O sol morre no solsticio de inverno para voltar
nacer, coller forza e facer crecer os días. No noso calendario actual isto é
entre o 21 e o 23 de decembro, polo que comeza o ciclo invernal e súas festas e
rituais solares, danzas e mascaradas, máis coñecidas como festas de Entroido.
Na nosa terra do Condado, gardamos un importantísimo
e riquísimo legado, pouco coñecido e valorado, pero totalmente relacionado con
estas festas e ritos. Pero non só O Condado e terra de Ranchos de Reis, tamén
existen noutros muitos lugares do noroeste e Europa nas mesmas datas de
inverno, pero aquí vos imos mostrar as datas nas que actúan os sete ranchos que
actualmente inda tocan e bailan na bisbarra, inda que no pasado chegou a haber
ate varios por parroquia.
Este é o preludio e anticipo dun traballo máis amplo
que estamos desenrolando e facendo dende a Asociación Patrimonial e Cultural
Val do Tea, esperemos que sexan muitos os visitantes que veñan e coñezan estas
antigas danzas e tradición.
DECEMBRO
DÍA
22 -PONTEAREAS, II FESTIVAL DANZA DE REIS INTERNACIONAL(AS 17:00)
RANCHO DE OLIVEIRA
RANCHO DE FOZARA
RANCHO DE GULANS
RANCHO DE RÍO FRÍO
GF BARCELINHOS (PORTUGAL)
29 -RIBADETEA (PONTEAREAS), DESPOIS DA MISA (13:00)
RANCHO DE FOZARA
Foto do Rancho de Reis o 5 de xaneiro do ano 1926.
- SALCEDA, XUNTANZA DE RANCHOS DE REIS
RANCHO DE REIS SANTA MARÍA DE SALCEDA
RANCHO DE REIS DE GULÁNS
Rancho de Reis de Santa María de Salceda
XANEIRO
DÍA
5 -PONTEAREAS, DESFILE CABALGATA DE REIS
RANCHO DE FOZARA
RANCHO DE OLIVEIRA
RANCHO DE GULÁNS
Rancho de Reis de Fozara
- MONDARIZ, DESFILE CABALGATA DE REIS
RANCHO DE RÍO FRÍO
Rancho de Río Frío
LOURIDO (SALVATERRA) RANCHO DE REIS DE LOURIDO FORNELOS DA RIBEIRA (SALVATERRA) RANCHO DE REIS DE LOURIDO VILACOBA (SALVATERRA) RANCHO DE REIS DE LOURIDO MOREIRA (PONTEAREAS)
RANCHO DE REIS DE LOURIDO
6 - REDONDELA, POLA MAÑÁ, RANCHO DE CORTELLAS
GULÁNS (PONTEAREAS), RANCHO DE GULÁNS
CORTELLAS (PONTEAREAS), RANCHO DAS CORTELLAS
FOZARA (PONTEAREAS), RANCHO DE FOZARA
OLIVEIRA (PONTEAREAS) RANCHO DE OLIVEIRA
RÍO FRÍO (MONDARIZ), RANCHO DE RÍO FRIO
LIRA (SALVATERRA), RANCHO DE LIRA
Rancho das Cortellas
7 - GULÁNS (PONTEAREAS), SAN JUALIÁN, RANCHO DE GULÁNS
Nova sección do blogue dedicado a toponimia ou nomes do lugar tanto maior, como nomes de parroquias ou barrios como menor, como poden ser zonas de cultivo, lindes ou sitios concretos.
Recordar que a toponimia e unha gran pista para procurar patrimonio ou mesmo a historia dun lugar.
Comezamos esta sección co lugar da Croa, no barrio da Barxela na Parroquia de Ribadetea (Ponteareas), onde a partir da nome do Castro que ali existiu sairon o seu redor outros pequenos nomes de lugar ou topónimos.
RIBADETEA TOPONIMIA MAIOR A BARXELA
A CROA OU MONTES DA CROA
GELAS
MUÍÑO DO RÍO
POZO OU REMUÍÑO
DOS MOUROS
COROA, COUTO OU TOPONIMIA MENOR CASTRO DA CROA
RÍO DA CROA
ILLA DA CROA
OS PASOS
MUÍÑOS DA CROA
CADAVÁS DE ARRIBA
CAMPO DA BARXELA
O lugar da Croa se atopa no extenso barrio da Barxela na parroquia de Ribadetea. Esta na ribeira do Río Tea e naceu de seguro grazas a mineiría romana, tendo restos dunha mina romana da cal non se conserva topónimo coñecido e un castro vinculada a esta, o castro da Croa.
TOPONIMIA MAIOR
RIBADETEA: Vén de "Ribeira do Tea" de forma abreviada, pois esta parroquia extendese pola marxe do río Tea.
A BARXELA: Nome que vén de Barcia ou Barciela, que son zonas cultivables preto do río. Neste caso o topónimo coincide co lugar perfectamente, á parte A Barxela e o barrio máis extenso e chan de Ribadetea.
MONTES DA CROA: A Croa e un topónimo céltico que significa "acrópole" ou zona elevada fortificada, neste caso en referencia o asentamento castrexo que temos no lugar. O de montes vén en referencia os montes que rodean este xacemento antigo.
TOPONIMIA MENOR
COROA, COUTO OU CASTRO DA CROA: Os tres nomes refirense o mesmo lugar, os restos do asentamento castrexo da Croa. Esta elevación artificial sobre o terreo en forma defensiva atopase a 40 m sobre o nivel do mar, baixo ela esconde un castro aterrado. Destaca o topónimo "Coroa", pois ten unha planta característica dos asentamentos mineiros onde destaca súa abrupta estructura e alteracións de defensa, estando na parte central a elevación onde viviría a poboación do asentamento, a cal o redor desta meseta circular existiría unha muralla da cal há algúns restos que faría forma de "coroa" a esta parte alta.
Alteracións no terreo en forma de parapetos e elevacións no Castro da Croa.
GELAS: Difícil topónimo, pode ter orixe céltico ou xermano pola raíz GE. E moi probable que pola preto que se atopa o castro da Croa que tamén teña de raíz céltica. Na outra beira do río, na parroquia de Prado se chama "Portagelas".
Entorno da zona de Gelas
O MUÍÑO DO RÍO: Tamén coñecido como "muíño de Gelas" por atoparse nese lugar. O topónimo ben claramente do muíño que atopase a día de hoxe en ruinas na beira do río Tea. Dicir por curiosidade que este muíño tiña cinco moas na mesma estrutura.
POZO OU REMUÍÑO DOS MOUROS: Curioso lugar no río alterado artificialmente que parece ser que foi no seu tempo o embarcadeiro do castro. Ten forma de pequeno "golfo" no río, polo que coa presión da corrente o caude entra neste e xira facendo un remuíño, súas augas no centro son moi escuras, como ben nos dín os dous topónimos. Conserva lendas dos "mouros" e esta o pe do castro.
RÍO DA CROA: Lugar onde se atopa a praia fluvial da Croa no Tea.
ILLA DA CROA: Illa situada na praia fluvial da Croa no Tea.
MUÍÑOS DA CROA: Sen saír da mesma zona do Río da Croa, atopanse as ruinas dos muíños que alí había.
Ruinas dos muíños da Croa
OS PASOS: Pasos ou poldras antigas que cruzan o Tea e unen a parroquia de Ribadetea coa de Prado. Tratase de pedras chantadas no río nunha zona moi pouco funda.
CADAVÁS DE ARRIBA: (Tamén existe Cadavás de Abaixo) este nome ben de cadavo, que son terras queimadas para o terreo.
CAMPO DA BARXELA: Lugar onde se atopa o campo de fútbol de Ribadetea. Unha curiosidade e que este foi feito sobre o que parece ser a "zona de explotación" ou "embalsamento" do que foron as minas romanas da Croa. E un terreo moi barroso con pouca drenaxe e chea de seixos ou croios de río.
Así foi o concorrido VI Magusto Celta de Pitôes das
Júnias. Dende aquí agradecer fortemente e de corazón a participación da durbeda
Suria (Paula Bas), Aíne (Silvia Sancho), Katuro Barbosa, Guillermo Baños e os
amigos de Desperta de teu sono, a Lúcia Araujo e a Junta de Freguesia de Pitôes,
os Gaiteiros de Lobeira, e tamén os muitos fotógrafos como Rui Barbosa, Mercedes Vázquez e Manuel Cunha. En
xeral a tod@s os asistentes que participásedes nesta noite máxica de fin do
ciclo invernal!
Por cuarto ano consecutivo, veciños de Mós e
Ponteareas nos xuntamos de novo na nosa Terra en común, a Serra do Galleiro.
En irmandade visitamos xuntos o noso punto de unión que nos
xuntou a primeira vez, a mámoa do Salgueirón. Tamén as novas escavacións no Castelo
de Mós, o foxo do lobo que se atopa moi pretiño da fortificación, as Varandas e o ascenso o cumio do monte Castelo.
Nesta entrada de fauna, queremos facer un pequeno
inventario dos mamíferos, tanto grandes como menores, que temos visto ou cando
menos, existen datos de súa presenza nos últimos anos.
A área xeográfica sobre a que recollemos os datos,
ben sendo o concello de Ponteareas, dende a ribeira do Tea, ate as serras que
rodean o seu val, a do Galleiro e Montes da Picaraña. Tratase dunha zona
peri-urbán satélite da cidade de Vigo, moi poboada maiormente por aldeas
grandes dispersas polo val e muita infraestrutura viaria, nestes espazos urbáns
e rurais tamén son abundantes as veigas e terreos de cultivo, a maioría en
estado de abandono. O mesmo tempo existe un sotobosque de ribeira bastante ben
conservado no Tea e seus afluentes menores. Nas zonas altas dos outeiros, chas
elevados e as serras, dominan as repoboacións forestais, maioritariamente de
eucalipto e piñeiro.
Nos últimos anos esta zona en concreto, sufriu o
igual que a maioría da terra galaica, un forte incremento de destrución e
contaminación, repoboacións forestais e humanización dos espazos naturais, incluído
o propio río Tea, o cal esta protexido pola Rede Natura 2000. Mesmo así,
sorprendentemente, parte da fauna resiste e se vai adaptando a un cambio
forzado. Todas as fotos son da zona que describimos anteriormente.
Cabalo
de monte galego (Equus caballus) Tamén
chamado cabalo de “pura raza galega”, cabalo de pequeno tamaño e grande
resistenza física, seos cores soen ir de castaño a negro, como nativo esta
totalmente adaptado a nosa terra e súa xeografía accidentada. Na Serra do Galleiro
seguen existindo varias manadas desta equino, os cales teñen dono. Tamén
actualmente na serra, existe a existenza de cachenas, pero a difenza do cabalo
monte, non son orixinarias do lugar.
Coello
de Monte (Oryctolagus cuniculus) Orixinado da Península Ibérica, cada
vez máis difícil velos en estado salvaxe, tamén é afectado por epidemias que
reducen gravemente súas poboacións. Soen habitar nesta zona tanto en lugares
rurais como boscosos e montañosos.
Corzo
ou cabra (Capreolus capreolus) É o cérvido destas
terras, moi discreto pero soe deixarse ver polas noitiñas ou mañás temperáns.
Nos últimos anos por mor da humanización da ribeira do Tea, deixouse case de
ver polo sotobosque de ribeira, pero inda abunda nas zonas de outeiro e montes
máis altos. Totalmente herbívoros, e común velos en parellas ou as veces tamén
solitarios, tamén en ocasións se poden ver coas crías.
Denociña ou
Donicela (Mustela nivales) Un dos depredares máis
abundantes e pequenos da terra galega, inda que súa poboación semella
abundante, é moi discreta a hora de verse. Pode verse nas zonas agrícolas.
Esquío (Sciurus vulgaris) Era máis doado velos
fai décadas atrás saltar polas arbores, fai anos practicamente desaparecera da
zona, pero nos últimos anos semella que súa poboación cando menos aumentou un
pouco. Gusta das zonas de piñeiro, para saber se unha piña a comeu un rato ou
un esquío, dicir que o primeiro a come enteira deixando só o pau base do medio,
mentres que o esquío, como o colle coas mans, deixa os vértices enteiros.
Grazas a isto, sabemos que inda temos esquíos nesta zona.
Lontra (Lutra lutra) O máis emblemático mamífero
do Tea, tras o declive da poboación dos aguaneiróns (rato de río). Por épocas
pode verse con facilidade no río, como nos meses de setembro e outubro.
Realmente é unha pequena mostra da calidade das augas, por iso e máis doada de
ver de Ponteareas río arriba. Ultimamente ate foi vítima de atropelos, de
seguro por subir por regatos secundarios, vendo as zonas accidentadas.
Morcego (Corynorhinus
townsendii) Único mamífero voador da zona, inda que súa poboación foi maior, inda
se pode ver con facilidade nas noites, sobre todo nas zonas rurais.
Ourizo Cacheiro (Erinaceus europaeus) Abondoso por norma xeral, moi común velo nas hortas.
Seu peor a día de hoxe son as estradas, pois tamén é moi común velos
atropelados.
Porco Bravo ou xabaril (Sus scrofa) A día de hoxe abondoso, duro, corredor e come practicamente de todo. Ultimamente
e máis doado velos pola noite, pero tamén se pode ver polo día, pero
normalmente tirando máis o mecer ou tardiña. Súa presenza esta practicamente en
todos os hábitats.
Raposa (Vulpes vulpes) A día de hoxe abondoso,
un dos emblemas de nosas fragas, nocturno, fino e áxil, é un gran predador. Moi
sociable e se achega con facilidade as zonas de casas, tamén se pode ver polo
día. Atopase en todo tipo de hábitats.
Rato de
Campo (Apodemus sylvaticus) Moi abundante en todos
os terreos, ten un grande potencial reprodutor, o cal e contrarrestado pola
grande cantidade de depredadores que ten.
Teixugo ou
Porco Teixo (Meles meles) De aparenza tirando a
pequena pero forte, nocturno e rutinario. O máis claro de súa notable presenza
son seus buratos e tobeiras cavados, sobre todo en zonas de carballeira. E
doado preto das casas do rural, seu crecemento nos últimos anos fai que sexa
tamén vítima de atropelos nas estradas, como mostramos na foto. Como curiosidade tamén gusta de cavar
en zonas arqueolóxicas, unha mostra nos propios castros do Tea.
Toupa ou Toupeira (Talpa occidentalis) Moi común, pódese ver en todos os hábitats,
pero moi abondosa nos prados, veigas e hortas. Seus túneles soen ser longos e
abondosos, é como unha pequena escavadora grazas as súas mans, é practicamente
cega.
Tourón ou
furón (Mustela putorius) Antigamente máis común e
abondoso, cazábase por súa pel, a día de hoxe moi escaso. É un depredador que
soe roldar as ribeiras dos ríos, invadindo as tobeiras doutros animais.
Xineta
ou xeneta (genetta genetta) Fermosa,
nocturna e voraz depredador, nocturna e moi áxil, pode trepar arbores. Chegou a
ser escasa, inda que parece que se recupera, na zona media do Tea inda é
discreta, pero esta presente. Din que foi introducida na Iberia ou polos
fenicios ou os musulmáns.
Neste momentos nos faltan datos para dar evidencia
da presencia doutros mamíferos que antes si había, os cales si sabemos de súa
presenza noutras zonas do Tea ou bisbarras como a Paradanta. Podemos nomear así
a lebre, gato do monte, aguaneirón ou o mesmo lobo, do cal non temos notizas de
seu paso dende fai unha década, pero mostramos este vídeo. Tampouco sabemos a
ciencia certa, da presencia neste momento de visón americano.