Mostrando entradas con la etiqueta celta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celta. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de septiembre de 2020

A ESTÁNTIGA OU ACOMPAÑMENTO NO CONDADO E PARADANTA. I Parte

Nome moi antigo para referirse a un ser do máis alá que ven buscar as almas dos mortos, tanto que a palabra pode vir do latín “hoste antiga”, e dicir, a procesión de ánimas que veñen a buscar o morto, da que deriva tamén a o nome “estadea”.

Noutros lares da terra galaica, tal vez a máis famosa e a compaña ou santa compaña, pero nas nosas terras conservamos inda “a estántiga” ou “acompañamento” para referirnos a eses seres do máis ala que veñen a Terra dos vivos a buscar as almas dos mortos.

Normalmente só a poden ver “vedoiros” ou persoas co don de ver ou sentir o que outros nin senten, pero a tradición tamén nos di que as veces sen querer, se estas persoas tocan os “normais”,  estes poden ver ou sentir igual que eles. Tamén engadir, que en certos casos, se unha persoa vai soa na noite ou no lusco e fusco, en corredoiras, carreiros ou camiños especiais ou quentes no mundo paranormal, si pódese chegar a ver estes seres, pois son como unha porta o seu mundo, e as veces de forma tan natural que case nin  o percibimos. Estas portas o outro mundo normalmente están en lugares onde há ríos ou lagoas, pois son portas o alén, o igual que a porta principal o outro mundo, onde cae o Sol sobre a mar.

A palabra estántiga, tamén se utiliza por ser do mesmo campo do “que non se pode ver” ou máis ala, como expresión para referirse por exemplo os pantasmas ou espíritos, por exemplo dunha casa enmeigada. Pero dicir que é un ser ben definido, que representa a morte mesma en busca das almas dos mortos. O caso máis mencionado, é o de ver luces, e entre elas andando, a alma do veciño que morrera en próximos días. Dicir que aquí existe a crenza de que a partir das 12 da noite, non se pode andar polo centro dos camiños, pois polo centro é por onde transita a estántiga, así que se debe andar polas beiras.

Existen lendas onde se te atopas coa estántiga ou molestas seu camiño e paso, esta te pode chegar a agredir ou golpear para que saias do seu paso. Deste modo nace outra mitoloxía paralela con este feito, con seres como o Avixón que che propón "ir polo airo ou ir pola Terra". Nesta primeira intodución da estántiga e acompañamento, vos vou deixar dúas lendas recollidas para o traballo que estou facendo, Encantamentos do Condado e Paradanta, onde podedes ver estes feitos que inda perviven, iso si, en risco de desaparecer, nas terras do Tea e montañas do Suído e Paradanta.

 A estántiga de Batalláns

Unha noite por un camiño un home atopouse coa estántiga, e esta preguntoulle se quería ir por arriba ou por abaixo, el contestou por arriba posto que así chegaria antes o seu destiño, entón esta levouno voando a ras das copas das árbores e deixouno colgado dun piñeiro.

Atopouno a mañá seguinte a irmá, colgado e espido, pois a roupa foralle quedando enganchada polas silveiras.

San Pedro de Batalláns, As Neves.

Contada por Marta Antonio Domínguez.

 A Santa Compaña ou Acompañamento en Santa Leocadia

Santa Leocadia foi un antigo mosteiro que temos datos del no século X, do cal a día de hoxe só quedan ruínas nun monte apartado entre a maleza na parroquia de Guillade.

En dita parroquia, contan que o acompañamento cando había defunto, subía dende a zona da igrexa por un vello camiño cara Guillade de Arriba, cara o Camiño Real, e dende alí baixaba por outro antigo camiño empedrado con marcas de carro nas pedras, cara as ruínas do antigo mosteiro.

Foi nese camiño, onde o avó de Damián Coto, que ó transitaba na noite cando era novo, viu vir unhas luces, as cales o acercarse viu que eran dunha procesión. Levaban un cirio grande adiante e outro detrás, e logo dous máis pequenos a cada lado.

O rapaz, o ver o que podía ser naquel lugar e na noite, asustouse e agochouse nunhas viñas, xa que seus postes tiñan forma de cruz. A procesión pasou, e o chegar os restos do mosteiro, detívose e o cirio de adiante apagouse.

O ver aquilo, fuxiu axiña do lugar. Nos días seguintes houbo defunto na parroquia, e el sempre dixo que en aquela procesión, vira o defunto así como as persoas que o acompañaron no enterro.

Dicir que este tipo de lendas, onde aparece un templo ou restos dunha edificación relixiosa e a compaña ou acompañamento, entran a nivel galego de mitoloxía da morte das coñecidas “misas de ánimas”, lendas e sucesos máis comúns da zona montañosa do oriente ourensán.

Ruínas de Santa Leocadea, Guillade (Ponteareas)

Contada po Damián  Coto.

viernes, 28 de junio de 2019

San Xoán de Callobre, o lumeiro da raíña celta Alda

Interativo San Xoán da parroquia de Callobre, na Estrada. Este comeza no día do Solsticio prendendo a chama do lumeiro no sagrado Pico Sacro, para despois, na noite do San Xoán, comezar o rito no propio castro da Fervenza, na propia Callobre. Comeza cunha procesión co sequito da raíña alda, e súas doce damas, cada unha por un mes do ano. Portan a chama do lumeiro ate o interior do castro, onde as esperan a garda de guerreiros para escoltalas e logo o rei da tribú, Kallius. Unha vez arriba, comeza unha danza antes de prantar lume a grande cacharela, onde cada ano se queima a Meiga Kalistea, para así espantar o seu meigallo, as malas enerxías e ter un bo augurio.

martes, 25 de junio de 2019

O San Xoán de Callobre, o rito do Lumeiro dende a aldea o seu propio castro

Un rito, unha parroquia e o grande traballo de querer recuperar as antigas tradicións desta terra, segundo o noso antigo legado celta.

Todo comeza no propio solpor da noite de San Xoán, no camiño da raíña Alda (que significa a máis bela) polas rúas e camiños de Callobre (A Estrada) ate o monte do Castro da Fervenza. Este camiño o fai acompañada polas súas doce damas, unha por cada mes do ano, as cales portan a chama do lumeiro ate o poboado galaico, onde as esperan os guerreiros e súa tribo.

Neste non falta o son das gaitas máis da percusión tradicional, un pracer e toda vivenza que nos deixaran acompañar o séquito, iluminando co lume novo do verán as escuras corredoiras.

Unha vez chegado o castro da Fervenza, de Callobre, que pode vir de Kallo-Bre (Castro de Kallaicos ou Keltaes), saen os guerreiros do poboado a recibir e escoltar a comitiva feminina ate dentro, onde a raíña Alda, da un discurso para o bo ciclo do verán.

Despois, o rei ou corono do castro e tribo, Kallusbre, tamén saúda a seu clan para desexar o bo augurio. Por último tamén aparece Calistea, a bruxa expulsada de Avalón que merodea as terras de Callobre, e será queimada na cacharela, e con ela se liberara das malas enerxía e escuras forzas.

Xa dous días antes, o Druída ou Durbede local, prendera a chama do lumeiro no alto do Pico Sacro, o cal marcaba o comezo do solsticio de verán e San Xoán. Logo na troula, o son da música tradicional galega, o carón da cacharela, non faltaron as danzas, o banquete e a queimada.

Pronto faremos un vídeo reportaxe, posto que o san Xoán de Callobre, non se pode resumir en palabras nin fotos, nin sequera en vídeo, posto a única maneira de vivir a experiencia, e sentila no lugar. Bo ciclo de verán do deus Lugh, e noraboa a organización e participantes deste fermoso San Xoán.



viernes, 26 de abril de 2019

A Romaría da Picaraña, un legado do Beltaine Celta


Son varias as festividades e romarías na terra galaica entre o 1 e o 3 de maio, sen ir más lonxe os coñecidos maios. Estas festividades, gardan no fondo unha tradición e historia máis profunda, pois son as herdeiras da antiga celebración do Beltaine celta, e dicir, a festa de cambio de ciclo ou estación no antigo calendario celta, que coincide nos mesmos días.
O Beltaine era unha festividade estacionaria, chegaba o bo tempo, as terras volvían ser produtivas e o gando era subido a pastar en terras máis altas ou montañas. Beltaine, significa “o bo lume”, pois este era un dos protagonista destes ritos, un exemplo os fachos de nosos tempos, pois queimábanse os campos improdutivos do inverno para dar paso a nova vida, a fertilidade da Terra coa primavera.
Era tradición subir os antigos santuarios dos cumios dos montes, e facer súas celebracións e rituais, co lume como protagonista, queimar os demos do inverno para un novo ciclo.


A Picaraña, e un dos muitos montes galaicos emblemáticos, cunha rica historia dende a idade de bronce, co seu castro e restos do castelo medieval, todo ponteareán garda un arraigo e simbolismo con este monte. Os antigos moradores destas terras, que tamén viviron na Picaraña, nos deixaron a parte de seu patrimonio, ricas lendas de mouros e penedos máxicos, pero sobre todo esta festividade que a conservamos viva, que aínda que sexa cristianizada a día de hoxe, seu legado e sentir segue sendo o Beltaine.

Este ano, a romaría ven cargada de actividades e actos, entre e elas, eu mesmo farei de guía nunha ruta interactiva polo seu patrimonio e falando disto mesmo, de forma máis profunda, da conexión cos nosos antergos a través desta festividade. Vémonos na Picaraña o día 1 as 16:00 horas da tarde.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

A MISA DOS MOUROS E SEUS RITUAIS NO CASTRO DE SAN AMARO

Incrible, fascinante e enigmático, así se pode describir este lugar pouco coñecido, o castro e capela de San Amaro, na parroquia de Lira, no concello de Salvaterra facendo linde co de Ponteareas.

Para a maioría das persoas tratase dunha capela adicada a San Amaro nun pequeno monte, construída sobre un castro galaico onde abunda a cerámica como proba deste, nada novo, pero se nos imos o folclore popular oral e o investigamos máis a fondo, a cousa muda, e muito!

Como describen os arqueólogos José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna no seu libro “Prospecciones arqueológicas de los Valles del Tea, Alveosa y Miñor”, publicado nos anos oitenta, “analizaremos un grupo de cazoletas situadas sobre la corona del castro, con diámetros entre 20 y 40 cm, y una profundidad de 11 a 23 cm, con formas cilíndricas e elípticas acompañadas de surcos”. Pero se sorprende esta serie de pequenos lagares e cazoletas sobre unha laxe a ras do chan, máis sorprende as lendas sobre estas mesmas. “El día de la fiesta de San Amaro, se echaba agua sobre ellas y se bendecia, y a continuación se procedía a bendecir los campos circundantes con esta agua. Antes de existir la ermita, la tradición dice que en las pías decían misa os Mouros”


Analizando e estudando o texto rapidamente, pois inda temos máis, na fronte da capela temos unha laxe a ras do chan, que cando menos se localizan dúas pías cavadas de tamaño medio e outra de forma elíptica, acompañadas de tres surcos. Dicir como indican os autores do texto, a laxe esta moi tapada e cuberta por vexetación, sobre todo musgos, estando no mesmo estado a día de hoxe, polo que non se descarta a existenza de máis. Nesas pías, realizábanse inda non fai tanto tempo no día de San Amaro, rituais vinculados a fertilidade da terra, e dicir o campo, cousa que inda a día de hoxe se fai en outros lados da terra galaica como mostrárenmos máis adiante. A parte destacar, que a tradición di que anteriormente a existenza da capela, en tempos posiblemente do castro, “ali facían a misa os mouros”, mouros, os nosos ancestros anteriores o cristianismo.

Engadir, que a uns metros das pías, atopase o final da coroa do castro, exposto e aberto no alto a paisaxe circundante, un incrible altar cavado na rocha nai, con tres escalóns e un par de pías. Non atopamos información deste sorprendente monumento, pero pola orientación o sol nacente co impoñente Monte San Nomedio ou San Mamede na fronte (que algúns aseguran que se trata do enigmático monte Medulio) podemos sacar a hipótese que pode ter seu orixe en tempos do castro, e que estamos ante unha zona ritualística de primeiro orde.


A MISA DOS MOUROS, UNHA POSIBLE FESTIVIDADE ANCESTRAL O SOL
Os datos claves para dar forma a esta hipótese; un castro galaico (xacemento precristián), un santuario e ritual inda conservado en tempo cristián na súa zona máis alta con un altar orientado a saída do sol, e similitude con outros rituais conservados de tempos ancestrais e na mesma data do calendario.

Para entendelo de forma doada, os cristiáns manteñen a tradición dos antigos habitantes do castro (os mouros) e como eles, no día elixido (non por casualidade) de San Amaro, enchen as pías e cazoletas de auga, a bendicen e logo bañan seus campos con ela para que sexan máis produtivos. Isto o fan cando o campo inda non produce, senón que están próximas as colleitas, polo que ben sendo un rito polo bo augurio, posto que San Amaro é o 15 de xaneiro, e isto non coincide con outra grande festividade a nivel galaico coa mesma fin en parte?
O Sol, que da vida a este mundo, comeza a morrer no fin do verán e morre de forma definitiva e renace entre o 22 e o 25 de decembro no solsticio de inverno, onde volta a terra acercarse a el, polo que colle máis forza, quenta máis e os días comezan a medrar. Os romanos o festexaban como ó Sol Invictus, o sol invicto, pois renacía, e nos, co cristianismo co nadal, onde o que nace realmente no ciclo solar e no calendario deste mundo, o deus Sol. Neste ciclo ate a primaveira, o mundo renace e florece, así nacen unha serie de festividades e rituais a nivel europeo vinculadas o crecer do sol, coa busca dun renacer e primaveira fértil. Temos así o noso entroido tradicional, onde se lucen os traxes coloridos representando as cores da inminente primaveira, a saída dos animais que invernan como o oso de Salcedo, o estrondo do son dos tambores e cencerros para espantar as treboadas do inverno, os banquetes simbolizando a chegada da abundanza... e como non, os rituais a fertilidade da terra, como no entroido do Ribeirao en Chantada, onde uns seres con cores moi vivas e estranas formas chamados Volantes, teñen que pisar as terras de cultivo para que estas sexan fértiles meses despois.
Os Volantes no entroido tradicional do Ribeirao, Chantada, os cales teñen que pisar os campos para que logo estes sexan productivos.

No entroido, estamos ante festividades e ritos solares vinculados o renacer da terra e crecemento do Sol, entre os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Pois, recordando que o folclore do Castro de San Amaro nos di que se realizaban ritos o campo, no 15 de xaneiro, non terá relación a ser tamén unha festividade solar? O deus supremo celta Lugh, que era o deus Sol (como na maioría de relixións antigas).

De importanza é neste caso o altar tallado na pedra, posto que esta orientado a saída do Sol, tal vez outra pista. Recordar que ate fai ben pouco, nesta bisbarra do Condado, como en grande parte da Europa atlántica, no entroido se realizaban as populares corridas do galo, onde destacaba a satírica, o banquete e o sacrificio dun fermoso galo cun rito que variaba segundo a parroquia, tamén non se podería dar o caso do sacrificio dun galo (animal solar, o primeiro que canta co mencer) nese altar en honra o Sol? Falar de rituais de sangue na antigüidade non era nada estrano, pois era o voto e regalo os deuses en busca do bo augurio e chamar a súa atención, diso temos falado aquí. Con todos os datos e teorías cos que enchemos este saco da Misa dos Mouros de San Amaro, non é de descartar a posibilidade de rituais de sangue ou sacrificios nese altar de pedra o Sol nacente na súa fronte.
Altar rupestre  de San Amaro visto dende arriba.

O CASTRO DE SAN AMARO DE LIRA
Arqueolóxicamente, quitando a prospección de Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, o asentamento etopase inédito.
Visualmente se poden ver perfectamente a coroa do castro onde se atopa a capela, unha terraza e mesmo algúns posibles foxos defensivos. Sobre a súa superficie abundan restos cerámicos, tanto de cerámica común como tégula romana, o que nos indica que cando menos estivo habitado en período romano, sen descartar que posiblemente sexa máis antigo.
Plano do Castro de San Amaro.

Dende el se vixía parte do val do Tea e Miño ate Portugal, así como o monte de San Nomedio ou San Mamede.

Outras lendas recollidas no castro por Hildago Cuñarro e Costas Goberna, así como me contou Juan Carlos Correa, falan da existenza de minas ou túneles debaixo do castro construídos polos antigos mouros. Din que no túnel principal, existe un “becerro douro”, lenda bastante común nesas terras entre o Miño e Tea.
Resto da abundante cerámica visible pola siuperficie.

CONCLUSIÓNS
As conclusións persoais, son o resumo do xa exposto, un castro cristianizado pero non só presencialmente coa capela, senón tamén os ritos que seus habitantes realizaban, conservando estes ata fai só unhas decenas de anos, pero de forma cristianizada.

Mantemos a hipótese que eran ritos vinculados o Sol crecente e nacente nos inicios do ano, xustificando que cristianizalos con San Amaro non foi casualidade, posto que na terra galega este santo ten bastante arraigo, sendo dos principais do mes de xaneiro.

Por último, a situación do altar pétreo inminente as pías, orientado a saída do sol, tamén nos fai pensar que seu orixe se atopa nos tempos do castro. Tal vez cunha intervención arqueolóxica e estudo máis a fondo, nos quitaría de muitas dubidas, cando menos en cronoloxías.

Rematamos esta entrada cun lugar tan especial e enigmático practicamente descoñecido, esperemos que cando menos seu misterio pase a ser seu valor, seu renacer como o inminente Sol Invictos, pois é parte de nosa historia así como conexión coas nosas raíces pasadas, e coa propia Terra.