Persoalmente me criei a sombra desta serra, polo que
para min e parte de miña identidade e persoa, como unha mai protectora que me
miraba dende seus altos cumios. Despois de anos estudando e explorando nela,
creo que e o momento de comezar a escribir sobre ela, en diferentes campos, nace este novo tema no blogue, A Serra do Galleiro, para así dar máis a coñecer seus
encantos e problemáticas, protexela de forma de máis mediática e tentar
pola en valor.
A
Serra do Galleiro, introdución
A Serra do Galleiro e unha cadea montañosa que se estende
de norte a sur próxima a Ría de Vigo, tendo de vertentes polo oeste o río Louro
e polo este o Tea, no suroeste da provincia de Pontevedra, Galiza.
Fai de fronteira natural entre os municipios de
Pazos de Borbén, Ponteareas, Mos, O Porriño, e no seu brazo máis baixo do sur Salceda de Caselas e en menos medida Salvaterra de Miño. Seus puntos
máis altos se atopan no chamado propiamente Galleiro, no Couto do Lobo ou
Cales con 743 m, tamén destacan o Pico Salgueirón 633 m, Alto da Serra 614 m, O Castelo
543 m, e logo no brazo sur inferior no que se estenden montes máis baixos
pero abruptos, como o Faro de Budiño 399 m e San Cibrán 449 m.
Nela nacen pequenos ríos ou regos que van as vertentes do Tea (este) ou do
Louro (oeste), destacando no primeiro o río Mouróns e Xinzo, e no segundo o
Torroeira ou Nespereira. Nestes pequenos ríos e seus afluentes se fan pequenas bagoadas
de flora autóctona como carballeiras e moroteiras.
Etimoloxía
O nome Galleiro parece ter unha procedencia clara, de
Galo, Gallo ou Gaio, que na evolución etimolóxica ven do indoeuropeo Kall ou Kel, que ven significando pedra.
Coa evolución do latín a K pasou a C, e esta G, chegando a nos Galleiro, sendo unha serra moi
balbolítica e pedregosa, e máis, no dicionario galego Galleiro significa cumbre pedregosa ou de acumulación de pedras.
Ten relación co significado de outras serras do
entorno como o Galiñeiro, Argallo ou o mesmo nome de Galiza/Galicia, que ven de
Gallaecia/Callaecia no latín.
Clima
O seu clima e claramente oceánico atlántico, pois
pega co Atlántico na súa cara oeste. Seus invernos son suaves, só chegando a
nevar nas súas cumbres nos anos máis fríos. Os veráns son suaves cunha tendenza
nos últimos anos cada vez máis cálidos e secos.
Súa pluviosidade e alta sobre
todo nos meses de choivas, facendo que as sequías sexan de carácter baixas nos meses
de agosto e setembro, polo que seus regatos son caudalosos.
Destacar nas súas vertentes do val do Louro e Tea a
formación de intensas neboas e gran humidade nos meses de inverno, sobre todo
no Tea.
Xeoloxía
Destaca súas grandes formacións balbolíticas graníticas,
en formas de grandes moas ou bolos. Seus solos dominan os graníticos, de
cuarcita, arcillosos e areosos.
Destaca pola erosión, formas graníticas de curiosas
formas, sobre todo as que se parecen a animais, tendo muitas delas nomes.
Flora
Nas zonas máis altas domina o matorral e monte raso,
sendo dominado por xestas, toxeiras e antigos pastizais.
No campo arbóreo, a día de hoxe pola industria
madeireira e papeleira destaca as plantacións de eucaliptos e piñeirais sobre
todo na vertente este, cunha presenza tamén importante de acacia australiana.
Na vertente este, nas zonas altas tamén destaca as plantacións de piñeiros de
copa ancha.
Na flora autóctona, nas bagoadas e pequenos vales
dispersos podemos atopar carballeiras ou cerdeiras, esta última bastante
repoboada. Tamén por zonas podemos aínda atopar con arbores autóctonas máis característicos
do mediterráneo, como sobreiras e moroteiras, en liñas xerais.
Fauna
Neste campo a fauna entra no campo atlántico
galaico, desminuindo esta claramente nos últimos anos polas repoboacións de eucaliptais
ou incendios forestais.
Mesmo así, a día de hoxe no Galleiro fauna que se
leva visto nos últimos anos destacariamos por grupos.
Mamíferos, destacan nos pastos aínda a gandeira
cabalar, en canto os mamíferos ceibes destacan o xabaril, o corzo, o coello
común, a raposa ou restos de cacerías nocturnas da xineta.
Aves, nas rapaces destaca o miñato, podéndose ver tamén
ten unha importante poboación de corvos. Nas máis pequenas destaca o merlo
común e o pardal. Nas nocturnas ten presenza a curuxa e moucho nas épocas
estivais.
Réptiles, o que máis abundan son a lagarta rabilonga
e o sardón, podéndose tamén ver o lución ou como chaman aquí, a pasmada. Nas serpes a que máis se pode
ver e a serpe de escaleira.
Anfibios, destacar nas abundantes zonas acuíferas e
pequenas lagoas a presenza de ras e sapos, así como píntega. Tamén destaca a
presenza de caracois e lesmas.
Insectos, neste campo destaca unha importante
poboación de saltóns, formigas, bolboretas, escaravellos, abellas ou arácnidos.
Pola abundanza de piñeiros, e significativa a presenza da procesionaria nas tempadas reprodutoras destas.
Destaca tamén por tempadas e falta de alimentos
noutras serras próximas como O Suído e Couto de Eira, a emigración de paso ou
ocasional o Galleiro do lobo ou aves como o voitre leonado, visto aínda este
ano na serra.
Cogomelos
e fungos
Nas zonas medias e baixas, sobre todo nas bagoadas e
pequenos vales de flora autóctona a presenza importante de cogomelos e fungos, como
níscalos, peidos de lobo ou as amanitas.
Patrimonio
e historia
A Serra do Galleiro ten un importante, ancestral e
amplo patrimonio, por ser zona de paso entre a costa e ría de Vigo os vales
interiores.
Atopáronse restos de poboadores paleolíticos en Chan
das Rozas, preto da cima do Galleiro. No megalítico debeu ter unha presenza
humana importante, conservando mámoas nos seus altos e faldas, destacando a do
Marco ou Salgueirón, máis a do Carballo Escuro.
Dentro da arte rupestre destaca na propia pedra da
cima máis alta, un petróglifo de coviñas dispersas, orientadas a posta de sol.
Tamén na pedra do cumio do monte Couto María, temos cazoletas de gran tamaño ou
lagares rupestres orientados a posta de sol como os do Galleiro. Nas faldas e cércanas
o Galleiro destacan outras zonas de petróglifos como nas zonas do Monte Aberto
e O Charco, con clara presenza no lugar de comunidades da idade do bronce.
Da idade de ferro ten unha importante densidade de
castros, como entre outros Sarmagoso, monte do Castelo, a Cividade de Louredo, Castrelos,
San Cibrán ou o do Faro de Budiño. Estes castros de altura dominaban os vales
do Tea e a zona da costa da ría de Vigo e súa comunicación, en algúns se
atoparon restos de romanización como tégula romana. E posible que no período
romano atravesase unha verea ou vía esta serra, na zona do Paso entre Louredo e
Ribadetea, na quebrada entre o Pico Salgueirón e monte do Castelo.
Na época medieval, o igual que na castrexa, a
importanza visual da serra sobre as vías de comunicación, fixo que tivera unha
importante densidade de castelos, chegando a nos os restos do que existiu no
monte do Castelo, e sobre todo no brazo sur e súas faldas, o de Mirabel en
Cans, o do Monte da Torre en Nogueira e o do Faro de Budiño. Destaca tamén a
capela de San Fíns de Cillarga, de época tardo medieval, ou os restos aínda en
estudo da capela de San Matiño, en Couso, que pode datar de época alto
medieval.
A partir do século XV destaca a arquitectura
popular, como os muíños, cruceiros ou canastros ou capelas como a de San Cibrán.
En canto o pastoreo inda se poden ver os antigos muros do pastizal de
Sarmagoso, enriba de Mouro. En épocas máis contemporáneas na serra se construíron
numerosas casetas de vixilancia contra os incendios, a día de hoxe só activa a
do Galleiro.
Paisaxistica
A serra atopase nun enclave privilexiado entre a ría
de Vigo e vales dos redores, polo que seu campo visual e incrible. Ten
excelentes vistas sobre o val do Condado, o val do Louro e ría de Vigo e illas Cíes.
Dende ela tamén se poden ver outras serras como a do Suído, Faro de Avión,
Montes da Paradanta, San Nomedio, Serra da Peneda e de Santa Luzia (Portugal), val do Miño,
Serra de Argallo, Serra do Galiñeiro, Serra da Groba, Serra do Morrazo e Faro
de Domaio, Serra do Cando e ata en día despexados, a Serra do Barbanza na
provincia da Coruña.
Folclore
e mitoloxía
Conservase na Serra e seus redores unha riquísimo
patrimonio oral e tradicións, como seres mitolóxicos, lugares máxicos e
sagrados ou tradicións.
Algúns lugares con encantamentos entre outros e o
Penedos dos Mouros, A Casa da Moura, O Penedo da Cruz, O Pedra que Tan, O Santo
Aparecido ou A Pedra que Fala, nestes lugares consérvanse lendas de aparicións
de Mouros e Mouras con grandes riquezas, sendo algunhas cristianizadas con
aparicións marianas ou de santos.
Tamén destaca a presenza de seres mitolóxicos da
morte como a Cabra do Monte ou Galleira, tardos ou trasnos nos muíños, ou a espectrais
como a estantiga.
Algunha das tradicións que había era como a de San
Fíns de levar unha tella a súa capela para problemas de cabeza, ou no entroido,
en algunhas parroquias dos redores, a corrida do galo.
Problemáticas
e destrucións nos últimos anos
Unhas das maiores problemáticas que pasa a serra do
Galleiro neste momento, e a industria forestal vinculada a industria do papel.
Esta fixo repoboar en gran parte a serra de eucaliptos destruíndo parte da
flora e fauna autóctona, e o uso de maquinaria forestal pesada no monte que
entre outros destrúe patrimonio. Tamén recordar que a repoboación desta especie
fai que os lumes e incendios forestais sexan habituais e un gran problema na
actualidade.
Outro problema son as canteiras de extracción de
granito a ceo aberto, as cales muitas delas cerraron pero deixando parte do
monte destruído e cheo de residuos. Tamén existe un proxecto da instalación dun
parque eólico na mesma.