Mostrando entradas con la etiqueta Camiñando pola Terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Camiñando pola Terra. Mostrar todas las entradas
domingo, 26 de abril de 2020
O Camiño da Querquenia (A Baixa Limia) Documental histórico e cultural
Pequeno documental etnográfico da antiga bisbarra ourensán da Querquenia, hoxe coñecida como A Baixa Limia.
jueves, 16 de mayo de 2019
Ruta da Costa do Vicedo e Illa Coelleira (PR-G 156)
Nos achegamos as terras máis
setentrionais da Península Ibérica, moi preto do cabo de Estaca de Bares. Nos
atopamos en terras da mariña lucense, onde realizamos a ruta da Costa do Vicedo
e Illa Coelleira, un fermoso roteiro que sería de dez, sen ser por varias
detalles que contaremos o final.
Arrancamos do porto do Vicedo e o
pouco pasamos polas fermosísimas praias do chamado “Caribe Galego”, onde
destaca a pequena Praia do Caolín, con claras augas e translucidas coa area, na
fronte vemos a península de Estaca de Bares e o cabo, punto máis setentrional
da Iberia. Case os pes da praia, tamén se poden observar as ruínas dunha antiga
fabrica de salazón.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros,
sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha
das poucas subidas algo longas, o camiño é sempre unha ancha pista de terra. Pese estar case en liña de costa, a mar case
non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos
acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde
vemos incribles paisaxes.
Seguimos camiñando nos primeiros quilómetros,
sempre tendo a costa moi preto bordeando o Monte da Atalaia, onde temos unha
das poucas subidas algo longas. Pese estar case en liña de costa, a mar case
non se ve pola cantidade de montes de eucaliptos, que chegan mesmo a beira dos
acantilados, de vez en cando se ve algún “oasis” entre a masa forestal, onde
vemos incribles paisaxes.
O pouco chegamos a outra bela praia,
a de Xilloi, a cal ten un paseo onde temos unha fonte, importante para esta camiñada
en verán, pois é a única en ruta. Deixamos atrás esta praia e nos voltamos a somerxer
nos montes de eucaliptos, pero pouco a pouco nos pegamos máis a liña de costa,
de maneira que comezamos a ver o lonxe a impoñente Illa Coelleira.
Este tramo ate a Illa, a parte do
valor paisaxístico, e moi importante pola riqueza da súa fauna voadora, e
morada e ruta de paso de muitas especies de aves, as cales algunhas se deixan
ver. A parte das gaivotas e pequenos paxaros, puidemos ver un pagalo parasito,
ave escura mariña de grande tamaño.
Entretidos por ver aves, chagamos o
miradoiro de Illa Coelleira, onde podemos vela nun día tan aberto e despexado
con todo seu esplendor. Esta illa ten unha rica historia, tivo un mosteiro
medieval que fora atacado polos normandos (vikingos), logo este chegou a estar
mandado pola Orden Templaria, posiblemente para vixiar a importante ruta marítima
e portos da zona, e quen sabe, ate tal vez para algo máis. Xa no pasado máis
recente, se construíu o faro e ate segundo veciños da zona, aproveitando que a
illa ten auga doce en abundanza, se plantaban cae na súa totalidade patacas e
trigo.
Neste miradoiro, nos atopamos un
pouco máis adiante na metade do camiño de ida, polo que é un bo punto para
tomar un descanso e relaxarse, beber e comer algo desfrutando da paisaxe e súas
aves mariñas.
Retomamos marcha cara San Román,
para meternos noutra fraga de eucaliptos, agora temos por diante un tramo máis
poboado, onde por zonas camiñas por estradas pouco transitadas e aldeas, tal
vez a parte máis monótona da ruta.
Pasando o miradoiro da abrupta e
acantilada praia de Tixoso, a cal ten unha vertixinosa visión dende arriba,
chegamos as aldeas de Moreiras e Vilela. Ollo aquí a ruta esta moi mal
sinalizada e algúns pasos cerrados, polo que aconsellamos seguir pola pequena
estrada contigua a estrada comarcal C-642.
Pasado a zona de casas, cruzamos a
estrada comarcal en entrados de novo nun camiño de terra que xa nos levara en
nun quilometro a Praia de Area Longa ou San Román.
Ante nos temos a última grande e
xeitosa paisaxe da ruta, pois a praia de San Román semella sacado dun conto ou película
paradisíaca. Abrupta e suave a vez, insólita e transitada o mesmo tempo, con
esta fermosa paisaxe de fondo, despois de 13 quilómetros, decidimos xantar un
menú sendeirista/montañeiro, destes que cortas sobre o pan coa navalla o rico
embutido e queixo, non há deuses que o paguen.
Agora toca a volta de novo andando,
a ruta e doada pero se a fas desta maneira, son aproximadamente un 25 km, polo
que é importante ter unha forma media para realizala con tranquilidade sen
contratempos, pois o fin se queres desfrutala e vivila, son unhas 7 horas.
Dicir, que esta ruta é de 10, pero
por mor da cantidade de quilómetros metidos en montes de eucaliptos, que tapan
toda paisaxe, a parte que muitos tramos, polo paso de maquinaria para as talas
forestais atópanse en mal estado, lamentos e desfeitos, unha mágoa pois o lugar
o vale todo, mesmo así quen vai, queda abraiado pola beleza.
Tipo de ruta: Lineal
Lonxitude: 13 km (ida e volta uns 25 km)
Dificultade: Media (pola distanza)
Valoración: Paisaxística e natural.
Puntuación: 8,5 (inda que a
ruta sería de 10, ler arriba)
martes, 7 de mayo de 2019
Andaina histórica e patrimonial na Picaraña o 1 de maio, día do Beltaine.
Etiquetas:
Camiñando pola Terra,
cultura,
estación,
festividades,
galaicos,
interactivo,
Meigo do Tea,
Montañas Galaicas,
montañismo,
O Condado/Paradanta,
partrimonio,
Senderismo
lunes, 22 de abril de 2019
O Camiño da Ulloa, Terra meiga onde o Ulla é neno
lunes, 8 de abril de 2019
Montañas Galaicas, o Courel e a Serra dos Cabalos.
Nesta nova sección mostraremos os
cume e cotas de nosa terra e seus redores, así como tentalas identificar e ver
súas rutas de ascenso.
A Serra do Courel e o brazo máis o occidente da Cordilleira Cantábrica, así como dos máis antigos. A parte de seu grandísimo valor natural, tamén ten un importante peso seu valor arqueolóxico e xeolóxico. Se pode dicir que xunto súas serras secundarias, dende o río Sil ate os Ancares, forma case un macizo propio.
Vista da Serra do Courel dende o Castro da Torre.
A Serra do Courel e o brazo máis o occidente da Cordilleira Cantábrica, así como dos máis antigos. A parte de seu grandísimo valor natural, tamén ten un importante peso seu valor arqueolóxico e xeolóxico. Se pode dicir que xunto súas serras secundarias, dende o río Sil ate os Ancares, forma case un macizo propio.
Seus contrastes de montes que
superan os 1600 metros xunto a profundos vales fluviais que roldan os 300-400,
onde se atopa unha das reserva de flora máis importantes do pais, fan destes
lares un atractivo paraxe onde desfrutar do sendeirismo e montañismo.
A parte da propia Serra do Courel,
destacan outras como a pouco coñecida Serra dos Cabalos, que sigue o trazado da
primeira pola parte oriental, facendo linde coas terras do Bierzo.
Un dos maiores atractivos en montaña
e con dificultade, e o ascenso a Penaboa polo Km Vertical, cun fortísimo
desnivel dende o val do río Lor, do cal xa fixemos publicación aquí.
Dende Penaboa
e seu miradoiro a 1462 metros, pódese acceder por un corte moi abrupto da montaña,
duns 400 metros de caída, a liña da Serra do Courel, e a pouca distanza, dende
A Forcadura (1552 m) se pode ir pola cresta da Muralla o cercan pico Pía
Paxaro, que cos seus 1613 metros, e o segundo máis importante do macizo.
Corte do terreo dende Penaboa, cresta da Muralla e cumio do Pía Paxaro.
Polo lado oriental, o río Soldón
separa o Courel da Serra dos Cabalos, a cal se pode ver con todo seu esplendor
dende a estrada LU P-5004, co seu pico ganchudo do Montouto, destacando en máxima
altura, cos seus 1541 metros. Seguindo esa estrada, nos leva dende Quiroga a
aldea da Seara, a cal nun enclave fermoso en pleno pequeno val do río Selmo, se
pode ver sobre ela os abrupto cumios do Teso das Papoulas (1604 metros) e o rei
do macizo, O Formigueiros, que ten a cota máxima cos seus 1639 metros, o cal se
pode ascender dende esta aldea nunha ruta duns 10 km ida e volta.
Se seguimos a estrada dirección
norte, comeza a coller altura bordeando o Courel dirección a aldea de Visuña. A
cal polo norte linda coa Serra Escrita e o Faro, que no Cotelo do Faro a 1615
ten súa máxima altitude, facendo tamén linde co Bierzo.
Serra dos Cabalos
Panorámica dende A Seara
Pasada Visuña, a estrada volta cara
o oeste, e dicir o val do Lor na altura da coñecida parroquia de Seone do
Courel, atravesando a Serra das Travesas, con montes máis baixos e ondulados,
destacando o miradoiro e restos do castelo de Carbedo (929 m), xusto na fronte
do lendario Monte Cido (948 metros), o cal se pode acceder dende ese punto.
E desta forma rematamos co pequeno
paseo pola Serra do Courel e seu brazo oriental da Serra dos Cabalos, recordar
que este macizo e erosionado, con cumios e campas amplas e onduladas, pero o
mesmo tempo con grande desniveis, cortes de terreo é afiados cumios, polo que
se recomenda precaución, sobre todo en período invernal onda abundan cerradas néboas
e neve, pois recordade que as montañas pese ser fermosas, son salvaxes e insólitas.
Sobre a aldea de Ferreiros de Arriba, vistas cara o norte.
sábado, 15 de diciembre de 2018
Consejos para hacer el Camino de Santiago en invierno
Consejos para hacer el Camino de Santiago en invierno, en 2017 lo realice en enero desde Burgos hasta Fisterra. Para ver el vídeo documental de esta aventura y camino en solitario invernal https://www.youtube.com/watch?v=JJIK_...
lunes, 23 de julio de 2018
martes, 22 de mayo de 2018
Camiñando pola Terra: 4 Subida o Pico Salgueirón e sendeiro histórico de Mos
viernes, 13 de abril de 2018
Ultreia!! Documental Camino de Santiago invernal, Burgos-Fisterra, (Enero 2018)
jueves, 1 de febrero de 2018
Camiño de Santiago invernal, Burgos-Fisterra (Xaneiro 2018)
Camiño de Santiago invernal dende Burgos até Fisterra, feito no mes de Xaneiro de 2018 en 22 días, muitas grazas os que compartiron camiño conmigo, tanto directa como indirectamente
jueves, 7 de septiembre de 2017
Camiñando pola Terra: 3 Ruta Vieiro das Mámoas na serra Leboreiro ourensán
lunes, 4 de septiembre de 2017
Trailer Ruta 3 Camiñando pola Terra, Vieiro das mámoas e Serra Leboreiro ourensán
Desta vez en Camiñando pola Terra, nos desprazamos a unha das zonas menos coñecidas e visitadas da terra galaica, a Serra do Leboreiro ourensán e a ruta Vieiro das mámoas. Aquí vai o Trailer e promo.
miércoles, 5 de julio de 2017
Camiñando pola Terra: 2 Ruta do Xabriña e reportaxe da ceraría artesanal
Segundo reportaxe de Camiñando pola
Terra, desta vez nos imos a unha ruta das terras altas do occidente do concello
do Covelo, a ruta do río Xabriña. Pero a parte, grazas a dous invitados
especiais, Damian Copena e Mar os invitamos a coñecer unha antiga forma de vida
propias das parroquias da Lamosa e Paraños, a antiga industria artesanal da
ceraría e súa recuperación e posta en valor, na cal entraremos a fondo e
observaremos seu legado patrimonial.
miércoles, 7 de junio de 2017
Comezamos novo proxecto, Camiñando pola Terra
Comeza este novo proxecto, onde
faremos rutas polas terras do Condado e Paradanta para tod@s os públicos e os
mostraremos, explicando de forma interactiva seu patrimonio, historia, ecoloxía
e outros. O primeiro lugar elixido foi a Coto Eira, subindo por Gargamala
(Mondariz), mostrando nela entre outros as mámoas e petroglifos de Mourelle, o
foxo do Lobo e outras aventuras. Pouco a pouco iremos millorando, pero xa
comezamos con Camiñando pola Terra!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























