Mostrando entradas con la etiqueta AA.VVRibadetea. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AA.VVRibadetea. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de febrero de 2020

Os Mudados co rito de ir As Perriñas, conquistan Ribadetea e recuperan seu Entroido tradicional

Así comeza o rito iniciador

“A partir deste momento, cubriredes vosos rostros cos trapos e caretas, e deixaredes de ser vos mesmos, agora xa non tedes nome, sodes Os Mudados, somos Os Mudados.

Durante horas e con respeto, seremos a única autoridade en Ribadetea, casa por casa facédelle festa e troula a aqueles que solten as perriñas ou oviños, pola contra, facédelle brincadeira e sarcasmo a aqueles que reneguen de facelo, agora, somos lei.

Vivan as Perriñas e Mudados! Viva Ribadetea e viva noso entroido tradicional!



 Foi un pracer que participase con nos un "Currimiño das Regadas de Mós"

miércoles, 12 de febrero de 2020

As Perriñas, os Mudados, os Farrapeiros, Mascaritas, as Pesetiñas, os Maruxos... o antigo Entroido do Condado.


Non fai tantas décadas noso entroido no rural do Condado, seguía sendo tradicional e totalmente vinculado o resto de entroidos tradicionais do noroeste.

Perriñas e Mudados recuperados en Ribadetea.

Os últimos en seguir a tradición de ir polas casas, coa identidade “mudada” pedindo cartos ou ovos, foron os nenos, os cales ate fai ben pouco inda se podía ver grupiños deles polas parroquias do Tea.

Segundo a zona, os “mudados” ou “mascarados” cambiaban de nome ou forma de denominase, temos así na zona norte do concello de Ponteareas, nas parroquias de Ribadetea, Padróns, Fozara, Pías e Prado, as Perriñas ou Mudados, en Areas as Mascaritas, en Xinzo os Farrapeiros (de farrapos), na zona de Oliveira as Pesetiñas, no sur de Salvaterra os Maruxos... e ate en Mós, o outro lado da Serra do Galleiro, coa mesma indumentaria e rito, os Currumiños.

A indumentaria destas mascaradas, era a mesma, como en grande parte da Terra galega, vestirse con roupas vellas, tapar o rostro co “trapo” ou careta, sombreiro ou pano vello na cabeza, e pau e vimbio. Desta maneira cada individuo ía de forma estética similar os outros, pero diferentes entre si. Tamén había tradición, dende a zona da ría de Vigo, subindo o Miño dende a desembocadura ate o Ribeiro cando menos, de levar no medio uns “casamenteiros” ou parexa nupcial.

O rito consistía en ir polas casas, pedindo “as perriñas” ou “pesetiñas”, sen descubrir a identidade, inda que na época do franquismo, tamén se daba “ovos” para despois facer unha tortilla entre a irmandade de mascarados. Se a casa daba ese aguinaldo, normalmente se descubría a identidade, se non daba, non, similar a un truco trato.

En caso de que quixeran destapar a identidade sen dar nada, se daba co vimbio, e como dicían aquí os vellos, “daban duro”. Este era o rito sobre todo dos nenos e mozos, pero, os máis maiorciñ@s e adultos, o parecer campaban polas parroquias facendo falcatruadas e chamando a atención, aproveitando súa identidade agochada e que ese día estaban perdoados.
Fotos dos anos 30 ou 40, nun entroido no Teleclub da parroquia de Pías, onde se pode apreciar a perfección a vestimenta tradicional. Fotos de Felix Gonzalez Lorenzo.

As Perriñas e Mudados


Comezar por dicir, que as Perriñas ou “ir as Perriñas” era máis ben a acción de saír buscando o aguinaldo chamando perriña, que ben do diminutivo da moeda “perra”, que eran os 10 céntimos da antiga peseta e saíron en circulación no 1870, o que da orixe a este nome, pero ben seguro que a tradición era anterior. Pero os individuos que se disfrazaban para ir a elas, eran máis coñecidos como os “Mudados”, que ben dos que “mudan súa identidade”. Isto cando menos na parroquia de Ribadetea e redores.

A descripción dos traxes mudados para ir as perriñas era o seguinte.

Trapo ou careta, en tempos antigos, era moi difícil conseguir ou facer unha careta ou máscara, polo que o máis típico era usar o trapo, que consistía en cortar a forma dos ollos e boca nun trapo, logo algúns o pintaban e outros non. Os máis enxeñosos, facían máscara, maioritariamente con elementos naturais como madeira e ósos de animais.


Sombreiro e pano, era o que normalmente levábase sobre a cabeza, tanto o típico sombreiro de palla como o pano colorido “das vellas”.

Roupa vella e guantes, como mencionamos antes, vestíase roupa vella e ate remendada, así en Xinzo chamábanlle “farrapeiros”, pois muitas veces eran farrapos remendados. Polo normal esta roupa vella pedíase a familiares secundarios ou mesmo veciños, para que fose máis difícil saber a identidade de quen a levaba.  Era tamén tradición que os homes foran de mulleres e viceversa. Nas mans polo normal, se levaba luvas ou similares.

Pau e Vimbio, ambas non podían faltar, o pau máis ben era para intimidar, ou mesmo polos vellos camiños ou entrar nas casas defenderse dos cans. En canto o vimbio das vimbieiras, tan usados inda a día de hoxe para atar as viñas, pola nosa tradición vinícola no Condado e moi abundante, era o perfecto “látego” natural.  

Outras características, unha das cousas máis fermosas que nos quedou do substrato das Perriñas ou Mudados, foi a forma de expresión oral para pedir o aguinaldo, que consiste en berrar “perriiiña” pero cunha voz efeminada e sarcástica, coa función de que non descubrisen quen eras pola voz.
Outra xa a mencionamos arriba, a característica de levar uns casamenteiros no grupo, normalmente atribuído a mozos e mozas que querían xuntarse. Temos algún dato máis desta curiosidade na desaparecida Corrida do Galo de Toutón (Mondariz), onde se elexía un mozo e moza, o cal se chamaban “o rei e raíña”, facéndose procesión simulando unha voda. As Corridada do Galo tamén facíanse no ciclo de entroido en muitas parroquias do Condado.
Perriñas e Mudados de Ribadetea convidados o Entroido do Ribairao (Chantada)

Na parroquia de Ribadetea, a AA.VV de veciños e colaboradores, levamos dous anos recuperando esta fermosa tradición tan nosa, noso Entroido popular e rural. Este ano a grande saída será o domingo de entroido, o 23 de febreiro, dende o centro cultural, para de novo percorrer os camiños e corredoiras parroquiais o berro de “periiiña”.


Animamos tamén e colaboramos, para que outras parroquias veciñas recuperen seu Entroido tradicional xemelgo do noso (millor dito o mesmo), rompendo así coa marxinación do folclore e cultura de noso rural.

Por último, agradecer dende aquí a colaboración doutros entroidos da Terra para a posta en valor do noso, como os amigos do Ribeirao (Santiago de Arriba, Chantada), os Peliqueiros e Parrafóns de Campobecerros (Castrelo do Val) ou os Troteiros de Bande.

domingo, 17 de noviembre de 2019

Andaina 4º xuntanza entre Mós e Ponteareas na Serra do Galleiro

Por cuarto ano consecutivo, veciños de Mós e Ponteareas nos xuntamos de novo na nosa Terra en común, a Serra do Galleiro.

En irmandade visitamos xuntos o noso punto de unión que nos xuntou a primeira vez, a mámoa do Salgueirón. Tamén as novas escavacións no Castelo de Mós, o foxo do lobo que se atopa moi pretiño da fortificación, as Varandas e o  ascenso o cumio do monte Castelo.

martes, 13 de agosto de 2019

Festas gastronómicas da Tortilla en Galicia


Calendario das festas gastronómicas que teñen a tortilla galega como protagonista na terra galaica. De seguro pode quedar algunha atrás, así como outras coñecidas este ano non se realizan, mesmo así esta e nosa axenda. Viva a tortilla

GOIAN (TOMIÑO) GRAN TORTILLADA DO ENTROIDO (MARZO)
TIPO..... Gastronómica
DATA..... Marzo (Entroido)
EDICIÓN... 

RIBADETEA (PONTEAREAS) FESTA DA TORTILLA (ABRIL)
TIPO..... Concurso e Gastronómica
DATA..... Abril, o domingo posterior a San Xurxo
EDICIÓN.. XV

AIAZO (FRADES) FESTA DA MERENDA (ABRIL)
TIPO.... Gatronómica
DATA.... Abril
EDICIÓN.. XIV

MANDRÁS (CEA) FESTA DA TORTILLA E SERÁN (MAIO)
TIPO.... Gastronómica e serán
DATA.... Maio
EDICIÓN.. V

CARCACÍA (PADRÓN) A TORTILLA XIGANTE (--)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Maio (este ano non se celebra)
EDICIÓNS.. XX

BARCIADEMERA (COVELO) ROMERIA SAN XOÁN DE MOSTEIRO (XUÑO)
TIPO.... Concurso e gastronómica
DATA.... Sábado posterior a San Xoán
EDICIÓN.. I

DOROÑA (VILAMAIOR) CAMIÑATA FESTA DA TORTILLA (--)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Xuño (este ano non se celebra)
EDICIÓN.. IV

LARO (SILLEDA) FESTA DA TORTILLA (AGOSTO)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Inicios de agosto
EDICIÓN.. XXXI

CELEIRO DE MARIÑAOS (BARREIRAS) FESTA DA TORTILLA DE SAN CAETANO (AGOSTO)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Agosto
EDICIÓN.. XXIV

CASTRILLÓN (A CORUÑA) CONCURSO DA TORTILLA (AGOSTO)
TIPO.... Concurso e degustación
DATA.... Finais de agosto
EDICIÓN.. XII

AS NEVES, FESTA DA TORTILLA (--)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Agosto (este ano non se celebra)
EDICIÓN.. VII

BETANZOS, SEMANA DA TORTILLA DE BETANZOS (OUTUBRO)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Outubro
EDICIÓN.. XII

PORTONOVO (SANXENXO) FESTA DA TORTILLA (NOVEMBRO)
TIPO.... Gastronómica
DATA.... Santa Catalina (Novembro)
EDICIÓN: I

martes, 7 de mayo de 2019

XV Festa da Tortilla en Ribadetea


TORTILLA ROCK
Grupo Avoid Note
Grupo 160
Grupo Lost in Mantra


FESTA E CONCURSO DA TORTILLA
Gañadores desta edición
Exposición do patrimonio relixioso e muíños de Ribadetea

Grupo Naiama


TEATRO
ANACLETO BUCA MOZA, GRUPO TEATRAL DE XINZO