Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de diciembre de 2019

Toponimia e micro-toponimia do Castro da Croa

Toponimia e micro-toponimia do Condado

Nova sección do blogue dedicado a toponimia ou nomes do lugar tanto maior, como nomes de parroquias ou barrios como menor, como poden ser zonas de cultivo, lindes ou sitios concretos.
Recordar que a toponimia e unha gran pista para procurar patrimonio ou mesmo a historia dun lugar.

Comezamos esta sección co lugar da Croa, no barrio da Barxela na Parroquia de Ribadetea (Ponteareas), onde a partir da nome do Castro que ali existiu sairon o seu redor outros pequenos nomes de lugar ou topónimos.

                                                              RIBADETEA
TOPONIMIA MAIOR                         A BARXELA
                                                              A CROA OU MONTES DA CROA

                                                              GELAS
                                                              MUÍÑO DO RÍO
                                                              POZO OU REMUÍÑO
                                                                   DOS MOUROS
                                                              COROA, COUTO OU
TOPONIMIA MENOR                          CASTRO DA CROA
                                                              RÍO DA CROA
                                                              ILLA DA CROA
                                                              OS PASOS
                                                              MUÍÑOS DA CROA
                                                              CADAVÁS DE ARRIBA
                                                              CAMPO DA BARXELA

O lugar da Croa se atopa no extenso barrio da Barxela na parroquia de Ribadetea. Esta na ribeira do Río Tea e naceu de seguro grazas a mineiría romana, tendo restos dunha mina romana da cal non se conserva topónimo coñecido e un castro vinculada a esta, o castro da Croa.

TOPONIMIA MAIOR

RIBADETEA: Vén de "Ribeira do Tea" de forma abreviada, pois esta parroquia extendese pola marxe do río Tea.

A BARXELA: Nome que vén de Barcia ou Barciela, que son zonas cultivables preto do río. Neste caso o topónimo coincide co lugar perfectamente, á parte A Barxela e o barrio máis extenso e chan de Ribadetea. 

MONTES DA CROA: A Croa e un topónimo céltico que significa "acrópole" ou zona elevada fortificada, neste caso en referencia o asentamento castrexo que temos no lugar. O de montes vén en referencia os montes que rodean este xacemento antigo.

TOPONIMIA MENOR

COROA, COUTO OU CASTRO DA CROA: Os tres nomes refirense o mesmo lugar, os restos do asentamento castrexo da Croa. Esta elevación artificial sobre o terreo en forma defensiva atopase a 40 m sobre o nivel do mar, baixo ela esconde un castro aterrado. Destaca o topónimo "Coroa", pois ten unha planta característica dos asentamentos mineiros onde destaca súa abrupta estructura e alteracións de defensa, estando na parte central a elevación onde viviría a poboación do asentamento, a cal o redor desta meseta circular existiría unha muralla da cal há algúns restos que faría forma de "coroa" a esta parte alta.
Alteracións no terreo en forma de parapetos e elevacións no Castro da Croa.

GELAS: Difícil topónimo, pode ter orixe céltico ou xermano pola raíz GE. E moi probable que pola preto que se atopa o castro da Croa que tamén teña de raíz céltica. Na outra beira do río, na parroquia de Prado se chama "Portagelas".
Entorno da zona de Gelas

O MUÍÑO DO RÍO: Tamén coñecido como "muíño de Gelas" por atoparse nese lugar. O topónimo ben claramente do muíño que atopase a día de hoxe en ruinas na beira do río Tea. Dicir por curiosidade que este muíño tiña cinco moas na mesma estrutura. 

POZO OU REMUÍÑO DOS MOUROS: Curioso lugar no río alterado artificialmente que parece ser que foi no seu tempo o embarcadeiro do castro. Ten forma de pequeno "golfo" no río, polo que coa presión da corrente o caude entra neste e xira facendo un remuíño, súas augas no centro son moi escuras, como ben nos dín os dous topónimos. Conserva lendas dos "mouros" e esta o pe do castro.

RÍO DA CROA: Lugar onde se atopa a praia fluvial da Croa no Tea.

ILLA DA CROA: Illa situada na praia fluvial da Croa no Tea.

MUÍÑOS DA CROA: Sen saír da mesma zona do Río da Croa, atopanse as ruinas dos muíños que alí había.
Ruinas dos muíños da Croa

OS PASOS: Pasos ou poldras antigas que cruzan o Tea e unen a parroquia de Ribadetea coa de Prado. Tratase de pedras chantadas no río nunha zona moi pouco funda.

CADAVÁS DE ARRIBA: (Tamén existe Cadavás de Abaixo) este nome ben de cadavo, que son terras queimadas para o terreo.

CAMPO DA BARXELA: Lugar onde se atopa o campo de fútbol de Ribadetea. Unha curiosidade e que este foi feito sobre o que parece ser a "zona de explotación" ou "embalsamento" do que foron as minas romanas da Croa. E un terreo moi barroso con pouca drenaxe e chea de seixos ou croios de río.

PUBLICADO O MERCORES 21 DE OUTUBRO DO 2015
EN PONTEAREAS HISTORIA VIVA
http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com/search/label/Toponimia%20e%20micro-toponimia%20do%20Condado

Ruta patrimonial por Xinzo o domingo 15



viernes, 9 de agosto de 2019

Un viaje por la ciudad romana de Segóbriga (Cuenca)



Pequeño vídeo donde se puede contemplar los restos de la que en otro tiempo, fue la importante ciudad romana de Segóbriga, que nacio sobre un castro Celtibero, y alcanzo su máximo explendor entre el I y el III d.C, gracias al comercio del "lapis speculares", tipo de yeso transparente que fue remplazado por el vidrio. Tras la caída de este elemento por la aparición del vídrio, la ciudad fue perdiendo importancia, pero aún así fue diocesis con los Visigodos, hasta que practicamente desaparece en el periodo de Al-Andalus.

martes, 11 de junio de 2019

Galiza destruída, o encoro das Cunchas

Setembro de 1.949, en plena ditadura e represión do xeneral Francisco Franco. visita o sur da provincia de Ourense, máis en concreto a Baixa Limia. Súa visita as terras da Galiza como normalmente sucedía, non é bo para nada, polo menos para os poboadores os que tocaballes como se fora por sorteo unha desgraza moi común por eses tempos, o roubo da terra e vida para a construción dun encoro. Así en setembro de 1.949 inaugurábase o embalse das Cunchas nas terras da Baixa Limia, que afectaba os concellos de Bande, Muiños e Lobeira. 
Construción do encoro das Cunchas.


Ese mesmo día, co ditador presente na inauguración, un valente grupo de veciños vendo a desgraza da que tocaranlles ser vítimas, despregaron unha pancarta que puña, “Franco, el pueblo quiere hablarte”, pero o ditador non fixo caso dela algún.
Arriba, Franco na inauguración da presa. Abaixo, o encoro a pleno rendemento nos primeiros días

As augas do Río Limia subiron rapidamente para inundar os campos, pero non só os campos, senón unhas terras que custodiaban un grande patrimonio. Quedaban así baixo as augas do encoro os restos do campamento romano de Aquis Querquennis, chamado popularmente “A Cidá”, xoia patrimonial romana que nos seus tempos vixiaba a famosa calzada romana Vía XVIII que unía Bracara con Asturica (Braga -Astorga), tamén coñecida como a Vía Nova. Baixo as augas do Limia, os veciños non só perdían súas terras, senón tamén unha parte de si, de seu pasado e historia.
 
Vista o encoro das cunchas, que somerxeu parte do val do Limia. Abaixo, restos do campamento Aquis Querquennis semi cuberto polas augas.

Tamén baixo as augas, quedaron os restos patrimoniais dun monumento que fora nomeado tan só cinco anos antes Monumento Histórico -Artístico. Co mesmo orixe romano, tratábase da Ponte da Pedriña, que tamén formaba parte da Vía Nova romana. Coa seca da presa, aínda se pode ver como unha fantasma os restos que quedan da ponte, que tiña unha fermosa lenda que puiden atopar na rede, a cal o fin, parece que se cumpriu a maldición. Esta di así.


Un mozo de Santa Cruz roldaba unha moza da outra beira do río. Para ir xunta dela tiña que cruzar polas poldras, pero unha enchente de auga que arroiba impediulle atravesar. O mozo botaba xuramentos e maldicións, tantos e tan fortes que se presentou o demo, e propúxolle un trato. Do acordado resultou que o demo comprometíase a traballar toda a noite para construír unha ponte e o mozo, a cambio, tería que entregarlle a alma cando morrese.
   O mozo aceptou o trato e o demo, vindo a noite, púxose a facer a ponte. Traballou e traballou, máis ao mencer aínda lle quedaba unha pedra por colocar. Por unha pedriña non deu rematado a obra.
   Contrariado polo contratempo o demo seica dixo:
   -Por culpa dunha pedriña
     nunca me fuches pagada!
     Vivirás sempre maldita
     e morrerás afogada!
    Aquela maldición deulle nome á ponte. O máis curioso, porén, é que sen a pedra que lle faltaba, a ponte foi de moita utilidade desde tempos romanos ata que os argalleiros e escuros do encoro, cumpriron a maldición.

El non será o demo tamén o que constrúe os encoros?.
A Ponte da Pedriña, foto e inicios do século pasado.

Este artigo o publiquei fai sete anos en:

martes, 4 de junio de 2019

lunes, 13 de mayo de 2019

O Porto e Coído de Bares, unha grande historia reflexada na toponimia.

Nesta pequena entrada non imos debater se orixe deste porto, e natural ou feito a medida pola man do home, persoalmente acho que nos atopamos ante unha curiosa forma natural, a cal fai un porto e refuxio perfecto no punto máis occidental da Península Ibérica, onde se mesturan o Atlántico máis o Cantábrico.

O que si semella evidente é que as diferentes culturas que por alí transitaron cos seus barcos, e os propios indíxenas galaicos, aproveitaron dito refuxio na da costa e mesmo puideron modificar, co fin de ser no período antigo, da Idade do Ferro (cando menos) o medievo, como un dos principais portos do norte ibérico e lugar de intercambios comerciais de diferentes culturas.
Coído de Bares
O Coído de Bares, que é o nome do porto, ten uns 300 metros de lonxitude e  esta formado por pelouros de seixo sen labrar, de forma esférica, seu nome posiblemte deriba do indoeuropeo, cando menos a raíz, como “Baroña”, que seguramente ten que ver con formas ou cabos da costa. O arqueólogo F. Manciñeira atopou unha moedas púnicas que datou do século VII a.C, polo que estimoulle un orixe fenicio. Outros historiadores pola contra, danlle un orixe romano, pois na aldea de Bares, apareceu unha necrópole romana. Este porto seguiu sendo importante no período medieval, sen ir máis lonxe, a presencia dos Templarios no antigo mosteiro de Illa Coelleira, os cales como sempre, controlaban os camiños así como certas rutas comerciais.

Bares e seus redores, tampouco escaparon dos ataques e saqueos dos normandos (vikingos), tanto así, que posiblemente deixaran súa pegada nun asentamento no xacemento de Moutillós e na propia Illa Coelleira, sen descartar que puidera ser o revés, un forte dos galegos da zona para defenderse deles. A partir do século XIII, converteuse nunha importante factoría baleeira. 
Vista do cabo Estaca de Bares dende o Vixiador do Vicedo.

Pero o que imos por ensinar nesta entrada, é a rica toponimia da zona como testemuña que nos deixou ese importantísimo transito comercial doutros tempos pasados, un lugar de conexión dende o mundo mediterráneo e Atlántico sur, coas terras do Atlántico norte das Illas Británicas e Europa do norte.

Temos así o redor do Cabo Estaca de Bares e seu Coído ou porte, nomes de montes que servían para facer sinais visuais con lume e fume, os tradicionais “Fachos”, os antepasados dos tradicionais faros. Enriba de Bares temos os montes do “Semáforo” e o “Facho ou Chan da Caldeira”.

O outro lado da recortada Ría do Barqueiro, na veciña Ría de Viveiro na súa entrada, tamén temos o “Monte do Facho”, sobre o xacemento de Moutillós, e o outro lado desta ría, o “Monte do Faro”.

Outros vixiadores do lugar, serían entre ambas rías os montes da “A Atalaia” e “O Vixía do Vicedo”. Se pasamos a outra beira oriental da ría de Viveiro, tamén na súa entrada, aparecen os castros costeiros do “Castro” e “O Castelo”.
Illa Coelleira

Por último, tampouco podemos esquecernos da Illa Coelleira, a cal tal vez merecería un estudo máis profundo. Desta Illa, contounos un veciño do Vicedo.

“Teño ido a Illa en barca, a cal é enorme, conserva un embarcadoiro de pedra do cal sube un camiño onde se atopa o actual faro. O máis sorprendente é que ten auga doce, que sae en grande cantidade dunha fonte que se atopa a metade de camiño entre o embarcadoiro e o faro, xunto onde se atopan o único par de arbores da Illa, bota tal cantidade de auga, que ate ten un pilón. Esta toda chea de tobeiras de coellos de monte, que abundan, e súa terra de cor negra e riquísima, tanto que non fai tanto no pasado alí plantábase patacas e millor en abundanza, a xente de antes si traballaba a terra.”

lunes, 25 de marzo de 2019

Atopados os petroglifos da Picaraña, Ponteareas.

Comezar esta entrada dicindo, que o posible re-descubrimento destes petroglifos, foi algo totalmente casual, pois fai anos no pasado, si tentara buscalos e non atopara nada, pero desta vez parece que a simple sorte estivo comigo, pero quen o intenta e non desespera, sempre terá súa recompensa.

No libro de Mariano Piñeiro Groba e Claudio González Pérez, Historia de Puenteareas publicado no ano 1983, pero que ten estudos do primeiro, antigo párroco da parroquia de Angoares, de inicios do século XX, fala que na Picaraña cando menos antes de seus escritos, existían petroglifos. Escribiu que o último que sabia deles, e que seu estado era moi gastados, polo que nin el mesmo foi capaz de voltar atopalos.

O que máis me chamou a atención, e que se atopen en pedras situadas no propio merendeiro de Chan das Carballas, o máis coñecido e transitado. Non sei se mirei eu esas dúas pedras,ou elas a min, o certo é que foi casual que fora xustamente a primeira a ollar por ollar e rapidamente identificara case a primeira tres coviñas.

Nesta primeira pedra, esas tres coviñas son moi claras e definidas, logo pode ser que existan outras menos marcadas, pois a pedra atopase moi gastada.
Na outra pedra, inda máis gastada e erosionada, foi onde me chamou despois da primeira para ir ollala, o que non contaba e que semella polo menos ter unha dezaseis coviñas moi gastadas sobre a superficie da laxe granítica, e ate algunhas que puideron estar unidas por canles. A pedra ten unha orientación cara o oeste, polo que na caída do sol, pódese ver a perfección marcados os surcos.
Inda e moi cedo para sacar conclusións, pero semellan moi antigos e estar vinculados a rituais a caída do sol, recordando que a Picaraña e un monte moi místico e espiritual, así como enerxético. Súa romaría cristianizada, pero sen ter ningún santo atribuído, inda se fai o 1 de maio, día propio da festividade celta do Beltaine, onde se subía os montes para festexar a chegada do verán.
Por último antes de mostrar o vídeo resumo, dicir que nas outras pedras dos redores, en principios non atopouse nada, pero todas, incluídas a das coviñas, atópanse en estado erosionado, gastadas e afectadas en pequena medida por cantaría tradicional antiga, pois recordar que atopanse entre dous castros e un posterior castelo.

Cantos Castelos quedan en pé na provincia de Pontevedra?

Torre do homenaxe do Castelo de Soutomaior, baluarte do famoso Pedro Madruga. No seu tempo din que foi a torre máis alta da terra galaica

Os castelos ou fortalezas, foron o símbolo dun tempo da nosa historia convulso, violento e de clases, o estandarte da clase aristócrata ante o pobo non privilexiado, e inestabilidade política e relixiosa. En resumo, falar de castelos e falar de medievo, guerra e poder.
A simple vista, un castelo polo xeral non deixa de ser un recinto fortificado nun lugar de difícil acceso, controlador e vixiador dun terreo amplo, o cal estaba guarnecido. Pero a historia fixo deles muito máis, eran lugares onde se cobraban impostos, onde se forxaban armas e comercializaba, onde seus moradores viviron historias de amor, enganos, asedios, revoltas, traizóns...
Os galegos medievais, en algúns pareceres non eran tan diferentes de nos, as guerras do minifundismo e marcos, ven de lonxe, e por esta causa que nosa terra era a que maior densidade de castelos tiña da Península, e posiblemente da Europa. No violento século XV, as loitas feudais internas galegas, fixo que se construirán mesmo castelos practicamente o lado doutros, como o caso do Castelo de Soutomaior e o do Monte da Peneda, ou o do Sobroso coa Fortaleza da Picaraña, pero onde fican todos eses castelos desaparecidos?
Tal vez a primeira grande ola de destrución de castelos galegos, foron as Revoltas Irmandiñas do século XV, onde o pobo e baixa nobreza galega sublevouse a alta aristocracia e clero, e destruíu parcial e totalmente, case a totalidade de castelos da provincia. Pouco despois, coa “toma e doma do reino da Galiza”, os reis católicos fixeron pola forza abandonar e demoler en algúns casos, todos aqueles castelos que non foran os principais controladores dun territorio e tiveran un numero mínimo de vasalos.
Así remataba o medievo, e chegaba o tempo dos pazos, a nova clase emerxente, a burguesía, comezou a vivir en cómodos pazos, cousa copiou a nobreza, polo que os castelos superviventes foron paulatinamente abandoados, e ate algúns como a Torre de Tebra, convertidos en pazo. Outros, caso dos fronteirizos ou vixiadores da mar, foron reformados e transformados en fortalezas modernas, por exemplo, As Covas de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, que controlaba a fronteira con Portugal.
Os últimos castelos medievais esquecidos, chegaron o século XX practicamente todos en ruínas, outros xa espoliadas súas pedras para novas contraccións nos seus redores, e doutros só quedaban lendas de “mouros”, como se foran soños que nunca existiran. Dicir que algúns, como o caso do Castelo de Cira en Silleda, se atopan en ruínas dentro de terreos privados, polo cal nin se poden visitar, esta é unha realidade que se ten moi calada.

Nesta lista, citase aqueles castelos e fortalezas que chegan en pe, ou parcialmente, en diferentes tipos de estado, sumando uns quince. Pero cada un garda unha historia diferente, vixiadores contra os vikingos, luitas contra o moro Almanzor, cañonazos contra os franceses ou testemuñas da maior revolta popular do seu tempo, os irmandiños.
Castelo de Cira, Silleda (Medieval)
Castelo da Lanzada, Sanxenxo (Medieval)
Castelo das Covas de Dona Urraca, Salvaterra (Medieval/Moderno)
Castelo da Santa Cruz, A Guarda (Moderno)
Castelo de Soutomaior, Soutomaior (Medieval)
Castelo do Sobroso, Mondariz (Medieval)
Castelo de San Sebastián, Vigo (Moderno)
Fortaleza do Monte do Castro, Vigo (Moderno)
Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Tomiño (Moderno)
Monterral, Baiona (Medieval/Moderno)
Torre de Fornelos, Crecente (Medieval)
Torre de Guimarei, A Estrada (Medieval)
Torre de San Adurniño, Cambados (Medieval)
Torre de Tebra, Tomiño (Medieval/Moderna)
Torres do Oeste, Catoira (Medieval)
Publicado para Comarcas na Rede o 12 de marzo do 2019

jueves, 4 de octubre de 2018

Santuario e templo proto-histórico de Adai (Lugo)

Descoñecido e enigmático santuario que se perde na noite dos tempos de Adai, en Lugo, o cal destaca un posible templo que nos deixou as marcas dos postes cavadas na pedra mai do solo. No lugar tamén temos un posible hengue, antas e mámoas, petroglifos e ate un menhir. Descubre este incrible lugar, pegada de nosos ancestros galaicos.


miércoles, 26 de septiembre de 2018

Fotos da andaina cultural e patrimonial por Ribadetea

Andaina organizada polo clube de sendeirismo Pedra Gallada con colaboración da AA.VV de Ribadetea, onde eu mesmo fixen de guía.

O roteiro, duns 15 km visitamos parte do patrimonio cultural, histórico e natural da parroquia de Ribadetea, visitando e explicando lugares como o castro e minas da Croa, as ruínas da Pontecóns (Padróns) e antiga Ponte de Lantón, petroglifo do Monte Aberto, presa da Ribeira e muíños de Cillarga coas súas lendas do tardo, e por último a espectacular Pedra Gallada.

O final rematamos con uns pinchos no centro cultural de Ribadetea. 

Agradecer a Pedra Gallada pola actividade e por contar comigo de guía, posto que, o deporte o ar libre, mesturado coa parte histórica e mitolóxica, e o que máis me gosta.

Ruta en Wikiloc :









jueves, 31 de mayo de 2018

Tres castelos esquecidos nas terras da antiga Celanova, Torre de Sande, Castelo de Milmanda e Torre de Fornelos.

Se noutra entrada falamos de tres castelos esquecidos, marxinados e con estado ruinoso no interior galego, desta vez falaremos doutros tres en terras máis o sur, os cales xiran o redor das antigas pertenzas de Celanova e seu importantísimo mosteiro medieval de San Rosendo. Tratase dos restos da torre de Sande, en Cartelle, o castelo de Milmanda (Celanova) e a torre de Fornelos, o outro lado do Miño, no concello de Crecente xa na provincia de Pontevedra.

A TORRE DE SANDE

Comezaremos cos restos deste espectacular castelo, nos situamos en terras do concello de Cartelle, e sobre un escarpado e abrupto outeiro rochoso, a 507 m de altitude sobre o nivel do mar, sobresaen e se alzan os restos aínda en pe da Torre de Sande.

Esta impoñente torre e o único que fica do antigo castelo doado por Alfonso VII o mosteiro de Celanova, no século XII. O abade do mosteiro levaba o título de “Conde de Sande”, exercendo xurisdición das terras dos redores dende o castelo. A día de hoxe e tan abrupta súa situación, que acceder a el non e doado, e até pode ser perigoso coa pedra mollada pola chuvia, posto que case se debe trepar.


O CASTELO DE MILMANDA

Agora pasamos a parroquia de Milmanda, no concello de Celanova. Este lugar ten algo peculiar, súa igrexa parroquial, situada nun alto outeiro chamado “o Alcazar”, rodeado de antigas casas e estreitas rúas, esta reconstruída sobre un antigo castelo.

O castelo de Milmanda, e coñecido de antigo, posto que no século X xa é citado nun documento como posesión do mosteiro de Celanova. No século XII, o igual que a Torre de Sande, Alfonso VII o doa, desta vez a Sancho Eanes, para defender a recen nacida fronteira co reino de Portugal.
No século XIV pertencía o conde de Benavente, e no XV e derrubado polos irmandiños. Posteriormente e reconstruído para vixiar os lindes con Portugal, sendo abandonado definitivamente no XVIII. Foi nese tempo cando se aproveitan seus restos, para construír sobre el a igrexa parroquial, a cal por exemplo o torreón pasou a ser a espadana.

Se un visita o lugar, sentira rapidamente en situ un ar moi medieval, comezando polas antigas casas que suben cara o castelo, con estreitas rúas empedradas e balcóns de estructura do medievo. 


A TORRE DE FORNELOS

Por último cruzamos o Miño e cambiamos de provincia, para situarnos no concello de Crecente, onde cunha historia moi similar os outros dous e moi preto da capital municipal, se atopan os restos da Torre de Fornelos, rodeadas por grande viñedo.

O que queda do antigo castelo, son as ruínas dunha impoñente torre de case 20 metros, a cal nun principio posiblemente vixiaría unha antiga ruta que unía Tui con Ribadavia. Contan que foi levantada sobre os restos dun antigo mosteiro templario no século XI, pero disto só contan, posto que realmente non temos notizas del ate o ano 1158, onde foi protagonista das luitas do rei Alfonso VII, que como vemos estaba moi vencellado a estas terras, co seu curmán Alfonso Henriques, primeiro rei de Portugal.

No século XV foi destruída polos Irmandiños, pero pouco despois Pedro Madruga de Soutomaior a volta levantar para voltar ser protagonista de bélicas luitas feudais. Foi situada por un de seus inimigos, o bispo de Tui, Diego de Muros, o cal chega a sitiar a fortaleza con 400 homes que son rexeitados heroicamente por 15. Coa caída de Pedro Madruga ante o centralismo dos reis católicos, o castelo foi doado por Sancho I de Portugal a Dona Aldonza Vázquez de Fornelos e a Fernán Pérez de Castro, que fundaran a Casa dos Fornelos, para posteriormente ser abandoada ate nosos días.


Dende esta publicación queremos reivindicar unha vez máis, o estado de abandono e marxinación de noso rico non, RIQUISIMO patrimonio histórico, e como muito del pasou e sigue derrumbandose ou en mans privadas, para perderse e morrer no olvido.






sábado, 10 de marzo de 2018

San Xes de Francelos, un templo de posible orixe suevo

 
Moi próxima a vila histórica de Ribadavia, se atopa a parroquia de Francelos, sobre o val inmediato do río Miño. Saíndo de súas rúas estreitas e prazas, camiño do Miño, se atopa a capela de San Xes Francelos, a cal se engloba no campo do arte prerromano, pero no lugar, se pode ver que seu orixe vai muito atrás.

Pese que foi moi modificada co avance da historia, se pode ver na fachada o abrigo dun atrio, na porta un arco de ferradura, inda que esta teña o arco arriba tapiado. Tamén no muro do lado direito, unha pedra que foi alí posta cun decorado entrelazado, o que claramente nos fai pensar nun orixe en tempo dos xermanos na Gallaecia.

Non se pode saber se ese templo primario estaba nese lugar emprazo ou nos seus redores, pero si parece evidente que foi construído en tempo dos suevos ou visigodos, e que eses restos perviviron no tempo e no lugar. Temos datos posteriores, aparecendo en documentos do mosteiro de Celanova e bispado de Tui no século IX, da existenza dun mosteiro onde se denotan restos de arquitectura prerromana, moi similares a arte chamada “asturiana ou ramirense”, moi reflexada nas columnas onde se apoian o arco.

Deste período máis medieval, destacan dous relevos a cada lado da porta principal onde aparecen un personaxe aureado montado nun asno cun ramo, que e recibido por outros a pe con túnicas tamén con ramos, o que recorda a chegada de Xesús a Xerusalén.

Co paso dos séculos, cando menos o tempo seguiu activo co nome de Santa María, inda que o mosteiro pasou a Celanova. Chega os nosos días moi remodelada, cunha estrutura inda moi tradicional, e co nome de San Xes de Francelos.

Entorno e paroquia de Francelos.