contar en todos os tempos, curmán de sangue
e o mesmo tempo dende aqueles momentos irmáns tamén na guerra. Da súa mesma
idade e xuventude, tratábase de Kaltolo, que no futuro sería alcumado primeiro o Matalobos e logo o Urso.
Dirian del no futuro, en tempos despois, que cando
Kaltolo naceu oubo unha treboada provocada polo heroe Tissifiono, pois mandaba
o mundo dos homes dende o além e mundo dos deuses, un novo guerreiro salvador
para Troña.
Tróñico e Kaltolo, buscaron apoios noutros pobos do
Tena, pois toda a ribeira oeste estaba cos kaneos, e incluídos algúns da
ribeira este. Atoparon apoio no poboado dos Prados, construído tempos atrás por
antigos poboadores de Troña, tamén nos poboados do Monte das Pedreiras
(Picaraña), sempre fieis a sombra do heroe Tissifiono, estes serían un forte
brazo para a loita. Outros poboado do norte e sur de Troña, decidiron non
participar na loita, pois no caso de perdela, tiñan medo do rancor e vinganza
dos temidos kaneos e o propio Helodro o
Touro.
Todo estaba listo para a precedente loita e futuro
do va do Tena, a noite antes de partir de Troña fíxose un gran ritual o deus
supremo Lugh máis a Annu, mentres que en Kanea o deus da guerra Bândua. Pola
mañá moi cedo, aínda antes de que Lugh fixera aparecer o sol, Tróñico fronte a
pedra tallada da serpe Tróñica, cortouse e deixou caer súa sangue sobre esta,
para que Tissifiono soubese que seus fillos partían a loita, e estivera con
eles. Cando estaban a piques de marchar, apareceu unha grata sorpresa, un
pequeno contixente de guerreiros vidos das montanas dos Coutos Altos (Montes da
Couto Eira). Súas terras eran saqueadas periodicamente polos kaneos. Pese ser
un pobo pastoril montañés pouco numeroso, era coñecidos por bravos e rudos
guerreiros, e viron súa posible vinganza contra os Kaneos uníndose o bando de
Troña.
Os troñanos saíron muito máis cedo cos kaneos, inda
Lugh apenas sacara seus raios de sol e xa chegaran as ribeiras do ¨Tena, o sur
de Kanea, non indo polo paso que estaba nas inmediacións deste poboado. Os
kaneos e o propio Helodro sorprendéronse deste temprán movemento, e saíron de
Kanea sen cruzar o Tena, dirección sur o encontro das forzas de Troña. A altura
do paso do Tena do “Piñon” decidiu Tróñico, chamado agora polos seus o Sen Medo,pola madurez e valentía
demostrada ata ese momentos seus, cruzar
o tena, sen antes falar co seu don da palabra cos seus guerreiros para
moralizalos para a loita.
Un total duns sesenta guerreiros o acompañaban,
armados con caetras (escudos circulares), lanzas, espadas de bronce e ferro,
ondas e arcos, baixo o estandarte da
serpe de Troña, escoitaban o xoven Troñico antes de cruzar o Tena, o seu
lado como sempre, Kaltolo.
Hoxe
nos adiantamos o propio Lugh nesta mañá, demostraremos os kaneos que non temos
medo deles cruzando antes nos as sagradas augas do Tena, entrando así en súas terras, pois esta
loita será en súas terras en non nas nosas, o sangue e parecer dos deuses
decidirase nelas e premiaran os primeiros valentes, aquí faremos xustiza e
recuperaremos a miña irmá Milena e nosos rabaños, así como vingaremos a
humillación de meu pai, fillo de Troña. Non temades a Helodro o Touro, tan só e
un bruto e violento bárbaro, sen máis talento que o da súa espada, sen
compaixón pero sin gardarse súa garda e aventurado sen cabeza. Lugh e Annu
están con nos, a vitoria e nosa, crucemos o sagrado Tena, con forza, vencer ou
caer!!
Con isto Kaltolo que estaba o seu carón, nu de
cintura para arriba voltou gritar o lema de loita de Troña, e todos e todas,
pois algunhas feras guerreiras tamén foran a loita, repetiron e cruzaron o
Tena.
O pouco de cruzar o Tena, comezaron a escoitar os
cornos de guerra dos kaneos, que se aproximaban río abaixo. En pouco tempo, o
redor do prado no que se atopaba o gran Piñon, nas ribeiras do Tena ambos
bandos se viron.
O número estaba igualado, pois os kaneos o contrario
que os de Troña, decidiran levar a esta loita seus millores guerreiros e os
millores dos poboados que os apoiaban, pois tiñan muita confianza na vitoria,
pero tamén sentíronse sorprendidos o ver guerreiros dos Coutos Altos entre os
troñanos. Pero a gran sorpresa foi ver entre os de Kanea o máis temido
guerreiro do val do Tena, Leboreo o Lobo ou
Pel de lobo.
Este veterán guerreiro, dunha altura que sobresalta
sobre o resto de homes, levaba a cabeza totalmente pelada e pintada, con
enormes barbas brancas, e colgada de seu lombo unha pel de lobo, recordando seu
estatus de guerreiro lobo. Vivía só nas montanas da Keltkalleri (Galleiro), pois
alí só perdera as facultades de home, gañando as de un animal salvaxe, mesmo
apenas sabia falar. Dicían del que na loita entraba en trance e convertíase nun
lobo. Muitos guerreiros o velo diante, estremecíanse de medo só por súa porte
salvaxe, violenta e impoñente.
A estratexia a seguir de ambos bandos era simple, o farían
a antiga usanza, sen monturas (dicir que o bando de Troña tampouco as tiña),
dous continxente un enfronte do outro, farían na primeira liña un muro de
caetras, e ambos avanzarían ata atoparse. Despois veríase quen era quen de
facer retroceder ou romper filas o outro, e mentres os máis aguerridos e
valentes saltarían o outro lado inimigo e enfrontaríanse a outros guerreiros en
loitas individuais. O bando que rompera escudos ou fuxira en retirada de seguro
sufriría unha grande carnicería a parte da derrota. Os lideres de ambos
continxentes tamén soían enfrontarse en batalla individual, a morte, a caída
dun líder tamén soía saldarse coa derrota de seus guerreiros.
Cara a cara, cos carroñeiros roldando o lugar, preludio
dun gran banquete e sangría, Helodro o
Touro, co seu puñal de antenas brilante colgado de seu cinto, herdado de
seus antepasados, adiantase os seus
homes os cales portan, orgullosos o estandarte case invencible do porco bravo
dos kaneos. Tamén se adianta o xoven Trónico o Sen Medo nas súas filas, Helodro manda tirar a seus guerreiros
toda arma sen ser a caetra e as espadas, retando os troñanos a que a loita fora
corpo a corpo total, o que Trónico respetuoso, seguindo os antigos códigos da
loita, manda a seus guerreiros facer o mesmo.
Miradas se cruzan, só uns trinta metros separan
ambos bandos, un pequeno silenzo rolda o ar, ata que os guerreiros comezan a
berrar seus lemas e gritos de guerra, chamando seus deuses protectores, os
kaneos berran fortes e bravos na loita! E
o nome de Bândua! Enchéndose de
moral, no outro lado escóitanse berros de con
forza, vencer ou caer! Ou o nome de seu heroe Tissifiono nos guía! A adrenalina se apodera dos homes, o suor e os
nervos, ata que ambos bandos cos escudos por diante comezan a correr un contra
o outro.
Entre berros e maldicións, o impacto das caetras e
brutal, muitos guerreiros máis febles se van o chan ou son pisados. Comeza a
loita, nos troñanos, Trónico dende atrás puxa da moral e ánimos os seus da
primeira fila, mentres Kaltolo espera detrás os guerreiros inimigos que salten
e crucen as súas liñas para retalos, como un autentico liquidador, pois ese era
seu plan, máis ben defensivo nun primeiro momento da loita para tentar acabar
cos máis valentes do bando kaneo.
Mesmo así, algúns feros xovenes guerreiros do Montes
da Pedras e dos Coutos Altos, estimulados polo consumo de fungos antes da loita,
se precipita lanzándose sobre as liñas contrarias para loitar, era tamén algo
que xa tiña ben calculado Trónico, que non os miraran a estes como débiles
defensores.
Tamén saltan os primeiros kaneos a orde de Helodro,
e van caendo guerreiros de ambos bandos, algúns arroxados as augas do propio
Tena, que comezan a tinguirse de vermellas súas augas, como unha gran bagoa
encarnada dos antigos deuses. Nese momento chega un dos momentos máis épicos da
historia deste val, pois salta as filas inimigas o temido Leboreo o Lobo, o cal sen sabelo nin el mesmo,
tiña alguén esperando por el o outro lado.
Soltando uns berros atronadores, como dunha besta e
non dun humán, engancha a un guerreiro dos Prados o que da un violento
cabezazo, logo o colle coas dúas mans polo pescozo ata estrangulalo, para
despois rapidamente sacar a espada e cortarlle a cabeza, os guerreiros que
puideron ver esa brutal forma de matar, atópanse aterrados ante Leboreo. Pero
se escoita unha voz, unha voz xoven e forte que berra que se aparten isto chama
a atención do guerreiro lobo, tratase de Kaltolo. Ambos se miran retándose, e
comeza o épico enfrontamento.
Os dous avanzan o encontro, Leboreo da un forte espadazo que responde a
outro de Kaltolo, e pero este dobregase comprobando a grande forza bruta de seu
adversario, rapidamente Leboreo, que loitaba sen caedra, da un puñetazo a
Kaltolo que este o para ca súa caetra, facendo un forte estrondo, doéndose o
guerreiro lobo do impacto. Ambos dan un paso atrás, e se voltan a ver os ollos,
Kaltolo tembralle o corpo e comproba que a mirada e ollos do seu rival non son
dun home, están posuídos, e un auténtico lobo
na xente, e decide tamén tirar súa caetra, pese a súa xuventude se da conta
que esta ante o combate da súa vida.
Ambos voltan a dura loita, todos os guerreiros dos
dous bandos a observan, Kaltolo vai esquivando os fortes golpes do Lobo,
calculando e esperando seu momento, como se dunha fera se tratara que tiña que
cazar. Ata que chega un momento que mira súa ocasión, xira sobre si mesmo
sorprendendo a Leboreo e crava súa espada no seu bíceps, traspasando este, o
lobo berra, pero rapidamente engancha a Kaltolo e mórdelle violentamente o
antebrazo do brazo co cal cravara a espada. Agora Kaltolo tamén berra da dor,
entón Leboreo solta seus dentes do brazo, agarra a ferida aberta con súa forte
man de longas unas e afiadas e propina a Kaltolo un violentísimo cabezazo, partíndolle
o nariz. Kaltolo comeza a sangrar pola faciana abundantemente, pero non solta a
espada cravada no bíceps do lobo, a situación e angustiosa para os dous,
Leboreo tendo un brazo inmobilizado pola espada cravada, e o outro apresando a
ferida de Kaltolo, tenta voltar golpealo coa cabeza ou mordelo, mentres Kaltolo
tamén cun brazo inmobilizado e outro parando a cabeza do lobo, coa vista
nubrada de bagoas pola nariz rota, decide a desesperada cun rápido movemento
sacar súa arma secreta, pois no seu cinto sempre leva seu amuleto colgado, unha
pedra de cuarzo leitoso, sacada dun antigo monumento funerario (Mámoa) dos seus
antepasados, e con ela golpea fortemente a cabeza de Leboreo.
Este sorprendese e berra, Kaltolo tamén berrando
volta a golpear a cabeza do lobo, a cal dun golpe perde parte de seus dentes e
comeza a sangrar en abundancia. De tantos golpes, coa cabeza xa desfigurada e
ensanguentada, Leboreo cae o solo, mentres Kaltolo ensanguentado sigue golpeando
como un tolo berrando con súa pedra de cuarzo, que pasou de branca a vermella.
Foi o fin de Leboreo o Lobo ou Pel de lobo, e o comezo da lenda de
Kaltolo alcumado dende esa, O Matalobos.
Mesmo así Kaltolo tamén se encontra ferido,
sangrando e moi canso, non se ten en pe. Seus oídos parece que xa non escoitan
e seus ollos non miran, como un moribundo, mira os primeiro corvos vidos a
loita como os paxaros da morte dos deuses, que veñen na procura de súa iálma.
Un guerreiro atento decide sacalo do campo de loita e apoialo nun sagrado
carballo. No futuro Kaltolo tamén sería alcumado o Urso (o oso), pois sendo xa veterán conseguirá matar un urso por
seus propios medios, pero esa e outra historia. O importante disto, e o gran
golpe para a moral dos kaneos na loita, pola perda do referente Leboreo.
Este estaba xunto o gran Piñon, e armado de valor alí
se foi Trónico retalo, o velo o Touro rapidamente se foi por el e deu comezo a
loita entre ambos o pe do gran penedo, mentres os resto de guerreiros observaba
co babillo do ollo, a sorte estaba votada.
A ambición e forza contra a vinganza e xustiza, que
crueis poden chegar a ser os deuses para que o home chegue a esta situación
limite. Helodro, máis experimentado comezou a golpear con súa espada a Trónico,
que defendíase dos golpes con súa caetra, pouco a pouco o acurralaba contra o
Piñon. Foi entón, cando estando o troñano case desamparado de parar tantos
golpes de espada, coas costas apoiadas contra o penedo, Helodro, cego de raiba
aparta a caetra de Trónico e o deixa desprotexido, esperando o golpe final.
Pero as veces a raiba e fiereza son malos
compañeiros na loita, e xa ben o dixera Trónico antes da loita os seus, “tan só e un bruto e violento bárbaro, sen
máis talento que o da súa espada, sen compaixón pero sen gardarse súa garda e aventurado
sen cabeza”, pois Helodro berrando como un tolo, levantou tanto a espada e
pola fereza foi tan lento, que o golpe final Trónico conseguiuno esquivar con
esas forzas que os deuses dan en momentos extremos onde a vida eta o limite,
indo bater a espada do Touro contra a pedra do Piñón, partindo esta e dous e
deixando a marca. O ruído foi tal que se escoitou como un trono de mal augurio
en toda a loita.
Rapidamente os guerreiros kaenos, agora desesperados
deixaron a loita e rodearon seu líder para que ninguén se acercase, cousa que o
canso Trónico chegoulle o máis a dentro, parando a loita e perdoando eses
valentes e formidables guerreiros.
Non sabemos se a estratexia de Trónico na loita foi
esa, deixar que Helodro caira pola seu propio peso, ou se foi sorte ou cousas
dos deuses, o que si sabemos e que contra todo pronóstico venceu no Piñón os
kaneos. No seguinte día o val do Tena mencía co sol nacente doutra maneira,
chegaba a decadencia de Kanea e o auxe de Troña, baixo un novo líder
intelixente e valedoso, Trónico Sen Medo.
Pronto ata os mesmos Kaneos o respetarían, pois
despois de vingar a seu pai, recuperou a súa irmá Milena e o gando de Troña,
pero non foi rancoroso con Kanea. Deixou que despediran a seu aguerrido líder
Helodro o Touro con honores, o cal
foi incinerado e depositado nas ribeiras do Tena nos redores de Kenea, con súas
armas persoais baixo unha estela de pedra, onde saía a figura guerreira que
fora.
Trónico morreu de moi vello, rodeado dos seus, mesmo
que na seu derradeiro momento arrepentiuse de cousas que fixera como caudillo
na súa vida, morreu feliz e acompañado. Pola contra, Kaltolo o Matalobos ou O Urso, brazo direito e millor amigo de Trónico, despois de unha
vida de aventuras e fazañas pola Kaltia, morreu máis novo nunha gran cacería, caéndose
do seu cabalo e golpeándose a cabeza cunha pedra. Curiosos son os deuses, o que
ningún home e fera puido con el, o puido unha caída, pero aí quedan súas
fazañas para o recordo do val do Tea, que os viu nacer os dous en Troña,
Trónico o Sen Medo e Kaltolo o Matalobos ou o Urso, curmáns de sangue e irmáos na loita.
Conto e historia hipotética basada no Castro de Troña e a Cidade de Caneira, Ponteareas, terras do Condado.