Mostrando entradas con la etiqueta No Pais do Deza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta No Pais do Deza. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de mayo de 2018

Ruta de sendeirismo as Grobas, aldea deshabitada na Serra do Candán

Son recordos, aqueles prósperos anos onde no corazón da Serra no Candán, alborotaba a tranquilidade coa súa mina de estaño, xunto coa venta de carbón vexetal de carballo, a pequena aldea das Grobas e seus veciños, que gozaba dunha de grande vida e ruído. Seu muíño, traballaba a reo no río que leva seu nome, das Groba, onde se xunta con varios brazos no lugar, nunha fermosa ribeira empedrada.

Inda que son terras pertencentes o concello de Forcarei, realmente as Grobas e un antigo recordo dun núcleo rural no Candán, pero foi esa situación tan remota, a que fixo seu abandono, pois a esta nunca chegou ningunha estrada nin a luz eléctrica, sendo abandoada seus últimos moradores no ano 1969.

A día de hoxe, os seus solitarios restos, son un pequeno recuncho, onde o visitante e camiñante, busca a desconexión e tranquilidade. No lugar habilitouse unha vivenda como refuxio, que luce unha rechamante bandeira amarela.
Nesta ruta, imos improvisar un percorrido circular polos carreiros do lugar, duns case 12 km e catro horas e corenta minutos con paradas, incluído o almorzo nas Grobas. Arrancamos da aldea de Ameixedo, pertencente a parroquia de Zobra no concello de Lalín, seguindo un pequeno carreiro que sae da aldea e pouco a pouco entra no pechado val do río das Grobas. Unha vez chegado a un alto, chamado Porto do Frade, xunto a unha torreta de corrente, comeza un forte desnivel ate un rego afluínte do río principal, neste forte descenso, aconsellamos facelo de vagar e estremando precaucións. Unha vez cruzado o pequeno rego, o cruzamos por un pequeno paso de rochas, e seguimos outro carreiro dende o cal se poden ver o fondo do val. os restos das antigas vivendas das Grobas.
Aldea de Ameixedo.

Xa preto desta, podemos ver os antigos socalcos entre unha grande carballeira, até chegar a unha fermosa paraxe, cos restos dun muíño incluído, onde se pode cruzar o río por unha ampla ponte. Unha vez cruzada a ponte, nos atopamos nos restos da antiga aldea, cos muros das antigas vivendas como xigantes semi-cubertas pola vexetación nun lugar inhóspito. Na parte máis alta, atopase a vivenda que a día de hoxe e refuxio, o cal ten sobre o tellado unha bandeira amarela. Debaixo deste, un fermoso espazo o lado do río cunha pequena ponte, onde se improvisou uns fermosos bancos con troncos para lecer a sombra, onde almorzamos.
 
Saímos das Grobas pola ruta máis clásica, o carreiro empedrado antigo que leva a aldea de Bustelos, a máis transitada. Este sendeiro discorre por a outra beira do camiño de ida, polo lugar do canón chamado a Costa, tendo unha suave pendente ascendente, cunha grande caída cara o río fora do camiño, polo que tamén recomendamos precaución.
Unha vez discorrido este fermoso tramo, duns 4 km, chegamos a un grande cruce moi próximo a aldea de Bustelos, no tal vez punto máis alto do percorrido a uns 700 m de altitude, cunhas marabillosas vistas sobre o entorno. Dende este punto alto, voltamos a descender por un amplo camiño en zig-zag cara o río, este camiño esta sinalizado como unha PR-G (sendeiro de pequeno percorrido galego), polo que só há que seguir as sinais e marcas. 
O chegar o río, chegamos a unha das zonas máis belas da ruta a parte das Grobas, pois no lugar de cruce do río, que ben sendo unha pedra pousada sobre outras dúas, poderiámolo chamar un “recuncho máxico”. Os verdes e antigos carballos cheos de musgos, o ruxir das augas do río xunto outro regato que se mestura no lugar, e os restos dun muíño cun camiño empedrado, recorda os vellos contos da infanza.
Seguindo o camiño empedrado, que no pasado levaba os muíños, ascenderemos ate chagar a aldea de Ameixido de onde partimos, rematando a fermosa e xeitosa ruta circular. 
Tipo de Ruta: circular.
Lonxitude: 11,75 Km
Duración: 4 horas e 40 minutos.
Dificultade: Media.
Sinalizada: Por etapas.
Valoración: de interese etnográfico e paisaxístico, un 9.





lunes, 26 de febrero de 2018

A Fraga de Catasós, un lugar máxico no corazón do Deza

Comezamos desta maneira con esta nova sección do blogue, No pais do Deza, posto que por cousas da vida, agora paso case tanto tempo nesas fermosas terras do interior, como no Condado.

E de que millor maneira comezar, que con este fermoso paraxe, enclavado na parroquia de Catasós, no concello de Lalín. Comparto aquí a súa historia directamente do panel, e dicirvos, que directamente o podo chamar un pequeno Edén galaico centenario, entre carballos, castiñeiras e sobreiras, cheo de vida e tranquilidade, onde posiblemente, si se atopen os castiñeiros máis altos da Europa.